20
OBXECTIVO: IGUALDADE LEI PARA A IGUALDADE DE HOMES E MULLERES. Lourdes Castro, 4°A.

Lei de Igualdade de mulleres e homes

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Lei de Igualdade de mulleres e homes

OBXECTIVO: IGUALDADE

LEI PARA A IGUALDADE DE HOMES E MULLERES.

Lourdes Castro, 4°A.

Page 2: Lei de Igualdade de mulleres e homes

IMOS FALAR DE:

-Igualdade de xénero.

-Lei de igualdade entre homes e mulleres.

-Obxectivos da lei.

-Definición legal da discriminación.

-Violencia de xénero nas noticias.

-Cifras.

-Día internacional contra a violencia de xénero.

Page 3: Lei de Igualdade de mulleres e homes

A IGUALDADE DE XÉNERO.

A igualdade de xénero, tamén coñecida como igualdade de

sexos, implica que os homes e as mulleres deben recibir os

mesmos beneficios e ser tratados co mesmo respeto. O

obxetivo final é otorgar ás persoas igualdade legal e

social, independientemente do seu xénero. O principio de

igualdade e de non discriminación por razón de sexo é unha obrigación de dereito internacional xeral.

Page 4: Lei de Igualdade de mulleres e homes

A igualdade de xénero debe ser un punto moi importante. Debe

alcanzar a equidade entre os homes e as mulleres, para poder mellorar a

sociedade e diminuír a pobreza, e exercer adecuadamente os dereitos

das nenas e as mulleres. Na búsqueda da igualdade de xénero, é importante encontrar un equilibrio

para favorecer ós membros da sociedade, o respeto polos demás

individuos e que se poida propiciar a igualdade.

Page 5: Lei de Igualdade de mulleres e homes

LEI PARA A IGUALDADE EFECTIVA DE MULLERES E HOMES.

A Lei de Igualdade, cuxo título verdadeiro é Lei Orgánica 3/2007 do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, foi aprobada polas Cortes Xerais de España.

A igualdade entre mulleres e homes é un principio xurídico universal reconocido en diversos textos internacionais sobre dereitos humanos, entre os que destaca a Convención sobre a eliminación de todas as formas de discriminación contra a muller, aprobada pola Asamblea xeral das Nacións Unidas en decembro de 1979 e ratificada por España en 1983.

Page 6: Lei de Igualdade de mulleres e homes

A igualdade é, asimesmo, un principio fundamental na Unión Europea. Dende

a entrada en vigor do Tratado de Ámsterdam

a igualdade entre mulleres e homes e a

eliminación das desigualdades entre

unhas e outros son un obxectivo que debe

integrarse en todas as políticas e accións da

Unión e dos seus membros.

Page 7: Lei de Igualdade de mulleres e homes

DEFINICIÓN LEGAL DA DISCRIMINACIÓN.

A lei incorpora o dereito español a definición xurídica

europea de discriminación:

Discriminación Directa: é o tratamento menos favorable que

poida recibir unha persona por razón do seu sexo en

relación con outra persoa de distinto sexo e, especialmente,

o trato desfavorable ás mulleres por embarazo ou

maternidade.

Discriminación Indirecta: é a situación, disposición, criterio

ou práctica aparentemente neutras que poña ás persoas en

situación de desventxa por razón do sexo.

Page 8: Lei de Igualdade de mulleres e homes

Moitas veces, cando ocorre a dicriminación indirecta, a maioría das persoas da

sociedade non se dan conta porque este tipo de

discriminación está moi integrada no noso día a día polo estereootipo de mulleres que se

venden nos anuncios: ama de casa, boa nai... Polo que isto

pode provocar que as mulleres cobren menos xa que a

sociedade está mentalizada de que o seu traballo está na casa e

coa súa familia e non é remunerado.

Page 9: Lei de Igualdade de mulleres e homes

Asimesmo, se considerará discriminación por razón

de sexo calquiera trato adverso ou efecto negativo

que se produza nunha persoa como consecuencia

das súas reclamacións, queixas ou demandas para

impedir a súa discriminación e esixir o cumplimento

efectivo do principio de igualdade de trato entre

homes e mulleres.

Page 10: Lei de Igualdade de mulleres e homes

OBXECTIVO DA LEI.

Facer efectivo o dereito de

igualdade de trato e

oportunidades entre

mulleres e homes e

eliminar calquera forma de

discriminación por razón

de sexo, directa ou

indirecta, en todos os

ámbitos, especialmente a

derivada da maternidade e

as obligacións familiares.

Page 11: Lei de Igualdade de mulleres e homes

Integrar o principio de

igualdade de trato e

oportunidades en todas as

políticas públicas.

Establecer unha

participación equilibrada de

mulleres e homes nas listas

electorais, en todos os

ámbitos das Administracións

Públicas e nos Consellos de

Administración das empresas.

Page 12: Lei de Igualdade de mulleres e homes

ENTRE AS MEDIDAS ESTABLECIDAS POLA LEI PARA AIGUALDADE NAS POLÍTICAS PÚBLICAS ESTÁN:

Protexer a maternidade.

Asegurar a corresponsabilidade e a conciliación da

vida persoal e laboral.

Establecer medidas para erradicar a violencia de

xénero.

Implantar unha linguaxe non sexista.

Creación de Unidades de Igualdade en todos os

ministerios.

Creación dunha Comisión Interministerial de

Igualdade.

Page 13: Lei de Igualdade de mulleres e homes

Creación dun Consello de Participación da Muller.

Aprobación polo Goberno dun Plan de igualdade na Administración Xeral del Estado.

Extraer datos desagregados por sexos en todas as estadísticas e encuestas elaboradas polos poderes públicos.

Fomentar o acceso das mulleres ás novas tecnoloxías.

Favorecer a titularidade compartida das explotacións agrarias e a formación das mulleres no mundo rural.

Facilitar o acceso á vivenda e elaborar políticas de acción positiva para colectivos de mulleres en situación de necesidade especial.

Posibilidade de dar preferencia ás empresas que favorezan a igualdade.

Page 14: Lei de Igualdade de mulleres e homes

GRÁFICA DE DISCRIMINACIÓN SEGÚN O ÁMBITO.

Page 15: Lei de Igualdade de mulleres e homes

VIOLENCIA DE XÉNERO NAS NOTICIAS.

Esta noticia conta os sucesos de varias mulleres que

sufriron violencia de xénero:

María quedou tirada, inconsciente, nun barranco

tras ser molida a golpes polo seu mozo.

Sophia foi violada despois de que un home a

acoitelara e estrangulara no seu propio coche.

A outra muller da cal só sabemos as súas iniciais

(A S.) o seu marido cortoulle o nariz, os beizos e as

orellas.

Page 16: Lei de Igualdade de mulleres e homes

Ocurriu este ano en España, Bolivia e Afganistán. Son só

tres dos 1.200 millóns de mulleres no mundo que sofren

agresións da súa parella ou exparellas.

É o panorama ao que se enfronta unha de cada tres

persoas de sexo feminino. Un de cada seis habitantes do

planeta.

Page 17: Lei de Igualdade de mulleres e homes

ALGUNHAS CIFRAS:

133 millóns sufriron algún tipo de mutilación xenital en 29 países de

África ou Oriente Próximo.

Case a metada das mulleres da UE experimentaron acoso sexual no

traballo.

700 millóns casáronse antes dos 18 anos.

Unha de cada 10 nenas foi sometida a violacións ou obrigada a

mantener outro tipo de relacións sexuais.

Elas supoñen máis da metade dos 21 millóns de traballos forzosos fruto

do tráfico de persoas e a práctica totalidade das víctimas de mafias

sexuais.

A metade das asesinadas no mundo en 2012 foron a mans dos seus

maridos, de tal maneira que a súa casa resultou ser o lugar máis

inseguro.

Page 18: Lei de Igualdade de mulleres e homes

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A

VIOLENCIA DE XÉNERO.

Por que este día?

A violencia contra a muller é unha violación dos dereitos

humanos.

A violencia contra a muller é consecuencia da

discriminación que sofre, tanto en leis como na práctica, e

a persistencia de desigualdades por razón de xénero.

A violencia contra a muller afecta e impide o avance en

moitas áreas, incluidas a erradicación da pobreza, a loita

contra o VIH/SIDA e a paz e a seguridade.

Page 19: Lei de Igualdade de mulleres e homes

A violencia contra as mulleres e as nenas se pode evitar. A prevención é posible e esencial.

A violencia contra as mulleres segue sendo unha pandemia global. Un 70% de mulleres sufren violencia na súa vida.

Page 20: Lei de Igualdade de mulleres e homes

LOURDES CASTRO TOUCIDO, 4ºA.

FIN.