3
Exercicios de léxico-semántica para 1º BAC IES Lama das Quendas A linguaxe reflicte o mundo no que vivimos e moldea non tanto a nosa percepción da realidade como o xeito en que nos vemos obrigad@s a expresármola Linguaxe non-androcéntrica: propostas e propósitos, ROBERT NEAL BAXTER Grazas ao traballo de Teresa Moure 'Queremos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións', galardoado co premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2011, vólvese a falar -entre outras cousas- da cuestión da linguaxe excluínte, vehículo dos valores sociais dominantes. Trátase dun tema que levo traballando desde hai tempo, sobre todo desde a óptica do androcentrismo e heteronormatividade na tradución, e que acho tan vixente como nunca, se non máis. A linguaxe reflicte o mundo en que vivimos e moldea non tanto a nosa percepción da realidade como o xeito en que nos vemos obrigad@s a expresármola. Así, os usos e padróns habituais da linguaxe non fan máis que plasmar as convencións do status quo social, polo que pasan desapercibidos os estereotipos que levan implícitos en materia de xénero e sexualidade. Os usos lingüísticos habituais toman o estereotipo do varón heterosexual como a norma non marcada, por exemplo mediante a utilización do masculino pseudoxenérico en 'os avogados' e 'os médicos' para abranguer tanto os homes como as mulleres que exercen estas profesións, ou cando se reflicten os papeis desiguais de oficios ao falar de 'enfermeiras' fronte a 'médicos' para aludir en ambos os casos tanto a homes como a mulleres. A linguaxe non-androcéntrica ten por obxectivo principal non tanto modificar os comportamentos mediante o traslado mecánico dunha mudanza dos usos lingüísticos, como se dunha 'novilingua' orweliana se tratase, senón tornar patentes os usos enquistados e os valores que transmiten para se falar deles, debatelos, desafialos e, en última instancia, mudalos. Este é o valor que tivo o uso do neoloxismo 'miembra' por parte de Bibiana Aído en 2008: o interesante non é que pasase a engrosar as formas lexitimadas polo dicionario editado pola moi masculina RAE, senón que se provocou que se falase do tema en todos os medios de comunicación durante semanas. O esencial non é sempre que se fale ben, senón que, polo menos, se fale... O fin é claramente político e ideolóxico, como tamén o é calquera tipo de intervención ou enxeñaría lingüística, incluída a normalización e normativización de linguas como a nosa. A finalidade é, neste caso, acadarmos unha sociedade máis xusta e menos discriminatoria en todos os ámbitos, obxectivo ao que non podemos renunciar desde os postulados dun nacionalismo verdadeiramente liberador. Por iso, non pretendo con este artigo facer un percorrido puramente descritivo por varias opcións entendidas como igualmente válidas a respecto dos usos androcéntricos xa existentes, senón facer un alegado comprometido a favor duns novos usos lingüísticos. Non nos escondamos, por medo ao relativismo, ante quen discrepar coa nosa visión dunha sociedade máis xusta e liberadora: trátase de loitarmos para se imporen recomendacións prescritivas claras para camiñarmos cara a ela. Son varias as estratexias que se poden aplicar agrupadas sob a denominación 'linguaxe non-androcéntrica'. Algunhas préstanse máis facilmente a certas linguas que a outras debido ás súas propiedades e estruturas inherentes, como, por exemplo, o xénero gramatical masculino/feminino, que coincide en certa medida co binomio social home/muller en galego e non existe noutras linguas como o turco ou o finés. Nin todas as estratexias comparten o mesmo punto de partida ideolóxico e obxectivos, e todas elas presentan unha serie de vantaxes e inconvenientes, polo que non se ten necesariamente que avogar por unha delas en exclusiva, senón por unha maior flexibilización creativa e aperturista da linguaxe. Vexamos. - Inclusión. Trátase de especificar e visualizar as mulleres con fórmulas como 'todas as profesoras e todos os profesores'. O resultado é claramente pesado, mais cabe preguntarse se non é xustamente este o obxectivo que se persegue: Por que non deberían pesar as mulleres? Claro que, para algún (en

Léxico

  • Upload
    xenevra

  • View
    732

  • Download
    5

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Exercicio de comprensión de texto.

Citation preview

Page 1: Léxico

Exercicios de léxico-semántica para 1º BAC IES Lama das Quendas

A linguaxe reflicte o mundo no que vivimos e moldea non tanto a nosa percepción da realidade como o xeito en que nos vemos obrigad@s a expresármolaLinguaxe non-androcéntrica: propostas e propósitos, ROBERT NEAL BAXTER

Grazas ao traballo de Teresa Moure 'Queremos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións', galardoado co premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2011, vólvese a falar -entre outras cousas- da cuestión da linguaxe excluínte, vehículo dos valores sociais dominantes. Trátase dun tema que levo traballando desde hai tempo, sobre todo desde a óptica do androcentrismo e heteronormatividade na tradución, e que acho tan vixente como nunca, se non máis.

A linguaxe reflicte o mundo en que vivimos e moldea non tanto a nosa percepción da realidade como o xeito en que nos vemos obrigad@s a expresármola. Así, os usos e padróns habituais da linguaxe non fan máis que plasmar as convencións do status quo social, polo que pasan desapercibidos os estereotipos que levan implícitos en materia de xénero e sexualidade. Os usos lingüísticos habituais toman o estereotipo do varón heterosexual como a norma non marcada, por exemplo mediante a utilización do masculino pseudoxenérico en 'os avogados' e 'os médicos' para abranguer tanto os homes como as mulleres que exercen estas profesións, ou cando se reflicten os papeis desiguais de oficios ao falar de 'enfermeiras' fronte a 'médicos' para aludir en ambos os casos tanto a homes como a mulleres.

A linguaxe non-androcéntrica ten por obxectivo principal non tanto modificar os comportamentos mediante o traslado mecánico dunha mudanza dos usos lingüísticos, como se dunha 'novilingua' orweliana se tratase, senón tornar patentes os usos enquistados e os valores que transmiten para se falar deles, debatelos, desafialos e, en última instancia, mudalos. Este é o valor que tivo o uso do neoloxismo 'miembra' por parte de Bibiana Aído en 2008: o interesante non é que pasase a engrosar as formas lexitimadas polo dicionario editado pola moi masculina RAE, senón que se provocou que se falase do tema

en todos os medios de comunicación durante semanas. O esencial non é sempre que se fale ben, senón que, polo menos, se fale...

O fin é claramente político e ideolóxico, como tamén o é calquera tipo de intervención ou enxeñaría lingüística, incluída a normalización e normativización de linguas como a nosa. A finalidade é, neste caso, acadarmos unha sociedade máis xusta e menos discriminatoria en todos os ámbitos, obxectivo ao que non podemos renunciar desde os postulados dun nacionalismo verdadeiramente liberador.

Por iso, non pretendo con este artigo facer un percorrido puramente descritivo por varias opcións entendidas como igualmente válidas a respecto dos usos androcéntricos xa existentes, senón facer un alegado comprometido a favor duns novos usos lingüísticos. Non nos escondamos, por medo ao relativismo, ante quen discrepar coa nosa visión dunha sociedade máis xusta e liberadora: trátase de loitarmos para se imporen recomendacións prescritivas claras para camiñarmos cara a ela.

Son varias as estratexias que se poden aplicar agrupadas sob a denominación 'linguaxe non-androcéntrica'. Algunhas préstanse máis facilmente a certas linguas que a outras debido ás súas propiedades e estruturas inherentes, como, por exemplo, o xénero gramatical masculino/feminino, que coincide en certa medida co binomio social home/muller en galego e non existe noutras linguas como o turco ou o finés.

Nin todas as estratexias comparten o mesmo punto de partida ideolóxico e obxectivos, e todas elas presentan unha serie de vantaxes e inconvenientes, polo que non se ten necesariamente que avogar por unha delas en exclusiva, senón por unha maior flexibilización creativa e aperturista da linguaxe. Vexamos.- Inclusión. Trátase de especificar e visualizar as mulleres con fórmulas como 'todas as profesoras e todos os profesores'. O resultado é claramente pesado, mais cabe preguntarse se non é xustamente este o obxectivo que se persegue: Por que non deberían pesar as mulleres? Claro que, para algún (en

Page 2: Léxico

Exercicios de léxico-semántica para 1º BAC IES Lama das Quendas

masculino), resulta moito máis cómodo falar sempre en masculino, sobre todo pola conta que lles trae, pois os homes nunca tivemos que aprender cando estamos implicitamente incluídos e cando non. Por exemplo: 'O home é un mamífero', mais non 'Cando o home está grávido'. O risco radica en se ritualizaren fórmulas como 'boa tarde a todos e a todas' sen compromiso real ningún, como ten apuntado Teresa Moure en varias ocasións, sen interiorización nin asunción real das mudanzas profundas nas consciencias e nos comportamentos que estes novos usos lingüísticos deberían implicar.- Feminización xenérica. Para alén de máis, a principal función da linguaxe xinocéntrica consiste en suscitar a reflexión ao dar a volta ao uso do masculino pseudoxenérico para comprobar até que punto a xeneralización pode faltar á realidade e resultar incómoda, sobre todo cando deixa de coincidir coas expectativas canonizadas pola norma socialmente dominante. Así, ao se dirixir en feminino a unha clase composta de rapazas e rapaces, non é inhabitual que algún alumno proteste, dicindo sentirse excluído, ou, ao falarmos de 'médicas', hai quen se preguntará se os médicos tamén están incluídos...- Neutralización: Malia resultar máis difícil en galego que noutras linguas con epicenos, é factíbel se recorremos a termos abstractos como 'alumnado' e 'profesorado'. O interese radica en non tornar explícita a dicotomía social que se estabelece entre homes e mulleres como as únicas opcións de xénero viábeis ou desexábeis, como indica a mesma Teresa Moure en varias entrevistas. Os potenciais riscos son dous. Por un lado, un abuso lingüístico por non coincidir sempre o conxunto con cada unha das súas partes por separado. Por exemplo, eu non son un 'pai ou nai do alumnado', senón, neste caso, un 'pai dunha alumna'. Mais, desde o noso punto de vista, esta non é a desvantaxe máis grave, xa que, mentres a sociedade seguir a funcionar dentro destes parámetros bipolarizados e xerarquizados, existe o risco de se interpretaren as denotacións neutrais destes termos segundo as connotacións dos papeis tradicionais que lles adscribe a sociedade, polo que, en xeral, en inglés 'secretaries' son mulleres, mentres 'general secretaries' son homes, por moito que non exista unha marcaxe lingüística explícita que xustifique semellante lectura.

- Alteración disxuntiva: Aínda que poida parecer que no fundo coincide por momentos coas anteriores propostas, as formas que toma fan que se diferencie radicalmente delas no seu propósito. A alteración procura romper, desafiante, calquera comodidade ante a lingua mediante o manexo de elementos inhabituais como a arroba ou neoloxismos innovadores como 'feminario'. Mais unha vez, non pretende agradar, senón provocar. Así, para cando chegaren a parecer aceptábeis, cumpre volver a procurar novos mecanismos rompedores: 'todxs xs profesorxs', ou -por que non- combinado cun xenocentrismo intencionadamente rechamante e provocador, 'todAs As profesorAs', como en alemán 'LehrerInnen' ou no francés canadense máis radical 'étudantEs'.

Hai quen argumenta que estas estratexias mudan e alteran profundamente a lingua galega. É certo. Agora, o simples paso do oral á escrita tamén o fai, como, con máis forza aínda, a propia codificación escrita dunha lingua estándar. No entanto, a lingua galega, caso sexa realmente viva, está en permanente mutación. Pertence ao pobo galego no seu conxunto -e non só aos homes heterosexuais nacidos no país- e corresponde a quen a fale non só custodiala senón adaptala como lingua xenuinamente dinámica para se adecuar ás súas novas necesidades, sen que iso implique que deixe de ser 'galego'.

Como lingua de noso, o galego representa o que fomos e o que somos, mais tamén debe encarnar o que queremos ser.

EXERCICIOS1. Indica o significado das palabras destacadas no texto.2. Constrúe unha oración coherente con cada un deses termos.3. Explica que significan as seguintes expresións: "status quo", "novilingua orweliana", "masculina RAE", "enxeñería lingüística", "linguaxe non-androcéntrica", "linguaxe xinocéntrica", "dicotomía social", "poteciais riscos", "lingua xenuinamente dinámica".4. Subliña as ideas máis importantes de cada parágrafo.5. Resume cada parágrafo.

Page 3: Léxico

Exercicios de léxico-semántica para 1º BAC IES Lama das Quendas

6. Explica, coas túas palabras, o contido deste texto.

EXERCICIOS21. Busca todas as palabras derivadas, compostas ou parasintéticas que atopes e clasifícaas.2. Tante indicar o significado dos prefixos e dos sufixos.