Upload
fran-bouso
View
10
Download
2
Embed Size (px)
Citation preview
O magosto é unha tradición moi antiga, este dia tamén se celebra o dia de todos os Santos. Este día
ásanse as castañas pero non solo se comen castañas, dise que os mozos levaban o viño e as mozas as castañas, tamén se levan chourizo e pan de centeo.
Din por cada castaña que comes unha alma purgatorio.
Antes de comer as castañas xogamos a varios xogos: un deles o baile da castaña, consistía en facer
parellas e tiñan que poñer unha castaña na fronte e que non caera. Aquela parella á que non lle caera a castaña era a gañadora.
Despois comemos castañas cuns batidos de chocolate que estaban exquisitos.
MARRÓN GLACÉ
Os ingredientes son :3 quilos de castañas, 3 quilos de azucre, medio litro de viño tinto,tres ramas de vainilla, 3 gramos de cremor de tártaro, 2 a 3 metros de tela transparente ou gasa clara.
PREPARACIÓN:unha vez mondadas as castañas,darlle un fervor e quitarlles a segunda pel. Colocar cada castaña dentro dun anaquiño de tela e suxeitar as puntas con fío branco. Poñer os paquetiños a remollo en auga durante dúas horas . De seguido, escorrer e poñer nunha pota grande para que non queden demasiado amontoados.
Engadir o viño e un litro de auga e cocer a lume lento ata que as castañas queden brancas. Escorrer e volver a colocar a mesma pota .
Engadir 3 litros de auga, o azucre, a vainilla e o cremor tártaro.
Cocer a lume lento durante 10 minutos.
Apartar a pota do lume e deixar descansar durante 24 horas. Transcorrido este tempo colocar de novo no lume e ferver durante 5 minutos, deixalo descansar outras 24 horas repetindo esta última operación durante 4 días, ao cabo dos cales o xarope volverase espeso.
Cando estean frías, escorrer, secarlle a graxa e colocar coidadosamente sobre unha peneira. Pasar o xarope por un coador e poñer a lume lento deixando reducir. Cando empece a acaramelarse botalo encima das castañas con axuda dunha culler. Unha vez fría envolver con papel aluminio.
O MAGOSTO