1
CIUG G.T./ «Composición dun texto (de tipo filosófico)» curso 20082009 1 Textos propostos polo Grupo de Traballo para a preparación das PAAU MAQUIAVELO Texto1 N. MAQUIAVELO; carta dirixida a Francesco Vettori ...Estou na miña vila 1 ; despois das miñas últimas desventuras non cheguei a estar, xuntándoos todos, nin vinte día en Florencia... Érgome á mañanciña, co sol, e voume a un bosque de meu que estou a talar, e alí boto dúas horas a revisar os traballos do día anterior e paso o tempo cos leñadores que sempre teñen algunha disputa, entre eles ou cos seus veciños... Deixo o bosque, voume cara a unha fonte e de alí a un dos lugares onde poño trampas ós paxaros. Teño un libro debaixo do brazo; Dante ou Petrarca ou un destes poetas menores como Tíbulo, Ovidio e outros tales. Leo sobre as súas paixóns amorosas; os seus amores lémbranme os meus e recréome un anaco nestes pensamentos. Encamíñome logo pola estrada cara á hospedaxe; falo cos que pasan, pregúntolle novas dos seus países; escoito cousas diversas e observo os homes: a variedade dos seus gustos e as súas diversas fantasías. Chega nestas a hora de xantar; coa miña xente como os alimentos que dan estas pobres terras e o meu cativo patrimonio. Despois de xantar torno á hospedaxe, alí está o pousadeiro e, polo xeral, un carniceiro, un muiñeiro, dous panadeiros. Envilézome con eles para o que queda de día xogando á cricca e a trich-trach 2 ; no que nacen mil liortas e infinitos insultos e palabras inxuriosas; e as máis das veces rifamos por un centavo e séntesenos berrar mesmo dende San Casciano. Así, enzoufado nesta xentallada, limpo o cerebro de balor e boto fóra esta malignidade da miña sorte, contento de ser arrastrado deste xeito só por descubrir se sinto ou non vergoña. Chegada a noite torno á casa e entro no meu escritorio e no seu limiar despóxome deste vestido de diario, cheo de lama e roña, poño roupas rexias e cardinalicias e, apropiadamente revestido, entro nas antigas cortes dos homes antigos onde, amablemente recibido por eles, nútrome de aquel alimento que é só meu e para o cal nacín, onde non me avergonzo de falar con eles, preguntándolle polas razóns das súas accións; e eles, pola súa humanidade, respóndenme; e durante catro horas de tempo non sinto tedio ningún, esquezo todos os afáns, non temo a pobreza, non me espanta a morte: todo eu transfírome neles. E pois di Dante que non hai ciencia se non retemos o que entendemos, teño anotado todo canto aproveitaba da súa conversa e compuxen un opúsculo, De principatibus, onde afondo canto eu podo nos pensamentos sobre este asunto, discutindo qué é un principado, de que clases os hai, como se adquiren, por qué se perden... N. MAQUIAVELO; fragmento da carta dirixida a Francesco Vettori, Embaixador Magnifico de Florencia diante do Sumo Pontífice e benefactor de Maquiavelo en Roma. Datada en Florencia o 10 de decembro de 1513. Tradución de Rafael Martínez Castro (USC) 1 ‘Vila’ no senso de casa de campo. [Nota do traductor] 2 Cricca é un xogo de cartas popular na Italia do século XVI. A palabra “cricca” menciona unha combinación de tres cartas iguais. Trich-trach: xógase con dous dados e trinta damas nun taboleiro dividido en dúas partes (o nome do xogo parece aludir ó son das pezas ó bater co taboleiro). [Nota do traductor]

Maquiavelo-t1

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Maquiavelo-t1

CIUG — G.T./ «Composición dun texto (de tipo filosófico)» curso 2008—2009

1

Textos propostos polo Grupo de Traballo para a preparación das PAAU

MAQUIAVELO –Texto1 N. MAQUIAVELO; carta dirixida a Francesco Vettori

...Estou na miña vila1; despois das miñas últimas desventuras non cheguei a estar, xuntándoos

todos, nin vinte día en Florencia... Érgome á mañanciña, co sol, e voume a un bosque de meu que

estou a talar, e alí boto dúas horas a revisar os traballos do día anterior e paso o tempo cos leñadores

que sempre teñen algunha disputa, entre eles ou cos seus veciños...

Deixo o bosque, voume cara a unha fonte e de alí a un dos lugares onde poño trampas ós paxaros.

Teño un libro debaixo do brazo; Dante ou Petrarca ou un destes poetas menores como Tíbulo,

Ovidio e outros tales. Leo sobre as súas paixóns amorosas; os seus amores lémbranme os meus e

recréome un anaco nestes pensamentos. Encamíñome logo pola estrada cara á hospedaxe; falo cos

que pasan, pregúntolle novas dos seus países; escoito cousas diversas e observo os homes: a

variedade dos seus gustos e as súas diversas fantasías. Chega nestas a hora de xantar; coa miña

xente como os alimentos que dan estas pobres terras e o meu cativo patrimonio. Despois de xantar

torno á hospedaxe, alí está o pousadeiro e, polo xeral, un carniceiro, un muiñeiro, dous panadeiros.

Envilézome con eles para o que queda de día xogando á cricca e a trich-trach2; no que nacen mil

liortas e infinitos insultos e palabras inxuriosas; e as máis das veces rifamos por un centavo e

séntesenos berrar mesmo dende San Casciano. Así, enzoufado nesta xentallada, limpo o cerebro de

balor e boto fóra esta malignidade da miña sorte, contento de ser arrastrado deste xeito só por

descubrir se sinto ou non vergoña.

Chegada a noite torno á casa e entro no meu escritorio e no seu limiar despóxome deste vestido de

diario, cheo de lama e roña, poño roupas rexias e cardinalicias e, apropiadamente revestido, entro

nas antigas cortes dos homes antigos onde, amablemente recibido por eles, nútrome de aquel

alimento que é só meu e para o cal nacín, onde non me avergonzo de falar con eles, preguntándolle

polas razóns das súas accións; e eles, pola súa humanidade, respóndenme; e durante catro horas de

tempo non sinto tedio ningún, esquezo todos os afáns, non temo a pobreza, non me espanta a morte:

todo eu transfírome neles. E pois di Dante que non hai ciencia se non retemos o que entendemos,

teño anotado todo canto aproveitaba da súa conversa e compuxen un opúsculo, De principatibus,

onde afondo canto eu podo nos pensamentos sobre este asunto, discutindo qué é un principado, de

que clases os hai, como se adquiren, por qué se perden...

N. MAQUIAVELO; fragmento da carta dirixida a Francesco Vettori, Embaixador

Magnifico de Florencia diante do Sumo Pontífice e benefactor de Maquiavelo en

Roma. Datada en Florencia o 10 de decembro de 1513. Tradución de Rafael

Martínez Castro (USC)

1 ‘Vila’ no senso de casa de campo. [Nota do traductor]

2 Cricca é un xogo de cartas popular na Italia do século XVI. A palabra “cricca” menciona unha combinación de tres

cartas iguais. Trich-trach: xógase con dous dados e trinta damas nun taboleiro dividido en dúas partes (o nome do xogo

parece aludir ó son das pezas ó bater co taboleiro). [Nota do traductor]