1
"Mi amo respondeulle que pensase noutras cousas, que aínda se ía rir unha hora amosándolla ao señor bispo de Lamego. E que si tocaban a morrer, mellor que chiscarlle o ollo a un pernil francés era poñerse a formar as contas da ialma. Chegou daquela de Meira o sobriño do Liaño coa triaca prepósita i as píldoras de mel sedativa, e menciñou o señor Merlín ao suízo, e deixámolo nunha sestiña pra ir xantar. E cando rematamos, i houbo tanta familia pra ver enxagoar a boca a meu amo e lavalas mans como pra ver as bólas de neve, rubimos a carón do suízo, e xa estaba esperto, cos ollos vivos, peiteando a perilla. - Paréceme, meu señor mago, que vou curado -díxolle a mi amo. - Tamén eu estou niso, e non é miragre, que a triaca prepósita está en tal virtú, que ou revira a un dunha vez contras as aparencias diste mundo, ou de contado sa ao doente. E demos grazas al Señor por ter chegado a tempo. Todo isto i outras razón en francesa fala púxolle mi amo ao suízo, i adiantoulle, segundo souben, unha onza pra seguir camiño, i o mosiú Simplom agasallou ao señor Merlín cunha bóla de neve, e don meu amo mandoume escoller, i eu puxen de preferida a do cabaleiro pasando o monte, polo moito que me gostaba o baionciño i a música de axóuxeres que tiña a bóla na caixa de pé. E como anoitece doado en outono, determinou o señor Merlín regresar a Miranda, pasando o Pontigo de día, que entre San Lucas e Santos xa ouvea o lobo en aquelas cavadas, e mandoume montar tras il a mullerengas, e trotamos tan vivo que parecía que se alongaba a serán." Merlín e familia, Álvaro Cunqueiro

Merlin e familia(fragmento)

Embed Size (px)

Citation preview

"Mi amo respondeulle que pensase noutras cousas, que aínda

se ía rir unha hora amosándolla ao señor bispo de Lamego. E

que si tocaban a morrer, mellor que chiscarlle o ollo a un

pernil francés era poñerse a formar as contas da ialma.

Chegou daquela de Meira o sobriño do Liaño coa triaca

prepósita i as píldoras de mel sedativa, e menciñou o señor

Merlín ao suízo, e deixámolo nunha sestiña pra ir xantar. E

cando rematamos, i houbo tanta familia pra ver enxagoar a

boca a meu amo e lavalas mans como pra ver as bólas de

neve, rubimos a carón do suízo, e xa estaba esperto, cos ollos

vivos, peiteando a perilla.

- Paréceme, meu señor mago, que vou curado -díxolle a mi

amo.

- Tamén eu estou niso, e non é miragre, que a triaca prepósita

está en tal virtú, que ou revira a un dunha vez contras as

aparencias diste mundo, ou de contado sa ao doente. E

demos grazas al Señor por ter chegado a tempo.

Todo isto i outras razón en francesa fala púxolle mi amo ao

suízo, i adiantoulle, segundo souben, unha onza pra seguir

camiño, i o mosiú Simplom agasallou ao señor Merlín cunha

bóla de neve, e don meu amo mandoume escoller, i eu puxen

de preferida a do cabaleiro pasando o monte, polo moito que

me gostaba o baionciño i a música de axóuxeres que tiña a

bóla na caixa de pé. E como anoitece doado en outono,

determinou o señor Merlín regresar a Miranda, pasando o

Pontigo de día, que entre San Lucas e Santos xa ouvea o lobo

en aquelas cavadas, e mandoume montar tras il a

mullerengas, e trotamos tan vivo que parecía que se alongaba

a serán."

Merlín e familia, Álvaro Cunqueiro