11
23 DE ABRIL DE 2016 DÍA DO LIBRO E DEREITOS DE AUTOR Traballo realizado pola BIBLIOSOÑOS CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS CELEIRO-VIVEIRO (LUGO)

Miguel de cervantes

Embed Size (px)

Citation preview

23 DE ABRIL DE 2016

DÍA DO LIBROE

DEREITOS DE AUTOR

Traballo realizado pola BIBLIOSOÑOS

CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS

CELEIRO-VIVEIRO (LUGO)

MIGUEL DE CERVANTES SAAVEDRA

IV CENTENARIO DA SÚA MORTE23 DE ABRIL1616-2016

Miguel de Cervantes, considerado universalmente o creador da novela moderna, e expoñente do Século de Ouro español, está de actualidade porque este ano conmemórase o cuarto centenario da súa morte e, mesmo, polo achado de parte dos seus restos na igrexa das Trinitarias de Madrid. Con todo, máis aló do misterio da súa tumba, o seu legado literario está á vista de todos: á súa obra mestra, O Quixote, cuxa segunda parte tamén cumpre 400 anos, súmanse outras novelas, teatro e poesía.

VIDAMiguel de Cervantes naceu en Alcalá de Henares, en 1547, non se sabe exactamente o día, pero sábese que foi a finais de setembro ou principios de outubro, xa que foi bautizado o 9 de outubro.El puido nacer o 29 de setembro, día de San Miguel e de aí recibir o seu nome.Miguel foi o sexto de sete irmáns e a súa familia tivo moitos problemas económicos. O pai movía con frecuencia á familia dun lugar a outro tratando de conseguir mellores ingresos. Aos 8 anos entrou ao colexio dos xesuítas, naquela época a maioría dos nenos non ían á escola, pero o seu pai quería que os seus fillos tivesen unha mellor educación. As súas irmás tamén sabían ler, cousa que era moi estraña nesa época.

Aos 16 anos aínda ía á escola e gustáballe moitísimo ler e asistir a representacións de teatro.Non se sabe se Miguel foi á universidade, pero a súa formación demostra que foi un home moi culto. Aos 22 anos decidiu facerse soldado. España estaba a loitar contra os mouros e na gran batalla de Lepanto, onde obtiveron a vitoria, Miguel recibiu varias feridas, unha delas na súa man esquerda, polo que desde esa época chamárono o “manco de Lepanto”.Xa nese momento comezara a escribir algúns poemas e tras a batalla recibiu unhas cartas que certificaban a súa valente actuación, el esperabapoder ter unha vida mellor.

De regreso a casa, o seu barco extraviouse nunha tormenta, foron atacados por un barco, e Miguel e o seu irmán Rodrigo caeron prisioneiros e foron feitos escravos. Trataron moitas veces de escaparse e non o conseguiron, a súa familia reuniu diñeiro para o rescate e finalmente tras 5 anos de escravitude puideron volver a España.Nese momento quixo embarcarse cara a América pero non o logrou. Aos 33 anos casou cunha Ccon Catalina e máis ou menos nesa mesma época terminou de escribir a súa primeira obra importante “A Galatea”, a cal tivo moi boa acollida e por ela recibiu algún diñeiro, pero en xeral a súa situación económica non mellorou. As súas obras aínda non eran moi populares e a maior parte do que escribiu neses anos perdeuse para sempre.

Realizou moitos traballos e en ningún tivo sorte. As súas finanzas eran cada día máis difíciles e crese que para ese momento xa estaba a escribir a primeira parte da súa obra máis importante: “O enxeñoso fidalgo don Quixote da Mancha” a que foi publicada en 1605, cando Miguel tiña 58 anos. Dez anos despois terminou a segunda parte e para ese momento xa habían traducións en Inglés e en Francés da primeira parte.Escribiu moitísimo durante os seus últimos anos, pero nunca tivo o suficiente diñeiro para vivir comodamente. Aínda que xa nesa época recoñecíase se enxeño, non se alcanzou a albiscar o impacto que tería a súa obra como un novo estilo literario.Morreu aos 79 anos e contrario ao seu principal personaxe, Don Quixote, Miguel nunca puido escapar do seu destino de fidalgo e soldado pobre.

OBRAS DE MIGUEL DE CERVANTESNOVELA

El ingenioso hidalgo don Quijote de la ManchaLa Galatea Novelas ejemplares La Gitanilla El amante liberal Riconete y Cortadillo La española inglesa Licenciado Vidriera La fuerza de la la sangre El celoso extremeño La ilustre fregona Novela de las Dos Doncellas Novela de la Señora Cornelia Novela del Casamiento Engañoso La de los perros Cipón y Berganza Viaje al Parnaso Los trabajos de Persiles y Segismunda

TEATRO Tragedia de NumanciaTrato de Argel Ocho comedias y ocho entremeses Comedias El gallardo español Los baños de Argel La gran sultana doña Catalina de Oviedo La casa de los celos El laberinto de amor La entretenida El rufián dichoso Pedro de Urdemales Entremeses El juez de los divorcios El rufián viudo llamado Trampagos La elección de los alcaldes de Daganzo La guarda cuidadosa El vizcaíno fingido El retablo de las maravillas La cueva de Salamanca El viejo celoso

POESÍA Índice de primeros versos de todas las poesía

s Índice de primeros versos de poesías sueltas Al túmulo del rey Felipe II en Sevilla A la entrada del duque Medina en Cádiz