Upload
instituto-rafael-dieste
View
227
Download
5
Embed Size (px)
Citation preview
AS MOCHILAS VIAXEIRASO programa das mochilas viaxeiras comeza a andar no noso centro este curso 2011-2012 de xeito experimental en dúas aulas, S1ºA e S3ºA e ten como finalidade proporcionar un motivo de encontro entre os distintos membros dunha familia ao redor do mundo dos libros e da lectura
A mochila é o soporte que permitirá aos rapaces e rapazas levar á súa casa, en préstamo temporal, uns materiais que reforcen o vínculo entre familia e escola no seu labor común para a formación dos lectores máis novos.
As mochilas visitan as casas dos nosos escolares durante dez-quince días.
O contido non é exclusivamente para os nenos e nenas. Procuramos cubrir gustos de adultos, de xoves, de nenos e maiores para que cada quen atope dentro da mochila algo que lle guste persoalmente. E atendemos suxestións, se están ó noso alcance. O obxectivo é atopar algún momento para achegarse á lectura en familia con documentos de calidade e, en ocasións, pouco coñecidos por non estaren nos grandes circuitos de distribución.
CONTIDO DAS MOCHILAS
Mochila nº 1 Cómic Poesía Clásico Lendas Libro para pais-
nais CD música DVD cine
Mochila nº 2 Cómic Poesía Clásico Lendas Libro para pais-
nais CD música DVD cine
INSTRUCIÓNS DE USO
Cóntase con dúas semanas para disfrutar dos contidos da mochila. Sé respetuoso e DEVÓLVEA EN PRAZO
É importantísimo COIDALA MOI BEN para que os materiais poidan chegar a todo o mundo en perfecto estado
Inclúese un caderno viaxeiro no que se convida ás familias a escribir reflexións, opinións, suxestións sobre a actividade, os materiais…
Antes de devolver a mochila, REVISA QUE ESTEA TODO O MATERIAL.
QUE A DISFRUTEDES!