Upload
bibliocastelao
View
977
Download
1
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Cuento adaptado de Mouriño.
Citation preview
ALUMNOS/AS 2ºA . A.D.R. CASTELAO
Adaptación.
Hai uns seres que
viven nos soutos e
que ao naceren
son uns vermes.
Disque nacen
cando unha
fada boa
casa cun
trasno.
Botan en forma de
vermes hasta que
caian os primeiros
ourizos dos
castiñeiros.Logo
convértense en …
Preciosas
fadas, ou
en…
Simpáticos
trasnos.
Mouriño era un
destes vermes e
vivía na codia dun
castiñeiro
Mouriño era moi precavido.
Cando sentía algún ruído
agochábase debaixo das
follas do castiñeiro
Nos castiñeiros
había fermosos
ourizos que
acochaban no seu
interior castañas
aínda branquiñas.
Unha vez ,un destes ourizos
asomou o seu nariz
espinento para ver que
pasaba ao seu arredor e
descubriu a Mouriño.
Mouriño viña a
todo correr na
procura do seu
xantar, que eran as
follas do castiñeiro.
As follas tiñan
medo de ser
devoradas por
aquel verme e
os ourizos
comentaban
enfadados…
- Este verme vaille comer as follas ao noso
castiñeiro para que todos morramos sen chegar
a criar as nosas castañas.
- O que imos facer
é espetar as
nosas espiñas no
seu corpo mol-
falaba outro
ourizo.
- Mais para iso temos que agardar a
que pase por riba de nós , e nós non
nos podemos mover.
Quen nos
podería
axudar?
Daquela mesmo os ourizos escoitaron un
desagradábel berro que viña do aire.
Ollaron todos cara arriba e viron unha pega.
- Aquí me tedes para vos
axudar- berrou a pega do
alto.
- Vou cazar a Mouriño e vóullelo levar aos meus pitiños.
Mouriño , que escoitara a conversa pegou o seu corpo á parte
máis baixa dunha póla..
A pega dou voltas e máis
voltas para atopar o verme
pero Mouriño estaba moi
ben agochado.
O único que a pega viu, foi a un miñato que se acercaba ao castiñeiro.
A pega decidiu marchar para non ser o seu bocado .
A pega non logrou cazar a Mouriño e o miñato
tampouco.
Pasou o tempo e o castiñeiro sobrevivíu ao ataque do verme
Mouriño. As chuvias do outono fixeron medrar os cogomelos e o
vento abaneou as pólas do castiñeiro e caeron os primeiros
ourizos.
Os ourizos
observaron que
o Mouriño xa
non comía as
follas do
castiñeiro.
Mouriño non facía mais
que durmir.
A fada boa
mandou a
unha araña
para tecer
unha tea de
fíos de prata.
Co fío de prata cubriu todo o
corpo de Mouriño.
Mouriño durmiu días
e días.
Pasaron semanas e o
vento abaneou a caixiña
na que durmía Mouriño.
Os ourizos , moi atentos a aquela
caixiña, observaron como abría
pouco a pouco e quedaron
abraiados cando apareceu…
Unha
fermosísima
fada !
Era dunha beleza como ninguén vira
antes naquel souto
Todo o souto estaba abraiado
con aquela beleza.
A fada voaba dando voltas por
entre os castiñeiros.
Os primeiros en apañar as castañas naquel
souto foron as fadas e os trasnos.
Para celebrar o nacemento da fada
decidiron celebrar un MAGOSTO.
A fada Mouriña viveu para
sempre naquel souto e
coidou de todos os que
vivían nel.
FIN