3

Museo Fortaleza De San Paio De Narla Cartel E Programa

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Cartel e programación do Campamento de Nadal do Museo de San Paio de Narla

Citation preview

Page 1: Museo Fortaleza De San Paio De Narla Cartel E Programa
Page 2: Museo Fortaleza De San Paio De Narla Cartel E Programa

MUSEO FORTALEZA DE SAN PAIO DE NARLA

5 de xaneiro: Aprendemos a coñecer, aprendemos a vivir xuntos.

Este primeiro día adicarémolo a dar unhas nocións teóricas ¿ que é un museo ?e que se

vai a facer os diferentes días do campamento para logo comezar cos obradoiros

propiamente ditos.

Cincocentos anos de Latexos de San Paio: Vivimos inmersos nun

mundo netamente visual. O cine, a fotografía e incluso a pintura mais

sobre todo a Televisión, so referentes visuais que non só están a

desprazar a cultura sonora se non que en moitos casos a están a extinguir.

Neste obradoiro de arqueoloxía sonora descubriremos e analizaremos

como cambiou a paisaxe sonora da Fortaleza e o seu entorno dende os

tempos feudais ata agora que é un Museo. E demostraremos que existe

unha riqueza sonora infinita cando un se para a escoitar.

Obradoiro de restauración: Contaremos coa presenza de Charo

Fernández que nos falará da recuperación e conservación preventiva de

distintas pezas do Museo. Os Rapaces verán como e o proceso de

recuperación , e coñecerán en primicia as últimas restauracións en San

Paio. Verán cales son os pasos a seguir desde que se entra en contacto

coa peza a recuperar ata que se expón no museo

Nós e os outros:Traballaremos a promoción do coñecemento recíproco

da diversidade dentro do Ano Internacional do achegamento entre

culturas.

8 de Xaneiro: Aprendemos a ser,aprendemos a facer

Videorede II:Embaixadores e Informantes do seu entorno.

Videorede é unha actividade que se creou só para os obradoiros de verán da Rede. Pero

a medida que se comezou a traballar co proxecto demonos conta da infinidade de

posibilidades que podía ofrecer se a convertiamos nun proxecto a largo prazo. E por iso

que decidimos continuar con ela e seguir nutrindo os diferentes canais creados para a

actividade na rede. Nesta edición centraremos o Obradoiro en:

o Coñecer as ferramentas necesarias para a creación de arquivos

sonoros e visuais e para a súa posterior publicación na rede.

o Participar na creación de contidos para os diferentes canais

abertos no museo.

o Coñecer, utilizar e transformar os diferentes tipos de formatos

sonoros e audiovisuais.

o Podcasting: Coñecelos, producilos e insertalos nos diferentes

canais do Museo

Page 3: Museo Fortaleza De San Paio De Narla Cartel E Programa

Redes de Historias; Obradoiro Literario e de Ilustración.

Romances, lendas, parrandas, paixoliñas, cantos de cegos. Aprenderemos que son e

porque se cantaban. E baseándose nos nenos fundadores, nos benefactores, e nas

persoas que se agochan detrás de cada peza do museo, os rapaces construirán a súa

propia. Despois de recoller as historias adaptaranas e ilustraranas.

9 de xaneiro: Aprendemos a vivir xuntos , aprendemos a Ser... Difundindo o

Patrimonio

Durante o desenrolo do curso, como resultado dos coñecementos adquirios

realizarán un programa de radio. Servirá para a reflexión e a creacion de

contidos patrimoniais propios(patrimonio que recibimos, patrimonio que

transmitimos).O programa será colgado en internet e poderá ser escoitado polo

público en xeral mediante o sistema de poscast.

Tirando do Fío: Xa pola tarde, un clásico dentro do programa de actividades da

Rede. Un encontro interxeneracional apto para toda a familia no que este ano

falaremos dos diferentes sistemas de medición agraria. A Fanega, o Ferrado, o

Canado… Tamén falaremos do antigo sistema de pago, o Troco. Un sistema que

se esta a recuperar nalgúns sitios debido a situación de crise que se vive

actualmente.

Obradoiros Impartidos por:

Encarna Lago González, Xerente da Rede Museística.

Francica Abuín

Ana Ferro