5

Museo Pazo De Tor Nadal

Embed Size (px)

Citation preview

MUSEO PAZO DE TOR

29 de decembro: Aprendemos a coñecer, aprendemos a vivir xuntos.

Este primeiro dia dedicarémolo a dar unhas nocións teóricas do que se vai a facer os diferentes días do campamento para logo comezar cos obradoiros propiamente ditos.

Obradoiro de restauración: Contaremos coa presenza de Xosé Ramón Lleó Fissure que é a persoa que esta recuperando todo o material relacionado coas cabalerizas de Tor. Os Rapaces verán como e o proceso de recuperación de Cadeiras de coiro de cabalos e todos os aparellos vencellados a ese mundo. Verán cales son os pasos a seguir desde que se entra en contacto coa peza a recuperar ata que se expón no museo.

Cincocentos anos de Latexos do Pazo de Tor: Vivimos inmersos nun mundo netamente visual. O cine, a fotografía e incluso a pintura mais sobre todo a Televisión, so referentes visuais que non só están a desprazar a cultura sonora se non que en moitos casos a están a extinguir. Neste obradoiro de arqueoloxía sonora descubriremos e analizaremos como cambiou a paisaxe sonora do Pazo e o seu entorno dende os tempos feudais ata agora que é un Museo. E demostraremos que existe unha riqueza sonora infinita cando un se para a escoitar.

Nós e os outros:Traballaremos a promoción do coñecemento recíproco da diversidade dentro do Ano Internacional do achegamento entre culturas.

30 de decembro: Aprendemos a ser,aprendemos a facer

Redes de Historias: Obradoiro Literario e de Ilustración.

Romances, lendas, parrandas, panxoliñas, cantos de cegos. Aprenderemos que son e porque se cantaban. O Pazo de Tor alberga entre  os seus muros moitas historias. Historias de tódalas personas que  nalgún momento estiveron nel vivindo ou simplemente de visita.  Con esta visita recorreremos as distintas salas do pazo e os seus arredores coñecendo a diferentes personaxes que estiveron vencellados o  mesmo, en maior ou menor medida, o longo do tempo. Todo  dende unha testemuña en primeira persoa dun deles que  viviu dende os nove anos nel. Coñeceremos como eran e que papel desenrolaron a cociñeira, o camareiro, os caseiros, os señores e terminaremos en Mari Paz Taboada que ca súa decisión altruísta legounos todo este patrimonio a todos.

E Pola Tarde: Videorede II:Embaixadores e Informantes do seu entorno.

Seguimos coa actividade iniciada nos campamentos de Verán na que fixemos fincapé nas novas tecnoloxías orientadas a difusión do patrimonio. Nesta ocasión os rapaces converteranse en reporteiros, embaixadores e informantes do seu entorno. Quedaremos en Monforte e os nenos entrevistarán os seus concidadáns, coma xa fixeron os rapaces do Museo do Mar no Verán.

Este é dar continuidade a creación do gabinete de información infantil que se xunta periodicamente para informar os seguidores de Videorede por internet das súas inquedanzas e do seu Patrimonio.

Unha experiencia pioneira a que proximamente se sumarán Museos de diferentes puntos de España e do Mundo.

2 de xaneiro: Aprendemos a vivir xuntos , aprendemos a Ser... Difundindo o Patrimonio

Durante o desenrolo do curso, como resultado dos coñecementos adquiridos realizarán un programa de radio. Servirá para a reflexión e a creación de contidos patrimoniais propios(patrimonio que recibimos, patrimonio que transmitimos).O programa será colgado en internet e poderá ser escoitado polo público en xeral mediante o sistema de poscast.

Tirando do Fio: Xa pola tarde, un clásico dentro do programa de actividades da Rede. Un encontro interxeneracional apto para toda a familia no que este ano falaremos dos diferentes sistemas de medición agraria. A Fanega, o Ferrado, o Canado… Tamén falaremos do antigo sistema de pago, o Troco. Un sistema que se está a recuperar nalgúns sitios debido a situación de crise que se vive actualmente.

Obradoiros impartidos por:

Encarna Lago González, Xerente da Rede Museística

Angeles Rivada

María González

OBRADOIROS CAMPAMENTO DE NADAL

Dixitalización sons: Estudio Móvil Huevo Frito (Miguel Ángel Martínez)

Idea y Texto : Brais García, Juan Ignacio Barros,Encarna Lago

Deseño ilustracións: tatata

ASESORAMENTO BIBLIOGRAFICO:MERCEDES SALVADOR

ASESORAMENTO DOCUMENTAL: Charo Fernández

Colaboracións: Ángeles Cabana , María González, Manuel González, Francisca Abuín, Ana Ferro, María Fe Fariñas ,Amelia Pernas, Cristina Fernández, Silvia Fiallega,Cristina Barreiro,Raquel Guerrero,Matías Linares, Sara Herrera, Rubén Pérez , Marta Crespo, José Ramón, Alfredo Perez, Paco Fra, Francisco Javier Rivera, Pepe Rey, Clara Rodríguez,Lara Fernández,Anastasia Rodríguez,Francisco Fernández.