Upload
maria-sanchez
View
48
Download
7
Embed Size (px)
DESCRIPTION
discurso expositivo, variantes
Citation preview
O DISCURSO EXPOSITIVO
Un texto expositivo ofrece ao receptor temas do seu interese, presentando
unha información obxectiva organizada en ideas que aclaran, explican ou desenvolven
ideas, conceptos ou argumentos de contido diverso: ciencia, noticias, datos sobre
fenómenos ou persoas…
Elementos do tema expositivo:
• A explicación: é a finalidade fundamental do texto
expositivo e, para que se verifique con eficacia, esta
debe adecuarse tanto ao tipo de mensaxe como ao
tipo de receptor.
o O receptor impón a escolla do léxico (segundo o nivel de lingua e
rexistro apropiados) e a cantidade e nivel dos contidos que se ofrecen. A
explicación que se dá a un escolar sobre un tema- por exemplo, a
evolución humana-, debe ser distinta en cantidade e calidade á que se
ofrece no marco dunha clase universitaria, pero, en calquera caso, ten
que ser seleccionado tendo en conta o tema.
o A exposición emprega estruturas sintácticas sinxelas e breves que
facilitan a comprensión. A ordenación lóxica dos elementos oracionais é
a predominante (suxeito+verbo+complementos)
o A temporalidade verbal habitual é o presente empregado polo seu valor
como expresión de verdades universais e permanentes.
o A obxectividade: o texto expositivo transmite información e a función
predominante nel é a informativa ou referencial, polo que non aparecen
nesta tipoloxía elementos propios doutras funcións como a expresiva, a
apelativa ou a poética. Iso non empece o feito de que o autor ou emisor
poida introducir opinións ou valoracións persoais, sempre que se
presenten como tales.
• A estrutura do texto expositivo
o Introdución: presenta e centra o tema da mensaxe.
o Desenvolvemento: expón, explica, aclara, ás veces ofrece exemplos,
informa, narra ou describe.
o Recolle a idea inicial exposta na introdución e sobre a que se traballa no
desenvolvemento. Pode consistir nunha simple recapitulación das ideas
presentadas, ou ofrecer conclusións.
• A organización : internamente as ideas expostas
poden aparecer baixo unha organización deductiva,
inductiva, lineal, contrastiva, descritiva, secuencial,
causal, problema-solución, comparativa, en paralelo
(a propia dos textos didácticos que ofrecen as
características en paralelo dalgún concepto ou
fenómeno)
• Procedementos cohesivos no texto expositivo: Son
importantes sempre, sobre todo os marcadores
textuais que colaboran na organización do texto:
o Conectores
De adición; e, tamén, ademais, mesmo, para máis, por riba, igualmente,
máis aínda, por riba…
Disxuntivos: ou, sexa…, sexa…, ou ben…, quer…quer…
Contraargumentativos: mais, pero, non obstante, con todo, así e todo,
porén, ora ben, polo contrario, en troques…
Concesivos, de limitación ou reparo: con todo, malia , malia todo, aínda
así, de calquera xeito, asemade…
Condicionais: sempre que, con tal que, dado que
De causa- consecuencia: porque, pois, polo tanto, por conseguinte, de aí
que, por iso, daquela, de xeito que, así que…
Comparativos: igualmente, analogamente, do mesmo xeito
De reformular, ampliando, recollendo,aclarando ou corrixindo partes do
texto anteriores (de explicación, recapitulación, exemplificación ou
corrección): é dicir, isto é, a saber, noutras palabras, en resumo, a fin de
contas, total, nunha palabra, dito doutro xeito, en síntese, por exemplo,
así, asi como, verbigracia, por exemplo, particularmente, cabe dicir ,
especificamente, para ilustrar, mellor dito…
De ordenación:
• Ao comezo: Ben (rexistro coloquial), ante todo, para
comezar, primeiramente…
• Ao final: en fin, por último, en suma, finalmente, para
concluír…
• Digresión: por certo, a teor de, a todo isto, a propósito,
• Temporais: despois, despois de, a seguir, a partir de, anes
de, ata que, en canto, ao principio, no comezo, a
continuación, inmediatamente, de momento, por ultimo,
cando…
• Espaciais: arriba, abaixo, á dereita, á esquerda, en
primeiro plano, ao fondo, á beira de, a carón de…
Finalidade: para, a fin de, co fin de, co obxecto de
De pronominalización: o que, polo que, as cales, os cales, quen, cuxo,
etc.
De afirmación: sí, por suposto, certamente, verdadeiramente, abofé
Negación: non, nunca, xamais, de ningún xeito…
De oposición ou enfrontamento: contra, en contra de…
o Marcadores do discurso
Presentativos: Quixera dicir, antes que nada
Orde e secuencia: en segundo termo, en terceiro lugar, por último
Continuativos: a continuación, deseguida, o caso é que
De recapitulación: en síntese, en resumo, recapitulando
De conclusión: para rematar, en conclusión, en definitiva, para finalizar
De transición: por outra banda, por outro lado, noutra orde de cousas
Digresivos: por certo
De localización: ata o momento, máis arriba, ata aquí
De simultaneidade: neste momento, asemade, á vez, mentres, en tanto,
aquí, agora
De posterioridade: despois que, a continuación, máis adiante
• A referencia: repetición ou actualización de
personaxes, feitos, lugares, ideas expresadas ao longo
do texto por medio de palabras ou expresións
sinónimas.
• A pronominalización: o emprego de pronomes para
recuperar o sentido de frases ou palabras e así evitar
repetilas constantemente ao longo do texto: persoais,
relativos e demostrativos
• Anáforas e catáforas: utilización de pronomes ou
outros elementos que indiquen referencia para
recuperar un elemento anteriormente exposto
(anáfora) ou para avanzar un elemento que aínda non
apareceu no discurso e que aparecerá máis adiante
(catáfora).
• Recursos verbais e non verbais:
o Verbais.-Os que empregando a linguaxe expoñen ou explican os
contidos dun texto: a síntese e a exemplificación
o Non verbais.-Os que se valen de imaxes, sinais, símbolos e gráficos para
aclarar ou explicar visualmente o contido dun texto: esquemas, guíóns,
diagramas, cadros…
7. Tipos de textos escritos de carácter expositivo
A exposición ofrece variantes específicas como: cartas comerciais, solicitudes,
textos instrutivos (receitas de cociña, guías de viaxe, exposición das regras dun
xogo, bases de concurso, etc.) e tamén textos de carácter propiamente
informativo (informes, artigos, noticias, etc. )
A definición: un texto que explica con precisión e claridade o significado
dunha palabra ou a natureza dun obxecto ou dun ser.
Por xeneralización e diferenza específica.- Explícase o significado
atendendo ao referente máis próximo e procedendo máis tarde a
establecer as diferenzas con respecto á xeneralización indicando
aqueles trazos que o afastan dela.
Exemplo:
chaqueta.- peza de vestir, exterior, con mangas e aberta por diante que
chega un pouco máis abaixo do van.
A xeneralización aparece na definición cando se describe o referente
como “peza de vestir” e a diferenza específica en “exterior, con mangas
e aberta” ou “que chega máis abaixo do van”.
Por uso ou función.- Descríbese a través do uso ou función do
obxecto.
Exemplo:chave.-instrumento, normalmente de metal, que se emprega
para abrir e pechar pechaduras.
Por etimoloxía.- Dáse a orixe do termo e o seu significado.
Exemplo:
chamar.-(do lat. clamare, ‘berrar, gritar’) 1.Darlle voces a alguén ou
algun animal(…)
Por sinonimia.- Ofrécense sinónimos
Exemplo:
chalado: louco, tolo.
Por negación.- Defínese partindo do que non é o referente
Exemplo:
“alimentarse non é comer a esgalla, senón comer o necesario para vivir
e estar saudábel”.
En calquera caso, o concepto definido non pode aparecer na definición,
que debe ser clara, breve, e dar conta dos elementos ou características
esenciais do referente definido, non debe basearse en negacións, e, en
ningún caso, debe recorrerse á fórmula : é cando…
A noticia
A noticia é a mensaxe básica do xornalismo e dos medios de
comunicación de masas. Vén sendo unha información sobre un feito ou
acontecemento de actualidade que debe satisfacer o interese de gran número
de persoas.
Características: Estrutura interna: Estrutura externa:
veracidade, obxectividade, claridade, brevidade, interese xeral, actualidade,proximidade, interese humano, relevancia social, vinculación a un foco de interese.
Referida á organización dos feitos no corpo: que?cando? onde? como? por que? segundo quen?(fonte) canto? (cifras, datos estatísticos. Segundo a orde cronolóxica Segundo a intensidade Segundo a orde emotiva (nos testemuños)
Titular(Asertivo, Construción nominal, breve) Encabezamento (síntese para captar interese) Corpo Final