55
O solo

O solo

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: O solo

O solo

Page 2: O solo

O solo é a parte superficial discontinua da codia terrestre, formado por materiais de orixe mineral (procedentes da disgregación das rochas) e orgánica ou “humus” (restos dos seres vivos ).

Page 3: O solo

HORIZONTE AZona superior onde se acumulan os restos

de materia orgánica e viven os animais.

HORIZONTE BFormado por unha mestura de rocha

disgregada e parte dos materiais que transporta a auga cara abaixo.

HORIZONTE CParte fonda próxima á rocha nai.

ROCHA Base sobre a que se sustentan os

outros materiais.

Os materiais dos solos están dispostos en capas horizontais superpostas (horizontes). O corte e a representación destas capas é o PEFIL DO SOLO.

Page 4: O solo

FORMACIÓN E EVOLUCIÓN DO SOLO

rocha

-Disgregación das rochas por efecto das diferencias de temperatura, acción da auga, o vento, raíces das plantas, animais… Ás partículas minerais vánselle engadindo restos das plantas que se asentan alí e de animais.

Page 5: O solo
Page 6: O solo
Page 7: O solo

PROCESOS FÍSICOS As partículas vólvense máis pequenas sen que se modifique a súa composición. Predominan nos desertos e nas zonas áridas e frías.

PROCESOS DE TRANSFORMACIÓN DO SOLO

FRACTURAS Rotura das rochas en pezas.

DISGREGACIÓN Desintegración das rochas en partículas de pequeno tamaño.

DISOLUCIÓNS Desintegración molecular das rochas por acción da auga.

ARRASTRES Transporte dos materiais a outro lugar diferente do da súa orixe.

DEPÓSITO Acumumación de materiais

Page 8: O solo

Lousas rotas polos cambios de temperatura

Page 9: O solo

PROCESOS DE TRANSFORMACIÓN DO SOLO

PROCESOS QUÍMICOSAs substancias transfórmanse en outras diferentes. Dependen da temperatura e da humidade. Son especialmente activos nos climas cálidos e húmidos e moi lentos nos fríos e secos.

HIDRÓLISE transformación pola auga e produción de novos compostos que conteñen hidróxeno e osíxeno

CARBONATACIÓN formación de minerais carbonatados por reacción co dióxido de carbono presente no aire

OXIDACIÓN Combinación co osíxeno.

REDUCCION Perda de osíxeno.

Page 10: O solo

Descomposición química do granito

Page 11: O solo

OS MATERIAIS DO SOLO

-Anacos de pedras-Gravas: partículas maiores de 2 milímetros.-Area: partículas de tamaño comprendido entre os 2 e os 0,05 milímetros.-Limos: partículas comprendidas entre os 0,05 e os 0,002 milímetros-Arxilas: partículas menores de 0,002 milímetros.-Materia orgánica, sobre todo restos vexetais-Auga-Aire

Non todos os solos teñen o mesmo número e tipo de partículas nin na mesma proporción.

Os materiais do solo son os responsábeis das súas características e da súa utilidade.

Page 12: O solo

A AUGAA auga é un importante compoñente do solo. É a parte líquida do mesmo, que se presenta como unha disolución acuosa de distintos elementos.

Page 13: O solo

A auga chega ao solo procedente da chuvia e ás veces despois de escorrer pola superficie ou polo interior do terreo e polas plantas, e sae del por absorción das plantas, por evaporación e por escoado cara ás capas profundas e ás fontes e mananciais.

A auga móvese por dentro do solo en tódalas direccións: para abaixo e para os lados impulsada pola gravidade e o relevo e cara arriba por evaporación.

evapotranspiración

evaporación

absorciónhigroscópica

escorrentías

infiltración

capilaridade

absorción radicular

CAPA FREÁTICA

Page 14: O solo

A falta de auga impide o desenvolvemento da vida no solo

Page 15: O solo

O AIREOcupa os ocos que existen entre as partículas do solo, cando non están ocupados pola auga.É necesario para a respiración dos seres que viven nel e para as raíces das plantas.

Page 16: O solo

A perda do aire do solo pon en perigo a vida dos animais e das plantas que viven nel. Pode producirse por inundación ou por compactación.

Page 17: O solo

Os labores de aireado do solo son importantes para o desenvolvemento da vida no seu interior.

Page 18: O solo

PROPIEDADES FÍSICAS:Dependen do tamaño das partículas e a capacidade para agruparse.

PROPIEDADES DO SOLO

Textura: está determinada pola distinta proporción de partículas grosas e finas.

Tipos de solos segundo a súa textura

-Arxiloso: máis dun 55% de arxila-Limoso: máis do 85% de limo-Areoso: máis do 85% de area-Franco: menos dun 25% de arxila e proporcións semellantes de area e limo. É o que presenta as mellores condicións para o desenvolvementos das plantas.

Page 19: O solo

Estrutura: está determinada polas características e a disposición dos elementos.Porosidade: cantidade de espazos libres que hai nun solo. Depende directamente da estrutura e da textura.

PROPIEDADES FÍSICAS

Da porosidade depende a capacidade dun solo para reter, gañar ou perder auga.Existen solos ben drenados, polos que a auga discorre facilmente, e solos que permanecen enchoupados (hidromorfos).

Page 20: O solo

PROPIEDADES QUÍMICAS:Dependen da composición e da actividade química dos materiais que forman o solo.O principal factor a ter en conta nas propiedades químicas do solo é o pH, o nivel de elementos ácidos ou básicos que ten un terreo.

As características químicas do solo son importantísimas porque van determinar o tipo e a cantidade de substancias útiles que van a atopar nel as plantas o que pode favorecer ou limitar o seu desenvolvemento.

Medidor de pH

Page 21: O solo

Nos terreos de cultivo as características químicas modifícanse co engadido de fertilizantes.

Tendo en conta o contido de sílice os solos clasifícanse en ácidos, básicos e neutros. Os solos de Galicia son xeralmente ácidos.

Page 22: O solo

As propiedades químicas dos terreos seleccionan de forma natural as plantas que viven no lugar.

Os piñeiros prefiren os terreos acedos. As aciñeiras prefiren os terreos básicos.

Page 23: O solo

Solo ultrabásico de serpentinas, con especies de plantas pouco comúns.

Page 24: O solo

PROPIEDADES BIOLÓXICAS:Dependen da actividade dos organismos que viven no solo.Indican a capacidade para transformar os materiais en substancias aproveitables polas plantas. Os principais encargados desta función son as bacterias. Da súa variedade e cantidade depende a capacidade de producción do solo.

Ciclo do nitróxenoO nitróxeno da atmosfera pode ser aproveitado polas plantas grazas á actividade das bacterias nitrificantes que o incorporan ao solo en forma e nitratos. Raíz de leguminosa con nódulos de

bacterias fixadoras de nitróxeno.

Page 25: O solo

TIPOS DE SOLOSA combinación das diferentes propiedades e características dá lugar á existencia de moi diferentes tipos de solos. Tendo en conta estas variables, a FAO (Organización das Nacións Unidas para a Agricultura), clasifica os solos do mundo en 106 categorías diferentes. Os máis comúns en Galicia son o leptosol, o cambisol e o regosol.

Page 26: O solo

LEPTOSOLÉ o solo máis simple, no seu primeiro estadio de formación. Está formado por dous horizontes: a rocha nai (da que proceden os elementos disgregados) e unha fina capa de material mineral con algo de materia orgánica. É un solo pobre, sen utilidade agrícola nin forestal, típico de cumes e encostas fortes.

Page 27: O solo

REGOSOLTen un grao máis avanzado de formación. Os materiais disgregados das rochas xa están mesturados cos restos das primeiras especies vexetais establecidas. A capa de solo xa ten unha certa gordura que permite o desenvolvemento de especies arbustivas e forestais resistentes. É a terra de montes e toxeiras. Non ten utilidade agrícola.

Page 28: O solo

CAMBISOLÉ un un solo máis evolucionado, de tres horizontes. O primeiro ou superior está formado por unha mestura de abundante materia vexetal e mineral, o segundo horizonte está formado por restos da rocha que lle deu orixe e algunha materia orgánica procedente do lavado do primeiro horizonte. E debaixo a rocha nai.É o solo máis abundante de Galicia, onde conforma a meirande parte da superficie agrícola.

Page 29: O solo

OS SERES VIVOS DO SOLO

Page 30: O solo

AS PLANTASSon os seres vivos máis visibles do solo. A maioría introducen as súas raíces nel para suxeitarse e para buscar a auga e os sales minerais que necesitan para alimentarse. No solo agóchanse e xerminan as sementes.

Page 31: O solo

As plantas son axentes formadores de solo pola actividade disgregadora das súas raíces e pola achega de materia orgánica cando remata o seu ciclo vital.Os restos dos vexetais incorpóranse ao solo como fontes de materia orgánica, imprescindible para a formación do humus.

Page 32: O solo

OS FUNGOSSon organismos descompoñedores formadores de solo que aproveitan a materia orgánica para alimentarse e liberan minerais. Introducen o seu micelio no interior do solo para extraer alimentos dos restos de materia orgánica.

Page 33: O solo

Unha forma simbiótica típica entre os fungos e as plantas superiores é a formación de micorrizas. O micelio dos fungos únese ás raíces das plantas, que aumentan deste xeito a súa superficie de absorción. O fungo recibe a cambio materia orgánica.

Page 34: O solo

LIQUESSon os primeiros seres vivos en establecerse de forma permanente sobre as rochas das que extraen materiais para alimentarse. Son tamén os primeiros formadores de solo. Desgastan as rochas e almacenan entre os seus pregues material sobre o que poden asentarse outros seres.

Page 35: O solo

ANIMAISHai moitos tipos de animais que viven no solo. Todos eles axudan a formalo e enriquecelo reducindo o tamaño das partículas que o forman e liberando os minerais. Os máis pequenos viven nos ocos ou poros que quedan entre os grans dos materiais e os demais perforan tuneis, aproveitan os furados construídos por outros ou viven entre os restos, sobre todo de vexetais, da superficie.

Os ácaros viven entre os materiais do solo e nos poros. Aliméntanse de bacterias, fungos, restos vexetais e pequenos animais.

Nematodo

Page 36: O solo

As cochinillas viven entre as follas, nas fendas e debaixo das pedras. Aliméntanse de restos vexetais e animais.

Toupa

Page 37: O solo

Formigas

Page 38: O solo

A miñoca, un tubo dixestivo en movemento.As miñocas son uns bos aliados do solo. Co seu contínuo furar, subir e baixar polas galerías contribúen a mesturar os materiais da superficie cos máis profundos e airean o solo.As miñocas tragan, para alimentarse, a terra e os resíduos orgánicos que contén e expulsan logo a terra e a materia orgánica “dixerida” rica en fósforo, potasio e magnesio facilmente utilizable polas plantas.Por término medio as miñocas constitúen o 12 % do peso dos animais do solo dun prado. Sacan á superficie entre 1,2 e 15 toneladas de terra por hectarea ao ano, ademais da que depositan nas súas galerías. A súa actividade mellora a textura do solo, facilita a infiltración e o desaugue. A diminución do número de miñocas reduce a fertilidade do solo.

Page 39: O solo

Capa mineral. Formada pola rocha erosionada. Contén as reservas de auga e os minerais propios do solo.

Rocha nai. Sen erosionar.

O SOLO IDEAL

Nun m2 de solo ideal viven: 4 millóns de bacterias e fungos, 0,5 millóns de flaxelados, 1 millón de nematodos, 200.000 ácaros, l00.000 colémbolos, 80.000 Enchytracide, 80 miñocas...

Capa de descomposición. As miñocas, os fungos, as bacterias e outros microorganismos descompoñen e mineralizan os restos.

Zona intermedia. Formada pola mestura de minerais e restos orgánicos (humus). Nela viven as bacterias fixadoras do nitróxeno, microalgas, micorrizas... É o espazo onde se desenvolven a maior parte das raíces

Capa superior cuberta con restos vexetais. Impide a perda de humidade e o desenvolvemento doutras especies.

Page 40: O solo
Page 41: O solo

O SOLO COMO FONTE DE RECURSOSA capa sólida da Terra (Litosfera) é a base sobre a que se asentan e desenvolven as súas actividades un gran número de seres vivos. Proporciónalles refuxios aos animais e nutrintes ás plantas e foi explotada desde a antigüidade para obter materiais cos que os seres humanos construíron vivendas e ferramentas ou obtiveron enerxía, e sobre todo para cultivar plantas para alimentación das persoas e do gando.

USOS DO SOLO

Page 42: O solo

Construción de infraestruturas

Page 43: O solo

Extracción de rochas e minerais

Page 44: O solo

Construción de vivendas

Page 45: O solo

O solo conserva no seu interior as pegadas da historia, da época da súa formación, da evolución dos tempos e dos feitos que tiveron lugar neles.

Page 46: O solo

OS PROBLEMAS DO SOLOOs seres humanos somos os principais causantes dos problemas do solo. Eliminamos a cuberta vexetal co que favorecemos a erosión e aceleramos a súa destrución.Contaminámolo cos resíduos das nosas actividades.

Page 47: O solo

Pola inconsistencia das súas partículas e pola cantidade de actividades que se desenvolve nel o solo é un recurso fráxil e facilmente alterable.

Page 48: O solo

ACTIVIDADES PROBLEMAS ALTERNATIVAS

EXTRACCIÓN DE ROCHAS E MINERAIS

Grandes depósitos de resíduos. Alteración da xeoloxía e a paisaxe

Busca de alternativas que reduzan o uso dos recursos: enerxías renovables, reutilización e reciclaxe de materiais.

MOVEMENTOS DE TERRAS, CONSTRUCIÓNS, ENCOROS...

Modificación da paisaxe e das condicións xeolóxicas e ambientais

Estudo previo das diversas alternativas, valoración do seu impacto ambiental, instalación de medidas redutoras e correctoras do impacto ambiental.

AGRICULTURA Esgotamento do solo Intoxicación do subsolo, das augas e da atmósfera

Utilización de prácticas agrícolas menos agresivas, ecolóxicas. Diversificación dos cultivos. Protección do solo nos terreos con desnivel.

GANDARÍA Sobreexplotación de pastosEliminación da cuberta vexetal. Destrución do solo Contaminación con puríns

Utilización de especies gandeiras propias da zona, menos agresivas para a vexetación. Control do números de cabezas acorde coa capacidade do terreo.

DEFORESTACIÓN Perda de solo Talas selectivas e repoboacións.

INCENDIOS FORESTAIS

Perda de solo Repoboacións diversificadas con especies adaptadas ao medio. Limpeza das zonas forestais.

ACTIVIDADES MINEIRAS E INDUSTRIAIS

Contaminación con metaispesados, hidrocarburos ...

Establecemento de medidas de seguridade. balsas de retención de residuos, filtros, depuradoras... Limpeza dos solos contaminados.

DEPÓSITO DE RESÍDUOS SÓLIDOS URBANOS.

Contaminación do solo e do subsolo. Alteración da paisaxe (contaminación visual)

Redución reutilizacion e reciclaxe de todo tipo de materiais.

Page 49: O solo

A cuberta vexetal protexe o solo. Cando non existe, a auga corre pola superficie e non se filtra no terreo, arrastra o solo e pode producir inundacións nas zonas baixas.

Page 50: O solo

A DESERTIFICACIÓN É unha das ameazas máis fortes coas que se enfronta a natureza. É o resultado da rotura do equilibrio solo-auga-vexetación.

reflexión inmediata

O solo despexado quéntase máis e perde máis auga, reflicte máis calor e quece o aire enriba del dificultando a formación de nubes o que impide a chuvia e fai que a aridez sega aumentando.

calor solar

A vexetación protexe o solo e mantén a humidade

Os desertos avanzan a un ritmo de 50.000 km2 por ano. Á natureza pódelle custar 1.000 anos crear 1 cm de solo. Ao ser humano uns instantes destruílo

Page 51: O solo

A deforestación afecta ás características do solo, ás condicións climáticas e á vida do Planeta, porque os bosques e selvas absorben dióxido de carbono e producen osíxeno.

Page 52: O solo

Un terreo incendiado pode perder entre 50 e 100 Tm de solo por Ha e ano.A perda do solo en Galicia é un dos problemas ambientais mais importantes, agravado ademais pola forma e as características do terreo. As fortes pendentes e pouca adherencia entre as partículas favorecen o arrastre do solo pola auga e o vento.

Page 53: O solo

O compost é o fertilizante orgánico elaborado de maneira natural polos microorganismos ao descompoñer aerobicamente (en presenza de aire) a materia orgánica.A elaboración do compost constitúe unha forma de reciclaxe pois os resíduos orgánicos transfórmanse de novo en materia viva ao incorporarse ao ciclo de vida dos vexetais.

PREPARACIÓN DO COMPOSTcomposteiro caseiro

Page 54: O solo

XOGA LIMPO CO SOLOO solo é un dos bens máis preciosos da humanidade. É un recurso limitado que se destrúe facilmente e por eso debe ser protexido contra a erosión e a contaminación.•Non elimines a vexetación do solo para non expoñelo a ser arrastrado polo vento e a auga da chuvia.•Se utilizas produtos químicos controla con extrema precaución as doses e deposita os seus resíduos en lugares seguros.•Non deixes desperdicios. Ademáis de emporcallar o sitio poden resultar perigosos para solo e producir incendios. •Procura consumir alimentos da túa zona e cultivados ecoloxicamente..•Cando saias á natureza usa sempre os camiños, tanto para ir a pé como para circular con vehículos. •Se tes unha casa con xardín fai compost cos restos de materia orgánica. Reciclas os resíduos, aforras en fertilizantes e mantés a boa saúde do solo.•Non acendas lume. O que arde nun instante tarda moitos anos en recuperarse.

Page 55: O solo

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela LeiroDEBUXOS: Mon Daporta