24
Os ecos da Rosalía

Os ecos da Rosalía

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Pequeno opúsculo orientado ao alumnado de oito e nove anos da escola de Sofán, co gallo da nosa participación no Premio Rosalía de Castro de Experiencias Pedagóxicas 2010. A obra contén varios fragmentos e poemas da obra da célebre poetisa galega.

Citation preview

Page 1: Os ecos da Rosalía

Os ecos

da Rosalía

Lois Pérez Díaz

Page 2: Os ecos da Rosalía

PERSONAXES

Bardo 1Bardo 2RosalíaCunqueiroCastelaoMarqués do SilencioMúsico da orquestaO Raio VermelloNeno 1Neno 2Neno 3Neno 4Neno 5Neno 6

O silencio e a voz. A forza da palabra e o valor da imaxinación. O diálogo cos que xa non están a través da literatura. O Marqués do Silencio, porque cambian os tempos pero non cambian as persoas.As ganas de pasalo ben, as ganas de celebrar, e a poesía.Cunqueiro, Castelao e Rosalía, sobre todo, Rosalía. E tantos outros que co seu esforzolle deron pulos á nosa lingua: bonita, divertida, culta, atemporal. Disfrutádea. Falando, escribindo, recitando, querendo.

Page 3: Os ecos da Rosalía

Escea 1

Chega o solpor. Algunhas luces, óense ouveos ao lonxe, algúns cantos dos paxaros, zoa o vento, os nenos e nenas xogan na rúa antes de ir cearen.

Entra o bardo en escea pola esquerda da escea, arrastrado por dous nenos, acariñando un arpa

Bardo 1: Nin ás escuras!

-Todo está negro, as sombras envolven a vereda,e nin o ceu ten ollos, nin o pinar ten lengua.

¡Vamos! Do que hai oculto, ¿quen mideu as fonduras?¡Alma non habrá que sepa...! ¡Ven...! A noite está escura.

-¿Escura...?; mais relumbra non sei qué luz traidora...- É unha estrela que brila nas augas bulidoras.

-¿E non oes que remuxe algo onde aquel herbal?-É o vento que anda tolo correndo entre a follaxe.

-Escoita, sinto pasos, e asoma seica un bulto...-¡Si é un vivo, matarémolo; non fala si é difunto!

Mais aquí onde este cómaro, hai unha cova fonda:Ven, e santos ou demos, que nos atopen agora.

Entra o segundo bardo pola dereita da escea, arrastrado por dous nenos, acariñando outro arpa.

Bardo 2:

¿Adonde iréi conmigo? ¿Dónde me esconderei,que xa ninguén me vexa e eu non vexa a ninguén?

A luz do día asómbrame, pásmame a das estrelas,e as olladas dos homes na alma me penetran.

É que o que dentro levo de min, penso que ao rostroMe sae, cal sae o mare ao cabo un corpo morto.

Page 4: Os ecos da Rosalía

¡Houbera, e que saíra...!, máis non: dentro te levo,¡fantasma pavoroso dos meus remordementos!

Só sentiche da febre o mortal fríoQue helou ata os teus osos.

As cousas no seu tempo,E as feras no seu tobo.

Nena 1: Eu non xogo máis! Facedes trampa! Non vale!

Neno 2: Non sexas chorimicas!

Nena 1: Non tal!

Neno 3: Si tal!

Nena 1: Non tal!

Nena 4: Si tal!

Nena 1: Non tal!

Neno 5: Si tal!

A nena 1 vírase anoxada.

Neno 6: Si tal, imos cear, deixádeo, non paga a pena.

Neno 2(tocando a fronte, reparando nel mesmo): Estou suando, estou roxo coma un tomate.

Nena 3: Si, igual ca hoxe na clase cando che preguntou a mestra se sabías algo de Rosalía de Castro.

Neno 4: E que vou saber eu desa muller? Se morreu hai moitos anos!

Neno 5: Pois terías que saber que...

Nena 3: Bueno, xa comeza este outra vez! Pesado, xa sabemos que es un chapón!

Nena1: Pero poderá falar, tampouco sexades malos.

Neno 2: Iso! A min interésame. O saber non ocupa lugar.

Page 5: Os ecos da Rosalía

Neno 4: E eu que teño que saber dela? Non quero saber nada. Pero se queres, dígoche a alineación do Sofán contra o Muros, no choque do dous mil oito!

Nena 6: Esa si que é boa! Ti que vas saber!

Nena 4: Escoita: Lupi, Manu Dosil, Gabi , Teo, Mayuyo, Aaron , Maxi, Gelo , Jaro , Bibi e Brais. Xogaron tamén Iván, Adán, Álvaro, Quico e Piti.

Nena 1: Árbitro?

Neno 4: Señor Vázquez Expósito, do colexio da Coruña, houbo protestas por alineación indebida.

Nena 2(ollando cara o público, acenando): Mimá!

Neno 5: Manda truco!

Nena 3: Róncalle os...

Nena 1: Nin se che ocorra! Non xures.

Nena 3: Non se xura porque o dixo o cura.

Nena 5: Iso rima!

Nena 3: Eu non son túa prima.

Todos a un tempo: Iso rima tamén.

Neno 4: Dixo a parroquia amén!

Todos a un tempo: Amén!!

Neno 2: É verdade! Dixo así, dixo así: Parroquia, direivos dúas cousas!

Neno 1,3,4,6: Cales?

Neno 2(moi solemne, sinalando co dedo cara arriba): A primeira...! Somos a segunda parroquia que máis xura. E a segunda...! Que comamodemo se temos que ser a primeira.

Todos comezan a rir a gargalladas.

Neno 1: Agora estabamos a rimar, e non se che vía nada aburrido.

Page 6: Os ecos da Rosalía

Neno 4: Xa, pero isto é divertido, e a Rosalía de Castro, iso, iso...Iso é un aburrimento.

Nena3: Algo de razón ten, porque agora que chega o Día das Letras Galegas, vailles dar aos mestres co rollo de sempre: veña chapar datas de nacemento,

Todos: Vaia tormento!

Nena 3: E onde tiñan a súa casa!

Todos: Que lles pasa?!

Nena 3: E milagres da súa vida.

Todos: Que movida!Cruza a escena un descoñecido correndo e berrando: Cambia agora o ton do teu móbil! Envía tono ao 678milnovecentoscorentamillonsoitentaecatrooo!!!

Nena 6: E ese quen era?

Neno 3: Iso é cousa dos americanos. Están en todas partes. Díxoo o mestre de música.

Neno 2: Os músicos non saben o que din, cala a boca.

Neno 1: De que estabamos a falar?

Todos: Das letras galegas.

Neno 4: Pois eu sigo sen saber quen é Rosalía de Castro.

Neno 5: A ver, Ángel, ilústrao.

Neno 6: Rosalía de Castro, naceu o 24 de febreiro de 1837.

Neno 1: Naceu( e dirixíndose ao público) Na-...?!

Neno 2: Xogou(dirixíndose ao público) Xo-...?

Neno 3: Creceu(dirixíndose ao público) Cre-...?

Neno 4: Estudou(dirixíndose ao público)Estu-...?

Neno 5: Loitou. Loi-tou? Foi á guerra?

Neno 1: Hai moitos xeitos de loitar, ho! Unha palabra ben dita pode ser máis poderosas cás balas.

Page 7: Os ecos da Rosalía

Neno 2: Dígocho eu! Cando se quenta o meu avó, chimpámonos todos da lámpada da cociña!

Neno 3: E logo o teu avó é poeta?

Neno 4(adiantándose cara ao público): Poeta son eu, mira: patada no cú, non sexas lambón! Tururú, tururú! Non me chamo Ramón!

Neno 1: Xa, pero iso non lles tivo graza.

Todos: A quen lle falas ti? Estás tolo.

Neno: Pois a quen lle vou falar! Ao público! Estades aí? Non vos escoito! Estades aí?

Neno 2: Este está tolo.

Neno 3: Ves, non hai ninguén. Nin ti es poeta, nin hai público ningún.

Neno 4(anoxado): Ahh! O que eu dicía, ata dubido de que todos eses, incluída a Rosalía existiran, son todo lerias.

Neno 1(ollando cara ningures): Disparar palabras, (moi devagar) ratatatatatatá...Disparar palabras...

Neno 4: Pero por moitas palabras que disparara, debían ser moi aburridos todos daquela, ou non reparaches ti en todas esas fotos en branco e negro?

Neno 1: Iso! Na consola é todo luces,(acenando) chas,chas! é moi divertido, e a tele está moi ben tamén, os debuxos, e non toda esa xente vestida de negro.

Neno 2: Home, en cor non podían ser pero por iso non serían aburridos, ou?

Neno 3: Iso é certo. Serían coma nós todos eses? A Rosalía, o Cunqueiro, o Castelao, o Novoneyra...

Neno 4(abaneando as mans e acenando cara o público): Ti levas esta avaliación notablemente notable. Como controla!

Neno 1: Pois serían nenos coma nós, ou que vos pensades!

Neno 2: Non sei eu...

Neno 3: Non sei que che diga...

Neno 4: Non sei que che diga, Rodriga.

Page 8: Os ecos da Rosalía

Todos(acenando ao mesmo tempo): Iso rima!

Neno 2: Faise tarde, e o meu bandullo está que arde!

Neno 3: A fame veu coa noite, e queren que as escoite!

Neno 4: Teño sono e sopra o vento, e aquí só pasa o tempo!

Neno 1: Si, será mellor que nos vaiamos.(todos se van agás o neno 1 que se detén e acena que dispara ao aire, polo miúdo) Ratatataata, disparando palabras: eco, noite, frío, lume, lúa, lúa, lúa...

Todo escurece. Soa a música.

Escea segunda

De fondo, a natureza. Óese o vento, a auga, os paxaros, os cabalos,

as polas das árbores. Misteriosamente, unha cama no medio de todo

isto.

Na cama, o neno revírase unha e outra vez, está a soñar. Desfilan na

súa cabeza as imaxes deses descoñecidos dos que a mestra lle falou

na escola: Rosalía, Castelao, Cunqueiro...E alguén

Bardo 1(aparece na marxe esquerda do proscenio, empurrado por

dous nenos que marchan):

Baixaron os ánxeles

Onda ela estaba,

Page 9: Os ecos da Rosalía

Fixéronlle un leito

Coas prácidas alas,

E lonxe lévano

Na noite calada.

Bardo 2(aparece na marxe dereita da escena, empurrado por outros

dous nenos que marchan):

Cando á alba do día

Tocou a campana,

E no alto da torre

Cantou a calandria,

Os ánxeles mesmos,

Pregadas as alas,

“¿por qué –marmúrano-,

por qué despertala...?”

Volta a música. Sobre a cama da nena durmindo comezan a desfilar

as imaxes do seu soño. De súpeto, a música cesa e as personaxes

oníricas semellan reais.

A cama desaparece da escea. Aparece a pequena Rosalía, camiñando

perdida polo medio do monte.

Rosalía:

Camiño do meu contento;

I en tanto o sol non se esconde

Nunha pedriña me sento.

Page 10: Os ecos da Rosalía

E sentada estou mirando

Cómo a lúa vai saíndo,

Cómo o sol se vai deitando...

Entra na escea Álvaro Cunqueiro, que se achega á Rosalía, fitándoa

de esguello.

Cunqueiro(ollándoa):

Se me fago árbore vella á outra beira do río,

E tócame ser a árbore que lembra e soña,

Podes estar ben segura de que soñarei contigo,

Cos teus ollos grises coma o mencer,

E co teu sorriso,

Co que se vestiron os beizos dos rosais,

Nos días máis felices.

Rosalía(erguendo e camiñando): E ti quen es?

Cunqueiro: Eu chámome Álvaro, pero todos me coñecerán coma

Cunqueiro(achegándose ao público) Cunqueiro! (mudando o ton,

levando as mans ao estómago) Ai, teño algo de fame, os libros

baleiran o bandullo.

Rosalía: Que son eses ruídos?

Cunqueiro: Seguro que é un corvo que fala, ou un sombreiro que

quere ser home, ou un camiño que non ten fin, ou o mago Merlín! O

mundo está cheo de cousas moi estranas.

Page 11: Os ecos da Rosalía

Entra na escea Castelao correndo, deténse no medio de Rosalía e

Cunqueiro.

Castelao(abrindo os brazos, esaxerando): As cousas estranas

poderémolas cambiar, pero lembrade: que a fogueira do espírito siga

quentando as vosas vidas e que a fogueira do lume nunca deixe de

quentar os vosos fogares.

Cunqueiro: Ti tes futuro, rapaz, ti tes futuro! Dígocho eu! Coma que

son de Mondoñedo!

Rosalía(ollando para Cunqueiro): Que ben fala este rapaz, e non

serás de Rianxo?

Castelao: Son.

Cunqueiro: En Rianxo voan sós os sombreiros?

Rosalía: Xa o sabía eu. Gústame a calma da natureza.

Castelao: Podíamos xogar a algo. Porque todo isto de falar e escribir

está moi ben, pero eu quero xogar. Quero xogar!

Cunqueiro: Que vos parece se...

De súpeto, escurece a escea e chega a treboada, aparece na escea o

Marqués do Silencio. Todos reparan nel cunha mestura de

curiosidade e medo.

O Marqués do Silencio camiña arredor dos tres nenos.

Cunqueiro: Comeuche a lingua o gato, mangallón?

Castelao: E logo non falas?

Rosalía: Nin fala nin oe,(achegándose ao Marqués) Oes?

Page 12: Os ecos da Rosalía

Marqués do Silencio(erguendo os brazos, e levando a man á boca,

pedindo silencio): Tsss!! Silencio! Silencio! Silencio!

Cunqueiro: Toleaches, rapaz?

Castelao: E porque teríamos que estar calados?

Marqués do Silencio: Quero silencio! Quero silencio! E vós?

(achegándose ao público) Queredes silencio? Abonda!!

Rosalía: Vós, que vos quentades á llama de vivos lumiares,

E só vivir vos compre baixo un ardente sol,

Calade, se non entendedes encantos destos lares,

E non entendendo os vosos, tamén calamos nós.

Cunqueiro: Ti sabías que un elefante voador vale máis cá mil

silencios, paspallán?

Marqués do Silencio(achegándose ao centro da escea): Un silencio

perfecto! Algún día falarase só de min, do Marqués do Silencio! Que

ergueu grandes murallas, e construcións magníficas, e en silencio

apañou e apañou grandes riquezas. Dentro de cen anos só se falará

de min. Do Marqués do silencio.

Castelao: Estás tolo, e non tés cabeza, roubároncha e prantáronche

un bolo.

O neno do soño érguese da cama. Repara neles estranado.

Neno: Que facedes no meu soño?

Rosalía: Soñar.

Castelao: Pensar.

Cunqueiro: Imaxinar.

Page 13: Os ecos da Rosalía

Marqués do Silencio: Calar! Silencio! Caládevos!

Neno: Pois eu non me penso calar se non quero, e vós, nenos?

Rosalía: Soño ou realidade, hai cen anos ou na eternidade, sempre

quere mandar calar alguén, que non se oian as verdades, que non

fale ninguén!!

Neno: Teño unha idea!!

Cunqueiro: Iso non é nada. Eu teño dúas mil.

Castelao: Déixalle falar, deixa que o rapaz se explique, non é malo

dialogar.

Neno: Se isto é un soño, viaxa ao futuro entón, pídello ao demo, viaxa

cen anos e descubrirás si se fala de ti, abondará con que vaias a

unha biblioteca. Se eres famoso, nos libros sairás moi fermoso.

Marqués do Silencio(pensativo, cos brazos cruzados, ollando cara

arriba): Uuhmm! Non é mala idea. O futuro...O futuro!! Viaxarei ao

futuro, irei a unha biblioteca, abrirei un libro, e saírei alí: fermoso,

famoso, silencioso. Inmortal!!

(comeza a rir a gargalladas) E ninguén se acordará de vós, calareivos

para sempre, malditos!!

O Marqués do Silencio marcha.

Rosalía: ¡Señor, daille descanso

na terra que o crióu!

¡Que o polvo torne ó polvo,

i o espírito ó ceo, bon Dios!

Cunqueiro: E recitas ben, tes madeira de poetisa, non é cousa de

risa, pero agora perdo o tren!! Adeus, nenos!

Page 14: Os ecos da Rosalía

Castelao: Que será do Marqués? Aínda non aprendeu que o tempo

silandeiro, ás veces déixalle aos últimos seren os primeiros. Eu

marcho tamén, imaxina, oio murmurios da Arxentina.

Rosalía: ¡Por Dios..., non vos vaiás! ¡Qué doce, mais qué triste tamén

é a soledad!

Rosalía marcha atrás deles.

Neno: Que soño máis raro! Que lle acontecerá ao Marqués do

Silencio, meu coitado? Falarán os libros del no futuro? Iso sería

bastante duro, cecais o saiba deitado.

O neno déitase na cama e a escea queda ás escuras.

Escea terceira

Óese música, e óense estoupidos de festa, e barafunda de fondo. Os

nenos entran correndo, e axiña sentan para falar.

Neno 1: Podíamos ir desconectarlles os cables aos da orquesta, que

vos parece?

Neno 2: Pois eu era máis partidario de ir roubar uns refrescos á

barra.

Neno 3: Vaia ambientazo! Imos ás lanchas?

Músico da orquesta: Uff! Estou canso! Deixádesme sentar con vós?

Neno 4: Senta oh, senta! Deixade as falcatruadas, que alí está o

alcalde(polo baixo) Moito traxe, pero traía os zapatos cheos de lama.

Neno 1: Onte tiven un soño.

Neno 2: Eu tamén. Soñei que era o rei do mundo.

Neno 3: Pois eu soñei que ti soñabas que eras o rei do mundo.

Page 15: Os ecos da Rosalía

Neno 4: Pois eu soñei que ti soñabas que el soñaba que era o rei do

mundo.

Neno 1: Pois eu soñei coa Rosalía de Castro, co Cunqueiro e co

Castelao e co Marqués do Silencio, parecía o demo e...

Todos: Oooohhh!!

Músico da orquesta: Pois eu non soñei nada. Durmín debaixo do

palco.

Neno 1: E porqué?

Músico da orquesta: Porque se escoita mellor o ruído da terra.

Neno 2: E para soñar con tantos escritores, cearías sopa de letras

ou?

Neno 3(virándose de costas e cantando): A,e, i, o,u, dinlle ao demo

sete patadas no seu cú!

Neno 2: Toleaches?

Neno 1: Non, non, en serio. Estaban alí, e eran moi moi reais. Pero o

Marqués do Silencio quería que calaran todos, e logo foi ao futuro

ver se aparecía nos libros e era inmortal...

Neno 4(achegándose ao neno 1): Está ben, doutor, mirarémoslle a

febre!

Neno 3(ao tempo que o suxeitan os dous): Non presenta síntomas. A

temperatura é normal.

Neno 2: E ti pensas que o Marqués do Silencio existe?

Neno 1: Existe ho! El é o culpable de moitas inxustizas que pasan no

mundo, e...

Page 16: Os ecos da Rosalía

Neno 3: Nada, non hai que facerlle, toleou(achegándose ao público)

Verdade que toleou, nenos?

Neno 1: Que si, que si! E a Rosalía, e o Cunqueiro, e o Castelao, claro

que existen! (dirixíndose aos nenos) Verdade que existe a Rosalía? E

o Cunqueiro, existe? E o Castelao, existe?

Neno 2: Pero se están mortos.

Neno 3: É verdade.

Neno 4: Que crueldade.

Músico da orquesta(sinalando para o palco): Ei, están subindo ao

palco os da comisión de festas.

Todos: Recoiro!!

Os nenos e o músico quedan escoitando aos da comisión, logo volta

escoitarse a música. De súpeto, óense tronos e vento, cesa a música.

Entra en escea o Marqués do Silencio.

Neno 1: É el! É el! O Marqués do Silencio! Vedes, é real.

Neno 2: Mimá!

Neno 3: Mimá!

Neno 4: Mimá!

Músico da orquesta: Mami!

Marqués do Silencio: Silencio! Silencio! Silencio!

Neno 2: E porque íamos calar, mangallón?

Neno 3: É certo. Ti non nos calarás.

Neno 4: E a que ven tanto berro, ti que pides silencio?

Músico da orquesta: E haberá que comer, digo eu, que de tanto falar

entroume a fame.

Page 17: Os ecos da Rosalía

Neno 1: E que, viaxaches ao futuro?

Marqués do Silencio(abafado, sen folgos, derrotado, ollando cara o

chan): Viaxei.

Neno 1: E fuches á biblioteca?

Marqués do Silencio: Fun.

Neno 1: E que aconteceu? Falábase moito de ti?

Marqués do Silencio: Nada, non se falaba nada de min. Nada. Moito

peor.

Neno 2: E logo?

Marqués do Silencio: Os libros falan da Rosalía, do Cunqueiro, do

Castelao. Falan daqueles nenos que non me obedecían e falaban, e

falaban...

Neno 3: Coitado do Marqués, quería ser inmortal, non sabía que o

silencio é un grande mal.

O Marqués do Silencio marcha.

Músico da orquesta: Que peor tristura que estar calado,

Que non darlle voz ao sentimento,

Ao príncipe que vive afogado,

na grandeza que portamos dentro.

Neno 4: Mimá! Ti para ser músico aínda lle dás ben á rima.

Entra a Rosalía na escea. Os nenos e o músico quedan abraiados.

Neno 1: Rosalía. Pero ti estabas no meu soño!

Rosalía: Estaba.

Neno 2: Pero vives?

Page 18: Os ecos da Rosalía

Rosalía: Algo así.

Neno 3: Non o entendo.

Neno 4: Eu tampouco. Como é posible?

Rosalía: Vivo sempre que me falades, vivimos sempre que nos ledes.

Músico da orquesta: E como é iso?

Rosalía: Os libros son grandes porque levan vida.

Neno 1: Como?

Rosalía: Porque nos poñen en contacto coas persoas que viviron

antes ca nós.

Neno 2: Entón nós lemos...

Rosalía: E nós vivimos.

Neno 3: E se seguimos lendo...

Rosalía: Nós seguimos vivindo.

Neno 4: E nós podemos darlle a nosa voz aos que veñan?

Rosalía: Podedes. Tan só tedes que querelo. Sempre estaremos aí, se

nos buscades.

Rosalía marcha. Os nenos quedan estranados, pero sorrintes.

Comeza a soar de novo o ruído da orquesta e da festa. Saen todos os

nenos e nenas á escea.

Todos:

Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras, ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida, no mesmo sol te me amostras, 

Page 19: Os ecos da Rosalía

i eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas, si choran, es ti que choras, i es o marmurio do río i es a noite i es a aurora.

En todo estás e ti es todo, pra min i en min mesma moras, nin me abandonarás nunca, sombra que sempre me asombras.

FIN

Page 20: Os ecos da Rosalía
Page 21: Os ecos da Rosalía
Page 22: Os ecos da Rosalía