1

Click here to load reader

Os pinos

  • Upload
    xenevra

  • View
    768

  • Download
    31

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Comentario de "os pinos"

Citation preview

Page 1: Os pinos

Que din os rumorosos,na costa verdecente,ó raio trasparentedo prácido lüar...?¿Que din as altas copasd’escuro arume harpadoco seu ben compasado,monótono fungar...?

“Do teu verdor cingidoe de benignos astros,confín dos verdes castrose valeroso clan,non des a esquecementoda injuria o rudo encono;desperta do teu sono,fogar de Breogán.

Os boos e generososa nosa voz entenden,e con arroubo atendeno noso rouco son;mas sós os ignorantese férridos e duros,imbéciles e escuros,non os entenden, non.

Os tempos son chegadosdos bardos das edades,qu’as vosas vaguedadescumprido fin terán;pois donde quer, gigante,a nosa voz pregoaa redenzón da boanazón de Breogán.

Teus fillos vagorosos,en quen honor só late,a intrépido combatedispondo o peito van;

sé por ti mesma libred’indigna servidumee d’oprobioso alcume,región de Breogán.

Á nobre Lusitaniaos brazos tende amigos,que os eidos ven, antigos,con un pungente afán;e cumpre as vaguedadesdos teus soantes pinosduns mágicos destinos,¡oh, grei de Breogán!

Amor de terra verde,da verde terra nosa,encende a raza briosade Ousinde e de Froxán,e, aló nos seus garridosjustillos mal constreitos,os doces e albos peitosdas fillas de Breogán;

qu’á nobre prole insinenfortísimos acentos,non mólidos concentosqu’a virges só ben ’stán;mas os robustos ecosque, ¡oh, patria!, ben recordasdas sonorosas cordasdas harpas de Breogán.

¡Estima non s’alcanzacun vil gemido brando,cal quen requer rogandocon voz qu’esquecerán;mas cun rumor gigante,sublime e parecidoó intrépido sonidodas armas de Breogán!”

1. Cal é a temática do poema? Procura facer a análise estrofa a estrofa e, despois, no seu conxunto.

2. Comenta o significado de: "desperta do teu sono / fogar de Breogán"

3. Como está estruturado o poema?

4. Quen son os protagonistas do diálogo que nel se establece? Que estrofas lle corresponden a cada un?

5. Cal pode ser o simbolismo dos piñeiros nesta composición?

6. Que ideas podes tirar do poema sobre as relacións entre a "nazón de Breogán" e Portugal? Relaciónao coa ideoloxía de Pondal.

7. Sinala e explica os trazos do celtismo que atopes no poema.