15
EQUIPODEDINAMIZACIÓN DALINGUAGALEGADOC.E.I.P.”BERGANTIÑOS” PANXOLIÑAS DE NADAL EDLG CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO EQUIPODEDINAMIZACIÓN DALINGUAGALEGADOC.E.I.P.”BERGANTIÑOS” 1. NADAL EN MOS Outro ano de cantares ao neno que está no berce para esquencer os pesares deste ano que esmorece. Ten os olliños de mel, Manuel , Manueliño, a cariña dunha rosa, no bico dun caraveliño. Xa temos unha barquiña da casca dunha cebola para levarlla a Xosé e máis á nosa señora. Anivello con bens vaias Aninovo con ben veñas como brinca o setestrelo no cortillo das ovillas. Cantaremos bailaremos e faremos unha festa cantaremos brindaremos ata o ano que comeza. Con toxos, flores e xestas e agunha cantigas destas alegraremos a festa e tamén a nosa mesa.

Panxoliñas de nadal

  • Upload
    bcode

  • View
    15.667

  • Download
    9

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Panxoliñas de nadal

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO C.E.I.P.” BERGANTIÑOS”

PANXOLIÑAS DE NADAL

EDLG CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO C.E.I.P.” BERGANTIÑOS”

1. NADAL EN MOS

Outro ano de cantares ao neno que está no berce para esquencer os pesares deste ano que esmorece.

Ten os olliños de mel, Manuel , Manueliño, a cariña dunha rosa,

no bico dun caraveliño. Xa temos unha barquiña da casca dunha cebola

para levarlla a Xosé e máis á nosa señora.

Anivello con bens vaias Aninovo con ben veñas como brinca o setestrelo

no cortillo das ovillas. Cantaremos bailaremos

e faremos unha festa cantaremos brindaremos ata o ano que comeza.

Con toxos, flores e xestas e agunha cantigas destas

alegraremos a festa e tamén a nosa mesa.

Page 2: Panxoliñas de nadal

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO C.E.I.P.” BERGANTIÑOS”

2. NO PENDELLO

No pendello que hai xunto ó camiño

hoxe ás doce danoite naceu un meniño pequeniño

que parece do ceo caeu. Entre o bafo de dous animais pois o pobre cubertas non ten

nin señais de “pañales” para tapalo do frío se ven.

Levareille logo este mantelo anque ás feiras voa falla me fai

e un roxelo de bo pelo para que faga bos caldos súa nai

e un roxelo de bo pelo para que faga bos caldos súa nai.

Levareille tamén esta pita pois é o neno máis guapo que eu vin

e a cabrita máis bonita que para él do cortello escollín

e a cabrita máis bonita que para el do cortello escollín.

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO C.E.I.P.” BERGANTIÑOS”

3. NATAL DOS SIMPLES

Vamos cantar as xaneiras Vamos cantar as xaneiras por eses quintais adentro

vamos as raparigas solteiras. Pan parariri Pan parariri

Pan pan pan pan Vamos cantar “orvalhadas” vamos cantar “orvalhadas” por eses quintais adentro

vamos as raparigas casadas. Vira o vento e muda a sorte vira o vento e muda a sorte

por aqueles “olivais” perdidos foise embora o vento norte.

Moita neve cae na serra moita neve cae na serra

só se lembra dos camiños vellos quen ten saudades da terra. Quen ten a candea acesa quen ten a candea acesa

rabanadas pan e viño novo mataba a fame a pobreza.

Xa nos cansa esta “lonxura” xa nos cansa esta “lonxura”

só se lembra dos camiños vellos quen anda á noite á ventura.

Page 3: Panxoliñas de nadal

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO C.E.I.P.” BERGANTIÑOS”

4.DESPEDIDA DE ANO VELLO

Despedida de ano vello

entradiña de aninovo os señores desta casa

as conten con grande gozo. Viva a terra dos gaiteiros

que viñeron a tocar ó neno recén nacido

entre as pallas do portal. Ano novo vida nova

ano novo que traerás o vello suspiros leva o novo xa os traerá.

Ano de festas que naces o pasado xa pasou

a primavera enverdece o xardín que se marchou.

Viva a terra dos gaiteiros

que viñeron a tocar ó neno recén nacido

entre as pallas do portal. Ano novo vida nova

ano novo que traerás o vello suspiros leva o novo xa os traerá.

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO C.E.I.P.” BERGANTIÑOS”

4. CANTO DE REIS DE MOSENDE

Moi boas noites dos reises

teñan vosas señorías teñan vosas e outra máis

moi alegres e festivas. Camiñando vai Xosé camiñando vai María camiñan para Belén

máis de noite que de día. Cando a Belén chegaron

toda a xente durmía aquela xente tirana aquela xente dicía.

Para Xosé non hai pousada menos hai para María

veu “pralí” un pregoeiro preguntando por María-

María pareu á oite cando a xente durmía

foi nun neno tan fermoso todo o mundo relocía.

Tanta era a súa pobreza que onde envolvelo non tiña

botou man á súa cabeza deulle o lenzo que traía. Algúns eran de Holanda outros de Holanda fina outros bordados en sed

a para a Virxe María. Estreliña do oriente tíranos daqui axiña levanos o aghinaldo ai, a sombra María

Page 4: Panxoliñas de nadal

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO C.E.I.P.” BERGANTIÑOS”

5. AS XANEIRAS

Esta noite non se durme imos cantas as xaneiras

cheira a cravos ,cheira a rosas cheira á flor das laranxeiras.

Aquí mora xente honrada en casa dun labradore que ten a muller bonita

e a filla coma unha flore. Oh que linda estrela “brila”

alén dos lagos do norte a esa moi nobre casa

Deus lle dea unha boa sorte. Alegraivos compañeiras xa vexo a luz da candea

a filla do labradore vaivos convidar “pra” cea .

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO C.E.I.P.” BERGANTIÑOS”

6. DE VILA EN VILA

San Xosé e máis María ían xuntos pra Belén

ían cantando-los reises cantémolos nós tamén. Fóronse de vila en vila

e de lugar en lugar en busca de Xesús Cristo

non o puideron topar. San Xosé ía moi triste

porque ía polas montañas e María moi alegre

co seu fillo nas entrañas. Foron dar con el a Roma

revestido no altare misa nova quer dicire

misa nova qer cantare. E aquela “paloma” branca que está posta no altare aquela é a nosa señora que nos quería axudare. É a señora ama da casa nunca lle a cabeza doía

se nos dera un torresmiño para untare na zanfona.

Page 5: Panxoliñas de nadal

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO C.E.I.P.” BERGANTIÑOS”

7. KIKIRIKÍ

Cantámosche os reises guedellos de cabra cantámosche os riese non nos deches nada.

Somo-los reise do kikirikí vamos a ver que nos botan aquí

somo-los reises do cacaracá vamos a ver que nos botan alá

somo-los da cabra fanada viñemos eiquí... non nos deron nada. Aquí vimos catro, cantaremos oito,

denos de aguinaldo fociño de cocho ó aguinaldo vimos, ó aguinaldo andamos

se nos dan fociño tamén o levamos.

8. CHEGARON A PÉ

Chegaron a pé María e Xosé non tiñan pousada ían pra Belén. Chegaron á coba co frío na pel

non tiñan pousada María e Xosé. E naceu o neno do ventre da nai

un neno pequeno brilla como un sol Cala meu neniño cala meu amor

que esta noite é boa chea de calor .

O neno Xesús é un caravel fillo dunha rosa nacido en Belén ímo-lo adora que está no portal esta noite santa o Rei celestial.

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO C.E.I.P.” BERGANTIÑOS”

9. ROMANCE VELLO

Camina la Virgen pura de Egipto para Belén

un niño lleva en sus brazos un niño que relucier

En la mitad del camino el niño pidió beber

niño no me pidas agua niño no me pidas bien

que va los ríos muy turbios y no se puede beber.

Allá arriba en aquel alto hay un viejo naranjel

un ciego la está aguardando quien diera ciego por ver.

Ciego mío, ciego mío si una naranja me dier

para la sed de este niño un poquito entretene. Ai señora, mi señora

coja las que usted quisier la virgen, como era virgen no ha cogido mas que tres

el niño, como era niño todas las quiere coger. Ciego mío, ciego mío

tome usted este pañue l tome usted este pañuelo

limpie la vista con el. Apenas se va la virgen el cielo comienza a ver

¿Quién ha sido esa señora que me hizo tanto bien?

Page 6: Panxoliñas de nadal

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO C.E.I.P.” BERGANTIÑOS”

10. ALERTA; PASTORES; ALERTA

Alerta, pastores, alerta é unha noiete de alegría

está nascido o deus meniño fillo da ´Virxen María. O meniño foi á leña

espetou un pico nun pé chamou por nosa señora

acudiulle San Xosé. Oh meu meniño Xesús

quen te deu ese “soquiños” foi o seu avó Santana

pra ter os pes quentiños.

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO C.E.I.P.” BERGANTIÑOS”

Vamos, vamos, rapaciños Vamos. vamos, rapaciños

cara a Belén, coa gaita do fol,

que dicen, naceu un Meniño,

máis bonitiño que un sol!

E dicen que non ten o probe,

nin camisiña que poñer,

as estrelas xa nos guían,

¡vamos, rapaces, vámolo ver!

Vamos cantando e ruando,

a millor festa que hai, que naceu o noso Neno,

Rei da Terra e do Mar.

En Belén hai moita festa,

tocan pandeiros e gaitas,

vámonos aló, pastores

a tocar coas nosas frautas.

Vinde, vinde, rapaciños,

vinde, vinde a ver ó Neno,

que envoltiño nuns carpaciños,

e nun portaliño pequeno. Vinde a Belén, vinde amiguiños e correde,

correde, correde ben.

Page 7: Panxoliñas de nadal

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO C.E.I.P.” BERGANTIÑOS”

Vinde ver o neno

Vinde ver o neno, que esta despidiño

I acurrucadiño - o pe dos seus paes!

E mancano as pallas,

En que esta deitado,

I o noso pecado, ainda o manca mais!

O Meniño, pequeniño,

entre unhas pallas se ve,

como o Neno e tan pequeño,

aínda non se ten de pé.-

Ai, qué Neno, ai qué Meniño!

ai qué ganiñas me dan!

De comerile a cara a bicos,

de gordo e branco que está!

Vamos a Belén, amigos

Vamos a Belén, amigos,

Vamos que a noite esta crara!;

Mingos leva as castañolas,

I o seu pandeiro pascuala!

Ai, qué Neno tan bonito!

qué cariña tan galana!,

Nunca Neno, tan bonito!,

viren as nosas montañas

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO C.E.I.P.” BERGANTIÑOS”

Vinde, galeguiños, vinde

Vinde galeguiños, vinde

Vinde con pandeiro e gaita,

Que un meniño, moi riquiño

Naceu oxe na montaña (bis).

Naceu un Neno moi mono,

naceu un Neno moi guapo,

e súa nai xiquera tiña

nin un probe farrapo.

O Meniño está na neve

a neve fáino tremere!

Meniño da miña ialma!

quén che poidera valere?!

Aló a medianoite

Aló a medianoite,

cando o galo canta,

nunha vila santa

que chaman Belén,

nunhas probes pallas,

nun pequeno estabro,

naceu, malpocado!,

Xesús, Noso Ben!

E cheiño de frío

Page 8: Panxoliñas de nadal

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO C.E.I.P.” BERGANTIÑOS”

non tiña a ninguén,

soio dáballe alento

a mula i o boi.

E voseutros, rapaciños!

cheios de gozo, ide a buscar!

Algunha cousiña que ó Noso Meniño,

poidamos levar! (bis)

No pendello do camiño No pendello que hai xunte ó camiño,

istes dias pasados naceu;

Un Meniño, pequeniño,

que parece do Ceu caeu.-

Din que é o Mesías,

din que é o Ben!

Corramos todos

a bicarlle o pé!

Vinde, vinde, rapaciños -

vinde. vinde a ver ó Neno

Vinde, vinde, rapaciños -

vinde, vinde a ver ó Neno!

que envoltiño nuns carpaciños

e nun portaliño pequeno!

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO C.E.I.P.” BERGANTIÑOS”

Alegría, meus amigos

Alegría, meus amigos,

máis alegría e placer

contan que naceu un Neno

Garrido e de Gran Xacer!

Alcendemos catro oallas

e corremos pra Belén

que contan moitos milagres

e cousas diñas de ver!

Meu Meniño, Miña Rosa

miña Prendiña, meu Ben

Ti serás noso Consolo

Ti serás, Reí de Israel

Page 9: Panxoliñas de nadal

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO C.E.I.P.” BERGANTIÑOS”

Con un sombreiro de palla

Con un sombreiro de palla

un galego a Belén foi,

mentras adouraba ó Neno,

comeulle o sombreiro o boi,

Deixade os pastores

Deixadeos pasar

Que van a cantar o neno

A xesus no portal!

Nunha pallas deitadiño

i en coiriños ah está!;

sendo o Dono diste mundo

e Señor de canto hai!

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO C.E.I.P.” BERGANTIÑOS”

Por entre as silveiras

Por entre as silveiras

Cantan alegres os paxariños.

Anunciando a todos

Con gran esplendor;

Que naceu o neno

Mais escelente e mais bonitiño

Que ven a ser fillo-do noso señor.

A Belén vinde, pastores,

al naceu un Menlño

que está, meu Ben, tiritando,

ai!, tiritando de frío;

I, o Probiño, trembando está

e naide corre pra o ir quentar;

soio un boiciño, co seu soprar,

quentaba ó Neno, sen descansar! As ovelliñas, pacendo,

pola veira do rigueiro,

berran porque xa naceu

o Rei da Terra e do Ceo.

I as aves todas, co seu chiar

festexan xuntas a Navidá;

cos seus childos, sen descansar,

louvan ó Neno que está no Portal.

Page 10: Panxoliñas de nadal

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO C.E.I.P.” BERGANTIÑOS”

Vamos, compañeiros, vamos

Vamos compañeiros

Vamos todos cara a Belén,

A ver aouel rapaciño

Oue acabou de naceu. (tiruliruri)

Somos dous pastores chairegos

que vimos xunto ó Meniño;

a traguerlle unhas guedellas

pra que quente o seu corpiño.

O portal vimos correndo

dende a ribeira do Miño,

pra ofrecerlle ó Noso Neno

un pelexo de bon vino!

Somos mariñeiros, somos,

da terra de Camariñas,

ó Neno Xesús traemos,

uns peixes e sardiñas!

Todos che regalan algo,

eu qué che regalarei?

un pucheiro de manteiga

unha cunca de boo mel!

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO C.E.I.P.” BERGANTIÑOS”

Nosa Señora

Nosa Señora fai medias,

con nobeliños de luz,

algodón de lúa chea,

as medias son pra Xesús!

Nosa Señora ten medo

arrepios de tenrura;

pra que non desperte o Neno

tapan os Anxos a lúa!

E vamos todos, e vamos todos

A adorar o redentore

Oue naceu o rei de reises en Belén

I en Belén entrou pastores!

Page 11: Panxoliñas de nadal

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO C.E.I.P.” BERGANTIÑOS”

E rorro, rorro, meu neno

Eu son un probe galego

veño do sul da terriña,

i ó Neno Xesús lle traigo

lenzo pra unha camisiña.

O Meniño está no berce

vistidiño de oletón

os nenos que o arrolan

os anxos do Ceo son!

E rorro, rorro

Meu neno,

E rorro, rorro

E rorro, rorro

Meu neno,

E rorro, rorro

Meu amor.

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO C.E.I.P.” BERGANTIÑOS”

Meu carrapucheirño

Meu carrapucheiriño, sol de Belén

Botame ises olliños, vasme morrer.

Miña Prendiña, miña Monada,

Meu Queridiño, estás nesas pallas;

por veces calas, por veces choras,

e da bica dun galego,

canto pides, tanto mandas!

Quixera terte no colo,

o teu Corpiño arrolar!;

e, por veces, co meu folgo,

ás túas bágoas enxugar!

ás túas bágoas enxugar!

Page 12: Panxoliñas de nadal

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO C.E.I.P.” BERGANTIÑOS”

Pandeirada de Rao

Ai la le lo ai la le lo ai la le lo ai la la la.

A señora ama da casa

ten a color da cereixa

ela como é boa moza

sen esmola non nos deixa.

Esta casa sí que é casa

éstas sí que son paredes

a muller que nela está

é muller entre as mulleres.

Ai, señora ama da casa,

cachee ben os bolsillos

e se non nos ha de dar cartos

déanos ovos o chourizos.

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO C.E.I.P.” BERGANTIÑOS”

San Xosé e mais María

San Xosé e máis María,

iban xuntos pra Belén,

ibanlle cantal-ós reises

á Xesús de Nazaré.-

Fóronse de vila en vila

e de lugare en lugare

na busca de Xesucristo

nono poideron topare.

Aquela paloma blanca

que está detrás do altare

aquela é Nosa Señora

que nos quería axudare.

E, á señora ama da casa

nunca lle a cabeza doía

se nos dera un torresmiño

pra lle untare a zanfoña.

Page 13: Panxoliñas de nadal

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO C.E.I.P.” BERGANTIÑOS”

Reises de Infiesta

Oigan y escuchen todos

esta vieja tonada

y la alegría y buen gozo

y esté en la casa el ama.

Vaya de regocijo

Vaya de infiestas vaya

Y en Belén ha nacido

El bello sol del alma.

A Belén una niña

camina apresurada

y hermosa en cuanto bella

y un viejo en su compañía.

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO C.E.I.P.” BERGANTIÑOS”

Guedellos de Cabra

Caminan poco y poco

llegaron a una casa

de dentro le responden

¿quién de estas horas llama? E, a señora da casa

como é tan honrada

subirá ó cainzo e cortará sin tasa. E, o señor da casa

como é tan honrado

baixará á bodega

e traerá un xarrado. Cantamosche os reises, guedellos de

Guedellos de cabra.

Cantamosche os reises.

Non nos deches nada. Sómol-os reises do quiquiriquí

vimos a ver qué nos botan eiqui.

sómol-os reises do cacaracá

vimos a ver qué nos botan alá! Sómol-os reises da «cabra fanada»

viñemos eiquí: Non nos deron nada.

Aquí vimos catro, cantaremos oito déanos o aguinaldo, fociño de cocho!

ó aguinaldo vimos, ó aguinaldo andamos

se nos dan touciño, tamén o levamos!

Sómol-os reises do quiquiriquí

se non nos dan nada... cagámoslle eiquí!

Page 14: Panxoliñas de nadal

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO C.E.I.P.” BERGANTIÑOS”

Catro mancebos

Catro mancebos xuntiños

eiqui xuntiños estamos e tan cansadol-os catro

que é preciso alimentarnos.

Chorizo, pois, longaniza,

uña de porco, ou fuciño

ou de xamón, dúas tortillas

con dous xarriños de viño.

Abran a porta, señores, que por honrados nos temos

sabe Dios se pra outro ano

á porta lles cantaremos!

Esta vai por despedida

oxe, eiquí, non canto outra

os señores desta casa

doxe un ano me oian outra!

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO C.E.I.P.” BERGANTIÑOS”

Despedida de Ano Vello

Despedida de ano vello

entradiña daninovo

os señores desta casa

os conten con moito gozo!

Viva!, berran os gaiteiros,

que viñeron a tocar,

ó Neno, recén nacido,

entre as pallas dun portal.

Ano de festas que naces!

o pasado xa pasou!

A primaveira enverdece

o xardin que se marchou!

Ano novo, vida nova!

ano novo, qué traerás?

o vello sospiros leva,

o novo xa os traerá

Page 15: Panxoliñas de nadal

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO C.E.I.P.” BERGANTIÑOS”

SUSO VAAMONDE. É NADAL

NOITE DAS NOITES (Disco: É Nadal)

Noite das Noites en Belén! Fun pegureiro no Portal, levei un chifro de alcacén

e unha fogaza candeal.

Canto anxeliño a recrear! Cantas estrelas de arredor! E canta almiña a se salvar ao pé do Neno Redentor!

Noite das Noites en Belén! Un vello cego de Xudá

cantaba un ledo leixaprén, louvando á Eterna Craridá!

Canto anxeliño a recrear! Cantas estrelas de arredor! E canta almiña a se salvar ao pé do Neno Redentor!

Noite das Noites en Belén! Misterio inmenso que alí vin!

Foi alborada para min e mais pra vós. Amén. Amén!

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO C.E.I.P.” BERGANTIÑOS”

CANZÓN DA NOITE DE NADAL (Disco: É Nadal)

A Lúa nos piñeiraes resoa coma unha gaita

i-os anxos con aas de neve polos outos montes cantan.

O río parece un neno, ai lalalá...

un loiro neno dormido cunha sorrisa moi branca...

A terra faise tan lene, ai lalalá...,

que para voar ao ceo unha estreliña lle basta.