Upload
iesasorey
View
63
Download
4
Embed Size (px)
Citation preview
Parque da Naturezade Cotorredondo
O parque do Lago Castiñeiras e Cotorredondo ocupa unha superficie de 70 hectáreas, propiedade das comunidades de montes. Está situado na zona central da Península do Morrazo, en terreos dos concellos de Marín (ao Norte) e Vilaboa (ao Sur) cunha altitude media de 400 m sobre o nivel do mar.
O lago de Castiñeiras creouse artificialmente, arredor de 1950, a raíz da construcción dunha estrada que fixo de contención das augas do rego de Castiñeiras. A zona estaba ocupada por brañas e pozas arredor dos varios regos que recollen as augas dos montes circundantes.
Lago Castiñeiras
Centro de recuperación
de fauna Chan de Castiñeiras
O Parque da Natureza de Cotorredondo estructurase ao redor do Lago e os regatos que o alimentan, dando lugar a un espazo no que podemos atopar varios ecosistemas:-lago-brañas-regatos-arboreda autóctona-plantacións forestais e ornamentais-matogueira
Carballeira (carballos americanos)
Rego de Castiñeiras
Bidueiral
Árbores de ribeira
FLORANo interior do parque pódense atopar mais de 40 especies diferentes de árbores e arbustos, especies herbáceas, fentos, brións e cogomelos.Destaca a presenza de árbores senlleiras polo seu porte ou interesse botánico.
Bidueiro, bido(Betula pendula)-2,44 m de perímetro.
Bidueiro, bido(Betula pendula)Dentro do recinto do Centro de Recuperación de Fauna.
Carballo(Quercus robur)2,91 m de perímetro.
Carballo americano(Quercus rubra)-3,42 m de perímetro.
Castiñeiro (Castanea sativa)-3,67 m de perímetro
Acacia (Acacia melanoxylon) -3,82 m de perímetro.
Acacia (Acacia melanoxylon) -3,74 m de perímetro.
Alcipreste de California(Cupressus macrocarpa)-4,21 m de perímetro.
Salgueiro(Salix atrocinerea)-2,83 m de perímetro.
Criptomeria(Cryptomeria japonica)-3,31 m de perímetro
Piñeiro mexicano amarelo(Pinus patula)
Tuia xigante, tuia oriental(Thuja plicata)-A máis grosa mide 2,83 m de perímetro.
Eucalipto branco de río(Eucaliptus elata)Cotorredondo-2,18 m de perímetro
Eucalipto(Cotorredondo)
FAUNAO Parque constitúe unha importante zona de refuxio e cría para centos de especies de animais silvestres: anfibios (no lago e zonas húmidas), aves de mato e de bosque, réptiles e pequenos mamíferos.
Pimpin Ra verde
Píntega
XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOSOutro dos valores deste espazo é a presenza de interesantes xacementos arqueoloxicos do periodo Megalítico e da Idade do Bronce, como mámoas e petroglifos, que conforman o chamado “Chan de Castiñeiras” no que hai oito dolmes, entre os que destaca a Mámoa do Rei.
Mámoa do Reihttp://oestrymnio.blogspot.com.es/2012/12/dolmenes-de-chan-de-castineiras-vilaboa.html
EQUIPAMENTO:-Aula de Natureza-Centro de Recuperación de fauna silvestre-Fontes-Áreas de Lecer-Parques de xogos-Rutas sinalizadas (sendeirismo e BTT)-Miradoiro de Cotorredondo
Montaxe e fotos: Xea
Maio 2015