12
Práctica co pronome persoal 1º ESO “Tristán García”, de Álvaro Cunqueiro Este Tristán do que conto nunca soubo por que lle puxeran este nome no sacramento do bautismo, nin coñecía ninguén que se chamase coma el. Neste comezo atopamos un pronome tónico e un átono, ambos co mesmo referente: Tristán. Que nos permite diferencialos?

Practica pronome

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Practica pronome

Prá

ctic

a c

o p

ronom

e p

ers

oal 1

º ES

O

“Tristán García”, de Álvaro Cunqueiro

Este Tristán do que conto nunca soubo por que lle puxeran este nome no sacramento do bautismo, nin coñecía ninguén que se chamase coma el.

Neste comezo atopamos un pronome tónico e un átono, ambos co mesmo referente: Tristán. Que nos permite diferencialos?

Page 2: Practica pronome

Prá

ctic

a c

o p

ronom

e p

ers

oal 1

º ES

O

Un tío de seu que traballaba como camareiro nun restaurante moi famoso de Lisboa, dicíalle que en Portugal coñecía dous ou tres cabaleiros dese nome, e que todos eles eran ricos.

O verbo coñecer require un “que” ou “quen”: coñecer algo, coñecer alguén. Completa entón a seguinte oración substituíndo o que está entre corchetes polo pronome átono CD.

Coñecía [dous ou tres cabaleiros dese nome] porque pasaban polo restaurante.

Page 3: Practica pronome

Prá

ctic

a c

o p

ronom

e p

ers

oal 1

º ES

O

Tristán foi cumprir o servizo militar a León, e alí, un día, nun quiosco, mercou por dous reais "La verdadera historia de los amantes de Tristán e Isolda", cos namorados moi abrazados na portada do folletín. Ao fin ía saber quen fora aquel Tristán cuxo nome levaba. Cando chegou ao final da historia, coa morte de ambos os dous namorados, Tristán García verteu unhas bágoas.

Verteunas coa emoción, si. E por que empregamos nas?

Page 4: Practica pronome

Prá

ctic

a c

o p

ronom

e p

ers

oal 1

º ES

O

E dende aquela deu en matinar que andando el polo mundo atopaba unha muller chamada Isolda, e gustábanse, e facíanse noivos, e casábanse, e vivían moi felices en Viana do Bolo, de onde Tristán era natural. A todos os seus compañeiros do Rexemento de Burgos 38, preguntáballes se por un casual habería no seu lugar unha rapaza que se chamase Isolda.

Como será a oración que vén despois deste fragmento se a resposta é negativa e se substitúe “unha rapaza que se chamase Isolda” polo pronome correspondente?

Page 5: Practica pronome

Prá

ctic

a c

o p

ronom

e p

ers

oal 1

º ES

O

Non a había. Había algunha Isolina solta, pero Isolina non era o mesmo que Isolda.Tristán doíase de non dar con esa Isolda, porque se non a atopaba agora en León, onde había tanta familia, non a ía atopar en Viana do Bolo, traballando na terra.

A quen se refire anaforicamente o a en “non a ía atopar”?

Page 6: Practica pronome

Prá

ctic

a c

o p

ronom

e p

ers

oal 1

º ES

O

Un día mandouno chamar un sarxento chamado Recuero.- Ti es ese que anda coa teima de atopar unha muller que se chame Isolda?- Si, señor.- Pois en Venta de Baños hai unha viúva dese nome.- Nova ou vella?- Que sei eu! Coido que é churreira...

Que función teñen os dous pronomes tónicos do fragmento?

Page 7: Practica pronome

Prá

ctic

a c

o p

ronom

e p

ers

oal 1

º ES

O

Tanto tiña metida no seu maxín o noso Tristán a novela famosa, que non puido dubidar que aquela Isolda de Venta de Baños fose nova e fermosa. En todo caso, se era vella, tería unha filla ou unha sobriña que a seguise no nome, e se era churreira coma ela podía seguir co negocio en Ourense ou en Viana, onde xa era hora que deran nos bares chocolate con churros.

Tanto o pronome átono como o tónico refírense a Isolda. Que tipo de mecanismo de cohesión constitúen?

Page 8: Practica pronome

Prá

ctic

a c

o p

ronom

e p

ers

oal 1

º ES

O

Tivo Tristán un permiso, e cos vinte pesos que tiña aforrados tomou en León o tren para Venta de Baños.Xa naquel empalme, preguntou pola churrería da Isolda. Estaba a churrería preto da estación. E a señora Isolda era aquela que estaba envolvéndolle (...)

Remata a oración coherentemente (algo a alguén).

Page 9: Practica pronome

Prá

ctic

a c

o p

ronom

e p

ers

oal 1

º ES

O

...uns churros a un señor cura. Era unha velliña co cabelo branco, fermosos ollos negros, a pel tersa, as mans moi graciosas pondo os churros no papel de estraza e esparexendo o azucre por derriba deles. Tristán dubidou entre falarlle ou non, pero xa levaba gastadas corenta e sete pesetas no billete de ida e volta.

Neste caso, o pronome tónico e o átono non se refiren ao mesmo. A quen substitúe o tónico?

Page 10: Practica pronome

Prá

ctic

a c

o p

ronom

e p

ers

oal 1

º ES

O

- Bos días! Vostede é a señora Isolda?- Servidora!, respondeulle a velliña, sorríndolle.- É que eu son Tristán e viña a coñecela!A velliña pechou os ollos e agarrouse ao mostrador para non caer. Bágoas rodaban polas súas meixelas.- Tristán! Tristán querido!, puido dicir ao fin. Toda a miña mocidade agardando a coñecer un mozo que se chamase Tristán! E como non viña, casei cun tal Ismael, que era de Madrid!

Reescribe a tres primeiras liñas sen tratamento de respecto.

Page 11: Practica pronome

Prá

ctic

a c

o p

ronom

e p

ers

oal 1

º ES

O

Tristán saudou militarmente, e devagar volveu á estación a agardar o primeiro tren para León. Cando este chegou e Tristán subía ao vagón de terceira, apareceu a señora Isolda, cun paquete de churros.

A oración que vén a continuación deste fragmento comeza co verbo dar e inclúe dous pronomes átonos en contracción. Escribe como cres que será.

Page 12: Practica pronome

Prá

ctic

a c

o p

ronom

e p

ers

oal 1

º ES

O

Deullo a Tristán e bicoulle a man. Non se non dixeron nada.

Cousas así só pasan nos grandes amores.

ÁLVARO CUNQUEIRO