9

Presentación do poeta Carlos Negro

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Presentación do poeta Carlos Negro
Page 2: Presentación do poeta Carlos Negro

Carlos Negro, dezao desde 1970

“Lembro a rúa da Cacharela, a casa dos avós

(Avenida de Buenos Aires, nº 1), a droguería con

louza Duralex e pintura Titanlux (antes da invasión

dos supermercados), os caramelos de nata (a peseta

a unidade), os debuxos de Mazinguer Zeta (¡fuego de

pecho!), os partidos de fútbol nas leiras (previos á

especulación urbanística), o cheiro concentrado a

laca na perruquería "Romero" (onde miña nai lles

facía a manicura ás señoritas).”

Co seu irmán Álvaro

Así recorda a súa infancia:

Page 3: Presentación do poeta Carlos Negro

E a mocidade lalinense:

”Do restrollo ideolóxico do nacional-catolicismo

aprendín a fuxir a través da pantalla do televisor en

branco e negro (indios e vaqueiros, piratas e

corsarios, polis e gánsters...), a través dos libros

(clásicos ilustrados de Bruguera, os Hollister, os

Cinco...) e, por suposto, dos tebeos (Mortadelo e

Filemón, Capitán Trueno, Ásterix...); ós poucos, nun

milagre introspectivo, fun descubrindo que a lectura

me permitía medrar máis rápido e máis lonxe ca

ninguén do meu redor. Así abrín os ollos e volvín

nacer.”

Page 4: Presentación do poeta Carlos Negro

Estudante en Compostela

Despois de cursar o bacharelato no instituto Aller

Ulloa de Lalín: “Eu estudaba moito porque non era

quen de ser rebelde, mentres os chicos malos

fumaban descarados e ligaban coas mozas máis

feitas (lei de vida)”, marcha para Compostela, onde

se licencia en Filoloxía hispánica e Filoloxía galego-

portuguesa.

Tamén é nestes anos cando comeza a escribir.

Page 5: Presentación do poeta Carlos Negro

Profesor de ensino secundario

“Desde 1996 exerzo a docencia, o cal non

significa que sexa mestre de nada, agás da

ilusión en ensinar a non perder a esperanza.”

Pero tamén leva xa bastantes anos

percorrendo moitos lugares e centros de

ensino para falar e traballar sobre

literatura e, en particular, sobre poesía.

Page 6: Presentación do poeta Carlos Negro

Poeta…Poeta: individuo que negocia co tacto das palabras e coas

musas do seu ego. (Abelcebú, 2010)

Considera inútil o poema como ferramenta política?

O poema opera nun territorio salvaxe,

non quere ser o canciño que nos lambe a bota,

non soporta ningún amo que o prenda a un tarambollo.

(Cultivos transxénicos, 2008)

Page 7: Presentación do poeta Carlos Negro

Poeta famoso!!!

Page 8: Presentación do poeta Carlos Negro

Entón os nosos fillos non han ser máis felices?

Han ser máis pálidos, fráxiles e translúcidos.

Vampiros ávidos de sensacións?

Máis ben zombis adictos á epilepsia do instante.

Libres?

Só para escolleren opcións predeterminadas.

(Cultivos transxénicos)

Page 9: Presentación do poeta Carlos Negro

VIP(hoxe connosco)

•A busca “Carlos Negro Romero”

aparece 14 300 veces en Google.

• Xa ten unha aula co seu nome

no IES Pintor Colmeiro de

Silleda.

Moitas grazas!!