Upload
acarballeira
View
462
Download
7
Embed Size (px)
Citation preview
A lúa, grande
e redonda
como unha
pelota de
prata, brillab
a no alto do
ceo.
Esa noite facía tanta calor
na selva que o mono Tono non
era capaz de durmir.
Farto de dar voltas na súa
rama, baixou á lagoa a
bañarse.
-¡Vaia!- exclamou ao
asomarse ás tranquilas
augas- ¡Unha tarta de nata!
¡Que rica! Vou a comela
enteira eu só.
Nese intre, pasaba por alí a elefanta Amaranta, disposta a
encher a súa trompa de auga para darse unha refrescante
ducha.
Cando Amaranta viu ao mono Tono preparado para meterlle
o dente a unha enorme tarta de nata que flotaba na metade
da lagoa, púxose a barritar:
-Cómo te atreves, mono mamarracho?- berroulle, levantando
a trompa-. Esta tarta será para min.
- E, por que?- preguntoulle enfadado o mono
Tono- A tarta é miña: ¡eu vina primeiro!.
-¡Ah!, non, non, nin falar. É miña porque son a
máis forte da selva. E si non estás de
acordo, usarei toda a miña forza contra ti e
fareite papilla.
O mono Tono, amedentrado, decidiu volver á súa
rama.
A elefanta Amaranta ía a empezar a darse un atracón
coa tarta de nata, cando acertou a pasar por alí o león
Ramón.
-Uy, que sede teño!- dixo Ramón-. Vou a acercarme á
lagoa para beber auga fresquiña.
Pero ao chegar á beira, viu á elefanta Amaranta a
punto de poñerse morada de tarta.
-¿Cómo te atreves, elefanta sin seso, a comer unha
tarta sin o meu permiso? Esa tarta é miña.
-Pero, por que?- atreveuse a preguntar a elefanta.
-Pois porque son o rei e todo o que hai na selva é meu.
E si te atreves a rechistar, usarei o meu poder para
botarte do meu reino.
Abraiada polo brillo da coroa real, a elefanta non se
atreveu a dicir nin mu e decidiu marchar.
O león estaba xa relaméndose de gusto e abrindo as súas fauces
para engulir dun só bocado a enorme tarta.
Nese preciso instante saíu da auga a hipopótama Pótama, que se
estaba dando un baño nocturno.
-¿Cómo te atreves, león presuntuoso? Esta tarta é da miña
propiedade.
-Pero, ¿por qué? –ruxiu o león-. Eu son o rei da selva.
-Ti serás todo o rei da selva que queiras, pero nesta charca a que
mando son eu. E si me roubas o que está no meu territorio, non
deixarei que te volvas a acercar a beber na lagoa.
O león Ramón sabía que a auga era moi importante para poder vivir,
así que pensou que o máis prudente era marcharse por onde viñera.
A hipopótama Pótama, dando un berrido abraiante, meteuse na auga
de novo para comer a tarta. Pero non pudo facelo, porque escoitou os
berros de protesta da pega Diega que voaba arredor da lagoa:
-¿Cómo te atreves, hipopótama insensata? Esa tarta ten que ser
miña.
-Pero...¡hip!, ¿por qué? –preguntou a hipopótama cun ataque de hipo.
-Pois porque son o animal máis rico destes contornos e podo compralo
todo coas miñas riquezas. ¿A que non poderías resistir darme a tarta
a cambio deste puñado de pedras brillantes?- propúxolle a
pega, mostrándolle un montón de pedras preciosas.
Ao ver tanta riqueza, á hipopótama acendéronselle os olliños de
cobiza. Sin perder nin un segundo, Pótama colleu as pedras preciosas
y saíu correndo.
Mentres tanto, con tanta
discusión e tanto ir e vir de
animais, fixérase de día.
A lúa marchara a durmir e, no
seu lugar, lucía un gran sol
amarelo.
Cando a pega se lanzou sobre a auga para darse un gran
festín, douse conta de que…a tarta desaparecera!
-¡Eh, ti, Pótama! ¡Ven acá agora mesmo!. Seguro que fuches ti
a que comiches a tarta.
-¡Ah, non, nin falar! Eu non fun- contestou a hipopótama.
Seguro que foi o león Ramón.
-Pero, que dis, si eu nin siquiera a
probei- defendeuse o león -.
Seguro que foi a elefanta
Amaranta.
-¿Como? ¡Eu non comín a tarta!.¡Es
un mentireiro!. ¡Non probo a tarta
de nata dende que era unha
cativa!. Seguro que foi o mono
Tono.
-¿Eu? Como ía comela eu si levo un
montón de tempo subido nesta
rama escoitando os vosos berros.
Seguro que foi a pega Diega.
E así, botándose a culpa e discutindo sin parar,
pasaron horas e horas ata que volveu a facerse de
noite.
-¡Mirade!- berrou o mono Tono-. A tarta volve estar no medio da lagoa.
Ao vela, todos os
animais se
abalanzaron sobre
ela, pero cando foron
a mordela, só
conseguiron darse
unha boa cotenada e
encher as súas bocas
de auga.
- ¿Qué é esto?-
berraron indignados-
¿Onde foi parar a
tarta?
Unha alegre risada, que soaba como unha campaíña, chamou
a atención dos animais. Era a pomba Mari Paz que vira todo
dende o ceo.
-Ji, ji, ji, ji, ji –reía divertida Mari Paz-Pero non vos
dades conta de que a tarta de nata non é máis ca lúa chea
que se reflicte na lagoa?.
Menudo chasco se levaron
Tono, Amaranta, Ramón, Pótama e Diega. Tanto tempo
discutindo para eso.
Á pomba Mari Paz deulle moita pena ver as súas caras
de decepción.
-¡Vinde comigo!- díxolles- Vouvos invitar a pastel de
chocolate, fíxeno eu mesma esta mañá.
-Pero... por qué? – preguntoulle o mono Tono- É o teu
cumpleanos?
-¡Oh!, non, non é o meu cumpleanos, nin o meu
santo, nin nada de eso. É que estou convencida de que
compartindo as cousas, disfrútase máis de elas. E eu
vou a disfrutar moito máis do meu pastel si o comemos
todos xuntos.
E arredor da lagoa, mirando a lúa de prata, aquela panda
de animais pasouno de maravilla comendo o pastel de
chocolate e rindo sen parar.
Despois de moito comer, aprenderon deste
encontro que compartir e ofrecer fai cóxegas
por dentro.