Upload
mariasorey
View
3.837
Download
0
Embed Size (px)
DESCRIPTION
presentación en power point do poeta galego Ramón Cabanillaspower point presentation of Ramón Cabanillas, a galician poet
Citation preview
RAMÓN CABANILLAS
BIOGRAFÍA EN IMAXES
“Nacín o 3 de San Xoán do 1876, ás tres da tarde, chovendo a Dios dar aguas, nunha casiña
vella, cun vello patín de pedra, da viliña feudal de Fefiñáns”.
Carta a Carballo Calero
Ramón Cabanillas Enríquez é fillo de José Cabanillas Rodríguez, natural de Sanxenxo e de Joaquina Enríquez García, de Vilariño.
Os pais coñécense na casa do avogado Eugenio Fraga Mascato, onde ambos traballaban, pero non casan.
José Cabanillas casa anos máis tarde con Peregrina Pérez, coa que ten varios fillos, que terán boa relación co seu medio irmán Ramón.
Manuel Cabanillas Pérez Pío Cabanillas e Ramón
O neno Ramón estuda na escola do convento.
AMOR DE NENO, NO DESTERRO, 1913
O meu amor morréu. Foi un que tiven cando tiña dez anos.
Era unha nena branca como un lirio coa que xoguéi ó arco,
axuntéi estampiñas, collín rosas e brinquéi polos agros.
¡Veu nas azas dun morno Abril; levouna irto vento dun Marzo!
E teño unha esperanza. Cando eu morra,
Ela estará agardando... ¡ e xuntiños iremos cortar rosas
e brincar polos agros!.
Seminarista en Compostela
“ Antre o 89 e o 93 paseéi os craustros de San Martiño Pinario, de onde salín cun revoltixo na cachola, de Historia, Retórica e
Matemáticas. De Latín, Grego e Filosofía, nada, nin polo forro; catro vaguedades penduradas dun fío”.
Volta a Cambados
“nese tempo divertínme nas tascas, antre mariñeiros, e faguendo, ás veces, copras de rexoubeo” .
Cacabelos, 1905
A Pastora, 1904
Ramón Cabanillas e Eudosia Álvarez casan en 1899
Axiña empezan a chegar os fillos: Manuel (1899), Mª Luisa (1900), Aurora (1902), José (1904), Joaquín (1905),Ramona (1907)e Ramón (1909)
Tal como é, é ditoso. Nada o mágoae nin sabe de envexas nin de dores.Todas as erbas, para él, son frores,pelras de luz todas as pingas de ágoa, e todos os paxaros, reiseñores.
Din que é parvo Xoquín...¡Parvos son os que o din!
Aínda virá outro fillo en 1918, Pío Cabanillas Álvarez.É diminuído psíquico
CabanillasPeriodista
El Umia, 1907
El Cometa, 1910
“O desterro”Embarca, rumbo a América, no vapor Dania en
setembro de 1910.
La Habana, Cuba
Peirao Centro Gallego
Malecón
Portada da revista Suevia, onde empeza a publicar.
Carimbo da empresa na que traballa en Sagua.
Balneario de Amaro en Rodrigo, onde residiu.
O poeta sente morriña. En xullo de 1912 embarca para Galicia, estará uns meses.
Xantar de benvida na casa de Xosé Fraga Peña, “Furruxe”.
Setembro de 1912, morre a nai
A ROSALÍA DE CASTRO
Afundido no dor, frebente, tolo, chamaba a morte a berros ó perdela,cando ó ler os teus libros ¡ou consolo! surdiche Tí :contigo tornou Ela!
Dende entón, si ferido dos penaresque ensangrentan a vida con que loito pouso a ialma nas Follas e os Cantares,
¡Rosalía! ¡miña nai! ¡miña santiña...! ¡méntrela Rula milagreira escoito, sinto unha doce man que me acariña!
DA TERRA ASOBALLADA, 1917
Volta a Cuba
Xosé Fontenla Leal anímao a publicar.
Tertulia na cafetería do Centro Gallego.
Basilio Álvarez prologa o libro.
Portada da 1ª Edición de No desterro. La Habana, 1913
Novo libro: Vento Mareiro, La Habana, 1915. En xuño dese ano volve a Galicia definitivamente
O Vento Mareiro é “o ventiño maino e leve do noroeste que na primavera e no verán sopra desde o mediodía á tardiña baixa en Cambados e outras partes da Ría de Arousa”. Francisco Fernández Rei
Fotos enviadas desde Cuba
“ A Joaquín Sánchez en recuerdo de los días y las noches de golfemia cambadesa, su buen amigo, Cabanillas”
As Irmandades da Fala
Antón Villar Ponte
1ª edición de Da Terra Asoballada, Vilagarcía, 1917.
Nº 1 do xornal A Nosa Terra, voceiro das Irmandades.
Cabanillas convírtese no poeta das Irmandades, “O poeta da Raza”
O poeta acode á Asemblea Nacionalista de Lugo, en 1918
Colabora nos máis importantes xornais galegos da época
Nós, fundado por Vicente Risco en1920.
La Zarpa, fundado por Basilio Álvarez en 1921.
Galicia, fundado por Valentín Paz Andrade en1922.
A man de Santiña,1920, 1ª obra teatral publicada e representada.
Ingresa na Real Academia Galega, o 31 de agosto de 1920
R.Caban
Villar PonteRisco
Peinador
Fco Lloréns
Antonio Palacios
A recepción académica ten lugar no Balneario de Mondariz. O discurso de ingreso foi: “A saudade nos poetas gallegos”
Novo “desterro” en Madrid
2ª edición de Vento Mareiro, Madrid, 1921.
Revista As Roladas, 1922, revista para nenos.
1923, creación do Seminario de Estudos Galegos.
Cabanillas ingresa en 1927, coa comunicación “As romaxes de Nosa Señora de Franqueira”.
O Bendito San Amaro, Mondariz-Balneario, 1925.
1926, “Ano de gracia”Publicación de O Mariscal, 2ª edición de No Desterro e Da
Terra Asoballada, na Editorial Lar da Coruña
En torno a 1925, o poeta instálase en Mondariz
Sagas de Na Noite Estrelecida, Ed. Imprenta Mondariz-Balneario, 1926
A Rosa de Cen follas, imprenta Mondariz-Balneario, 1927
No centro da foto, Enrique Peinador, Valle-Inclán e Cabanillas en Mondariz
Ingresa na Real Academia Española en 1929, pronuncia o discurso, “Un somero recuerdo de la vida y la obra de Eduardo Pondal”
Estrea da ópera O Mariscal, no Teatro Tamberlick de Vigo o 31 de maio de 1929
2ª edición de O Mariscal, ed. Nós, 1929
O compositor Eduardo Rodríguez Losada
Camilo Díaz Baliño , autor dos decorados e o seu fillo Isaac Díaz Pardo
14 de abril de 1931, proclamación da 2ª República, Cabanillas está en Madrid
Participa nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931, xunto a Castelao e Valentín Paz Andrade. Non sae
elixido, Castelao si
Fundación do Partido Galeguista, decembro de 1931, o poeta non asistiu, hai un certo
distanciamento cos nacionalistas
Aprobación do proxecto de Estatuto de Autonomía para Galicia polos representantes dos Concellos reunidos no Pazo de Raxoi de Santiago en 1932
O goberno de Azaña retrasa a aprobación en plebiscito
Cambio de goberno: “O Bienio de dereitas”
Alejandro Lerroux, presidente do goberno
O poeta vese favorecido polo novo goberno e a súa precaria situación económica mellora
Febreiro de 1936, vitoria da Fronte Popular, convócase o plebiscito para a aprobación do Estatuto, Cabanillas
participa timidamente na campaña
Campaña electoral
Vótase o 28 de xuño, gaña o SI
Co inicio da Guerra Civil, o poeta volve a Cambados (en 1937)
Franco en Ceuta, 18 de xullo de 1936Franco en Burgos, 1º de abril de 1939. Fin da Guerra
A difícil Postguerra
CAVILACIÓNS
Á boa memoria do mártir Darío Álvarez Limeses
O sangue seco, durecido, mouro,tingue os valos dos probes camposantos ;un estricado, barboante estourourro na escuridade dos recantosde carballeiras, matos e pinales ;a fratricida furiaenche de espantos, de tremos, de anguria,o acocho dos piedosos milleirales.
O Galeguismo reorganízase. Escollen a estratexia cultural
Ramón Piñeiro, Ramón Otero Pedrayo, Francisco Fernández del Riego
Creación da Editorial Galaxia, 1950
1- Xaime Illa Couto
2- Xosé Mª Álvarez Blazquez
3- Xesús Ferro Couselo
4- Otero Pedrayo
5- Gómez Román
6- Francisco Fdez Del Riego
Pasa tempadas no Mosteiro de Samos entre 1948 e 1951
Portada do Libro Camiños no Tempo, editada por Bibliófilos Gallegos, Santiago de Compostela, 1949. É o primeiro libro publicado polo poeta despois da Guerra, e un dos primeiros editado en galego na postguerra.
1949
Anos 50, de novo en Madrid
Con Fermín Penzol e Pura Vázquez.
Coas herdeiras de Dona Emilia Pardo Bazán na entrega da casa coruñesa de Tabernas á RAG.
Xantar na Real Academia Española, xunto a Vicente Aleixandre, Dámaso Alonso, Laín
Entralgo e outros académicos
En xaneiro de 1950, morre Castelao en Bos Aires, edítase un recordatorio clandestino co poema de Cabanillas
NA MORTE DE CASTELAO
¡Irmán Daniel!Na praia de Rianxo
caían como bágoas as estrelas, espallaban teus aies derradeirosbruantes ventos das andinas serras,
(...)De qué morte morréu a nosa prenda?¡Morreu do mal dos bós e xenerosos!
¡Morreu de amor á Terra!
Portada do libro: Antífona da Cantiga, editado por Galaxia, Vigo, 1951. É o primeiro libro publicado pola nova editorial.
1951
1954
Portada do libro “Da miña zanfona por Ramón Cabanillas (de la R.A.E.). Colección Xistral, al cuidado de Angel Johan, 1954”
1955
Portada do libro Versos de alleas terras e de tempos idos, editado por Bibliófilos Gallegos. Paráfrasis galegas por Ramón Cabanillas. Santiago de Compostela. 1955.
BARACALDO-SANTIAGO-CAMBADOS A mala saúde leva ao poeta á casa da súa filla a
Baracaldo e logo de novo a Galicia
Celebración do 80 aniversario en Baracaldo, cos seus fillos Na casa santiaguesa de García-Sabell
Portada do libro Samos, publicado pola editorial Galaxia, con ilustración de Agustín Portela. Vigo.
1958
A Homenaxe de Padrón, 1958“Coroación poética”
“Ha estado en Cambados el gran escultor don Francisco Asorey para dirigir el emplazamiento y la erección del monumento a don Ramón Cabanillas. (...) Don Francisco Asorey visitó en su domicilio a don Ramón Cabanillas, cuyo estado de salud no es muy satisfactorio”.
La Voz de Galicia, 11-10-1959
A morte do poeta,9 de novembro de 1959
O poeta amortallado co hábito franciscano como fora o seu desexo.
Bando da alcaldía publicado no xornal de Vigo El Pueblo Gallego
O enterro
Cemiterio de Fefiñáns
Celso Emilio Ferreiro portando o féretro
Toda a prensa galega se fai eco da nova
Esquela do Centro Galego de Madrid
Máscara funeraria en xeso, conservada no Museo de Pontevedra.
1959A Obra Completa remátase de imprimir en Bos Aires o día 12 de novembro de 1959, tres días despois da súa morte.
A edición estivo ao coidado de Luís Seoane e Eduardo Blanco-Amor.
Páxina interior da Obra Completa, coa célebre foto de Moneo Sanz
“Epitafio”. Panteón familiar de Fefiñáns
ENCOMENDA
Quero na lousa que me dé sosego
esta palabra que ten luz: “Gallego”
e esta palabra que ten ás: “Poeta”
Sono Dourado, Vento Mareiro, 1915
3 de xullo de 1960, homenaxe póstuma, inauguración do monumento de Asorey na
Calzada de Cambados.
Lectura de poemas no cemiterio de Fefiñáns, na foto Xosé Mª Álvarez Blázquez.
1967
Tumba do poeta na Igrexa compostelá de S. Domingos de Bonaval.
1976, centenario do seu nacemento, dedícaselle o Día das Letras Galegas.
1984, 25º cabodano Exposición fotográfica Conferencia de
Francisco Fernández del Riego
Recital poético con: Bernardino Graña Manuel María e X. L. Méndez Ferrín
1998, Inauguración da Casa Museo
2009, “Ano Cabanillas”Cincuenta aniversario da súa morte
“Díaz Pardo fíxome un óleo que non sei que será d-el: gustábame moito”.
Carta a Ramón Otero Pedrayo desde Samos, 25-9-1948.
Fotos cedidas por:
Real Academia GalegaMuseo de Pontevedra
Biblioteca Penzol Rede de Museos de Cambados
Pitusa Vidal Cabanillas Adela Leiro
Xoán Antonio Pilladoe Manuel Núñez
Montaxe: Maribel Iglesias Baldonedo coa axuda de:
Manuel Busto, Mª José Carballo, Lidia Soutullo e Aurora Souto
IES FRANCISCO ASOREY
CAMBADOS
FIN