16

Roberto vidal bolaño. letras galegas 2013

  • Upload
    marlou

  • View
    657

  • Download
    1

Embed Size (px)

Citation preview

Adrián 4B

Roberto Vidal Bolaño (Compostela, 1950 – 2002) é unha figura imprescindible para oTeatro Nacional Galego. Bolaño é o dramaturgo máis prolixo da historia da nosa literatura; mais a razón da súa importancia non está só nos seus numerosos títulos, senón na súa calidade, así como no seu obxectivo de armar, coa súa produción teatral, un edificio teatral galego perdurable. Director, actor, autor teatral, un dos pioneiros na produción audiovisual en Galiza e, sobre todo, escritor. En todas as súas facetas, a produción de RVB caracterízase por un irrevogable compromiso coa lingua galega. Porén, aínda sendo un autor monolingüe en galego, non é só un autor imprescindible para o noso sistema literario, senón que é considerado un dos dramaturgos europeos máis importantes do último cuarto do século XX.

Bolaño naceu nun barrio obreiro de Compostela, o barrio de Vista Alegre, ao que lle cantan as Ataque Escampe (grupo compostelán cuxo batería é Roi Vidal, primoxénito de RVB). Naceu en 1950, seis meses despois de que Castelao fora enterrado no cemiterio da Chacarita, en Bos Aires. Empezou a traballar con 12 anos nunha empresa de coches. Estreou a súa primeira obra de teatro con 15 anos, mentres traballaba en calquera oficio que lle xurdira e estudaba en horario nocturno no Instituto Xelmírez.

Bolaño quería ser director de cine, pero el era un traballador asalariado que non podía permitirse moitos luxos, polo que a súa formación levouna a cabo como espectador: vendo moito cine e asistindo ás escasas representacións teatrais que daquela se estreaban en Compostela. De aí lle ven á súa produción teatral a ollada cinematográfica, que provocaba no espectador a necesidade de moverse dunha butaca a outra para abranguer todas as perspectivas posibles nas representacións das súas obras. En 1971 entrou a formar parte do Equipo de cine Reina LupaReina Lupa, formado por Euloxio Ruibal. Sempre que puido participou, como actor, como guionista ou como creador, en proxectos audiovisuais… As súas actuacións en Sempre Xonxa , A lingua das bolboretas ou Mareas Vivas son só un exemplo.

Entre 1973 e 1980 participa nas Mostras de Teatro Mostras de Teatro Abrente de RibadaviaAbrente de Ribadavia co grupo Teatro do Entroido Teatro do Entroido , que viña de crear xunto coa súa primeira muller, Laura Ponte, e con Xaquín Marcos. Nesta etapa forma parte do Grupo Grupo Abrente Abrente ou Grupo de Ribadavia Grupo de Ribadavia, grupo formado por dramaturgos que participaron ou se deron a coñecer nesas Mostras de Teatro.

Manuel Lourenzo

Francisco Taxes

Euloxio R. Ruibal

R. Vidal Bolaño

• Laudamuco, Laudamuco, señor de señor de ninguresningures•Ladaíñas pola Ladaíñas pola morte do Mecomorte do Meco

En 1977, RVB é despedido do banco no que traballaba, polo que poderá e deberá adicarse enteiramente ao teatro para poder vivir del. O seu grupo Teatro do EntroidoTeatro do Entroido formará unha cooperativa co grupo Teatro AndrómenaTeatro Andrómena, de onde nace Teatro Teatro do Estaribeldo Estaribel.

• Bailadela Bailadela da morte da morte ditosaditosa

En 1983, partindo da obra orixinaria de Méndez Méndez FerrínFerrín, dramatiza, dirixe, protagoniza e produce co Teatro do Entroido, un brillante espectáculo en todas as súas dimensións, literarias e políticas: o PercivalPercival.

• PercivalPercival

En 1984 nace o Centro Dramático Galego. A súa segunda montaxe será unha obra escrita por RVB sobre a relación entre Rosalía de Castro e M. Murguía.O CDG debía nacer ao servizo da lingua e da cultura galegas, mais non resultou así e mesmo produciu obras en castelán. Polo que a posición de Bolaño, crítica co poder político e absolutamente belixerante na defensa dun teatro nacional galego, provocou que fose vetado por ese poder político e non apoiado por moitos dos seus compañeiros/as de profesión. Aos cales lles adicou o seu feroz monólogo

• Agasallo Agasallo de sombrasde sombras

Crapice des DieuxCrapice des Dieux..

En 1985 nace a TVG e RVB refuxiarase no mundo audiovisual . Comprendía a necesidade de crear un Audiovisual Galego e quería contribuír á creación dun Cine Nacional que nos servise como expresión cultural. Mais tamén se verá afastado da industria audiovisual, agás na súa faceta de actor. Os seus proxectos non foron ben acollidos, porque tampouco interesaba a creación dun Audiovisual Galego desde unha perspectiva nacional, senón subsidiario e subalterno do español, mesmo servíndose da lingua castelá.

RVB adicouse durante un tempo á dobraxe na TVG, convencido de que esta era imprescindible para un cine galego normalizado.

•Novo de ParmuídeNovo de Parmuíde•Un mundo de HistoriasUn mundo de Historias•Morosos variosMorosos varios

A adicación de RVB ao mundo audiovisual non o afasta da escrita teatral. Publica CochosCochos no 1986 e, en 1991, obtén o premio Álvaro Cunqueiro por Saxo TenorSaxo Tenor. Será o primeiro dunha ampla lista de premios que recibirá ao longo dos anos 90: o Rafael Dieste e finalista do Nacional de Literatura, por Días sen Días sen GloriaGloria; o Camiño de Santiago deTeatro Profesional, por As actas As actas escurasescuras; novamente o Rafael Dieste por Doentes Doentes (homenaxe ao seu admirado Valle-Inclán)…En 1992 fundara con Belén Quintáns a compañía Teatro do Aquí.Teatro do Aquí.

As actas escuras As actas escuras de Bolaño cuestionan a existencia dos restos de Santiago o Maior na catedral compostelá. A obra xira en torno á confrontación: investigación científica / crenza relixiosa. E o seu final confunde aos dogmáticos pois o crego protagonista prefire morrer sen recibir os sacramentos. A obra valeulle ao seu autor un novo veto. Os responsables do certame nin a publicaron nin a representaron. Viu a luz das mans da AS-PG no ano 97 e non foi posta en escena até 15 anos despois.

Neste período, Bolaño non para de escribir e representar obras de teatro; obras que colocan o xénero dramático galego á altura que os autores do Rexurdimento colocaran o xénero poético e os autores da Época Nós colocaran o xénero narrativo.

Adaptou e dirixiu:

• RastrosRastros•AnxeliñosAnxeliños•CriaturasCriaturas•A burla do galo A burla do galo

•RosalíaRosalía (de Otero Pedrayo)•Xelmírez ou a gloria de Xelmírez ou a gloria de Compostela Compostela (Daniel Cortezón)

No 2002 publícase o monólogo Sen ir máis lonxe, considerado o seu testamento teatral. Bolaño entrega ao público a súa derradeira montaxe teatral, AnimaliñosAnimaliños. A pesar de estar enfermo, cumprira nela coas funcións de autor, escenógrafo, iluminador e director.Ese mesmo ano despedirase de todos nun cadaleito centrado no escenario do Salón Teatro compostelán, sede do CDG. Enriba do cadaleito o seu nariz de pallaso e o seu chapeu…

A Sala NASA foi, mentres o concello de Santiago non a pechou, o espazo creativo da compañía teatral ChévereChévere. Alí Bolaño foi un habitual. Convertiuse no padriño profesional para este grupo especialista en Ultranoites.O CDG está a representar a obra de Bolaño Días sen gloria.Edicións Positivas ven de publicar a súa obra completa.…

• ASOCIACIÓN ROBERTO VIDAL BOLAÑO • REAL ACADEMIA GALEGA (RAG) • BIBLIOTECA VIRTUAL GALEGA (BVG)• GALIPEDIA • LETRAS GALEGAS • BOLAÑO NA AXENDA CULTURAL DA AELG• BOLAÑO NA NASA• Gorinho (RVB. Un home do aquí)