11
1 PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CENTRO: IES MARÍA SARMIENTO.VIVEIRO DEPARTAMENTO: LINGUA GALEGA E LITERATURA CURSO : 1º ESO

Síntese da programación 1º ESO

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Síntese da programación de Lingua e Literatura para 1º ESO. IES María Sarmiento.

Citation preview

Page 1: Síntese da programación 1º ESO

1

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

CENTRO: IES MARÍA SARMIENTO.VIVEIRO

DEPARTAMENTO: LINGUA GALEGA E LITERATURA CURSO : 1º ESO

Page 2: Síntese da programación 1º ESO

2

Lexislación de referencia

- Real Decreto 1631/2006, polo que se establecen as ensinanzas mínimas correspondentes á ESO

(BOE 5 de xaneiro do 2007).

-Decreto 133/2007 polo que se establece o currículo da ESO na Comunidade autónoma de Galicia

(DOG 13 de xullo de 2007).

-Decreto polo que se publica o catálogo de materias optativas na ESO e se establece o seu

currículo (DOG).

-Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado da

ESO na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 7 de xaneiro do 2008) Corrección de erros (DOG

8 de febrero de 2008).

-Orde do 30 de xullo de 2007 pola que se regulan os programas de diversificación curricular na

ESO (DOG 21/08/2007)

-Orde do 23 de xuño de 2008 que modifica á do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a

avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG

24/06/2008)

Aspectos específicos da materia

O Departamento de Lingua galega e literatura traballará en colaboración co Equipo de

Normalización Lingüística do centro en todos os aspectos e naquelas actividades que se

plantexen ao longo do curso como así se veu facendo estes anos anteriores.

Contribución da materia ás 8 competencias básicas: c. en comunicación lingüística, c.

matemática, c. no coñecemento e interacción co mundo físico, Tratamento da información e

competencia dixital, C. social e cidadá, C. cultural e artística, C. aprender a aprender e

Autonomia e iniciativa persoal.

Competencia en comunicación lingüística

− Lectura e comprensión de textos (narrativo,lírico, teatral,xornalístico…)

− Comprensión e análise de distintos aspectos dun texto.

− Comprensión do sentido global dunha banda deseñada, con identificación dos grandes temas

que estean presentes nela.

− Recoñecemento e análise dos elementos que conforman a linguaxe do cómic.

Page 3: Síntese da programación 1º ESO

3

− Identificación de determinantes (artigos, demostrativos, posesivos, numerais, indefinidos), así

como das contraccións que realizan con algunhas preposicións.

− Recoñecemento dun texto adecuado ao contexto, ao tema, ao destinatario e á intención

comunicativa.

− Identificación e clasificación dos substantivos dependendo do significado, do xénero e do

número.

− Recoñecemento e diferenciación dos distintos tipos de adxectivos (explicativos ou epítetos e

especificativos).

− Identificación e formación dos distintos graos que presenta o adxectivo (positivo, comparativo

e superlativo).

− Clasificación das palabras dependendo do número de sílabas que as forman.

− Recoñecemento dos ditongos, tritongos e hiatos.

− Uso con corrección das regras de acentuación.

− Recoñecemento das diferenzas entre os textos teatrais e os narrativos.

− Elaboración dun texto teatral, partindo dunha situación establecida previamente.

− Identificación de textos teatrais e dos distintos elementos que conforman a representación

teatral.

− Ampliación do léxico

− Reflexión sobre a maneira de falar nas distintas situacións e a necesidade de coñecer os

distintos rexistros.

− Observación das principais diferenzas, contextuais e formais, entre usos de distintos niveis e

rexistros, tanto na oralidade como na escrita.

− Identificación das características dos rexistros formal e coloquial.

− Coñecemento da variedade estándar ou normativa.

− Identificación dos trazos da xerga xuvenil.

− Recoñecemento dos complementos dunha oración (directo, indirecto, circunstancial), así como

das unidades que poden desempeñar estas funcións.

− Uso correcto dos grafemas s e x.

Redacción de textos dialogados e poéticos tendo en conta as características propias da tipoloxía.

Page 4: Síntese da programación 1º ESO

4

− Identificación dos textos dialóxicos e do estilo directo e mais o indirecto.

− Creación de textos dialogados segundo as convencións empregadas para a súa plasmación na escrita.

− Recoñecemento do verbo e das súas conxugacións.

− Identificación do tempo e do modo a que pertencen as formas verbais.

− Uso correcto dos grafemas c, z e qu.

− Uso correcto dos grupos consonánticos cc e ct.

− Lectura en voz alta de textos poéticos, prestando especial atención ao ritmo.

− Identificación de textos poéticos e análise das súas características.

− Recoñecemento dos recursos máis usuais empregados na linguaxe poética (aliteración, anáfora e paralelismo).

− Recoñecemento das relacións que se establecen entre os distintos elementos dun texto para lograr a cohesión

textual.

− Recoñecemento dos verbos que presentan alternancias vocálicas no presente de indicativo, así como a análise

destas.

− Recoñecemento das formas infinitas e das perífrases verbais, así como os diferentes valores que

presentan.

− Uso correcto dos grafemas b e v.

− Identificación da voz narradora dun texto narrativo, así como do punto de vista dende o que se conta a

historia.

− Elaboración de textos narrativos tendo en conta uns personaxes, un espazo, un tempo e uns

acontecementos determinados.

− Ampliación do léxico do campo semántico tratado (medios de transporte).

− Recoñecemento de adverbios, locucións adverbias e frases adverbiais.

− Recoñecemento de preposicións, locucións preposicionais e frases preposicionais.

− Utilización correcta do grafema h.

− Identificación das distintas seccións dun xornal e do esquema que deben seguir habitualmente

as noticias.

− Recoñecemento dos principais mecanismos de cohesión textual (anáfora ou repetición, deíxe e

substitución).

− Identificación e recoñecemento do suxeito e do predicado das oracións, así como das unidades

que poden desempeñar esta función.

− Uso correcto do grafema r e do dígrafo rr.

Page 5: Síntese da programación 1º ESO

5

Competencia matemática

− Interpretación correcta de información de carácter numérico presente en textos.

− Aplicación correcta do razoamento dedutivo para solucionar actividades.

Competencia no coñecemento e interacción co mundo físico

− Aplicación do léxico propio dos campos semánticos tratados nas interaccións sociais da vida

cotiá.

− Adecuación dos rexistros da lingua ao contexto concreto da fala nas interaccións da vida cotiá.

Competencia para o tratamento da información e competencia dixital

− Busca de información en enciclopedias, dicionarios ou en sitios de Internet para ampliar

coñecementos.

- Resolución de actividades que supoñen a consulta e comprensión de textos informativos en

Internet.

Competencia social e cidadá

− Cooperación nos traballos colectivos e nos debates establecidos na aula.

− Práctica do diálogo para expresar as propias ideas e escoita respectuosa das opinións dos

demais.

− Actitude sensible, solidaria e aberta cara ao fenómeno da emigración.

− Posta en valor dos medios de transporte máis respectuosos co medio ambiente.

− Observación da situación sociolingüística no contorno máis próximo e elaboración dunha

biografía lingüística.

− Reflexión sobre a importancia do bilingüismo.

− Recoñecemento das medidas de normalización lingüística.

− Identificación dos prexuízos lingüísticos.

− Reflexións arredor dos principais problemas ambientais e sensibilización sobre temas

relacionados coa ecoloxía e o medio natural.

− Valoración do traballo das ONG na sociedade.

Page 6: Síntese da programación 1º ESO

6

Competencia para aprender a aprender

− Ampliación do coñecemento do vocabulario e da información que ofrece o dicionario.

− Aplicación de técnicas de estudo que posibiliten a aprendizaxe e a análise textual.

− Identificación das ideas principais dun texto.

− Elaboración de resumos, esquemas etc., tendo en conta a corrección lingüística e a presentación

coidada.

− Identificación do tema dun texto e aprender a titular escritos.

- Uso da técnica do subliñado para resaltar as ideas máis importantes dun texto

Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal

− Lectura de maneira reflexiva e crítica e extracción de conclusións.

− Busca de información de maneira autónoma sobre os temas propostos.

Competencia cultural e artística

− Lectura e comprensión de textos literarios.

− Recoñecemento da influencia das obras clásicas da literatura universal na literatura

contemporánea.

− Lectura e construción de sinxelas bandas deseñadas, utilizándoas como medio para a narración

de experiencias ou creacións artísticas persoais.

− Valoración do teatro como manifestación cultural e artística e como fonte de entretemento.

− Escenificación de pequenos textos teatrais co fin de fomentar a expresión das facetas oral,

corporal e anímica, e fomentar a creatividade.

Obxectivos da materia

1. Comprender discursos orais e escritos nos diversos contextos da actividade social, cultural

e académica, extraedo a intención comunicativa e a idea xeral dos mesmos.

2. Expresarse oralmente de xeito correcto, coherente, creativo e adecuado aos distintos

contextos da actividade social, laboral e cultural, adoptando mediante o diálogo actitudes de

respecto e de colaboración cos demais.

3. Expresarse por escrito de xeito correcto, coherente, creativo e adecuado aos distintos

contextos da actividade social, laboral e cultural.

Page 7: Síntese da programación 1º ESO

7

4. Utilizar eficazmente a lingua na actividade escolar para buscar, procesar e analizar

información e mais para redactar ou expoñer textos propios do ámbito académico.

5. Utilizar criticamente e con progresiva autonomía as bibliotecas, os medios de comunicación

social e as TIC para obter, interpretar, elaborar e valorar informacións de diversos tipos e opinións

diferentes.

6. Aplicar con certa autonomía os coñecementos sobre a lingua e as normas de uso lingüístico

para comprender textos orais e escritos e mais para escribir e falar con adecuación, coherencia e

corrección.

7. Comprender as circunstancias que condicionaron a historia social da lingua galega,

afirmándoa como propia de Galicia, así como as que hoxe condicionan o seu uso, de xeito que se

estea en disposición de superar as que supoñen obstáculos para a súa utilización en calquera

contexto e situación.

8. Coñecer e respectar a realidade plurilingüe e pluricultural do Estado español, de Europa e

do mundo actual, facerse consciente da riqueza que representa e entender as situacións que

provoca o contacto de linguas.

9. Analizar os diferentes usos sociais das linguas para evitar os estereotipos que supoñen

xuízos de valor e prexuízos clasistas, racistas ou sexistas.

10. Ler con fluidez, consolidar o hábito lector e facer da lectura fonte de pracer, de

enriquecemento persoal e de coñecemento do mundo.

11. Comprender textos literarios utilizando os coñecementos sobre as convencións de cada

xénero, os temas e motivos da tradición literaria e os recursos estilísticos.

12. Aproximarse ao coñecemento do patrimonio literario e valoralo como un xeito de

simbolizar a experiencia individual e colectiva en diferentes contextos histórico-culturais.

Page 8: Síntese da programación 1º ESO

8

Contidos secuenciados e temporalizados

Unidades didácticas

Libro

Temporaliz

ac. Sesións/me

s

Probas

Avaliación

1

Textos liter./non lit. Xéneros literarios Léxico: o instituto Diversigade lgca. A comunicación.Intención comunicativa. O alfabeto

Tema 1

11 Set./Out

1ª aval

2

Normas e intruccións de uso. A adecuación Tema e título. Léx.:o deporte. Substantivo e adxectivo A sílaba

Tema 2

11 Out,

si

3

Banda deseñada Léx.: oficios e profesións Europa plurilingüe Os determinantes Regras de acentuación

Tema 3

Out./Nov.

si

4

A descrición.Clases A coherencia Idea principal Léx.: o corpo humano O pronome persoal O til diacrítico.Diérese.

Tema 4

11 Nov./Dec.

si 2ª

5

Diálogo,chat,cartas, correo electrón Léx. Vestimenta España plurilingüe Verbos reg. Tempo e modo ortografía

Tema 5 11 Xan.

6

Textos poéticosRitmo, rima Léx. Novas tecnoloxías Verbos irregulares Recursos poéticos

Tema 6 11 Xan./Febr.

Si

7

Textonarrativo. Voz narradora Léx. Medios de transporte

Tema7

11 Marzo si 3ª

Page 9: Síntese da programación 1º ESO

9

Adverb., preposic. Ortografía

8

Textos xornalísticos Mecanismos de cohesión O resumo Léx. O noso medio SUX. E PREDIC. Ortografía

Tema 8 11 Abril/Maio

si

9

Texto teatral Léx. Animais CD;CI;CC Ortografía

Tema 9 Maio/Xuño si

Criterios de avaliación/Mínimos

1. Extraer a intención comunicativa e a idea xeral de textos orais sinxelos dos ámbitos social e académico, seguindo instrucións para realizar tarefas guiadas de aprendizaxe.

si si si si si

si si si

2. Extraer a intención comunicativa e a idea xeral de textos escritos sinxelos dos ámbitos social e académico, seguindo instrucións para realizar tarefas guiadas de aprendizaxe.

3. Realizar exposicións e narracións orais planificadas claras e áxiles e participa de forma construtiva en diversas interaccións comunicativas (simulacións, traballos colaborativos...) respectando as regras que as rexen. Adopta o rexistro adecuado a cada tipo de texto e situación.

4. Elaborar narracións e descricións seguindo un modelo así como outros textos sinxelos propios da vida cotiá, das relacións sociais e dos medios de comunicación. Planifica e revisa os ditos textos coa axuda do profesorado aplicándolles normas básicas de adecuación, de coherencia, de cohesión, de corrección e de precisión léxica.

5. Consultar, baixo a dirección do profesorado, textos en diferentes soportes, co fin de extraer a información solicitada e incorporala ás propias producións.

6. Aplicar os coñecementos sobre a lingua e as normas do uso lingüístico para resolver problemas de comprensión e para compoñer e revisar de xeito dirixido os propios textos.

7. Recoñecer, a través da reflexión sobre os usos discursivos, os mecanismos da lingua e coñecer e usar unha terminoloxía lingüística básica.

8. Observar os condicionamentos máis evidentes da valoración e uso social do galego e utilizar a lingua galega con fluidez e normalidade nos máis diversos contextos comunicativos.

9. Recoñecer a diversidade lingüística do mundo actual, con especial atención ao contorno peninsular; coñecer e usar os dereitos lingüísticos.

10. Ler con regularidade obras literarias e desenvolver criterio lector; expoñer unha opinión persoal sobre a lectura dunha obra axeitada á idade, relacionando o seu sentido coa propia experiencia e recoñecendo os trazos xerais do xénero.

11. Utilizar os coñecementos literarios na comprensión de textos breves ou si

Page 10: Síntese da programación 1º ESO

10

fragmentos, atendendo especialmente aos trazos xenéricos e á funcionalidade dos recursos retóricos.

12. Participar de maneira activa na creación de textos de intención estética tomando como modelos os textos analizados na clase.

Procedementos e instrumentos de avaliación

A avaliación en Lingua e Literatura galegas é continua. Avalíanse conxuntamente os contidos

conceptuais e procedementais, que serán avaliados fundamentalmente a partir dos exames

escritos e tarefas que aportan un 70%. A lectura dun libro cada trimestre, a realización de

exercicios, fichas e exposicións orais tamén serán valoradas ao longo do curso.

En canto aos contidos actitudinais, estes aportarán un 10% da nota concederase especial

relevancia, xunto coa actitude, á entrega de exercícios, á atención, participación e interese.

Os instrumentos de avaliación son:

A) Exames escritos e tarefas.

B) Exercicios nos que se valorará a comprensión e a expresión oral e escrita.

Probas escritas

Traballos individuais

Traballos en grupo

Probas orais

Traballo na aula

Observación e rexistro

Para a avaliación extraordinaria só se terá en conta o exame extraordinario. Non se admiten

outro tipo de probas.

Criterios de cualificación

-70%: realizaranse 2 exames escritos por trimestre.

-10%: Libro de lectura.

-10 %: Realización e corrección de exercicios e fichas, exposicións orais.

-10%: Actitude: 50% para a entrega de exercicios e 50% para a atención, participación e interese.

Page 11: Síntese da programación 1º ESO

11