146
Tema 1

Tema 1 xeografïa 2º bach

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Video sobre unidades morfoestructuralesy relieve de España orientado a 2º de Bachillerato, en galego.

Citation preview

Page 1: Tema 1 xeografïa 2º bach

Tema 1

Page 2: Tema 1 xeografïa 2º bach

Evolución histórica dos coñecementosxeográficos.

Obxecto dos estudos xeográficos

Os procedementos xeográficos

Pautas para o comentario de fontesxeográficas

Page 3: Tema 1 xeografïa 2º bach

A localización do espazo xeográfico: a rede xeográfica.

A rede xeográfica: paralelos e meridianos

Paralelos………………..latitude

Meridianos……………..lonxitude

Page 4: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 5: Tema 1 xeografïa 2º bach

A representación do espazo xeográfico: a cartografía.

SISTEMAS DE PROXECCIÓN:

Cilíndrica

Cónica

Polar ou acimutal

Page 6: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 7: Tema 1 xeografïa 2º bach

Mapa de Mercator 1569

Page 8: Tema 1 xeografïa 2º bach

A escala

Gráfica

Númérica 1: 500.000 1cm:

A lenda

Page 9: Tema 1 xeografïa 2º bach

topográficos

Page 10: Tema 1 xeografïa 2º bach

Identificación, tipo, número de folla, edición, data,tipo de proxección.

Coordenadas xeográficas, escala.

Análise

Aspectos físicos: relevo, hidrografía, vexetación.

Aspectos humanos: Usos do solo(agrarios, industriais, terciarios)

Poboamento

Toponimia

Page 11: Tema 1 xeografïa 2º bach

coropletas

Page 12: Tema 1 xeografïa 2º bach

Anamórficos ou distorsionados

Page 13: Tema 1 xeografïa 2º bach

Isoliñas

Page 14: Tema 1 xeografïa 2º bach

Fluxos

Page 15: Tema 1 xeografïa 2º bach

De figuras

Page 16: Tema 1 xeografïa 2º bach

Diagramas

Page 17: Tema 1 xeografïa 2º bach

Identificación

Análise

Fenómeno representado

Espazo xeográfico

Fonte

Comentario

Definición do fenómeno xeográfico

Características da localización e distribución.

Explicación de fenómenos xeográficos

Comparación con outros territorios do contorno

Conclusíon

Tendencias futuras

Page 18: Tema 1 xeografïa 2º bach

Lineal (eixo de coordenadas)

Page 19: Tema 1 xeografïa 2º bach

De barras

Page 20: Tema 1 xeografïa 2º bach

De sectores

Page 21: Tema 1 xeografïa 2º bach

Identificación, tipo.

Análise

Fenómeno representado

Espazo xeográfico e datas.

Fonte

Comentario

Definición do fenómeno xeográfico

Características da evolución ou distribución .

Explicación (causas consecuencias).

Comparación con outros territorios do contorno.

Conclusíon

Tendencias futuras

Page 22: Tema 1 xeografïa 2º bach

Series numéricas que informan sobre o valor dunha ou máis variables no tempo ou no espazo.poden ser simples ou múltiples.

Page 23: Tema 1 xeografïa 2º bach

Identificación, tipo. Análise Fenómeno representado Espazo xeográfico e datas. Fonte Comentario Definición do fenómeno xeográfico Características da evolución ou distribución . Explicación (causas, consecuencias). Comparación con outros territorios do contorno. Conclusíon Tendencias futuras

Page 24: Tema 1 xeografïa 2º bach

Lectura comprensiva do texto

Identificación, tipo de texto.

Fenómeno ao que se refire

Espazo xeográfico e datas.

Fontes, autor

Análise

Ideas principais e secundarias

Comentario

Definición de termos

Explicación (causas, consecuencias).

Comparación con outros territorios do contorno.

Conclusíon

Tendencias futuras

Page 25: Tema 1 xeografïa 2º bach

Identificación.(coordenadas..) Indicar nome dos puntos entre os que se

traza, máximas mínimas altitudes.. Enumerar as distintas unidades de relevo que

se suceden no perfil. Analizar e comentar as características e as

causas de cada unha das unidades de relevo facendo atendendo a:

-orixe e evolución-rochedo -formas de relevo:altitude, tipo de

relevo(estrutural ou produto da erosión) formas máis características.

Page 26: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 27: Tema 1 xeografïa 2º bach

Unidades morfoestructurais: tipos e evolución xeolóxica

O rochedo e os tipos de relevo

O relevo peninsular, as grandes unidades morfoestructurais:a Meseta, os bordos montañosos da Meseta, as depresións exteriores da Meseta, as cordilleiras exteriores da Meseta.

relevo costeiro peninsular: as costas atlánticas e as costas mediterráneas.

relevo insular : arquipélago balear e arquipélago canario.

Page 28: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 29: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 30: Tema 1 xeografïa 2º bach

Nombre Años Era

Postglacial Actual 8.000 Holoceno

Glacial Würm o Wiurm 80.000

Pleistoceno

Interglacial Riss-Wiurm 140.000

Glacial Riss 200.000

Interglacial Midel-Riss 390.000

Glacial Midel 580.000

Interglacial Giunz-Midel 750.000

Glacial Günz o Giunz 1,1 m.a.

Interglacial Donau-Giunz 1,4 m.a.

Glacial Donau 1,8 m.a.

Interglacial Biber-Donau 2 m.a.

Glacial Biber 2,5 m.a.

Glacial Oligoceno 37 m.a.

CenozoicoInterglacial Eoceno superior 40 m.a.

Glacial Paleógeno 80 m.a.

Interglacial Cretácico 144 m.a. Mesozoico

Glacial Permocarbonífera 295 m.a.

PaleozoicoGlacial Carbonífero inferior 350 m.a.

Glacial Ordovícico 440 m.a.

Glacial Precámbrico 700 m.a. Precámbrico

Glacial Primera glaciación 2.000 m.a. Proterozoico

Page 31: Tema 1 xeografïa 2º bach

http://www.slideshare.net/isaacbuzo/conceptos-geologia

Page 32: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 33: Tema 1 xeografïa 2º bach

Unidades morfoestructurais. Formas e a disposición que adopta o relevo resultado dos movementos tectónicos da terra.

Erosión. Desgaste do relevo producido por a acción de diversos axentes climáticos ou atmosféricos e biolóxicos

Sedimentación depósito sobre a codia terrestre de materiais procedentes da descomposición das rochas (detrítica) ou de substancias de disolución

Page 34: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 35: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 36: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 37: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 38: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 39: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 40: Tema 1 xeografïa 2º bach

ZÓCOLOS :chairas ou mesetas formadas no Paleozoico, como resultado do arrasamento pola erosión das cordilleiras xurdidas na oroxénese desa mesma era (Oroxénese herciniana)

Están formados por rochas siliceas como granito, cuarcita, lousa e xistos.

Ocupan extensas áreas da metade occidental da Península.

Page 41: Tema 1 xeografïa 2º bach

MACIZOS ANTIGOS: Montañas formadas na era terciaria polo novo levantamento dun bloque dun zócolo a causa da oroxénese alpina. Presentan formas redondeadas e cumios aplanados pola acción da erosión.

Na Península son macizos antigos o Sistema Central e os Montes de Toledo o Macizo Galaico e a parte occidental da Cordilleira Cantábrica.

Page 42: Tema 1 xeografïa 2º bach

CORDILLEIRAS DE PREGAMENTO: Son grandes elevacións montañosas xurdidas na oroxénese alpina da era terciaria a causa do pregamento de materiais sedimentarios. Presentan fortes pendentes e formas escarpadas. Distínguense dous tipos:

Cordilleiras intermedias, formadas polo pregamento de materiais nos rebordos do zócolo. Na península temos o Sistema Ibérico e a parte oriental da Cordilleira Cantábrica.

Cordilleiras alpinas, formadas polo pregamento de materiais depositados nas foxas mariñas (Pirenéos e Cordilleiras Béticas)

Page 43: Tema 1 xeografïa 2º bach

CONCAS SEDIMENTARIAS ou depresións. Son zonas afundidas, formadas no Teciarioenchidas con sedimentos, principalmente calcarios e arxilosos.

Concas formadas polo afundimento dun bloque dun zócolo pola presión da oroxénese alpina(Depresión do Douro, Texo e Guadiana)

Depresións prealpinas, orixinadas pola descompresión posterior ao levantamento das cordilleiras, que provocou o seu afundimento Depresión do Ebro e do Guadalquivir.

Page 44: Tema 1 xeografïa 2º bach

Era Arcaica ou Precámbrico(hai 4000-600 millón de anos) Emerxe do mar unha banda montañosa arqueada de Noroeste a sueste, formada por lousas e gneis que comprende case toda Galicia e puntos illados do Sistema Central e dos Montes de Toledo.

Logo foi arrasado pola erosión e cuberto polos mares paleozóicos.

Page 45: Tema 1 xeografïa 2º bach

Prodúcese a oroxénese Herciniana.Dos mares que cubrían a Península, xurdiron as cordilleiras hercinianas, formadas por materiais silíceos como granito, lousa e cuarcita.

Ao oeste elévase o Macizo Hespérico. Ao nordés aparecen os macizos de

Aquitania,catalano-balear e do Ebro, e aosureste o macizo bético- Rifeño. Todos arrasados pola erosíón e convertidos en zócolos

Page 46: Tema 1 xeografïa 2º bach

Período de calma oroxénica, con predominio de erosión e sedimentación.

Prodúcense transgresións e regresións mariñas no bordo oriental da meseta, inclinada cara ao Mediterráneo, con acumulación de sedimentos de materiais fundamentalmente calcáreos, areniscas, margas.

Page 47: Tema 1 xeografïa 2º bach

Prodúcese a oroxénese alpina, que: Eleva as cordilleiras alpinas dos Pireneos e as

Cordilleiras Béticas, ao se pregaren os materiais depositados nas fosas.

Fórmanse as depresións prealpinas, paralelas ás cordilleiras: a Depresión do Ebro e a Depresión do Guadalquivir.

Na Meseta-Basculación cara ao Atlántico, vertendo

a este Océano a maioría dos ríos peninsulares.-Formación dos rebordos montañosos

da Meseta:Cordilleira cantábrica,Sistema Ibérico e Serra Morena.

Page 48: Tema 1 xeografïa 2º bach

Fracturación do zócolo da Meseta, orixinando unha estrutura xermánica, de:

Bloques levantados ou horst , que levantaron o Macizo Galaico e aparte occidental da Cordilleira Cantábrica, Sistema Central e Montes de Toledo

Bloques afundidos ou graben que crearon depresións interiores ou Concas sedimentarias da Meseta: Depresión do Douro, Texo e Guadiana.

Actividade volcánica en zonas como Olot-Ampurdam, Campo de Calatrava e cabo de Gata.

Page 49: Tema 1 xeografïa 2º bach

Destaca nesta era os procesos de erosión a glaciarismo e a formación de terrazas fluviais.

O glaciarismo afectou ás cordilleiras dos Pireneos,Cordilleira Cantábrica, Sistema Central,Sistema Ibérico e Serra Nevada.

Glaciares de circo, acumulación de xeo na cabeceira dos vales.

Glaciares de val, son ríos de xelo procedentes do exceso de espesor do xeo do circo, que circulan val abaixo dándolle forma de U.

Page 50: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 51: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 52: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 53: Tema 1 xeografïa 2º bach

Terrazas fluviais, antigos chans de inundación abandonados polo posterior encaixamentofluvial. Son froito das alternancias climáticas do Cuaternario: nos períodos glaciais, ó atoparse a auga xeada nas montañas, os ríos perderon forza erosiva e depositaron aluviónsno seu leito. Nos períodos postglaciais, ó aumentar a temperatura e fundirse o xeo, creceron o caudal e a forza erosiva dos ríos, afondando o seu leito e deixaron suspendidos ós lados os aluvións acumulados anteriormente, constituíndose así as terrazas. Na Península, as máis características son as formadas polo Douro, o Texo, o Guadiana, o Guadalquivir e o Ebro.

Page 54: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 55: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 56: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 57: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 58: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 59: Tema 1 xeografïa 2º bach

Características:

forma maciza

Elevada altitude media sobre 660m

Disposición periférica do relevo

Page 60: Tema 1 xeografïa 2º bach

Chaira elevada a uns 600-800 m de altitude, formada na era primaria pola erosión do macizo Hespérico xurdido na oroxénese herciniana. Posteriormente foi deformado pola oroxénese alpina na era terciaria.

Diferéncianse tres unidades:

Antigo zócolo paleozoico

As serras interiores

As concas sedimentarias interiores

Page 61: Tema 1 xeografïa 2º bach

ANTIGO ZÓCOLO PALEOZOICO Aflora no oeste peninsular (penechairas zamorano-salmantinas e estremeñas). A erosión deixou ao descuberto materiais siliceosprimarios(granito, lousa e cuarcita).

O relevo esta constituído por penechairas, superficies de erosión suavemente onduladas. As penechairas están accidentadas por montes illa, relevos residuais constituídos por rochas máis resistentes. Na zona de contacto das penechairas coas concas sedimentarias, os ríos crean profundas gargantas ao encaixarse nos materiais duros.

Page 62: Tema 1 xeografïa 2º bach

AS SERRAS INTERIORES

Sistema central e Montes de Toledo.

Fórmanse na era Terciaria a causa do levantamento dalgúns bloques do zócolo da Meseta como resultado da oroxénese alpina. Teñen rochedo primario(granito lousa e gneis)

Sistema central, divide a Meseta, as suas serras máis destacadas son Somosierra, Guadarrama, Gredos, Gata e Peña de Francia.

Montes de Toledo. De menor altura, divide en dous a submeseta sur, separando as concas do Texo e do Guadiana. Destaca a Serra de Guadalupe.

Page 63: Tema 1 xeografïa 2º bach

AS CONCAS SEDIMENTARIAS INTERIORES Formadas na era terciaria polo afundimento

dos bloques da Meseta como resultado da oroxénese alpina.

Distinguimos a conca da Submeseta norte percorrida polo río Douro.

Submeseta sur dividida polos Montes de Toledo e percorrida polo Texo e Guadiana.

Estas concas formaron lagos que logo foron enchéndose con materiais terciarios brandos(arxilas, areas, xesos e margas) e duros(calcarias) na parte superior. Como resultado, formáronse un relevo de páramos, campiñas e costas.

Page 64: Tema 1 xeografïa 2º bach

Páramos. Superficies estructurais planas e elevadas formadas polos estratos duros calcáreos.

As campiñas. Chairas baixas, suavemente onduladas percorridas por ríos.Fórmanse onde os páramos foron erosionados e afloran os materiais mas brandos(arxilas, margas). Nelas son frecuentes os cerros testemuña ou outeiros. Destacan as campiñas percorridas polo Douro, Texo e Guadiana.

As costas zonas inclinadas entre páramos e campiñas

Page 65: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 66: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 67: Tema 1 xeografïa 2º bach

Macizo galaico leonés

A Cordilleira Cantábrica

O Sistema Ibérico

Serra Morena

Page 68: Tema 1 xeografïa 2º bach

MACIZO GALAICO LEONÉS. Formouse na era terciaria polo levantamento do ángulo noroeste do zócolo da Meseta durante a oroxénese alpina. O seu relevo presenta montañas redondeadas de pouca altura cortadas por multitude de fallas.

As súas serras máis destacadas son a Segundeira,Cabrera e os Ancares.

Page 69: Tema 1 xeografïa 2º bach

A CORDILLEIRA CANTÁBRICA

Macizo Asturiano, formado na era terciaria polo levantamento da oroxénese alpina, con materiais paleozoicos(lousas e cuarzitas). No seu extremo afloran calcareas primarias que constitúen os Picos de Europa coas maiores altitudes como Peña Vieja e o Naranjo de Bulnes.

Montañas Cantábricas, formadas na era terciaria polo pregamento de materiais secundarios(calcareas) depositados polo mar no bordo da Meseta. A distinta dureza creou relevos xurásicos.

Page 70: Tema 1 xeografïa 2º bach

O SISTEMA IBÉRICO. Cordilleira formada na era terciaria por

pregamento de materiais secundarios, principalmente calcários depositados polo mar. Distínguense dous sectores:

O terzo setentrional de dirección NO-SL, coas maiores alturas da Serra da Demanda e os Picos de Urbión.

O terzo meridional. Bifúrcase en dúas ramas paralelas á foxa tectónica que percorre Calatayud- Teruel con sedimentos terciarios:

Rama interior ou castelá(Serra de Albarracín e Serranía de Cuenca

Rama exterior ou aragonesa( Serra do Javalambre e Gudar)con materiais calcáreos.

Page 71: Tema 1 xeografïa 2º bach

SERRA MORENA

Non é propiamente unha cordilleira, senón un brusco chanzo que separa a Meseta do val do Guadalquivir. Parece que se trata dunha gran flexión fracturada en moitos puntos. Formouse na era terciaria polo empuxe das cordilleiras béticas. O nome provén do rochedo Paleozóicode cor escura e da súa vexetación.

Page 72: Tema 1 xeografïa 2º bach

DEPRESIÓN DO EBRO . Paralela aos Pireneosestá pechada polo Sistema ibérico e as Cordilleiras Costero Catalás, enchido con materiais terciarios. Primeiro estivo ocupada polo mar, pero logo transformouse nun lago na era terciaria. Os seus materiais son mariños e continentais. Nos bordos conglomerados, mais grosos e no centro margas xesos calcárias e sales.

O seu relevo e froito da distinta dureza dos materiais e a aridez, distínguense:

Page 73: Tema 1 xeografïa 2º bach

Os somontes ou pe de monte pirenaico e ibérico, con chairas levemente inclinadas, entre as serras exteriores e o centro da depresión, con materiais duros e grosos(conglomerados)transportados polos ríos desde as montañas, a sua erosión creou mallos (torreóns rochosos por fractura vertical) e foxas(depresións sobre materiais máis brandos)

No centro da depresión altérnanse estratos horizontais de calacarias duras e brandos de arxilas, margas e xesos. Resulta así un relevo de mesas (zona cha elevada)sobre as calcarias e badlands sobre os brandos.

Page 74: Tema 1 xeografïa 2º bach

DEPRESIÓN DO GUADALQUIVIR

Paralela ás cordilleiras béticas, primeiro estivo aberta ao mar, logo converteuse nunha albufeira, e máis tarde, por colmataxe,converteuse en marismas pantanosas, zona afundida enchida posteriormente con materiais terciarios(calizas, margas arxilas).

Predomina un relevo de campiñas nas zonas arxilosas e mesas e cerros testemuños onde hai calcarias.

Page 75: Tema 1 xeografïa 2º bach

OS PIRENEOS

OS MONTES VASCOS

A CORDILLEIRA COSTEIRO- CATALÁ.

AS CORDILLEIRAS BÉTICAS

Formáronse na oroxénese alpina,polo pregamento dos sedimentos secundarios depositados nas foxas oceánicas béticas e pirenaicas entre antigos macizos que actúan como tope. Predominan os materiais calcarios.

Page 76: Tema 1 xeografïa 2º bach

O eixe ou zona axial, correspondente ao antigo macizo herciniano que rexuveneceu na oroxenese alpina. Formado por materiais paleozoicos , con relevo abrupto, destacan os picos de Aneto e Monte Perdido.

O prepirineos , ao sur da zona axial, formáronse na oroxénese alpina, por pregamento de materiais secundarios depositados na foxa pirenaica. Estrutúrase en dúas aliñacións montañosas,paralelas ao eixe: serras exteriores e interiores.

A depresión media ,longa e estreita, por onde discorre o Canal de Berdun, separa as serras exteriores e as interiores prepirenaicas.

OS PIRENEOS

Page 77: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 78: Tema 1 xeografïa 2º bach

OS MONTES VASCOS

Supoñen unha prolongación do prepirineo. Polo que predomina o rochedo calcareo.Con formas suaves e moderada altitude, coas máximas elevacións son Aralar e PeñaGorbéa.

Page 79: Tema 1 xeografïa 2º bach

A CORDILLEIRA COSTEIRO- CATALÁ.

E unha transformación da zona oriental dos Pirineos. Está separada destes por fallas que deron lugar a unha rexión volcánica con máis de 40 conos nos arredores de Olot.

A cordilleira está dividida en duas aliñacións:

Ao norte a cordilleira litoral, paralela á costa formada por materiais paleozoicos levantados na oroxénese alpina(Altos de Garraf).

A metade sur, cordilleira prelitoral , no interior, está constituída por terreos calcáreos secundarios e pregados na oroxénese alpina con maiores elevacións(Montseny, Montserrat).

Ambas están divididas por unha depresión ou foxa tectónica, enchida con materiais terciarios e cuaternarios(comarcas del Vallés e Penedés)

Page 80: Tema 1 xeografïa 2º bach

A Cordilleira Penibética. Paralela á costa, formouse na era terciara polo rexuvenecemento do antigo Macizo Bético-Rifeño. Contén materiais paleozoicos e ostenta os cumes máis elevados da Península en Serra Nevada: O Mulhacén(3482m) e a Veleta (3392m)

A Cordilleira Subbetica. No interior, formouse na era terciaria por pregamento de materiais mesozoicos (calizas, margas)ao achegarse a placa ibérica e africana,estes materiais duros e brandos ao se pregaren, orixinaron mantos de corremento e cabalgamentos (materiais desprazados a gran distancia do seu lugar de orixe). Destaca a Serra de Grazalema e Cazorla.

A Depresión intrabética. Enchida con materiais terciarios,está ragmentada nas foxas de Rolda, Antequera, Guadix e Baza

AS CORDILLEIRAS BÉTICAS

Page 81: Tema 1 xeografïa 2º bach

ARQUIPÉLAGO BALEAR.

Mallorca

Presenta tres conxuntos:

A serra Tramuntana, de rochedo calcáreo, forma abrupta , ten a súa maior elevación no PuigMaior(1445m)

As serras de Llevant, non alcanzan os 500m.

A depresión central ou Pla

Eivissa e Formentera, unidas ata o Cuaternario, teñen relevo montañoso calcáreo ao norte de Eivissa, un macizo ao leste de Formenteira(La Mola) e unha chaira no medio, que ocupa o sur de Eivissa e case toda Formenteira.

Page 82: Tema 1 xeografïa 2º bach

Menorca. Presenta dous conxuntos. A metade norte ten unha aliñación montañosa

paleozoica de baixa altura e formas suaves, que enlaza coa Cordilleira costeiro-catalá.

A metade sur, cha, de materiais calcáreaossecundarios, separada da anterior por unha falla.

As costas son acantiladas nas zonas de relevo montañoso, no resto alternan praias longas e numerosas calas. Tamén hai algunha albufeira como a de Alcudia.

Page 83: Tema 1 xeografïa 2º bach

ARQUIPÉLAGO CANARIO.

As illas Canarias, son de orixe volcánica, formadas na era terciaria, cando a oroxénese alpina rompeu o fondo do Atlántico , a travesdesas fracturas, emerxeron grandes masas de rochas volcánicas que deron lugar ás illas.presentan presenta distintos tipos de relevo:

Conos volcánicos cúbicas abertas no cume. Orixináronse polo amoreamento de materiais volcánicos arredor da boca de emisión.

Algúns son activos en Tenerife, La Palma e Lanzarote. Caen directamente sobre o mar, forman grandes acantilados que poden chegar a alcanzar caídas de 500 metros, como sucede no acantilado dos Xigantes en Tenerife

Page 84: Tema 1 xeografïa 2º bach

As caldeiras son grandes cráteres circulares, orixinados pola explosión ou afundimento dun volcán. Son famosas a caldeira de explosión de Bandama (Gran Canaria) e a de afundimento de “Las Cañadas” (Tenerife) ou a de Caldera de Taburiente (A Palma).

Os malpaíses son terreos abruptos formados ao solidificarse rapidamente as coadas de lava en forma de ondas ou de bloques.

Page 85: Tema 1 xeografïa 2º bach

Os diques ou muretes volcánicos e os roques ou agullas volcánicas son condutos de emisión de magma que se encheron de lava solidificada e quedaron ao descuberto pola erosión diferencial. Os diques fórmanse cando o conduto é unha fisura horizontal e os roques cando é a cheminea vertical dun cono volcánico, aínda que tamén poden estar formados só por rochas máis resistentes á erosión (Roque Nublo, en Gran Canaria).

Page 86: Tema 1 xeografïa 2º bach

As costas son consecuencia das distintas erupcións volcánicas.predominan os acantilados e as praias.

Os acantilados teñen entre 100 e 500m, e son característicos dos macizos antigos com a costa de los Gigantes en Tenerife.

As praias nas illas occidentais, son franxas de cantos debido á estreita plataforma litoral,; nas illas orientais a maior anchura da plataforma, permita praias de area.

Page 87: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 88: Tema 1 xeografïa 2º bach

Derivado da evolución xeolóxica da Península, existen tres grandes áreas diferenciadas polo tipo de rochedo:

Área silícea,

Área calcária.

Área arxilosa.

Pola súa banda, a erosión creará , distintos tipos de relevo ou de modelaxe:granítico, cárstico, arxiloso ou de erosión diferencial.

Page 89: Tema 1 xeografïa 2º bach

A ÁREA SILICEA .

Está formada por rochas antigas de era precámbrica e paleozoica. Localízase maioritariamente no Oeste peninsular, parte da Cordilleira Cantábrica, do Sistema Central, Montes de Toledo e Serra Morena.

Tamén en zonas do eixe dos Pireneos, sectores do Sistema Ibérico , da Cordilleira Costeiro-catalá e da cordilleira Penibética.

A rocha predominante é o granito, rocha magmática plutónica, cristalina e ríxida, que se altera de diversas formas, dando lugar a distintos tipos de relevo granítico:

Page 90: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 91: Tema 1 xeografïa 2º bach

Pola acción química da auga que altera a rocha , descompoñendo os seus cristais e transformándose en areas pardoamarelas.

Por fractura ou diaclasas, dando lugar a diversas formas segundo a altitude:

Nas áreas de alta montaña fórmanse cristas agudas(agullas ou galayos) e de pedregais (fragmentos de rochas).

Nas zonas menos elevadas. Se as diaclases son paralelas á superficie, o

granito disgrégase lentamente e orixina unha paisaxe e formas onduladas e redondeadas chamadas domos.

Se as diaclases son perpendiculares, fórmanse bolas, que poden amontoarse formando barrocais.

As formas máis tipicas son os tores(moreas de bolas), e as rochas cabaleiras.

Page 92: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 93: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 94: Tema 1 xeografïa 2º bach

Escamación do granito

Page 95: Tema 1 xeografïa 2º bach

DOMOS

Page 96: Tema 1 xeografïa 2º bach

CRISTAS

Page 97: Tema 1 xeografïa 2º bach

TOR

Page 98: Tema 1 xeografïa 2º bach

Pedra cabaleira

http://www.uclm.es/profesorado/egcardenas/granitos.pdf

Page 99: Tema 1 xeografïa 2º bach

AREA CALCARIA

Formada por rochas da era secundaria pregadas na era terciaria.

Forma unha Z invertida estendéndose polos Pireneos, Montes Vascos, sector oriental da cordilleira Cantábrica, o Sistema ibérico, parte da Cordilleira Costero-Catalá e a cordilleira Subbética.

A rocha predominante é a calcaria,rocha dura que de disolve facilmente con auga. Da lugar a o relevo cárstico,un relevo complexo con diversas formacións:

Page 100: Tema 1 xeografïa 2º bach

Lapiás ou lenares, sucos ou cavidades separadas por tabiques máis ou menos agudos.

Gargantas ou foces, vales estreitos e profundos enmarcados en abruptas vertentes causados polos ríos.

Poljés,son depresións alongadas de fondo horizontal enmarcadas por vertentes abruptas, percorridas por correntes de auga, que desaparecen súbitamente por sumidoiros.

Dolinas ou torcas, grandes cavidades formadas nos lugares onde a auga se estanca, poden ter formas diversas e unirse a outras formando cavidades denominadas uvalas.

Covas, fórmanse ao infiltrarse a auga e circular subterraneamente, escavando galerías, nelas adoitan formarse estalactitas e estalagmitas. A auga infiltrdapode vover á superficie a través de manatiais e surxencias.

Simas. Aberturas estreitas que comunican a superficie coas galerías subterráneas.

Page 101: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 102: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 103: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 104: Tema 1 xeografïa 2º bach

AREA ARXILOSA

Esta formada por rochas sedimentarias das eras terciaria e cuaternaria.

Locálízase nas concas da Submeseta norte e sur, nas depresións do Ebro e no Guadalquivir, e nas áreas afundidas e chairas costeiras.

A rocha predominante é a arxila, de escasa resistencia á erosión. Isto da lugar a un relevo horizontal de dous tipos:

Page 105: Tema 1 xeografïa 2º bach

Cando os ríos abren vales, orixinando as campiñas, chairas suavemente onduladas.

Nas zonas onde se alternan longos períodos secos e calorosos con outros de chuvias torrenciais, e non hai protección vexetal, auga desgasta fortemente as vertentes formando cárcavas ou sucos estreitos e profundos separados po arestas. Isto orixina unha paisaxe peculiar de badlands.

Page 106: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 107: Tema 1 xeografïa 2º bach

En cada unha destas tres areas, e frecuente atopar rochas de distinta orixe e resistencia. A erosión actuará de xeito selectivo segúndo os materiais e a súa disposición en estratos.

Cando os estratos son horizontais alternándose materiais duros e brandos, os ríos abren grandes plataformas chamadas páramos ou mesas.

Os páramos teñen un cume horizontal correspondente ao estrato máis duro. Os flancos, de materiais máis brandos, erosiónanse máis rápidamente, reducíndose os páramos e convertíndose en cerros testemuña, outeiros de teito horizontal ou antecerros, cando perden o teito de material duro.

Page 108: Tema 1 xeografïa 2º bach

O espazo que separa os páramos vaise ensanchando ao erosionarse os materiais brandos, formando as campiñas.

Este tipo de relevo observase nas concas sedimentarias da Meseta e nas depresións do Ebro e o Guadalquivir.

Cando os estratos está suavemente inclinados (relevo en costa), alternándose materiais duros e brandos.

No estrato duro inclinado distínguese un dorsoou reverso, e unha fronte cunha cornixa de forte pendente. Na parte branda unha parte inferior cóncava. Tamén aparecen cerros testemuña e antecerros polo retroceso das costas.

Page 109: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 110: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 111: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 112: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 113: Tema 1 xeografïa 2º bach

Cando os estratos están pregados, e formados igualmente por alternancia de materiais duros e brandos orixínanse dous tipos de relevo:

Relevo apalachense.Relevo montañoso herciniano arrasado e aplanado pola erosión, que experimenta un novo levantamento que reactiva a erosión. Esta forma alternancia de

cristas , serras longas paralelas de altitude similar con materiais duros.

vales, compostos por materiais brandos.

Atópanse na parte occidental da cordilleira Cantábrica, Montes de Toledo e Serra Morena

Page 114: Tema 1 xeografïa 2º bach

Relevo xurásico

Formase nas cordilleiras novas altérnanse anticlinais (dobras convexas), e sinclinais (dobras cóncavas).

Nos anticlinais a erosión da auga crea cluses, vales perpendiculares ao cumio; combes, vales paralelos ao cumio.

Cando a erosión arrasa o estrato duro dos anticlinais, estes convértense en vales por debaixo dos sinclinais, que quedan levantados (sinclinais colgados).

A posterior erosión doval anticlinal sacará á superficie o sinclinal do estrato inferior (anticlinal exhumado).

Temos exemplos deste relevo no Sistema Ibérico, parte oriental da Cordilleira cantábrica, nos Pireneos e nas Cordilleiras Béticas.

Page 115: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 116: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 117: Tema 1 xeografïa 2º bach

A área volcánica integra fundamentalmente o arquipiélago canario e tamén algúns sectores de vulcanismo terciario da Península Ibérica (Campo de Calatrava, Campo de Olot, Cabo de Gata, Mar Menor).

As illas Canarias son de orixe volcánica. Formáronse na era terciaria, cando a oroxénese alpina rompeu o fondo do Atlántico e, a través das súas fracturas, ascenderon grandes masas de rochas volcánicas que deron lugar ás illas. Os tipos de relevo máis característicos de Canarias son :

Page 118: Tema 1 xeografïa 2º bach

- Os conos volcánicos son elevacións cúbicas abertas no cume. Orixináronse polo amoreamento de materiais volcánicos arredor da boca de emisión, como cinzas e lapillis ou pedras pequenas. Algúns son activos en Tenerife, La Palma e Lanzarote. Se caen directamente sobre o mar, forman grandes acantilados que poden chegar a alcanzar caídas de 500 metros, como sucede no acantilado dos Xigantes en Tenerife.

Page 119: Tema 1 xeografïa 2º bach

-As caldeiras son grandes cráteres circulares, orixinados pola explosión ou afundimento dun volcán. Son famosas a caldeira de explosión de Bandama (Gran Canaria) e a de afundimento de “Las Cañadas” (Tenerife) ou a de Caldera de Taburiente (A Palma).

Os malpaíses son terreos abruptos formados ao solidificarse rapidamente as coadas de lava en forma de ondas ou de bloques.

Page 120: Tema 1 xeografïa 2º bach

Os diques ou muretes volcánicos e os roques ou agullas volcánicas son condutos de emisión de magma que se encheron de lava solidificada e quedaron ao descuberto pola erosión diferencial. Os diques fórmanse cando o conduto é unha fisura horizontal e os roques cando é a cheminea vertical dun cono volcánico, aínda que tamén poden estar formados só por rochas máis resistentes á erosión (Roque Nublo, en Gran Canaria).

Os barrancos son vales estreitos, escarpados e de curto percorrido, creados polo encaixamentodos torrentes no terreo volcánico. Formáronse nunha época de clima máis húmido que o actual, que permitía a existencia de correntes de aguacapaces de provocar esta forte erosión.

Page 121: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 122: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 123: Tema 1 xeografïa 2º bach

España ten 7.880 km de costa. A súaconfiguración peninsular e os seus dousarquipélagos favorecen a existencia dunhagran variedade de formas costeiras, desde acantilados abruptos ata praias de area fina. As costas peninsulares sonpredominantemente rectilíneas, agas as galegas, ademáis está relacionada cos relevos situados no seu interior. Axentes erosivos coma a auga e o vento levaron a cabo o labor posterior de modelaxe das formas costeiras definitivas.

Page 124: Tema 1 xeografïa 2º bach

AS FORMAS DE RELEVO COSTEIRO

Principais accidentes costeiros.

Os cabos. Saíntes da costa que adéntranse no mar.

Os golfos. Profundos entrantes do mar na costa.

Acantilados. Costas que se recortan ante o mar nunha forte pendente.A erosión crea covas, arcos mariños e farallóns. Son característicos os da costa cantábrica.

Page 125: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 126: Tema 1 xeografïa 2º bach

Deltas. Saíntes costeiros formados polos sedimentos que achega un río.

Dunas. Montículos de area propios das costas areentas, formados pola acumulación de area transportada polo vento.

Page 127: Tema 1 xeografïa 2º bach

Arcos mariños

Acantilados

Page 128: Tema 1 xeografïa 2º bach

Farallóns

Page 129: Tema 1 xeografïa 2º bach

As rasas.Plataformas de erosión mariña, paralelas á costa e elevadas sobre o nivel do mar.Predominan na costa Cantábrica

Page 130: Tema 1 xeografïa 2º bach

Praias. Extensións chás e pouco pendentes na costa formadas por areas, gravas,seixos e restos de moluscos.

As rías. Antigos vales fluviais afundidos no mar no seu último tramo.

Marismas. Zona baixa das baías que se enchen con sedimentos do mar ou dun río

Page 131: Tema 1 xeografïa 2º bach

Frechas litoráis. Barras de area que forman unha prolongación da costa diante dunha baía. Se a frecha chega a pechar o fronte da baía chámase cordón litoral.

Page 132: Tema 1 xeografïa 2º bach

Albufeiras. Lagos costeiros salgados separados do mar por un cordón de area que pecha a baía.

Page 133: Tema 1 xeografïa 2º bach

Tombolos. Barras de area que unen illotes rochosos á costa.

Page 134: Tema 1 xeografïa 2º bach

AS COSTAS ATLÁNTICAS

A costa cantábrica .Predominan os acantilados e as rasas como as da Mariña lucense.

Hai rías curta como as do Nalón ou Nervión.

Praias e tómbolos como os de Gijón e san Sebastián.

As rías galegas, resultado da invasión polo mar de vales fluviais abertos nas numerosas fracturas do Macizo Galaico no cuaternario

Distínguense as Rías Altas(Ortigueira, Ferrol, Betanzos..) Rías Baixas(Vigo, Arousa,Pontevedra,Muros, Noia..)máis amplas e profundas.

Page 135: Tema 1 xeografïa 2º bach

A costa andaluza.

Destacan as marismas da desembocadura do Guadalquivir, as frechas litorais como a de El Rompido e as dunas de Doñana.

AS COSTAS MEDITERRÁNEAS.

- Costa catalá: é un litoral moi heteroxéneo, en que se aprecian acantilados como os da Costa Brava, praias de pequeno tamaño, e deltas como o do Llobregat ou o do Ebro.

- Costa valenciana:destaca un gran golfoque se estende desde o cabo da Nao ata o delta do Ebro. Neste sector, onde abundan as grandes praias, destaca a albufeira valenciana, os tómbolos como o de Peñíscola.

Page 136: Tema 1 xeografïa 2º bach

- Costa meridional ou sector bético, esténdese entre o cabo de La Nao ata Xibraltar Trátase dunha costa predominantemente acantilada condicionada pola proximidade dos relevos béticos que discorren paralelos a ela. Son tamén características as praias, campos de dunas e albufeiras como o Mar Menor. Desde o Terciario, a costa bética suoriental rexistra un progresivo levantamento, que provocou a aparición de terrazas mariñas.

Page 137: Tema 1 xeografïa 2º bach

Ocupa o extremo noroeste da Península, cunha superficie de 24.434 km2. Bañada polo Océano atlántico e o mar Cantábrico.

Limita polo sur con Portugal servindo de fronteira natural o Miño no seu tramo final e no leste as cordilleiras orientais e sudorientais marcan o límite co resto de España.

O seu relevo presenta formas montañosas suaves de moderada altitude, pero con unha grande diversidade.

Page 138: Tema 1 xeografïa 2º bach
Page 139: Tema 1 xeografïa 2º bach

A FRANXA LITORAL. ten preto de 1.500 Km de costa onde diferenciamos as rías, acantilados na Costa da morte e na Capelada e a rasa cantábrica.

AS SERRAS .

As serras Orientais. no estremo oriental un encadeamento de serras nas que destacan Os Ancares , O Courel a Queixa e o Eixe, onde atopamos asmaiores alturas como Pena Trevinca(2.124m)

Formadas durante a oroxénese posúe grande diversidade litolóxica , con lousas, cuarzitas, calcáreas. A erosión de orixe glaciar e a acción erosiva do Miño, Navia, Eo e do Sil e aos procesos de tipo glaciar e preglaciar,formaron unha sucesión de vales e cumios.

Page 140: Tema 1 xeografïa 2º bach

As serras setentrionais. Situadas ao sur do litoral cantábrico, constitúen unha antiga superficie aplanada que se elevou. Presenta as maiores elevacións na serra do Xistral.

As serras centro –occidentais ou Dorsal Galega. Esténdense de norte a sur desde a serra da Faladoira ata o faro de Avión.

Page 141: Tema 1 xeografïa 2º bach

SUPERFICIES DE APLANAMENTO. Son amplos sectores aplanados:

Terra Chá no interior da provincia de Lugo entre as serras orientais e a Dorsal galega supón unha ampla superficie chá elevada a uns 650 m.

No litoral as chairas presentan dimensións máis reducidas e están fragmentadas pola rede fluvial(Bergantiños,Alto Xallas Barbanza ou terras do Deza)

Page 142: Tema 1 xeografïa 2º bach

DEPRESIÓNS INTERIORES. Desde As Pontes de García Rodríguez ata Verín hai unha serie de pequenas depresións formadas pola oroxénese do terciario e cubertas con materiais sedimentarios de orixe fluvial.Foxas miocénicas (Monforte, Ourense,...).

Depresión Meridiana (ou fosa Carballo-Tui)

Page 143: Tema 1 xeografïa 2º bach

ANTICLINAL: estrutura pregada que proxecta a súa parte convexa cara ao alto, en materiais plásticos.

ALUVIÓN.- Depósito de materiais detríticos, transportado e depositado de xeitotransitorio ou permanentemente por unha corrente de auga. Habitualmente, está composto por areas, gravas, arxilas ou limos, acumulándose nas canles das correntes, nas chairas inundables e nos deltas.

BADLANDS: Formas de erosión sobre materiais sedimentarios (arxilas, margas..) nunmedio árido, fortemente erosionados pola actividade das augas torrenciais, dando lugar a sucos estreitos e profundos separados por crestas(carcavas).

CURVA DE NIVEL: isopleta ou liña que une puntos de igual altitude sobre o nivel do mar.

CORDILLEIRA: Unidade morfoestrutural formada por un movemento oroxénico que pregou os sedimentos depositados nunha foxa, ou fracturou antigos relevos xaemerxidos.

DELTA: forma de acumulación de aluvións na desembocadura dun río, debido á perdade potencia deste ao diminuír a pendente e a velocidade no tramo final do seupercorrido.

EROSIÓN. Desgaste do relevo producido por a acción de diversos axentes climáticos ou atmosféricos e biolóxicos

EDAFOXÉNESE: Proceso de formación dun solo, cuxa velocidade depende de factorescomo o clima, a litoloxía, a xeomorfoloxía, a vexetación e o tempo transcorrido. A actividade humana tamén pode afectar ao proceso.

FALLA: Fractura de orixe tectónica, que se produce cando unha sección da codiaterrestre se somete a unha forza ,que sobrepasa o límite da súa resistencia, fracturándose en bloques levantados(horst) e afundidos(graben).

Page 144: Tema 1 xeografïa 2º bach

FOZ: , Modelado en forma de val de paredes verticais resultante da erosión fluvial,frecuentemente sobre rochas calcáreas,son formas propias do modelado cárstico. Tamen se pode chamar canón ou garganta.

GLACIAR: Acumulación de xeo nas cabeceiras dos vales, onde se forma unha depresión denominada circo glaciario. O glaciar arrastra os materiais quese acumulan nos seus laterais, formando morenas.

LITOSFERA: é un conxunto máis ou menos ríxido, fragmentado en diversas placas, que forma a superficie sólida do planeta e descansa sobre unhacapa plástica, a astenosfera. A litosfera está formada pola códea e unhaparte do manto superior terrestre.

MARISMA: terreo que normalmente está un pouco por debaixo do nivel do mar, que se inunda coas augas mariñas, coas dos ríos que desaugan alí, oucon ambas á vez, e que posúe unha vexetación anfibia.

MESETA: superficie plana de gran extensión, horizontal ou lixeiramenteondulada, elevada con respecto ao nivel do mar. Apenas presenta accidentes topográficos de importancia e os seus rebordos poden ser montañosos. En España é a unidade principal do relevo peninsular, resto do antigo macizo xurdido na oroxenia herciniana, que foi arrasado polaerosión, e afectado e deformado polo movemento alpino que fixo xurdir os seus sistemas interiores e os rebordos montañosos.

MOREA: material que un glaciar arrinca, transporta e deposita. OROXENIA: É o proceso de formación de montañas. As dúas oroxenias máis

destacadas da historia xeolóxica da terra foron a oroxenia herciniana na era primaria e a oroxenia alpina na era terciaria.

PÁRAMO: Estrutura de relevo tabular (horizontal) resultado da erosión diferencial, sobre rochas de distinta dureza. Temos exemplos nos páramos da Alcarria ou Valladolid.

Page 145: Tema 1 xeografïa 2º bach

PENECHAIRA: Chaira suavemente ondulada, resultante da erosión dun antigorelevo, formada por materiais antigos erosionados

PREGA: deformación tectónica do terreo que se produce pola acción de forzas de sentido contrario e que se traduce nunca ondulación dos estratos. É propio das rochas sedimentarias plásticas.

RÍA.- Val fluvial somerxido baixo o nivel do mar a causa da elevación deste. A orixe xeomorfolóxica está relacionada cun asolagamento do val fluvial relacionado con movementos isostáticos e un afundimento tectónico asociado á rede de fracturas preexistentes.

SOMONTANO (pe de monte): Terreo situado na ladeira dunha montaña,terras chas ou lixeiramente inclinadas, situadas entre unha cordilleira e unha depresión, constituídas por sedimentos grosos arrastrados polos ríos desde as montañas, por exemplo os somontes pirenaico e ibérico da depresión do Ebro.

SEDIMENTACIÓN depósito sobre a codia terrestre de materiais procedentes da descomposición das rochas (detrítica) ou de substancias de disolución.

TECTÓNICA DE PLACAS. Teoría que explicou a deriva continental e outrosfenómenos. A superficie exterior da Terra consiste en aproximadamente dezbloques ou placas ríxidas. Estas transportan os continentes e os solos oceánicos, están en constante movemento e son a causa de moita actividade xeolóxica.

TÓMBOLO: barra areosa que conecta unha illa coa costa ou dúas illas entre si. TRANSGRESIÓN e REGRESIÓN MARIÑA: avance ou retroceso do nivel do mar sobre

o continente debido a diversas circunstancias (movementos isostáticos, eustáticos, fusión de xeos e lenición global do clima etc.).Son movementos propios do mesozoico e o cuaternario.

ZÓCOLOS :chairas ou mesetas formadas no Paleozoico, como resultado do arrasamento pola erosión das cordilleiras xurdidas na oroxénese desa mesma era (Oroxénese herciniana)

Page 146: Tema 1 xeografïa 2º bach

Este e un diccionario visual de xeografía física. http://contenidos.educarex.es/mci/2004/35/Diccio

nario/diccionariovisua.html

http://www.slideshare.net/isaacbuzo/conceptos-geologia

Fontes: Xeografía para bacharalato. Anaya http://www.profesorenlinea.cl/geografiagral/Geolog

iaEpocasGeolog.htm http://www.portalciencia.net/enigmaglac.htm http://www.slideshare.net/sennumero/o-relevo-da-

pennsula-ibrica?qid=bf6a1fbf-4b42-4964-a923-14a44c6d0901&v=qf1&b=&from_search=1

http://www.slideshare.net/isaacbuzo/conceptos-geologia

http://es.slideshare.net/anaxipredo/geografa-general-i-fsica-bloques-diagrama