5
Tema 12: Os traballos O traballo é a actividade realizada polas persoas. Distinguimos tres sectores segundo o tipo de traballo: Sector primario: son os traballos directamente relacionados coa natureza (agricultura, gandaría, pesca, minaría e explotación forestal). Sector secundario: son os traballos onde se modifican as

Tema 12 os traballos

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Tema 12 os traballos

Tema 12: Os traballosO traballo é a actividade realizada polas persoas. Distinguimos tres sectores segundo o tipo de traballo:

Sector primario: son os traballos directamente relacionados coa natureza (agricultura, gandaría, pesca, minaría e explotación forestal).

Sector secundario: son os traballos onde se modifican as materias primas, realízase nas fábricas.

Sector terciario: é o sector servizos.

Page 2: Tema 12 os traballos

O sector primarioNo sector primario distinguimos:1. A agricultura: é o cultivo da terra para obter alimentos e

outros materiais. As tarefas agrícolas son: arar, estercar, regar, plantar, fumigar e recoller.

Os cultivos industriais: son os alimentos que precisan ser transformados antes de seren consumidos. (cacao– chocolate).Existen cultivos de regadío (precisan ser regados) e de secaño ( réganse ca auga da chuvia).Hoxe utilízase maquinaria nos traballos do campo (tractores, colleitadoras …) Tamén se realizan cultivos de invernadoiro, nos cales se controlan as condicións ambientais (temperatura, cantidade de luz, humidade …)

Page 3: Tema 12 os traballos

2. Gandaría: é a cría dos animais domésticos para obter produtos: carne, leite, ovos, a pel…

A gandaría pode ser de dous tipos:- Gandaría intensiva ou estabulada: os animais

están en estabulos e aliméntanse con pensos ademais dos pastos.

- Gandaría extensiva: os animais pastan ao aire libre con pastos naturais e indo duns lados a outros.As tarefas dos gandeiros son: alimentar, controlar a saúde, limpar as cortes e obter produtos dos animais.Existen distintos tipos de gando:Ovino (ovellas), porcino (porcos), vacuno (vacas)…

Page 4: Tema 12 os traballos

3. A pesca: e o cultivo ou extracción de produtos do mar ou do río.

A pesca marítima pode ser : de baixura (realízase preto da costa) e de altura (realízase lonxe da costa e estase fóra moitos días.Hoxe en día tamén existe a acuicultura nas piscifactorías e nos criadeiros.4. A minaría: é a obtención de minerais da terra. As

minas poden ser a ceo aberto ou en galerías subterráneas.

5. Explotacións forestais: é a obtención de madeira dos montes talando e plantando novas árbores.

Page 5: Tema 12 os traballos

O sector secundarioOs traballos do sector secundario son os que se realizan en fábricas.Consisten en transformar as materias primas (produtos obtidos directamente da natureza) para obter produtos elaborados.Nas fábricas trabállase en cadea. Cada obreiro realiza unha parte do traballo. O produto obtido realizouse entre todos.Existen diferentes tipos de industrias:

- Industrias básicas: transforman materias primas en materias primas para outras industrias.

- Industrias de consumo: Fabrican produtos para utilizalos directamente.

- Industrias tecnolóxicas: Fabrican ordenadores e materiais relacionados coa infórmatica.