5
TEMA 1.3 CIENCIAS SOCIAIS :AS DIFERENTES CAPAS DA TERRA Sabes en que se parece a Terra a unha cebola? Aínda que non o pareza a Terra , como a cebola, está formada por varias capas. A Terra é un planeta cunha característica moi especial: o aire. Grazas a el nós podemos respirar. A Terra está dividida en tres capas: atmosfera, hidrosfera e xeosfera. A capa de aire que arrodea á Terra chámase atmosfera. A atmosfera protéxenos dos raios solares e mantén a temperatura na Terra. Os gases máis abundantes no aire son o nitróxeno e o osíxeno. Algunhas actividades humanas alteran a composición do aire e contaminan a atmosfera. A hidrosfera é a acumulación de auga que atopamos na corteza terrestre: océanos, mares, ríos, lagos, pantanos, augas subterráneas,glaciares… A auga da hidrosfera áchase en distintos estados:

Tema 3 capas da terra e volcáns

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Tema 3 capas da terra e volcáns

TEMA 1.3 CIENCIAS SOCIAIS :AS DIFERENTES CAPAS DA TERRA

Sabes en que se parece a Terra a unha cebola? Aínda que non o pareza a Terra , como a cebola, está formada por varias capas.

A Terra é un planeta cunha característica moi especial: o aire. Grazas a el nós podemos respirar.

A Terra está dividida en tres capas: atmosfera, hidrosfera e xeosfera.

A capa de aire que arrodea á Terra chámase atmosfera.

A atmosfera protéxenos dos raios solares e mantén a temperatura na Terra.

Os gases máis abundantes no aire son o nitróxeno e o osíxeno. Algunhas actividades humanas alteran a composición do aire e contaminan a atmosfera.

A hidrosfera é a acumulación de auga que atopamos na corteza terrestre: océanos, mares, ríos, lagos, pantanos, augas subterráneas,glaciares…

A auga da hidrosfera áchase en distintos estados:

1. En estado líquido atopamos a meirande parte dela como nos océanos, mares, ríos, lagos.

2. En estado gasoso atopámola na atmósfera en forma de nubes.

3. En estado sólido atópase nas zonas máis frías do planeta, en forma de neve ou xeo.

Page 2: Tema 3 capas da terra e volcáns

A xeosfera é a capa sólida de rochas do noso planeta e componse de tres partes:

A codia é a parte máis externa e fina . Nela vivimos as persoas e os outros seres vivos do planeta.

O manto que é a parte intermedia, a máis grosa de todas. Dela sae a lava dos volcáns.

O núcleo que é a parte interior onde prodúcense as temperaturas máis elevadas.

OS VOLCÁNS

A formación dun volcán: simulación da erupción e medidas de prevención de danos.

En ocasións os materiais incandescentes do interior terrestre poden saír ao

exterior. Cando isto ocorre fórmase un volcán.

O magma é a masa rochosa fundida que sobe a través dunha fisura na codia

terrestre chamada cheminea volcánica.

Page 3: Tema 3 capas da terra e volcáns

As partes dun volcán son:

1) CRÁTER: É a saída dos materiais dun volcán. Esta abertura está ao final da cheminea, o cráter pode ser de forma circular, ovalado, etc.

2) CHEMINEA: É o conduto por onde sae o magma cara ao exterior.

3) CONO VOLCÁNICO: Parte do volcán formado polos materiais que saen expulsados, ten forma de cono.

GÉISERES: Son pequenos volcáns de vapor de auga fervendo.

Que facer durante unha erupción volcánica?

Consellos previos:

1) Prepararse mentalmente para evitar situacións de medo e pánico.

2) Se unha erupción é anticipada non hai que perder a calma. Manterse informado sobre o desenvolvemento do fenómeno a través de autoridades oficiais e persoal científico.

Antes dunha erupción:

1) Dispoñer sempre dunha máscaras ou pano para cubrir a boca.

2) Coñecer as rutas de evacuación.

3) Cubrir os depósitos de auga para evitar a contaminación.

4) Protexer ventás pola posible rotura delas xa que poden caer pedras. Para protexerse dentro do fogar, os lugares máis seguros son os cuartos interiores.

5) Cubrir con cinta adhesiva as rediñas de portas e ventás para impedir que a cinza entre nelas.

6) Alonxarse dos vales e ladeiras próximos ao volcán para evitar os posibles fluxos de lodo.

7) Artigos que sempre se deben manter en reserva: suficiente auga potable, alimentos non perecedoiros e enlatados para os próximos 8 días, botiquín de primeiros auxilios, filtros para auga, vaixela desechable, lanternas e velas.

Durante a erupción:

1) Reunirse coa familia nun lugar seguro e prestar especial atención aos nenos, persoas maiores ou delicadas de saúde.

2) Manterse baixo teito e saír cando a atmosfera se atope limpa.

Page 4: Tema 3 capas da terra e volcáns

3) Utilice as mascarillas para respirar. Tamén poden ser usadas toallas ou panos húmidos na auga.

4) Protexer os oídos e os ollos.

Despois da erupción:

1) Manterse informado ata que as autoridades anuncien que a actividade volcánica cesou.

2) Se a vivenda está nunha zoa de risco de fluxos de lodo é conveniente retirarse a lugares altos; ademais é oportuno reforzar as portas, ventás baixas co fin de evitar a penetración do lodo nas construcións.