10
O aire é materia, pois ten masa e ocupa espazo (volume), non ten sabor, nin cor, nin ten forma propia. O aire é unha mestura de varios gases: nitróxeno (78%), osíxeno (21%), dióxido de carbono e vapor de auga entre outros (1%). Os animais e as plantas necesitamos o aire para respirar. Pero tamén pode utilizarse para oír sons, voar ou facer lume. A capa de gases que rodea a Terra chámase atmosfera. Na parte baixa hai osíxeno e na parte alta non.

Tema 9 o aire e o tempo atmosférico

Embed Size (px)

Citation preview

O aire é materia, pois ten masa e ocupa espazo(volume), non ten sabor, nin cor, nin ten forma propia.O aire é unha mestura de varios gases: nitróxeno(78%), osíxeno (21%), dióxido de carbono e vapor deauga entre outros (1%).Os animais e as plantas necesitamos o aire pararespirar. Pero tamén pode utilizarse para oírsons, voar ou facer lume.A capa de gases que rodea a Terra chámaseatmosfera. Na parte baixa hai osíxeno e na parte altanon.

O tempo son as características atmosféricas dun lugar nun momento determinado. Estas características son: temperatura, precipitacións e vento.

1.Temperatura: é o nivel de calor que vai. Mídese cun termómetro. Se a temperatura é baixa o tempo é frío. Se a temperatura é alta vai calor.

2. Precipitacións: é a auga que cae das nubes a terra. Mídese co pluviómetro. Pode caer como:

Chuvia: auga líquida que cae en forma de gotas. Neve: auga sólida que cae ne forma de folerpas. Sarabia: auga sólida que cae en forma de grans

de xeo.3. Vento: é o aire en movemento. Segundo a súa forza

chámase: Brisa : vento suave que move lixeiramente as follas. Vendaval: vento forte que move árbores enteiras. Furacán: Vento moi forte que pode chegar a

derribar árbores ou casas. A súa velocidade mídese co anemómetro. A súa

dirección indicámola co catavento.

O clima é o tempo que vai nun lugar ao longo devarios anos.No tipo de clima dunha zona da Terra inflúe: a súa situación respecto aos polos. a altura a que estea. o relevo (aspecto da superficie da Terra nese lugar). a distancia ao mar.

As estacións

As estacións do ano son catro:primavera, verán, outono e inverno. Primavera: A primavera comeza o 21 de marzo.Na primavera as temperaturas son suaves e aschuvias frecuentes. Ao principio os días e as noitesduran o mesmo. Ao final da estación os días sonlongos. As plantas florecen e os animais crían. Verán: O verán comeza o 21 de xuño (día máislogo e noite máis curta). Logo os días vanse facendomáis curtos e as noites máis longas. As temperaturasson elevadas e as precipitacións escasas; aínda quepode haber tronadas. As herbas secan e hai perigode incendios.

Outono: O outono comeza o 23 de setembro. Aoprincipio os días e as noites duran o mesmo. Despoisos días fanse máis curtos e as noites máis longas. Astemperaturas van sendo máis baixas e as chuviasfrecuentes. As árbores de folla caduca perden asfollas.

Inverno: O inverno comeza o 21 de decembro. Aoprincipio do inverno as noites son longas e frías e osdías curtos. Ao final os días son cada vez máis longos.As precipitacións poden ser en forma de neve. Asárbores de folla caduca están sen follas. Algúnsanimais hibernan e outros migraron.