21
A lexislatura do goberno do PP na Xunta de Galiza con Feijoo como presidente caracterizouse polo desprezo e contínuos ataques á lingua galega levados a cabo desde o propio goberno galego contra a lingua que ten a obriga legal de protexer e promocionar. Feijoo pasará á historia como o primeiro presidente da Xunta de Galiza que lexislou contra o uso e dereitos do galego.

Temoslinguapropiaetemosdereitosslideshare phpapp01

Embed Size (px)

DESCRIPTION

REPRESION POLITICA DA LINGUA GALEGA

Citation preview

Page 1: Temoslinguapropiaetemosdereitosslideshare phpapp01

A lexislatura do goberno do PP na Xunta de Galiza con Feijoo como presidente caracterizouse polo desprezo e contínuos ataques á lingua galega levados a cabo desde o propio goberno galego contra a lingua que ten a obriga legal de protexer e promocionar.

Feijoo pasará á historia como o primeiro presidente da Xunta de Galiza que lexislou contra o uso e dereitos do galego.

Page 2: Temoslinguapropiaetemosdereitosslideshare phpapp01

Feijoo traballou arreo na desgaleguización do noso país artellando un plan de exterminio da lingua galega para acelerar aínda máis o proceso de substitución do galego polo español, aldraxando continuamente ao pobo galego e a súa lingua.

Page 3: Temoslinguapropiaetemosdereitosslideshare phpapp01

Durante os 3 anos e medio de goberno do PP na Xunta de Galiza, non se conseguiu nin un só adianto para o galego. Pola contra, Feijoo, servo da caverna españolista, empregouse a fondo para atacar ao galego e destruír a súa oficialidade.

Page 4: Temoslinguapropiaetemosdereitosslideshare phpapp01

Eliminou as Galescolas, desposuíndo así a Galiza dunha rede de ensino infantil na lingua propia do país.

Page 5: Temoslinguapropiaetemosdereitosslideshare phpapp01

Aprobou un decretazo contra o galego reducindo, aínda máis, a presenza do galego na escola. O galego é o único idioma que ten prohibido o seu uso en determinadas materias de ensino.

Page 6: Temoslinguapropiaetemosdereitosslideshare phpapp01

Prohibiu que física, matemáticas, química, tecnoloxía, informática poidan ser impartidas en lingua galega. Traslada a mensaxe ao pobo de que a nosa lingua “non vale” para as ciencias e tecnoloxías.

Page 7: Temoslinguapropiaetemosdereitosslideshare phpapp01

O PP na Xunta adquiriu unha aplicación informática, para un organismo totalmente desgaleguizado como é a administración de xustiza, que impide usar o galego.

O galego tampouco lles vale para a xustiza!

Page 8: Temoslinguapropiaetemosdereitosslideshare phpapp01

Modificou a Lei da Función Pública Galega para que as/os empregadas/os públicos non teñan a obriga de demostrar o coñecemento do galego.

Como se garante o noso dereito a sermos atendidos en galego se non é obrigatorio o seu coñecemento?

Page 9: Temoslinguapropiaetemosdereitosslideshare phpapp01

Feijoo axfisiou aos medios de comunicación impresos que usaban o galego (Xornal.com, Galicia Hoxe, A Nosa Terra...) até facelos desaparecer por falta de axudas públicas...agás ao xornal conservador “La Voz de Galicia”, a quen inxecta suculentas cantidades de cartos públicos sen facer uso do galego.

Page 10: Temoslinguapropiaetemosdereitosslideshare phpapp01

Tirou ao lixo milleiros de libros de texto valorados en 3,8 millóns € polo “gran delito” de estaren escritos en lingua galega!

Page 11: Temoslinguapropiaetemosdereitosslideshare phpapp01

Feijoo ameaza con derrogar a Lei de Normalización Lingüística aprobada por unanimidade no Parlamento Galego hai 30 anos. Quere que os nosos nomes de lugar deixen de ter como única forma oficial a galega e volver á toponímia franquista (Arteijo, Puentearenas, Rianjo, Puertosín, Chandreja de Queija...)

Page 12: Temoslinguapropiaetemosdereitosslideshare phpapp01

Deturpan barbaramente a nosa toponímia. O Conselleiro de Cultura Roberto Varela, pronunciou publicamente en FITUR (Madrid) “Desván de los Monjes” e “Toro” para se referir ás nosas vilas de “Sobrado dos Monxes” e “Touro”.

Tampoco os nomes das nosas vilas lles valen!

Page 13: Temoslinguapropiaetemosdereitosslideshare phpapp01

En febreiro de 2009, representantes do PP (Carlos Negreira, Alfonso Rueda, Corina Porro...) percorreron as rúas compostelás xunto a Galicia Bilingüe, Falange Auténtica, Víctimas del Terrorismo...nunha penosa e

vergoñenta manifestación de odio e racismo lingüístico onde se corearon frases contra a lingua galega.

Page 14: Temoslinguapropiaetemosdereitosslideshare phpapp01

De maior gravidade, se cabe, foi cuestionar mediante a censura de textos escolares, que o galego é a lingua propia de Galiza!

Page 15: Temoslinguapropiaetemosdereitosslideshare phpapp01

O desprezo do PP pola nosa lingua é tal que Feijoo non tivo ningún tipo de reparos en burlarse dun dos grandes símbolos da nosa identidade nacional, Castelao, traducindo ao español no Parlamento Galego o famoso discurso “Alba de Groria” que Castelao pronunciou no exilio.

Page 16: Temoslinguapropiaetemosdereitosslideshare phpapp01

O PP continúa reproducindo o esquema de autoodio que ao pobo galego lle foron inculcando historicamente os seus antecesores ideolóxicos e que Castelao denunciaba en

“Sempre en Galiza”:

“Prohibíchedes o galego nas escolas para producir no espíritu dos nosos rapaces un complexo de inferioridade, facéndolles crer que falar galego era falar mal e falar castelán era falar ben”.

Page 17: Temoslinguapropiaetemosdereitosslideshare phpapp01

Mais a galegofobia non poderá con nós. A Mesa pola Normalización Lingüística, símbolo e orgullo dun pobo que non se resigna a que a nosa lingua sexa ninguneada, é a maior asociación cultural do país e desenvolve un traballo firme, inquebrantábel e continuado na defensa da lingua desde hai máis de 25 anos.

Page 18: Temoslinguapropiaetemosdereitosslideshare phpapp01

Como resposta ás medidas regresivas que no ámbito da lingua e da cultura estaba a aplicar o goberno de Feijoo, A Mesa impulsou a plataforma unitaria Queremos Galego, formada por máis de 700 entidades de todo tipo coa vontade de articular unha ampla resposta colectiva a prol da lingua propia do noso pobo, o galego.

Page 19: Temoslinguapropiaetemosdereitosslideshare phpapp01

A convocatoria de Queremos Galego o 18 outubro de 2009 supuxo a maior manifestación na defensa do galego e unha das maiores mobilizacións de toda a historia de Galiza reunindo a máis de

100.000 persoas.

Page 20: Temoslinguapropiaetemosdereitosslideshare phpapp01

Movámonos a favor de aquilo que nos une e identifica, que nos sitúa ás galegas e aos galegos no mundo no mesmo nivel que ás outras culturas do planeta, aquilo que nos fai universais: a nosa lingua.

Non permitiremos que o PP continúe lexislando contra a lingua galega, desprotexendo os nosos dereitos lingüísticos ou cuestionando consensos básicos arredor do idioma, que tanto traballo custou construír.

Page 21: Temoslinguapropiaetemosdereitosslideshare phpapp01

Continuemos loitando polos nosos dereitos lingüísticos que como pobo nos corresponden, polo dereito básico de podermos vivir en galego na nosa propia terra. E ese día non ha tardar en chegar, pois como ben dixo o noso gran poeta nacional, Uxío Novoneyra:

A FORZA DO NOSO AMOR NON PODE SER INÚTIL.