Click here to load reader
Upload
plastilina3
View
430
Download
7
Embed Size (px)
Citation preview
-
A COR.
COR É A SENSACIÓN RESULTANTE DA TRANSFORMACIÓN QUE FAI O CEREBRO DA LUZ EMITIDA
POLOS ESTÍMULOS VISUAIS E TRANSMITIDA EN FORMA DE ONDA LUMÍNICA.
A luz branca natural está composta de radiacións de diversas lonxitudes de onda, a
cada unha delas corresponde unha determinada cor. O espectro de ondas lumínico que
percibe o ollo humano oscila entre as 7.600 Ao (7.600 unidades Amstran) do maxenta e as
4.300 Ao do violeta. Por riba das 7.600 Ao están as radiacións infravermellas e os raios X,
as ondas con unha lonxitude inferior ós 4.300 Ao corresponden á radiacións ultravioletas.
Newton, o científico da manzana e a lei da gravedade, foi o primeiro en experimentar
que a cor atópase unida á luz. Colocóu un prisma de vidro na traxectoria dun raio solar para
comprobar que a descomposición da luz branca orixina o espectro cromático (igual que o
arco da vella).
AS CORES NOS CORPOS. A percepción cromática e un fenómeno subxectivo no que interveñen de maneira
primordial os factores fisiolóxicos do espectador, pero a cor depende tamén do modo en
que o obxecto iluminado reacciona á luz:
1. Cando un corpo está iluminado pola luz solar pode difundir totalmente e de igual
maneira tódalas radiacións, a superficie entón aparece de cor branca. 2. Pode absorber algunhas e difundir outras (por exemplo, si un corpo se ve de cor
vermella implica que absorbeu tódalas radiacións lumínicas excepto a do vermello que
a refracta).
3. Pode absorber tódalas radiacións (polo tanto non difunde ningunha e o corpo verase de
cor negra, ausencia de cor).
Dado que as distintas fontes de luz facilitan diferentes radiacións, un mesmo corpo verá
a súa cor transformada según a procedencia luminosa. Do que derivan as diferencias de
coloración dos obxectos se se someten a unha luz natural ou á dunha lámpada eléctrica.
Non todas as fontes devolven da mesma maneira as cores. Sen luz non hai cor, e as cores
son unha parte desa luz.
CORES PRIMARIAS E SECUNDARIAS. 1. COR LUZ. A cor producida pola luz incidente. Ten como cores primarias o VERMELLO,
O VERDE E O AZUL. As súas combinación produce mesturas aditivas: 1.1. MESTURAS ADITIVAS: Prodúcense cando se combinan o vermello, o verde e o
azul, dando como resultado outra cor de maior intensidade lumínica que a de cada
unha das cores orixen, xurde da suma dos caudais luminosos. Caracterízanse por un
aumento no valor (intensidade) da cor resultante. A SUMA DAS TRES CORES
PRIMARIAS DA O BRANCO 1.1.1. O VERMELLO e o AZUL crean por mestura aditiva o MAXENTA 1.1.2. O VERMELLO e o VERDE crean o AMARELO 1.1.3. O VERDE e AZUL crean o CIAN.
-
1.2. MESTURAS SUBTRATIVAS: Ten por cores básicoas o Cián, o Amarelo e o
Maxenta, e por secundarios o vermello, o azul e o verde (ó contrario das mesturas
aditivas). A mestura de dúas primarias sustractivas orixinan unha cor de menor
intensidade lumínica. A combinación das tres primarias produce a cor Negra. 1.2.1. O MAXENTA e o CIÁN crean por mestura sustrativa o AZUL 1.2.2. O MAXENTA e o AMARELO crean o VERMELLO 1.2.3. E o AMARELO o CIÁN crean o VERDE.
2. COR PIGMENTO. A cor producida pola luz reflexada. O tratamento empírico das
cores, a maneira en que as cores se comportan cando as manipulamo equivale a mesma
reaccion que as mesturas sustractivas. Por iso, a efectos prácticos nós debemos de
entender o comportamento das cores, en pintura ou calquera outra técnica que utilice
cores matéricos, tal como reacionan as mesturas sustractivas.
CÍ RCULO CROMÁTI CO
deseño de A. Sanmartín
CORESPRIMARIAS
CORESSECUNDARIAS
-
CARACTERÍSTICAS DAS CORES.
1. TONO. É cada unha das cores primarias puras. Técnicamente defínese como a medida
cualitativa da lonxitude de onda da cor. A cada medida distinta de lonxitude de onda
lumínica corresponde unha cor diferente. Lonxitude de onda é a distancia entre dous
puntos da onda lumíca que reproducen o mesmo movemento ondulatorio. A cor que ten
maior lonxitude de onda é o vermello (7.600 Ao) e a de menor a violeta (4.300 Ao). 2. VALOR. Unha cor ten maior grado de valor cando está no seu maior grado de pureza, a
medida que perde valor a cor aproxímase ó negro. Nun laboratório, cun espectómetro
poderíamos observar que unha mesma lonxitude de onda (por exemplo a do amarelo)
ten distintas amplitudes, a cada unha destas amplitudes dunha lonxitude de onda
correspondelle un valor e intensidade de luz. A amplitude de onda é "a barriga" ou
grado de curvatura da onda dentro dunha determinada lonxitude de onda.
Exemplo: Vermello + Branco ---------> Disminue a Saturación.
3. SATURACIÓN ou INTENSIDADE. Unha cor ten maior grado de intensidade cando
está no seu maior grado de pureza, a medida que perde intensidade a cor aproxímase ó
branco. Exemplo: Vermello + Negro ----------> Disminue o valor
INTERRELACIÓN DAS CORES.
A percepción das cores é sempre relativa. Para percibir unha cor tal cal é, e non como se
manifesta xunto a outras, sería necesario aillala, que non houbera inxerencias cromáticas
distintas.
Dúas cores que no campo visual percebímolas xuntas, si teñen o mesmo valor
compiten en intensidade, e no ollo tenden a "saltar", a competir pola predominancia
visual.
Dúas CORES COMPLEMENTRARIAS cando están xuntas tenden a realzar
mutuamente o seu cromatismo.
LEI DE CONTRASTE. Se o ollo se satura de ver unha cor, tende a ver a súa
complementaria.
CORES ANÁLOGAS son as contíguas no círculo cromático. Cando nunha
composición están próximas, tenden a atenuarse mutuamente. Reaccionan de forma
contraria que as cores complementarias.
Defínese unha GAMA CROMÁTICA como a composición realizada con cores
análogas.
Definimos unha DEGRADACIÓN CROMÁTICA cando a unha cor lle desminuimos
o seu valor ou a súa saturación. Rebaixamos a súa capacidade de reflexar a luz.
-
... MAIS CARACTERÍSTICAS CROMÁTICAS. 4. MATIZ. É o grado de pureza da cor. Depende do aillamento da onda reflexada. Cando
o estímulo reflexa únicamente unha lonxitude de onda a cor que se percebe é pura, pero
si refracta máis combínanse (por exemplo un 70 % de azul cun 30 % de verde)
resultando outras variantes (todas as cores secundarias, terciarias, etc.). 5. PESO. 6. TEMPERATURA. Cores frías e quentes. 7. RELEVO. A temperatura e o relevo están moi relacionados, as cores calídas son saintes
(relevo hacia fora), as cores frías son entrantes (sensación de lonxanía).A sensación de
relevo non é so sicolóxica, con determinadas cores producense unhos efectos ópticos
nos ollos que realmente fannos ver unhas cores sobre outras. Para percibir as cores con
lonxitude de onda larga o ollo necesita pechar a entrada de luz, contraendo os músculos
ciriaís do cristalino, elo significa o aumento da curvatura concava da retina o que
produce un efecto de lente de aproximación. Pola contra as cores frías necesitan ter os
músculos do cristalino plano.
-
EXERCICIOS COAS CORES
1) Representar con cores frías un obxecto sobre fondo cálido, e viceversa, representalo con
cores quentes sobre un fondo de cores frías.
2) Exercicio vidriera. Fondo con cores frías ou quentes e figura con cores quentes ou frías. 3) Cores Complementarias. Competencia visual de cores complementarias do mesmo
valor. 4) Circulo Cromático. 5) Matiz.
Composición con cores complementarias. Composición con cores análogas Composición con unha cor entonadora Contrastes de matices con valores aproximadas. Distintas cores, todas ca mesma
intensidade de luz. Expl.: Cores pastel 6) Valor.
Crontrastes acromáticos Partindo dunha cor modificala com brancos e negros (gama cromática). Contrastes cromáticos sobre fondo negro (recomendable as ceras e non as témperas)
7) Saturación. Mesturas dunha cor con análogas ou con neutras. 8) Peso. Equilibrios de masas: lixeiros, pesados. 9) Relevo.
Cálidos sobre fríos (relevo) Fríos sobre cálidos (profundidade)
10) Temperatura. Cálidos. Fríos Unha cor fría co resto cálidas. Unha cor cálida xunto a outras todas frías
11) Ritmos cromáticos. 12) Mesturas ópticas. Puntillismo, veladuras.