2
A PROMOCIÓN NA E.S.O. A promoción farase ao finalizar cada un dos catro cursos desta etapa. Promociona de curso o alumno e a alumna que supere tódalas materias ou teña un máximo de dúas suspensas ( se non son LGL ou LCL e MAT). Con tres materias suspensas o alumnado promocionará se o Equipo docente o ve favorable e se non coinciden LGL ou LCL e MAT, con medidas de apoio educativo. Con máis de tres materias suspensas repítese curso. Para facilitar a recuperación de materias con avaliación negativa haberá probas extraordinarias en setembro. se pode repetir unha vez por curso e dúas en toda a ESO. Excepcionalmente pódese repetir unha vez máis 4º se non se repetiu en cursos anteriores. PARA ESTAR MÁIS INFORMADO/A... Ao chegar ao Instituto, vas ter un titor ou titora ao que lle poderás presentar todas as dúbidas que teñas. Ademais, no instituto hai un Departamento de Orientación e pódeste dirixir ao orientador para solicitarlle a axuda que precises en cada momento. http://www.edu.xunta.es/centros/ iesmariacasares/ http://www.elorienta.com/casares/index.php Como verás, comeza unha nova andaina na túa vida escolar: nun centro novo, con novo profesorado e novas amizades. ¡Desexámoste moita sorte na nova etapa que vas comezar! EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA (ESO) O próximo curso comezas unha nova etapa educativa: a Educación Secundaria Obrigatoria. A partir do próximo curso prevese que se implante a LOMCE en toda a ESO. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CEIP P. ISIDRO PARGA PONDAL

Tríptico ESO

Embed Size (px)

Citation preview

A PROMOCIÓN NA

E.S.O.

A promoción farase ao finalizar cada un dos catro cursos desta etapa. Promociona de curso o alumno e a alumna que supere tódalas materias ou teña un máximo de dúas suspensas ( se non son LGL ou LCL e MAT). Con tres materias suspensas o alumnado promocionará se o Equipo docente o ve favorable e se non coinciden LGL ou LCL e MAT, con medidas de apoio educativo. Con máis de tres materias suspensas repítese curso. Para facilitar a recuperación de materias con avaliación negativa haberá probas extraordinarias en setembro. Só se pode repetir unha vez por curso e dúas en toda a ESO. Excepcionalmente pódese repetir unha vez máis 4º se non se repetiu en cursos anteriores.

PARA ESTAR MÁIS

INFORMADO/A...

Ao chegar ao Instituto, vas ter un titor ou titora ao que lle poderás presentar todas as dúbidas que teñas.

Ademais, no instituto hai un Departamento de Orientación e pódeste dirixir ao orientador para solicitarlle a axuda que precises en cada momento.

http://www.edu.xunta.es/centros/iesmariacasares/

http://www.elorienta.com/casares/index.php

Como verás, comeza unha nova andaina na túa vida escolar: nun centro novo, con novo profesorado e novas amizades.

¡Desexámoste moita sorte na nova etapa que vas comezar!

EDUCACIÓN SECUNDARIA

OBRIGATORIA (ESO)

O próximo curso comezas unha nova etapa educativa: a Educación Secundaria Obrigatoria. A partir do próximo curso prevese que se implante a LOMCE en toda a ESO.

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CEIP P. ISIDRO PARGA PONDAL

A ESO

A ESO (Educación Secundaria Obrigatoria), é a etapa educativa que vén despois da Primaria.

Realízase ordinariamente entre os 12 e os 16 anos de idade.

Comprende catro cursos, dividíndose en dous ciclos:

1º Ciclo – de 1º a 3º de ESO.

2º Ciclo – 4º de ESO (ten carácter preparatorio para BAC ou FP)

¿ONDE SE CURSA A E.S.O?

Cúrsase nos Institutos de Educación Secundaria (IES). A ti, coma a todo o alumnado deste colexio, correspóndeche o IES María Casares.

Ademais da ESO, nese instituto tamén se pode estudar Bacharelato (Ciencia e Tecnoloxía/Humanidades e Ciencias Sociais), Ciclo Formativo de Grao Medio (Instalacións eléctricas e automáticas) e Ciclo FP Básica. (Electricidade e Electrónica).

HORARIOS E MATERIAS

Na ESO o número de sesións de clase é un pouco máis elevado que na Primaria (en total terás 32). En 1º de ESO cursarás as seguintes materias: MATERIAS TRONCAIS CAIS

-Bioloxía e xeoloxía (4*).

-Xeografía e historia (3).

-Lingua Castelá e Literatura (4).

-Matemáticas (5).

-Primeira Lingua Estranxeira (3).

MATERIAS ESPECÍFICAS

-Educación Plástica e Visual (2).

-Segunda Lingua Estranxeira (2).

-Educación Física (2).

-Relixión ou Valores Cívicos (1).

MATERIAS LIBRE CONFIGURACIÓN

-Lingua Galega e literatura (4).

-Asignada polo centro (1):

Promoción de Estilos de Vida Saudables ou Culturas do Mundo.

Ademais terás unha sesión semanal de titoría.

*Números de sesións semanais da área.

A AVALIACIÓN NA ESO

Na ESO, a avaliación do proceso de aprendizaxe do alumnado será continua e diferenciada segundo as distintas materias do currículo.

Se se advirte que un alumno ou alumna non progresa adecuadamente, seguirá un programa de reforzo para que adquira as aprendizaxes necesarias para continuar.

A partir de 2º de ESO, se o rendemento no é axeitado, poderase seguir un Programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento.

A información sobre a avaliación que fai o profesorado (as notas) é trimestral. As cualificacións serán numéricas.

HORARIO:

Luns a venres:

-Mañás: 8,30 a 14,10 horas

Luns:

- Tarde: 16,30 – 18,10 horas