Upload
agrela-elvixeo
View
1.796
Download
1
Embed Size (px)
Citation preview
U 7. CLIMAS E PAIXAXES DE EUROPA E ESPAÑA
O MEDIO FÍSICO GALEGO
CLIMAS E PAISAXES DE EUROPA E ESPAÑA
INTRODUCIÓN (páx. 96)
En Europa hai variedade de climas e paisaxes: oceánico, mediterráneo, continental, polar e de alta montaña.
Isto débese ás grandes diferenzas latitudinais e altitudinais do seu relevo, á proximidade ou afastamento dos océanos, á existencia de moitos mares e penínsulas ao seu arredor e, sobre todo, á influencia de correntes mariñas.
A Península Ibérica, situada no suroeste de Europa, presenta algunhas características particulares.
Paisaxe de clima atlántico
Paisaxe de clima continental
Paisaxe de clima mediterráneo
CLIMAS E PAISAXES DE EUROPA E ESPAÑA
INTRODUCIÓN (páx. 96)
CLIMAS E PAISAXES DE EUROPA E ESPAÑA
ACTIVIDADES INTRODUCIÓN (páx. 96)
1. ¿Por que é tan distinto o clima de Dinamarca do clima español, se ambos os dous países están situados na zona temperada do norte?
2. ¿Observa a costa Atlántica europea? ¿Por que a influencia do Atlántico pode penetrar profundamente no continente?
3. Describe a paisaxe das fotografías anteriores. ¿En que zona de Europa as situarías?
4. Observa que o centro da Península Ibérica está illado da influencia do mar por elevadas cordilleiras ¿Que tipo de clima predomina no interior?
CLIMAS E PAISAXES DE EUROPA
1.1. EUROPA UN CONTINENTE PEQUENO (páx. 98)
Europa é unha península situada ao oeste da masa continental máis extensa da Terra: Eurasia.
Ao ser unha península, Europa limita principalmente con océanos e mares: ao norte co Glacial Ártico; ao oeste co Atlántico e ao sur co Mediterráneo.
Se comparamos Europa con outros continentes vemos que é pequeno.
CLIMAS E PAISAXES DE EUROPA
1.2. EUROPA DIVERSIDADE DE CLIMAS E PAISAXES(páx. 98)
En Europa hai gran variedade debido a varios factores:
Latitude: a meirande parte do continente está situado en latitudes medias (entre 35º e 60º de latitude norte). Como consecuencia disto en Europa, predominan os climas temperados (continental, oceánico e mediterráneo). Pola contra, o seu bordo máis setentrional está en contacto coa zona polar.
Influencia do mar: as terras europeas reciben a influencia marítima do océano Atlántico e mar Mediterráneo, o que orixina temperaturas suaves e precipitacións abundantes en amplas rexións do continente.
O relevo: predominan as terras chás na cara occidental o que favorece a entrada de aire húmido e, xa que logo, de chuvias. Así e todo, as cordilleira do Sur illan zonas do interior da influencia mediterránea. Tamén atopamos elevadas e extensas cordilleiras (Alpes, Pireneos...) que teñen un clima de alta montaña.
CLIMAS E PAISAXES DE EUROPA
1.3. VEXETACIÓN E FAUNA DE EUROPA (páx. 98)
A vexetación natural do norte de Europa é a tundra (mofo e outras plantas adaptadas ao frío). Máis ao sur atopamos o bosque de coníferas.
No resto de Europa a vexetación natural (bosque mixto: folla caduca, bosque mediterráneo e estepa) desapareceu en extensas zonas pola acción humana.
Nas paisaxes de clima de montaña a vexetación disponse en socalcos ou nives e varía en altitude e situación das vertentes.
A fauna viuse modificada. Os grandes mamíferos (oso, lobo, alce...) viron reducir o seu número. Entre os pequenos mamíferos atopamos coellos, lebres, esquíos... As principais aves son o falcón, aguia, reiseñor e cegoña...
Tundra. Nas zonas máis próximas á zona ártica atopamos a paisaxe
de tundra, composta por plantas adaptadas ao frío e cun ciclo vital
moi curto (mofos e liques). O xeo e máis a neve cobre a tundra a
meirande parte do ano. No verán, cando o xeo desaparece, a
vexetación sérvelles de alimento aos rabaños de renos.
Bosque de folla caduca. Formado por
árbores que perden as súas follas no
outono e ínverno (carballos, faias,
castiñeiros...). A descomposición das
follas caídas produce solos fértiles.
na primavera as follas volven a medrar e
o bosque énchese de vida. Abundan os
mamíferos, as aves, os insectos...
Bosque mediterráneo. Formado por
árbores de folla perenne e moitos arbustos.
Actualmente o bosque está invadido por piñeiros.
Fauna variada.Vexetación de montaña. Nas cordileiras
Europeas. Varía segundo a altitude e latitude
Estepa. Interior de Europa Central e
península Ibérica. Plantas herbáceas
(gramíneas e matogueiras) alimentación
para especies animais.
Bosque mixto. Coníferas e folla caduca
(carballos, faias, castiñeiros...).
Sotobosque máis rico que a taiga,
máis alimento e máis fauna.
Bosque de coníferas. Taiga (piñeiro, abetos,
castiñeiros...). Bosques vizosos, apenas
medran outras plantas
CLIMAS E PAISAXES DE EUROPA E ESPAÑA
ACTIVIDADES APDO. 1 (páx. 99)
1. ¿Que clima predomina en
Europa?¿Onde están situadas as zonas
máis frías de Europa? ¿E as máis
cálidas?
2. Relaciona cada clima de Europa coa súa
vexetación.
CLIMAS E PAISAXES DE ESPAÑA
2.1. DIVERSIDADE DE CLIMAS (páx. 100)
Danse o clima oceánico, mediterráneo, mediterráneo con tendencia continental, montaña e subtropical canario. Presentan diferencias con respecto a Europa e diferencias internas debido aos seguintes feitos:
Situación xeográfica: zona sudoeste, máis próximá á zona subtropical que polar.
Influencia do mar e disposición do relevo: apesar de ter moitos quilómetros de costa, a posición periférica das montañas, illa o interior da costa.
Altitude ten unha importante altitude media que inflúe nas temperaturas e precipitacións.
CLIMAS E PAISAXES DE ESPAÑA
2.2. CLIMAS (páx. 100)
Oceánico: ocupa unha estreita franxa do noroeste e norte penínsular. Temperaturas suaves e humidade durante todo o ano.
Mediterráneo: franxa costeira deste mar, illas Baleares e sur da península. Temperaturas suaves en inverno e moi calorosas en verán. Escasas chuvias que se concentran en primavera e outono.
Mediterráneo continentalizado: a península é mediterránea e non continental pero no interior, debido a altitude e a escasa influencia marítima. O clima mediterráneo ten trazos continentais como son os invernos moi fríos.
Montaña: a partir dos 1500 m. de altitude. Clima moi frío e con moitas precipitacións (moitas veces en forma de neve).
Subtropical canario: Temperaturas altas (17º a 25º C) durante todo o ano. O Atlántico impide que a calor sexa abafante. Precipitacións escasas e irregulares debido á influencia dos ventos secos do deserto.
Paisaxe oceánica. Formado por
árbores que perden as súas follas no
outono e ínverno (carballos, faias,
castiñeiros...). Reforestación actual
con piñeiros e eucaliptos. Noutros casos
prados e terras de cultivo (cereais, árbores
Froiteiras e tubérculos
Paisaxe de montaña. Bosque e prado
natural. O turismo de inverno transforma a
Paisaxe.
Paisaxe mediterránea. Desaparece
A vexetación natural pola acción humana.
Piñeiros, garriga e terras de cultivo.
Grandes cidades, industria e turismo.
Forte transformación urbana.
Paisaxe mediterránea continentalizada. Redúcese a
aciñeira e domina a estepa. Predominio da gandairía
e agricultura extensiva. Cultivos de secaño e gandaría ovina.
Paisaxe subtropical canaria. Vexetación escasa.
Especies vexetais autóctonas (drago, palmeira, piñeiro
canario. Transformación pola agricultura e o turismo.
CLIMAS E PAISAXES DE EUROPA E ESPAÑA
ACTIVIDADES APDO. 2 (páx. 101)
1. ¿Que climas predomina en España?
¿Onde se sitúan as zonas máis frías? ¿e
as máis cálidas?
2. Relaciona o clima coa súa vexetación.
O RELEVO E AS AUGAS DE GALICIA
1. SITUACIÓN (páx. 106)
Galicia está situada no noroeste da península Ibérica. Limita ao norte co mar Cantábrico, ao sur con Portugal, ao oeste co océano Atlántico e ao leste con Asturias e Castela León (provincias de León e Zamora). A extensión é de 29.574 km2 .
O RELEVO E AS AUGAS DE GALICIA
1. CARACTERÍSTICAS DO RELEVO (páx. 106)
Ten fortes contrastes:
Costa: fértiles vales, pequenas chairas e unha extensa costa irregular onde abundan cabos, rías, praias e cantís.
Interior: montañas, chairas, vales e depresións.
O RELEVO E AS AUGAS DE GALICIA
1. CARACTERÍSTICAS DO RELEVO (páx. 106)
Montañas: Serras Litorais, Setentrionais, Centrais (entre 700 e 1.100 m), Orientais e Sudorientais (1.500 e 2.000 m).
Chairas: chairas litorais (Bergantiños, val de Vimianzo, mariña lucense...), meseta lucense, Terra Cha, depresión de Sarria, Monforte, Limia e meridiana Tui-Padrón.
Relevo de Galicia
Litoral de Galicia
RELEVO DE GALICIA
ACTIVIDADES (páx. 107)
1. Identifica as principais unidades do relevo. ¿Onde se sitúan?
2. ¿Onde se sitúan as maiores altitudes de Galicia? ¿Cales son?
3. Indica cal é a situación, os límites e a extensión de Galicia.
4. ¿Cales son as características do litoral galego? Sitúa as Rías Altas e Baixas e descríbeas?
Relaciona cada número do mapa co lugar que lle corresponda
O RELEVO E AS AUGAS DE GALICIA
2. RÍOS (páx. 106)
Abundantes e regulares.
O máis longo e caudaloso é o Miño, que percorre a Comunidade en dirección Noreste-Suroeste. O seu principal afluente é o Sil.
Os ríos costeiros son curtos, xa que nacen nas Serras Litorais, Centrais ou Setentrionais. Desembocan formando rías. Algúns deles verten a auga ao Atlántico (Eume, Xallas e Tambre) e ao Cantábrico (Eo, Masma e Landro).
A auga serve para abastecer á poboación e producir enerxía eléctrica a través de encoros.
Ríos e cuncas hidrográficas
RÍOS DE GALICIA
ACTIVIDADES (páx. 107)
1. ¿Como son os ríos galegos? ¿Que
aproveitamento teñen as súas augas?
2. ¿Que ríos son os máis longos e
caudalosos? ¿Cales son os máis curtos?
¿Por que?
CLIMA E PAISAXE DE GALICIA
1. CLIMA (páx. 108)
Clima oceánico.
Temperaturas suaves e precipitacións abundantes. Existen variacións:
Costa: temperaturas moi suaves e chove de forma intensa debido aos ventos húmidos que veñen do Atlántico.
Montaña: por encima de 700 m: invernos fríos e veráns frescos. Precipitacións moi abundantes. Xeadas e nevadas en inverno.
Chairas do interior: clima oceánico menos húmido. Precipitacións menores e temperaturas máis contrastadas entre inverno (máis frías) e verán (máis cálidas) que na costa.
Actividade climas
¿Como é a distribución das temperaturas e das precipitacións?
¿A que variedade climática corresponde o climograma? ¿Por que?
CLIMA E PAISAXE DE GALICIA 2. ESPAZOS PROTEXIDOS (páx. 108)
O 2% da superficie está protexida.
Parque nacional marítimo terrestre das illas Atlánticas (Cortegada, Ons, Onza, Sálvora e Cíes). Riqueza en fauna e vexetación.
Parques naturais e monumentos naturais: Baixa Lima-Serra do Xurés, As Fragas do Eume, O Invernadeiro.
As políticas ambientais pretenden: conservar e mellorar os recursos forestais; prever os incendios forestais; reducir a contaminación; manter a biodiversidade.
Clima e vexetación de Galicia
CLIMA E PAISAXE DE GALICIA
ACTIVIDADES (páx. 109)
1. Identifica as variedades climáticas que
hai no mapa anterior. ¿En que zona se
sitúan?
2. Relaciona vexetación e clima.
3. ¿Cales son os principais espazos
naturais protexidos de Galicia?