7
LIBROS NA BIBLIOSOÑOS (Letra e Música: Marta Pérez Lage) Os nosos mellores libros agardan na Bibliosoños e Rufo ensinarache a ler todos os contos. Cómics, aventuras, ciencias, xeografía, historia, matemáticas, contos e poesía. Cómics, aventuras, ciencias, xeografía, historia, matemáticas, contos e poesía. Con Rufo na Bibliosoños cantamos e disfrutamos o día da Biblioteca todos xuntos celebramos. Cómics, aventuras, ciencias, xeografía, historia, matemáticas, contos e poesía. Cómics, aventuras, ciencias, xeografía, historia, matemáticas, contos e poesía.

Un percorrido musical polas nosas celebracións

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Un percorrido musical polas nosas celebracións

LIBROS NA BIBLIOSOÑOS

(Letra e Música: Marta Pérez Lage)

Os nosos mellores libros

agardan na Bibliosoños

e Rufo ensinarache

a ler todos os contos.

Cómics, aventuras,

ciencias, xeografía,

historia, matemáticas,

contos e poesía.

Cómics, aventuras,

ciencias, xeografía,

historia, matemáticas,

contos e poesía.

Con Rufo na Bibliosoños

cantamos e disfrutamos

o día da Biblioteca

todos xuntos celebramos.

Cómics, aventuras,

ciencias, xeografía,

historia, matemáticas,

contos e poesía.

Cómics, aventuras,

ciencias, xeografía,

historia, matemáticas,

contos e poesía.

Page 2: Un percorrido musical polas nosas celebracións

O NADAL DOS CONTOS

(Xosé Lueiro)

No país da fantasía é a noite de Nadal

todo o mundo moi contento foi ao Neno adorar.

No país da fantasía,

é a noite de Nadal.

Polgariño foi levarlle migalliñas do seu pan

e tras el Carapuchiña un turrón de mazapán.

Brancaneves un espello, unha illa Piter Pan

e Pinocho un gran nariz que non deixa de medrar.

No país da fantasía é a noite de Nadal

todo o mundo moi contento foi ao Neno adorar.

No país da fantasía,

é a noite de Nadal.

A Cincenta foi levarlle un zapato de cristal,

unha rosa o Principiño e un avión para voar,

a ratiña presumida un anel para se casar

e o pobre crebanoces un galón de capitán.

No país da fantasía é a noite de Nadal

todo o mundo moi contento foi ao Neno adorar.

No país da fantasía,

é a noite de Nadal.

BIS

Page 3: Un percorrido musical polas nosas celebracións

RUMBA DAS APERTAS

(Letra e música: Magín Blanco)

Doutor, doutor recéiteme apertas

xornadas de portas abertas

raios de sol de porcelana

facer o que me veña en gana.

E tamén quero unha pandeireta

que as miñas mans sexan dúas pombas

e que repartan aloumiños

os debuxos que fan as sombras.

Doutor, doutor recéiteme apertas

xornadas de portas abertas

raios de sol de porcelana

facer o que me veña en gana.

Doutor, que teño frío

e as apertas non dan chegado

meu amor foi lavar ao río

e o río baixa conxelado.

Hoxe na lama non hai ninguén

andamos todos de etiqueta

agás a miña nena da alma

que anda a pasear en bicicleta

Por unha illa azul e branca

chea de flores e bolboretas

onde as cancións toman un folgo

cando ninguén as interpreta.

Doutor, doutor recéiteme apertas

xornadas de portas abertas

raios de sol de porcelana

facer o que me veña en gana.

Page 4: Un percorrido musical polas nosas celebracións

PASA RÍO

(Cantares Gallegos: Rosalía de Castro

Música: Marta Pérez/Pedro Rguez.)

Pasa, río, pasa, río,

co teu maino rebulir:

pasa, pasa entre as froliñas

color de ouro e de marfil.

Pasa, pasa caladiño,

co teu manso rebulir,

camiño do mar salado

camiño do mar sin fin.

A quen cos teus doces labios

tan doces cousas lles dis.

pasa, pasa, mais non vesan

que te vas ao mar sin fin.

E leva estas lagrimiñas,

si has de chegar por alí,

pretiño dos meus amores,

pretiño do meu vivir.

Pasa, río, pasa, río,

co teu maino rebulir:

pasa, pasa entre as froliñas

color de ouro e de marfil.

Pasa, pasa caladiño,

co teu manso rebulir,

camiño do mar salado

camiño do mar sin fin.

Page 5: Un percorrido musical polas nosas celebracións

ROSALÍA PEQUENIÑA

Letra e Música:

Uxía Senlle

Magín Blanco

Rosalía pequeniña

soñaba con ser pirata

a pequena Rosalía

escribía na nosa fala.

A meniña silandeira

a da fala ben mainiña

pequeniña, pequeneira

unha meniña gaiteira.

Rosalía pequeniña

medio meiga, medio fada

ao pé da verde silveira

chamando pola alborada.

A rebelde e rebuldeira

non é musa nin postal

sube ás ponlas das figueiras

e alí déitase a soñar.

Rosalía pequeniña

vestida de moitas cores

que non canta nin ás pombas

nin ás delicadas flores.

Rosalía, nena india

poeta dos nosos días

que pos no sentir do pobo

badaladas de alegría.

Rosalía pequeniña

medio meiga, medio fada

ao pé da verde silveira

chamando pola alborada.

A rebelde e rebuldeira

non é musa nin postal

sube ás ponlas das figueiras

e alí déitase a soñar.

Page 6: Un percorrido musical polas nosas celebracións

GALICIA

(Letra: Manuel María

Música: Suso Vaamonde)

Galicia docemente

está ollando ó mar:

ten vales e montañas

e terras para labrar!

Ten portos, mariñeiros,

cidades e labregos

cargados de traballos,

cargados de trafegos!

Galicia é unha nai

velliña, soñadora:

na voz da gaita rise,

na voz da gaita chora!

Galicia é o que vemos:

a terra, o mar, o vento…

pro hai outra Galicia

que vai no sentimento!

Galicia somos nós:

a xente e mais a fala

si buscas a Galicia

en ti tes que atopala!

Page 7: Un percorrido musical polas nosas celebracións

DEPENDE DE MIN

Letra: Vicente Míguez

Música: Marta Pérez/Pedro Rguez.

Xuntos na fala galega

soan verbas verdadeiras

paseniño as da labrega,

ou en ondas as mariñeiras.

Pasa tempo por Galicia

nunha ponte arco da vella

sinto a voz da gran poeta

Rosalía, que ledicia!

Con Manuel María lin BIS

lindos soños na gaiola

vin familia de Merlín

vagueando pola escola.

En galego, Xabarín,

bolboretas, cen mil ceos:

vivamos como galegos,

tan só depende de min.

Din os bos e xenerosos

quen puidera namorala!

cantemos arreo a coro

na lingua da nosa fala.

Por Manuel María son BIS

sonadas letras galegas

un país de sons irmáns

cantamos ao gran poeta.

Con Manuel María lin

lindos soños na gaiola

vin familia de Merlín

vagueando pola escola.

Por Manuel María son

sonadas letras galegas

un país de sons irmáns

cantamos ao gran poeta.