Click here to load reader
Upload
sara-estarque
View
34
Download
5
Embed Size (px)
Citation preview
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
UNIDADE 1:
A LINGUAXE AUDIOVISUAL.
PROFESORA: Sara Estarque Moreno
MATERIA: Educación Plástica e Visual
CURSO: 3º da ESO
email: [email protected]
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
OBXECTIVOS DA UNIDADE
• Comprender e coñecer os principais aspectos da historia do cine dende os seus
antecedentes técnicos ata a súa aparición.
• Recoñecer e comprender os elementos básicos da linguaxe audiovisual: plano, ángulo,
secuencia, movementos de cámara e a súa capacidade expresiva.
• Recoñecer e distinguir as diferentes partes dunha película e identificar que transmite a
película e como o fai.
• Expresar emocións, sensacións e historias tendo en conta o plano o ángulo e o que
expresan.
COMPETENCIAS DA UNIDADE
• COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA.
◦ Identificar e coñecer o emprego dos conceptos sobre a comunicación audiovisual en
curtas e películas, así como saber empregalos en producións propias.
◦ Comprender os valores estéticos das manifestacións artísticas doutras épocas.
• AUTONOMÍA E INCIATIVA PERSOAL.
◦ Tomar decisións de xeito autónomo e avaliar os resultados antes e despois da toma
de decisións tanto durante o proceso creativo tanto persoal en grupo.
◦ Establecer estratexias de planificación, previsión de recursos, de anticipación e de
avaliación do resultados
• COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ.
◦ Traballar en equipo con actitudes de respecto, tolerancia e cooperación, valéndose
das habilidades sociais.
◦ Respectar as quendas de palabra, valorar a opinión do outro, escoitar activamente
aos compañeiros.
• COMPETENCIA DE APRENDER A APRENDER.
◦ Reflexionar sobre os propios procesos de creación.
• TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E COMPETENCIA DIXITAL.
◦ Facer uso dos recursos tecnolóxicos para a procura de información sabendo
discriminar, organizar e sintetizar a información relevante.
◦ Empregar as tecnoloxías como medio de comunicación que facilite e proceso de
ensinanza-aprendizaxe.
• COMPETENCIA MATEMÁTICA.
email: [email protected]
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
◦ Desenvolver o gusto pola certeza e a súa busca a través do razoamento mediante a
utilización de elementos e soportes matemáticos como os empregados na resolución
de problemas.
• COMPETENCIA DE COÑECEMENTO E INTERACCIÓN CO MEDIO FÍSICO.
◦ Observar, experimentar e descubrir o emprego dos conceptos relacionados coa
comunicación visual na arte e nas creacións propias.
◦ Facer un bo uso dos materiais de traballo, reciclando sempre que sexa posible e
mantendo o entorno limpo e ordenado.
• COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA.
◦ Expresarse correctamente incorporando o vocabulario específico sobre a
comunicación audiovisual, explicando as investigacións e traballos feitos aos
compañeiros.
◦ Comunicar sentimentos, ideas ou emocións empregando planos cinematográficos.
SECUENCIACIÓN DO TRABALLO NA UNIDADE
• Do : Conceptos e trazados diédricas: puntos, liñas, planos e figuras sinxelas.
• O : exame.
• O : recuperación se fose preciso.
• Do : proxecto en grupo cooperativo.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA UNIDADE
• Recoñecer a función do emisor, a mensaxe, o receptor e o medio.
• Enunciar os recursos visuais identificados en diferentes imaxes e as súas funcións, así
como os efectos sobre o receptor.
• Realizar creacións plásticas en que se demostre o coñecemento de efectos visuais e
principios perceptivos.
• Lograr transmitir en imaxes: ideas, sensacións ou emocións a través de imaxes e
expresións audiovisuais.
email: [email protected]
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
Unidade 1
A LINGUAXE AUDIOVISUAL
Que é a linguaxe audiovisual?
A linguaxe audiovisual é un sistema de comunicación que integra elementos tanto
visuais coma sonoros. O significado de calquera produción audiovisual é o resultado da
interacción dos dous tipos de linguaxes dando como resultado unha nova expresión que expresa
máis que os elementos por separado. Hoxe en día é o medio de comunicación máis empregado
da nosa sociedade, en campos coma a publicidade, o cine, a televisión, o periodismo e, máis
recentemente, na rede. O estudo da linguaxe audiovisual nos permite achegarnos mellor ao
significado real e último das mensaxes coas que nos atopamos a diario en calquera dos campos
antes mencionados.
Antecedentes do cine
O primeiro elemento necesario para a aparición do cine foi a
cámara escura. A cámara escura é un instrumento óptico que permite
obter unha proxección plana dunha imaxe externa no seu interior. É
unha caixa pechada que só permite a entrada da luz por un pequeno
burato nunha das súas paredes que proxecta na parede oposta a
imaxe do que estea fora da caixa e fronte á parede có burato.
Do coñecemento do fenómeno que se produce dentro dunha
cámara escura se ten referencia xa dende os séculos V e IV a. C. , en
escritos de Aristóteles ou Euclides. Pero o nome de cámara escura (do
latín camera obscura) foille posto por Johannes Kepler en
1604 nun dos seus tratados, no que se baseou para a
construción nun dos seus inventos, o telescopio. Aínda que
a orixe do termo e quen formalizou os primeiros sobre este
fenómeno físico foi o físico e matemático Alhacén no 965,
é considerado o seu primeiro inventor. Ao longo dos séculos foi tratado por diferentes estudosos
pero non será ata o século no que comece a facerse un emprego formal deste invento como
máquina auxiliadora para o debuxo. No século XVI o invento será mellorado por Batista della
email: [email protected]
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
Porta, quen lle incorporou unha lente biconvexa na entrada da luz facendo que a imaxe se
volvese máis limpa e definida.
Xa no século XVII apareceu a chamada lanterna máxica que
permite pasar imaxes dun xeito semellante ás proxeccións de
diapositivas do século pasado. Non é máis que unha cámara escura á
que se lle incorporou unha lámpada de aceite para, en troques de ter a
imaxe dentro da caixa, sacala fora e
proxectala sobre unha parede. A
autoría deste invento foi atribuída a
Kircher, quen fala deste artefacto nun
dos seus escritos do 1671, pero recentemente atopáronse
referencias a dito invento nun manuscrito de Huygens no 1659.
No século XIX dous inventos permitirán a aparición da cámara de cine e son a
fotografía e maila lámpada.
A fotografía
A fotografía foi posible cando se combinaron os
coñecementos sobre a cámara escura e máis as
propiedades do nitrato de prata e o cloruro de prata.
Estes preparados químicos teñen a capacidade de
escurecerse cando están expostos á luz. Xa dende o século
XVII existen diferentes referencias de moitos químicos
(Wilhem Homberg descubriu este efecto fotoquímico no
1694) que traballaron deste fenómeno, pero todos eles se
atoparon co atranco de non ser quen de fixar a imaxe
obtida da exposición destes compostos químicos á luz. Non será ata 1820 no que Joseph
Nicéphore Niépce foi quen de fixar a imaxe que se miraba dende a fiestra da súa casa
mesturando o nitrato de prata con betume de xudea. Estas primeiras fotografías precisaban
varias horas de exposición á luz, o que imposibilitaba tomar imaxes doutras cousas que non
foran paisaxes e estas, ademais, tiñan un acabado borroso.
email: [email protected]
www.sanjosedelaguia.com
"Vista dende a xanela de Le Gras", Niépce,
1826
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
A lámpada incandescente
O descubrimento da lámpada incandescente é
comunmente atribuído a Thomas Edison posto que foi el o
primeiro en patentalo invento no 1880, aínda que, por exemplo,
en Alemaña, Heinrich Goebel rexistrara xa a súa lámpada no
1855.
O cine
Se considera aos irmáns Lumière os pais do cine que proxectaron no 1895 a saída
dunha fábrica francesa, a chegada dun tren e algunhas outras secuencias. Nos anos anteriores a
esta proxección xa apareceran outras proxeccións como as feitas con Edison có kinetoscopio ou
as probas fotográficas tituladas “The atitudes of animals in motion” de Muybridge, nas que
conseguiu tirar imaxes seguidas rexostrando secuencias de movemento. Ao longo do século XIX
foron moitos os inventos que intentaron valerse da recén coñecida persistencia reitniana para
emolar o movemento coma o taumatropo, o zootropo, ou o praxinoscopio entre oitros moitos.
Aínda que os irmáns Lumière foron os pais da máquina, o pai da industria do cine foi
George Méliès, quen abandonou o todo documental destes para comezar a narrar historias.
Unha das súas primeiras películas e máis lembrada é o “Viaxe a Lúa” de 1902.
O son non fará a súa aparición ata 1927 co filme “O cantor de Jazz”, Ata aquí o son das
películas era música tocada en directo nos teatros onde se proxectaba.
O cine é un medio que nos permite narrar historias en movemento, enriquecendo a
imaxe fixa do cadro ou da fotografía cós movementos da cámara, o son, a música.
Cando se grava cunha cámara de cine o que estamos a facer e tirar fotografías a moita
velocidade que logo serán proxectadas, pasadas, á mesma velocidade coa que foron tomadas.
Para que o movemento que vemos na pantalla teña aparencia de realidade os fotogramas pasan
a unha velocidade de 24 fotogramas por segundo.
A persistencia retiniana
O cine basea o seu funcionamento nun “defecto” da visión humana chamado
persistencia retiniana. O ollo humano cando as imaxes pasan con tanta velocidade non é quen
de separalas como imaxes e as mestura, o resultado é que a aparencia de realidade que nos
amosa o cinema.
email: [email protected]
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
O encadramento e o plano
O encadramento, nunha película é o espazo que capta a cámara en cada momento. E
segundo sexa este espazo que abrangue o obxectivo da cámara teremos diferentes tipos de
planos. Cada plano ten un valor expresivo concreto que hai que ter en conta na narración da
película para conseguir que o plano acompañe á expresión do filme. Así temos:
1. Plano xeral: son aqueles planos que nos permiten ver a totalidade do espazo, escenario,
no que ten lugar acción que se nos está narrando. O
plano xeral da contexto e sitúa a acción nun lugar, nun
espazo e nun tempo determinados. Dentro dos planos
xerais podemos distinguir entre:
a) panorámica: é a máis ampla, son aqueles planos nos
que vemos as cidades, barrios, paisaxes.
b) xeral: é aquel plano no que vemos un escenario
concreto pero dentro dun contexto. Por exemplo unha
casa pero coas casas que lle rodean na rúa.
2. Plano medio: o plano medio nos permite ver a un personaxe enteiro ou unha boa parte
do seu corpo. Neste caso ademais de ver a cara e a
expresión do actor/es que estean na pantalla, podemos
ver a súa expresión corporal, a postura, a roupa. pero
tamén como fala cós demais personaxes, o que enriquece
a expresión dándonos máis datos sobre a personaxe.
Dentro dos planos medio temos:
a) plano medio amplo, que abrangue todo o corpo e que nos
permite ver facilmente a varios actores e a súa interacción
b) plano americano, que colle ao personaxe dende os xeonllos. A
orixe deste plano está nas películas do Oeste americano de
mediados do século XX nas que os directores se viron coa
necesidade de amosar as armas dos actores en certas
secuencias. A expresión deste tipo de plano é moi
próxima á do plano medio amplo.
email: [email protected]
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
c) plano medio ou medio curto, que amosa ao personaxe dende o peito, neste caso
non adoita haber máis cá un ou dous actores en pantalla, concentra a atención do
espectador na expresión do actor sen renunciar a parte da súa expresión corporal.
Emprégase en momentos nos que se quere establecer unha relación de proximidade
co espectador, procurando a empatía deste co actor.
3. Primeiro plano. É un plano no que se amosa a cara da personaxe,
son escenas moi emocionais, coas que se busca a identidade do
espectador coa situación do actor. Neste caso temos tres tipos de
planos:
a) primeiro plano, no que vemos á personaxe dende os ombros
b) primeirísimo plano, no que só vemos a cara, a
expresividade destes dous planos é moi semellante, a
diferencia entre o emprego entre un e outro será,
normalmente estética.
c) plano detalle, é un primerísimo plano no que se amosan
obxectos, cousas, partes do corpo. pero non caras. Neste
caso preténdese facer evidente detalles importantes para a
narración.
4. Plano subxectivo, é un caso de plano moi particular que nos amosa o que está a ver o
actor no momento da acción, sitúa ao espectador nos ollos do actor en cuestión pasando
aos ombros do espectador a carga emocional que estea a cargar o actor nun momento
determinado. Unha película na que o plano subxectivo ten un papel fundamental e un
emprego nunca antes empregado é na “Xanela indiscreta” de Alfred Hitchcock.
Os movementos de cámara e as angulacións
Outro mecanismo para enriquecela expresión da narración no cine é o movemento de
cámara e as angulacións da cámara. O movemento da cámara lle da axilidade á narración,
acompaña os desprazamentos que se producen na pantalla e/ou xera efectos subxectivos. Se
distinguen tres movementos básicos de cámara:
email: [email protected]
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
1. Panorámica, que é un movemento que fai un percorrido amosando o espazo no que
acontecen as cousas, a súa expresividade é a mesma, ou moi semellante á do plano
panorámico.
2. Zoom, non é realmente un movemento da cámara senón do obxectivo cando se achega
ou afasta de algo ou alguén. O zoom pretende centrar a atención cando se achega e
cambiar o centro de atención cando se afasta. Pero é un recurso que case non se
emprega porque produce demasiada tensión ocular para o espectador debido ao cambio
de profundidade de campo que se produce.
3. Travelling, é cando se move a cámara sobre raís coma os do tren. Aquelo que nos
moitas veces identificamos coma zoom, é, de feito, un travelling. Os travellings ademáis
de centrar ou descentrar a atención cando funcionan como substitutos do zoom, serve
para acompañar o desprazamento dos personaxes xerando no espectador unha a
sensación de formar parte da acción que está sucedendo.
En canto á angulación é a posición que adopta a cámara con respecto ao actor ou
espazos que se están a filmar. Así temos:
1. Cenital, cando a cámara se sitúa totalmente enriba da personaxe. Emprégase
habitualmente en situacións nas que a personaxe está en dificultades, aflixido, só..
2. Picado, cando a cámara está máis alta que a
personaxe, normalmente se emprega en escenas
semellantes ás do picado pero nas que tamén se
amosa a expresión da cara deste.
3. Normal, é a posición da cámara cando está fronte
ao actor, é a posición máis neutra de todas, neste
caso a expresión depende do tipo de plano
empregado.
4. Contrapicado, é cando a cámara se sitúa dende
debaixo do actor xerando un efecto de
engrandecemento, adoita empregarse en escenas nas
que o actor está nunha actitude triunfal, ou de descubrimento, liberación.
email: [email protected]
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
5. Nadir, sitúa a cámara xusto debaixo do actor, é pouco empregado e a súa expresión e
moi semellante á do contrapicado, só que neste caso non vemos ben a expresión da cara,
ou non tan ben coma no contrapicado.
A estrutura narrativa dunha película
Unha película, coma calquera outro tipo de relato debe ter unha estrutura que organice
todo aquelo que se quere contar. Aínda que como todo na expresión artística, non todas as
películas están exactamente estruturadas do mesmo xeito, si que existe un división xeral común
a todas:
1. arranque, corresponde á primeira parte da película, non é unha parte moi longa,
normalmente dura só os primeiros minutos e serve para presentar aos personaxes
principais, amosar as súas características básicas, e situalos nun espazo tempo máis ou
menos definidos. Tamén nos presenta o problema que lles afecta.
2. nó, é a parte máis ampla da película e na que transcorre a meirande parte da acción,
relacións, coñecemos en maior profundidade ás personaxes e aparecen novas que
enriquecen a narración.
3. Desenlace, comprende os últimos minutos da película, nesta parte se da unha solución
ao problema formulado ao comezo da película.
O xénero cinematográfico
A clasificación das películas se fai, coma no teatro, segundo o tipo de elementos
comúns que abrangue. Dende unha perspectiva máis clásica esta clasificación se fai en función
do ritmo, o estilo, o ton, pero, sobre todo, segundo o sentimento que procuren espertar no
espectador. Atendendo a isto poderíamos distinguir entre:
1. Drama, cando se centran nos conflitos dos protagonistas, do protagonista co entorno o
del consigo mesmo.
2. Comedia, cando a intención é provocar humor, entretemento e/ou risa.
3. Acción, cando o argumento supón unha interacción entre o ben e o mal que se
desenvolve empregando violencia ou forza física.
4. Aventura, cando o argumento é unha aventura que comporta risco e perigo.
5. Terror, cando teñen a intención de provocar tensión, medo, ou sobresaltos. email: [email protected]
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
6. Ciencia ficción, relata acontecementos posibles dentro dun marco do imaxinario pero
con aparencia de real.
7. Romántico, con temática amorosa e romántica
8. Musical, cuxa narración vese interrompida por fragmentos musicais.
9. Melodrama, cunha forte carga emocional ou cunha moral moi forte.
10. Cine de catástrofe, cando o tema principal é unha grande catástrofe.
11. Suspense, cando a intención principal é provocar tensión no espectador, tamén se lle
adoita chamar thriller aínda que non é exactamente o mesmo, pero enténdense como
dúas manifestacións dun mesmo tipo
12. Fantasía, cando contén feitos, mundos, criaturas fantásticos, imaxinados.
Existen algúns tipos máis e, incluso, máis xeitos de clasificalas películas atendendo a
outras características, pero nos imos centrarnos só nestas.
Análise dunha película
Cando queiramos analizar unha película ou curta, no noso caso centrarémonos en falar
dos seguintes aspectos desta:
1. Título.
2. Xénero.
3. Arranque. Diremos ata onde consideramos que vai o arranque da película
argumentando porque consideramos que esta parte é o arranque.
4. Nó. Neste caso intentaremos identificando cando comeza e cando remara o nó e por que
cremos que esta parte é o nó da película.
5. Desenlace, teremos que explicar cando consideramos que comeza a resolverse o
problema que se trata na película e porque cremos que esta parte é a resolución.
email: [email protected]
www.sanjosedelaguia.com