Upload
sara-estarque
View
98
Download
5
Embed Size (px)
Citation preview
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
UNIDADE 1:
A Percepción, Linguaxe e Comunicación
Visual.
PROFESORA: Sara Estarque Moreno
MATERIA: Educación Plástica e Visual
CURSO: 1º da ESO
email: [email protected]
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
OBXECTIVOS DA UNIDADE
• Comprender o concepto de linguaxe visual e os seus elementos básicos
• Comprender e recoñecer os tipos de linguaxes visuais que hai
• Comprender e recoñecer as diferentes funcións da linguaxe visual.
• Comprender e recoñecer os principios perceptivos
• Comprender e recoñecer as diferentes finalidades das imaxes
• Elaborar unha composición tendo en conta os axentes da comunicación, a finalidade da
imaxe, as emocións e sentimentos que se queren amosar, os fins da mensaxe e o seu
obxectivo último, sabendo aplicar nas súas composicións os principios perceptivos e máis
os efectos visuais
• COMPETENCIAS DA UNIDADE
• COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA.
◦ Identificar e coñecer o emprego dos conceptos sobre a comunicación visual en
composicións artísticas, así como saber empregalos en producións propias.
◦ Comprender os valores estéticos das manifestacións artísticas doutras épocas e
culturas.
• AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL.
◦ Tomar decisións de xeito autónomo e avaliar os resultados antes e despois da toma
de decisións tanto durante o proceso creativo tanto persoal en grupo.
◦ Establecer estratexias de planificación, previsión de recursos, de anticipación e de
avaliación do resultados
• COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ.
◦ Traballar en equipo con actitudes de respecto, tolerancia e cooperación, valéndose
das habilidades sociais.
◦ Respectar os turnos de palabra, valorar a opinión do outro, escoitar activamente aos
compañeiros.
• COMPETENCIA EN APRENDER A APRENDER.
◦ reflexionar sobre os propios procesos de creación.
email: [email protected]
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
• TRATAMENTO DA INFORMACIÓN DIXITAL.
◦ Facer uso dos recursos tecnolóxicos para a procura de información sabendo
discriminar, organizar e sintetizar a información relevante.
◦ Empregar as tecnoloxías como medio de comunicación que facilite e proceso de
ensinanza-aprendizaxe.
• COMPETENCIA MATEMÁTICA.
◦ Desenvolver o gusto pola certeza e a súa busca a través do razoamento mediante a
utilización de elementos e soportes matemáticos: resolución de problemas.
• COMPETENCIA NO COÑECEMENTO E INTERACCIÓN CO MEDIO FÍSICO.
◦ Observar, experimentar e descubrir o emprego dos conceptos relacionados coa
comunicación visual na arte e nas creacións propias.
◦ Facer un bo uso dos materiais de traballo, reciclando sempre que sexa posible e
mantendo o entorno limpo e ordenado.
• COMPETENCIA NA COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA.
◦ Expresarse correctamente incorporando o vocabulario específico sobre a
comunicación visual, explicando as investigacións e traballos feitos aos compañeiros.
◦ Comunicar sentimentos, ideas ou emocións empregando a comunicación visual.
• SECUENCIACIÓN DO TRABALLO NA UNIDADE
• D : Conceptos e trazados relacionados con cada concepto.
• O : exame.
• O : recuperación se fose preciso.
• D : proxecto en grupo cooperativo.
• CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA UNIDADE
• Recoñecer a función do emisor, a mensaxe, o receptor e o medio.
• Enunciar os principios perceptivos, identificalos en diferentes imaxes
• Enunciar as funcións e finalidades da imaxe , así como os efectos sobre o receptor e
recoñecelas en imaxes.
email: [email protected]
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
• Realizar creacións plásticas en que se demostre o coñecemento de efectos visuais e
principios perceptivos.
• Lograr transmitir en imaxes: ideas, sensacións ou emocións a través de imaxes e
expresións audiovisuais.
• Elaboración dunha creación plástica persoal e outra en grupo axustándose aos requisitos
plantexados nas rúbricas.
email: [email protected]
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
A LINGUAXE E A COMUNICACIÓN VISUAL
COMUNICACIÓN VISUAL
A comunicación visual é un xeito de
comunicación que varía dunha parte a outra do
mundo. É un proceso no que os axentes que
participan comparten a información por media da
vista.
Elementos da comunicación visual
Os elementos da comunicación visual son
os diferentes axentes que fan que a comunicación sexa posible. Son:
1. Emisor: que é a persoa que xera e manda
a mensaxe
2. Receptor: é a persoa ou grupo de persoas
que reciben a información do emisor
3. Medio: é o xeito que empregamos para
enviar a información, pode ser
publicidade, prensa, arte, teatro.
4. Mensaxe: é a información que se
transmite. Para analizala mensaxe temos que ter en conta dous aspectos:
a) Obxectivo ou finalidade: cal é a intención última da mensaxe, que queren
conseguir no espectador.
b) Estrutura ou contido visual: refírese a o aspecto que ten a imaxe, como está
organizada, que elementos visuais contén e como se relacionan entre sí.
email: [email protected]
www.sanjosedelaguia.com
"Campaña para a conservación dos elefantes", WWF, 2000.
"World without Engineers"
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
Linguaxe Visual
É a linguaxe propia da comunicación visual e é
un sistema de comunicación que emprega a imaxe para
expresarse e que ten unha sintaxe propia. É un sistema
porque, como lle fala a comunicación escrita, contén
elementos, regras, estruturas. que son organizada e
regrada pola sintaxe.
Código visual
A linguaxe visual, para poder xerar mensaxes emprega o código visual que é o
conxunto de signos e normas que empregamos
na linguaxe visual. Cada linguaxe visual (pintura,
escultura, fotografía, teatro, publicidade.) ten
un código visual que lle é propio, aínda que entre
eles comparten moitos aspectos.
Para que o código visual sexa efectivo
ten que ser coñecido e compartida por todos os
axentes que interveñen no acto de comunicación.
A metáfora visual
A metáfora visual son recursos gráficos ou espaciais que se empregan para simbolizar
recordos, expresando situacións, suxiren sensacións ou emocións. É un dos recursos máis
empregados polo cómic e pola arte.
email: [email protected]
www.sanjosedelaguia.com
Cómic 1.
Cómic 2.
Chema Madoz.
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
A PERCEPCIÓN VISUAL
A Percepción Visual é un proceso mediante o cal a persoa recibe e rexistra estímulos
visuais no seu cerebro. No proceso da percepción o cerebro selecciona, compara e interpreta
cores, formas, luces.. que recibe. Neste proceso de selección interveñen o sentido da vista, as
experiencias persoais, os gustos, as motivacións..
Chamámoslle proceso porque a percepción non
é unha mera tradución dos estímulos que chegan e
transmite á nosa retina ao cerebro, senón todo un
mecanismo no que interveñen vista e cerebro se
combinan para darnos unha impresión da realidade.
Grazas a ela identificamos formas, tamaños, texturas,
nos desprazamos. coñecemos o mundo que nos rodea.
Efectos visuais
Os efectos visuais se basean no xeito de ver o mundo que
ten o noso cerebro. Son recursos que empregan os creadores
gráficos para concentrar a nosa atención en aqueles detalles que
lles interesa. Os máis empregado son:
1. Proximidade ou semellanza: Os elementos que están moi
próximos entre si percíbense coma parte do mesmo
conxunto. De ademais estes elementos son iguais ou moi
semellantes este efecto auméntase
2. Continuidade: cando os elementos dunha
composición están organizados seguindo unha
dirección concreta percíbese claramente a dirección que
marcan estes.
email: [email protected]
www.sanjosedelaguia.com
Efecto Visual 1.
Efecto Visual 2.
Fray Angelico, 1430.
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
3. Destaque: cando dentro dunha composición con
elementos semellantes introducimos un que contraste en
cor e forma coas outras conseguimos destacala e illala
das demais. Normalmente estes elementos sitúanse no
centro da imaxe ou lixeiramente ladeada cara a dereita.
4. Homoxeneidade: Cando
empregamos elementos moi
semellantes entre si en
forma e cor conseguimos
unha composición na que non destaque nada e na que a
vista do espectador se mova sen grandes sobresaltos
Finalidade das imaxes
A finalidade das imaxes e a intencionalidade coa que o autor crea dita imaxe, o
obxectivo que quere conseguir coa imaxe.
1. Finalidade informativa: A imaxe é un sistema moi claro para informar de xeito claro
de algo, é dicir, para dar a enterder claramente, e sen dar lugar a moitas interpretacións,
de algo. É, de feito un sistema moito máis efectivo que a fala,
porque cunha simple imaxe podes informar de todo un
contido. As imaxes informativas identifican, indican, describen
e comunican. E segundo cal destas funciñns temos 4 tipos
diferentes de imaxes informativas:
a) Imaxe informativa identificativa: expresa a identidade
ou ideoloxía dun grupo, empresa o persoa particular coa
clara intención de facerse recoñecibles e distintos aos
demais.
b) Imaxe informativa indicativa: mostran algo por medio de
signos ou sinais. Teñen como caraacterística principal a súa
sinxeleza que facilita e axiliza a súa lectura.
email: [email protected]
www.sanjosedelaguia.com
Efecto Visual 3.
Finalidade 1.
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
c) Imaxes informativas descritiva: definen clarifican ou
explican lugares ou obxectos na súa totalidade, en partes
ou en función das súas calidades. Son imaxes que adoitan
empregar un debuxo moi simplificado e case
esquemático.
d) Imaxes informativas
noticia: son imaxes que acompañan a textos
informatios ou carteis anunciadores sen máis intención
que a de acompañar e apoiar o contido do texto.
2. Finalidade Exhortativa: O seu obxectivo é convencer ao
espectador para que faga o que pide a mensaxe. O seu campo
principal de emprego é a publicidade.
3. Finalidade recreativa: ten como
finalidade úlitma o entretemento
do espectador.
4. Finalidade estética: Ten como
finalidade espertar a capacidade de admiración e o gusto
pola beleza.
email: [email protected]
www.sanjosedelaguia.com
Finalidade 2.
"Dirty water", Serviplan
Advertising Agency, 2007
Finalidade 3
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
CRÉDITOS DAS IMAXES
• "Campaña para a conservación dos elefantes", WWF, 2000,
http://theinspirationroom.com/daily/2009/wwf-species-conservation-in-india/
• "World without Engineers",
http://www.eloscense.com/?p=200
• Cómic 1,
http://gtartisticoliterario.blogspot.com.es/2012/02/metafora-visual-en-el-comic.html
• Cómic 2,
http://oscaralexis92.blogspot.com.es/2013/04/ilustracion.html
• Chema Madoz,
http://www.chemamadoz.com/c.html
• Efecto Visual 1,
http://www.taringa.net/posts/imagenes/7675074/Efectos-visuales-opticos-muy-buenos.html
• Efecto Visual 2,
http://es.m.wikipedia.org/wiki/Archivo:Supermercado.jpg
• Fray Angelico, 1430,
http://cultura.elpais.com/cultura/2006/11/15/actualidad/1163545201_850215.html
• Efecto Visual 3,
http://davidsantos1b.blogspot.com.es/2010/04/destaqueefecto-visual_21.html
• Finalidade 1,
http://bitaclick.com/blog/tag/logo-pepsi/
• Finalidade 2,
http://www.pecera.cl/ciclos_rana.htm
• "Dirty water", Serviplan Advertising Agency, 2007,
http://www.actividades-mcp.es/gestionresiduos/2011/01/los-10-mejores-anuncios-en-defensa-
del-medio-ambiente/
• Finalidade 3,
http://eligetupropiaaventurasentimental.wordpress.com/2012/11/21/darth-vader-o-christian-
grey/
email: [email protected]
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
email: [email protected]
www.sanjosedelaguia.com