12
Uxío Novoneyra 2010, O seu ano

Uxio Novoneyra 2010

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Traballo realizado por Loaira, Sara e Maca, de 4º da ESO do IES da Pobra do Caramiñal

Citation preview

Page 1: Uxio Novoneyra 2010

Uxío Novoneyra2010,

O seu ano

Page 2: Uxio Novoneyra 2010

Uxío Novoneyra naceu no 1930 en Parada de Moreda. A súa infancia e mocidade pásaa no Courel.

Page 3: Uxio Novoneyra 2010

No 1945, estuda en Vigo o bacharelato, onde coñece a Manuel María.De 1949 a 1951, trasládase a Madrid , e matricúlase na carreira de Filosofía e Letras.

Page 4: Uxio Novoneyra 2010

Xa en Madrid, Uxío comeza a escribir, e chega a publicar na revista Bengala.Inicia unha relación persoal con María Mariño.No 1953, Novoneyra regresa a Galicia para facer o servizo militar.

Page 5: Uxio Novoneyra 2010

As experiencias compostelás espertan no autor unha conciencia galega e aumentan ao ter contacto con diferentes personaxes.

O contacto co galeguismo motívao a escribir en galego.

Page 6: Uxio Novoneyra 2010

Uxío padeceu unha grave enfermidade, unha pleuresía, e é aí cando inicia o seu ciclo poético, co libro Os Eidos. A obra foi dedicada a Maside e a Piñeiro, escrita entre 1952 e 1954.No 1957 continúa coa segunda parte, e este libro é dedicado aos seus pais e á súa moza.

Page 7: Uxio Novoneyra 2010

Uxío volta a Madrid, e consegue traballo relacionado coa poesía.Regresa a Galicia no 1966 debido á enfermidade dos seus pais. E é en Galicia, no 1968, onde coñece a Eva Rei, coa que casará máis tarde e terá tres fillos.

Page 8: Uxio Novoneyra 2010

A comezos dos 80, xa é considerado un clásico. Foi en 1981, cando fixo unha edición conxunta de Os Eidos e Os Eidos 2 , que titulará Os Eidos (Libro do Courel)

Page 9: Uxio Novoneyra 2010

Uxío sempre estivo comprometido coa sociedade, e así se demostrou en poemas como Viet Nam Canto ou Letanía de Galicia.

Page 10: Uxio Novoneyra 2010

No 1983, queda definitivamente en Santiago, dende onde exerceu a presidencia da Asociación de Escritores en Lingua Galega, ata a súa morte no 1999.

Page 11: Uxio Novoneyra 2010

1. Que enfermidade padece Uxío, que o obriga a gardar repouso?

Uxío padeceu unha pleuresía. 2. Cal é o seu libro máis coñecido? Os Eidos. 3. Cantos fillos ten? Tres.

Page 12: Uxio Novoneyra 2010

Traballo realizado por:

Sara Boo Olveira. Loaira García Oujo. Macarena López Barros.