28

Uxio Novoneyra

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Uxio Novoneyra
Page 2: Uxio Novoneyra

Indice

-Biografía:

• Courel

• Madrid

• Lugo

• Volta a Galicia

-Obra

-Galardóns

Page 3: Uxio Novoneyra
Page 4: Uxio Novoneyra

Serra do Courel

• Do 1930 ao 1945:

Uxío Novoneyra nace na Serra do Courel, nunha familia labrega o 19 de xaneiro de 1930. Uxío chegará a ser un gran escritor, pasa a súa nenez neste sitio de Galicia. Conservará as tradición culturais que o formaron como escritor. Da mesma maneira, o ambiente histórico dos anos 1930-1940 aparecera nos seus primeiros versos (poesía cívica). Remata os seus estudos no Courel e marcha a Lugo a facer o bacharelato no 1945.

Page 5: Uxio Novoneyra

Lugo

• En 1945 trasládase da Serra do Courel, a Lugo, para estudar bacharelato, o que remata en 1948. Neste ano, coñece o seu compañeiro e escritor Manuel María.

Page 6: Uxio Novoneyra

Madrid

• Durante os anos 1949-1951, transladase a Madrid, para realizar a carreira de Filosofía e letras. Durante estes anos de estancia en Madrid comeza a escribir en castelán, chegando a publicar dous poemas do seu libro inédito ‘’Desde las Cosas’’ na revista universitaria Bengala. Nesta época tamén entra a crise do pensamento do autor, pois comeza a crear a súa ideoloxía crítica e empeza a darse a coñecer.

Page 7: Uxio Novoneyra

Madrid

• Durante os anos 1949—1951, transladase a Madrid, para realizar a carreira de Filosofía e letras. Durante estes anos de estancia en Madrid comeza a escribir en castelán, chegando a publicar dous poemas do seu libro inédito ‘’Desde las Cosas’’ na revista universitaria Bengala. Nesta época tamén entra a crise do pensamento do autor, pois comeza a crear a súa ideoloxía crítica e empeza a darse a coñecer.

Page 8: Uxio Novoneyra

Volta a Galicia

• En 1952, Novoneyra volve a Galicia para realizar o servizo militar en Santiago de Compostela, A Coruña e Lugo, coincidindo de novo con Manuel María. Grazas a isto o escritor volve a espertar. Dentro do escritor o galego volve o interese pola lingua, perdido nesta época durante a que estivo alistado no exército, grazas a xente como Ramón Otero Pedraio, Ramón Piñeiro e Carlos Maside, as tres persoas máis importantes na formación da futura obra de Novoneyra.

Page 9: Uxio Novoneyra

Servizo militar

• Este contacto co galeguismo e socialismo xuntacoa volta ao Courel no 1952 é o que fai que Uxío volva a escribir en galego. Durante este período escribe o seu libro ’’Os Eidos’’(Galaxia, Vigo, 1955) escrito durante 1952-1954, a cal lle dedicou a Maside e Piñeiro. As relación galeguistas lévano a participar en actos puntuais que o vencellan ao agromar xuvenil do momento, como ‘’Homenaxe a la Poesía Galega’’ (Santiago de Compostela 1957). El e o primeiro en pronunciar, despois da guerra, uns versos en galego.

Page 10: Uxio Novoneyra

Madrid

• Desde 1962 ata 1966 volve a vivir en Madrid, na cal traballa na radio e na televisión na cal emite mais de 500 emisións de poesía galega. Alí relacionase cos membros do grupo Brais Pinto: Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, etc. Neste ambiente vangardista e preocupacións socio-politica escribe mais libros como ‘’Elegias de Madrid’’, ‘’primeira verdade e tempo con nomes’’ y ‘’Elegias de Courel’’, que son libros bilingüe escritos en galego-castelan.

Page 11: Uxio Novoneyra

Courel

• En 1966 retorna ao Courel debido o enfermidade dos seus proxenitores, e xa desde este momento establecerase definitivamente en Galicia. O seu pai morrera en 1971 e súa nai dous anos despois en 1973.

Page 12: Uxio Novoneyra

Lugo

• En 1968 coñece en Lugo a Eva Rei coa que casara en 1973 e ca cal terá 3 fillos: Branca Petra, Uxío e Arturo, e residiran entre Lugo e Courel ata 1983. Durante este tempo recolecta os seus poemas escritos anteriormente .

Page 13: Uxio Novoneyra
Page 14: Uxio Novoneyra

Poesía

• 1983 .Durante este tempo recolecta os seus poemas escritos anteriormente e con eles forma o libro ‘’Os Eidos 2’’(Galaxia, Vigo, 1974) o cal lle dedicou a seus pais e a María Mariño. Este libro está cargado de sentimento por parte do escritor.

Page 15: Uxio Novoneyra

Dimensión políticas e grafico-visual

• Estas dimensións que tamén son poéticas citamolas porque foron un gran cambio na temática do escritor. Estas dimensións son conxugadas no seu seguinte libro, Poemas caligráficos (Brais Pinto,Madrid, 1979). O núcleo poético do libro divídese en dúas partes: “Vietnam canto“ e “Poemas caligráficos”. Por outra parte, nestes anos de marcada preocupación cívica, traduce ao galego varios poemas do escritor e político chinés Mao Zedong.

Page 16: Uxio Novoneyra

A década dos 80

• A comezos da década dos oitenta Novoneyra é considerado xa como un clásico, pois como tal o confirman non só o seu tratamento na Gran Enciclopedia Galega, senón moi especialmente os estudos da nova crítica, como o revelador “O fonosimbolismo na poesía de Novoneyra” publicado en 1980 por Claudio Rodríguez Fer ou os comentarios literarios como o sopesado “O iceberg poético de Novoneyra” que escribe Anxo Tarrío en 1981.

Page 17: Uxio Novoneyra

A década dos 80

• Máis tarde, en 1984, Méndez Ferrín contribúe fundamentalmente a esta canonización ao escoller o seu nome para o título do libro De Pondal a Novoneyra, co que o crítico sintetiza en fermosa metonimia a súa persoal visión da historia da poesía galega. E a inclusión no canon será definitiva en 1989 ao ser incluída a súa obra entre os obxectos de estudio do libro Poesía galega de Rodríguez Fer.

Page 18: Uxio Novoneyra

A década dos 80

• Por outra parte, nesta mesma década o noso autor inicia a recompilación completa do seu ciclo courelán, despois de sometelo a unha rigorosa depuración. Así, publícase no número un da colección Grandes Mestres Os eidos. Libro do Courel (Xerais, Vigo, 1985). Ambas obras levan unha exhaustiva antoloxía de comentarios críticos de moi diversas autorías e un glosario feito polo propio poeta, ademais dun caligrama del mesmo, tres retratos seus realizados por Carlos Maside, Tino Grandío, Laxeiro e Pedro.

Page 19: Uxio Novoneyra

Os oitenta en Compostela

• En 1983 afíncase definitivamente en Compostela, desde onde exerceu a presidencia da Asociación de Escritores en Lingua Galega, a partir da súa primeira elección en 1982 ata a súa morte en 1999. Desde o punto de vista creativo, na segunda metade da década dos oitenta comeza unha reagrupación temática da súa obra completa.

Page 20: Uxio Novoneyra

Reagrupación temática

• Na segunda metade da década dos oitenta comeza unha reagrupación temática da súa obra completa, así en Muller pra lonxe (Deputación de Lugo, Lugo, 1986) reúne, no número un da colección por el mesmo bautizada “Gran Lugo de nebra”, os poemas eróticos e amorosos nunha edición artística ilustrada polo pintor lugués Carlos Pardo Teixeiro, así como polos trazos manuscritos do autor, e acompañada dun epílogo crítico do poeta Claudio Rodríguez Fer.

Page 21: Uxio Novoneyra

A década dos noventa

• 0s anos noventa van amosar unha nova contribución creativa do escritor, que dá a coñecer dúas publicacións de literatura infantil, O cubil do xabaril (Edelvives, Zaragoza, 1991) e Gorgorín e Cabezón (Edelvives, Zaragoza, 1992), dous contos de aventuras protagonizados por rapazas e rapaces, ambientados na xeografía do Courel e cunha rica linguaxe poética.

Page 22: Uxio Novoneyra

Os noventa

• Nesta mesma década, reedítase na colección “Merlín e Familia” Elexías do Courel e outros poemas, con modificacións, ademais do engadido da serie “Madrid / noite”, ilustrado cun debuxo de Raimundo Patiño e baixo o novo título de Tempo de elexía (Vía Láctea, A Coruña, 1991).

Page 23: Uxio Novoneyra

Os noventa

• Ademais, despois dun longo silencio, roto tan só pola aparición dalgunha composición nova, como puido ser a titulada “Viaxe”, dada a coñecer en 1991, ou a saída da segunda edición da obra Os Eidos da Biblioteca das Letras Galegas (Xerais, Vigo, 1991), publica unha entrega poética individual, Poemas da doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras (Espiral Maior, A Coruña, 1994), con gravados de Carlos Crego, fotografías de Federico García Cabezón, unha pintura de Raimundo Patiño e caligrafías do propio autor. Esta reaparición poética complétase coa publicación do poemario de temática compostelá e autoría colectiva Camelio xaponés (Consorcio de Santiago, Santiago de Compostela, 1995).

Page 24: Uxio Novoneyra

Os noventa

• E neste último período o poeta segue sacando á luz diversas mostras creativas en distintos medios, como as “Lendas de a cavalo” (O Correo Galego 13-VII-1997), pertencentes á obra inédita a que o propio escritor se ten referido en distintas ocasións como Libro de Rotas/ Ameto Mítico ou simplemente Ameto Mítico, e que sairía á rúa uns días despois do seu pasamento, acaecido o 30 de outubro de 1999, baixo o título Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago outras rotas (Hércules Edicións, A Coruña,1999).

Page 25: Uxio Novoneyra

Finais dos 90

• E neste último período o poeta segue sacando á luz diversas mostras creativas en distintos medios, como as “Lendas de a cavalo” (O Correo Galego 13-VII-1997), pertencentes á obra inédita a que o propio escritor se ten referido en distintas ocasións como Libro de Rotas/ Ameto Mítico ou simplemente Ameto Mítico, e que sairía á rúa uns días despois do seu pasamento, acaecido o 30 de outubro de 1999, baixo o título Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago outras rotas (Hércules Edicións, A Coruña,1999).

Page 26: Uxio Novoneyra
Page 27: Uxio Novoneyra

Galardóns

• 0 27 de xullo de 2009 a Real Academia Galega o homenaxea co Día das Letras Galegas do ano 2010.

• Morre en Compostela no 1999 aos 66 anos de idade.

Page 28: Uxio Novoneyra

Fontes nas que contrastamos a información:

• www.letrasgalegas.es

• www.galepedia.es

• Libro de texto

• Feito por: X. Carlos Muñiz, Diego Noal,DanielHermida