8

Xéneros%20menores.[1]

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Xéneros%20menores.[1]
Page 2: Xéneros%20menores.[1]

PASTORELA

A pastorela é un xénero de orixe provenzal que glosa o encontro entre un cabaleiro e unha pastora nun ambiente bucólico (a primavera e o campo).

Conservamos 8 textos con estrutura semellante: Comezo narrativo que explica o encontro. Establecemento dun diálogo Aceptación ou rexeitamento final da pastora.

Estes textos considéranse xéneros híbridos ou contaminados: Temas e léxico comúns á cantiga de amigo. Recursos e punto de vista masculino igual que a cantiga de amor. Carácter narrativo igual que a cantiga de escarnio.

A marca definidora de xénero será a palabra PASTOR, que aparece nos primeiros versos.

Page 3: Xéneros%20menores.[1]

SIRVENTÉS

O sirventés moral adoita incluírse na cantiga de escarnio e maldicir, pero non ten finalidade burlesca nin é un ataque persoal.

Expresa: un rexeitamento radical pola marcha do mundo e lamenta a dexeneración e corrupción dos costumes en que cae a sociedade da época. a desaparición de virtudes ou valores específicos: a verdade, o amor, etc.

Deixan un pouso de melancolía e amargura.

Os autores demostran refinamento e erudición, varios deles son do ámbito eclesiástico.

Page 4: Xéneros%20menores.[1]

LAI

O lai: conservamos 5 textos transmitidos polo Cancioneiro da

Biblioteca Nacional de Lisboa que coñecemos como “lais de

Bretaña”, que traducen libremente ao galego-portugués

poemas franceses incluídos no Libro de Tristán.

A temática é amorosa e as voces líricas son os personaxes do

ciclo artúrico.

Page 5: Xéneros%20menores.[1]

PRANTO

O pranto: son lamentos fúnebres, a súa orixe remóntase ao planctus latino e ao planh provenzal.Segue un esquema moi ríxido coas seguintes partes: Invitación ao lamento pola perda do defunto. Eloxio hiperbólico das virtudes do defunto. Enumeración dos que choran a súa perda. Oración pola alma do falecido. Breve loanza final ao sucesor.

En galego-portugués conservamos só 5 textos; catro de Pero da Ponte e unha dun xograr leonés. A escaseza pode deberse á prohibición da igrexa das manifestacións de dor nas honras fúnebres.

Page 6: Xéneros%20menores.[1]

TENZÓN

A tenzón é unha composición dialogada, na que interveñen dúas voces que van defendendo, de estrofa en estrofa e/ou de fiinda en fiinda, a súa posición sobre un tema.O autor da primeira cobra, o retador, establece o tipo de estrofa, as medidas dos versos e o esquema de rima que o outro debe seguir. O interlocutor retoma o tema e os trazos formais da primeira cobra e constrúe a súa réplica.Os temas máis comúns son semellantes aos das cantigas de burla pero con series léxicas propias: Aldraxes de xograres. Afirmacións presuntuosas dos trobadores. Censuras de distintas persoas.

Cando os textos dialogados debaten algún punto relativo ao tema do amor cortés chamámoslle PARTIMEN ou JOI-PARTIT, conservamos 2 textos.

Page 7: Xéneros%20menores.[1]

DESCORDO

O descordo provén do descort provenzal.

Formalmente, presenta isometría estrófica.

Polo tema, podemos dicir que é unha variedade da cantiga de

amor, na que o trobador expresa a turbación interior froito dun

sufrimento desesperado.

Na nosa tradición literaria só o texto de Nuno Eanes Cerzeo “Agora

me quero eu ja espedir” se axusta ás características do descordo.

Page 8: Xéneros%20menores.[1]

CANTIGA DE SEGUIR

A cantiga de seguir é un xénero popular que segue o modelo doutro texto.

E pode facelo de tres maneiras:

Seguir a melodía e estrutura silábica doutra composición. Seguir os versos, as rimas, a estrutura métrico-estrófica e a música do modelo. Seguir as palabras da composición orixinal, pero cun significado diferente.

Para captar o sentido mimético e paródico, a composición orixinal debe ser coñecida polo público. Este carácter humorístico fai que, tematicamente, as relacionemos coas cantigas de escarnio.