4

Click here to load reader

Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Humanos

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Humanos

PROPOSTA PROXECTOFIN DE MASTER

ENXEÑERÍAINFORMÁTICA: TETRIS

DE DEREITOS HUMANOS

Titorizan:

Emilio Padrón (Universidade da Coruña)

Miguel Segade (Enxeñería Sen Fronteiras Galicia)

1

Page 2: Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Humanos

1. Antecedentes

Enxeñería sen Fronteiras (en adiante ESF) é unha asociación independente, senánimo de lucro baseada no voluntariado, que busca construír unha sociedademundial xusta e solidaria mediante a cooperación para o desenvolvemento epoñendo a tecnoloxía ao servizo do desenvolvemento humano. Neste sentido, oproceso de participación voluntaria enténdese coma un fin en si mesmo e como unmecanismo para a transformación persoal e social.

O 17 de novembro de 2012 aprobouse na segunda Asemblea anual de ESF Galiciaa nova Planificación Estratéxica da asociación (2013-2017). Dito documento,realizado pola práctica totalidade das persoas que conforman a entidade, inclúecomo un dos piares máis importantes da acción da asociación o traballo enEducación para o Desenvolvemento (en adiante EpD). Varias liñas estratéxicas detraballo previstas nesa planificación entran dentro desta área de traballo, econsidéras necesaria a consecución de financiación externa para asegurar o seucorrecto desenvolvemento. Unha desas liñas fai referencia a transversalización decontidos en dereitos humanos e EpD nos estudos universitarios tecnolóxicos, coenfoque de Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano e a emancipación, ondeESF pretende especializarse. Ademais da elaboración de materiais didácticos eorganización de xornadas no eido formal e non formal, hai tempo que se querenexplorar novos xeitos de levar estes contidos a poboación “non sensibilizada”,usando canles populares. O xogo é unha destas canles, que xa hai anos ESFexplora elaborando versións de xogos populares como o Risk (elaborando un Riskenerxético) ou xogos de cartas máis elaborados con gran aceptación entre públiconovo (e xa non tan novo), como o xogo de cartas Co-operación. O concepto deludificación ou gamificación1 no eido de impulsar aprendizaxes de conceptos,actitudes e valores da educación para a emancipación non é, pois, novo para ESF,pero si o é o facelo a través de xogos baseados en tecnoloxías informáticas, que é oque se propón aquí.

Dado que o videoxogo elexido a priori, o Tetris2, é xa parte da cultura pop, quéreseexplorar o potencial para atraer público interesado en xogos (dende xente máisnova xa a mediana idade) dándolle certo contido sensibilizador no eido dosDereitos Humanos. Deste xeito se intenta sensibilizar a xente que pode xogar coproducto elaborado (e pode ser que nin se fixe noutros contidos, de aí o desafíotécnico e gráfico de visibilizar os contidos en Dereitos Humanos integrándoo

1 https://es.wikipedia.org/wiki/Ludificaci%C3%B3n

2 https://es.wikipedia.org/wiki/Tetris

2

Page 3: Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Humanos

perfectamente coa dinámica do xogo), e ademais usar isto para transversalizaractividades cun enfoque de educación para o desenvolvemento na facultade deEnxeñería Informática, xa que a proposta é que o xogo se poida ofertar comoposible Proxecto Académico para a programación e o deseño gráfico, coasesoramento dun titor académico (profesor na Facultade) e do seguemento dogrupo de EpD de ESF Galicia, apoiados polo técnico de EpD da asociación.

2. Obxecto da proposta e produtos esperados

Elaborar un videoxogo de “Tetris dos Dereitos Humanos”.

En concreto se pretende obter:

- O xogo en si como elemento de ludificación para achegar contidos de DereitosHumanos a persoas con pouco contacto con estes temas

- Un Proxecto Fin de Grao na Facultade de Informática con contidos de Educaciónpara o Desenvolvemento, como xeito de visibilizar a tecnoloxía como posibleferramenta de ruptura co modelo extractivista no que as tecnoloxías dixitaisnaceron, explorando o seu potencial emancipador, e todo iso dentro dunhafacultade onde se forman futuras profesionais (e exemplarizante tamén paraprofesorado)

3. Idea de xogo e desenvolvemento

Se parte das premisas:- que o xogo se poida usar en PC e tamén en teléfonos móbiles- que teña apariencia sinxela, pero en cor (para poder usar as cores comodiferenciación de diversos servizos básicos aos susceptibles de ser DereitoHumano)- que poida integrar pequenas informacións en texto xunto coa aparición das pezasa encaixar no proceso de xogo- que teña algún nivel de dificultade para contrastar diferencias entre países

Existen diversos proxectos libres de desenvolvento do Tetris, que xa teñentraballados deseños de pezas, fondos e outras capas ou librarías que se poderánempregar.A idea é que as pezas que se encaixan en cada nivel, que son de diversas formas ecores, teñan asociadas:- a cada cor un servizo básico de base tecnolóxica vencellado a un Dereito Humano(nesta fase empezaríamos coas que soe traballar ESF Galicia: azuis a auga esaneamento; amarelas a enerxía; laranxa as TIC; verde a alimentación)- a cada forma un elemento que conforma a facilidade (as máis sinxelas deencaixar) ou ameaza (as máis complicadas) para o aseguramento dun servizo

3

Page 4: Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Humanos

básico (por exemplo: as cadradas unha lexislación, participación einstitucionalidade axeitada; as alongadas unhas infraestruturas axeitadas; as deforma de L eivas nas infraestruturas; as de forma de Z corrupción, etc.).

A idea é que ao inicio do nivel correspondente se informe brevemente do “entorno”(país) no que se xogará ese nivel e en que servizo básico, con alguha informacióndo estado dese Dereito Humano ao servizo básico no país. Logo, a medida quecada peza vai aparecendo, que apareza tamén o elemento do dereito humano a quese refire a peza (para que se xogue, pero sendo consciente por que é máis oumenos fácil de encaixar a peza en cuestión). Os niveles virán dados polas cores das pezas, que logo poderán xa mezclarse paraxogar niveles con todas as cores (os 4 servizos, que en realidade vaninterrelacionados), e tamén respecto ao país (que determinará a dificultade dexogo tanto no número de pezas “complicadas” para encaixar como na velocidade áque caen como mesmo no espazo de colocación das mesmas). A priori se propónfacer dous países ou rexións, que poden ser Honduras (ou o Golfo de Fonseca) eEspaña (ou Galicia), empregando datos reais para ilustrar cada peza e nivel.

4