View
433
Download
2
Embed Size (px)
Citation preview
BASES
MONOLOGOS
SOLIDARIOS
2011
OBXECTO DA
CONVOCATORIA:
Trátase da primeira edición deste concurso que pretende
crear un espazo para a comunicación que fomente as
actitudes creativas, innovadoras e participativas do colectivo
xove, servindo como unha fonte de entretemento para a
xuventude así como tamén un proceso de aprendizaxe e
concienciación sobre a situación do colectivo das persoas
discapacitadas.
PARTICIPANTES:
Calquera persoa física, profesionais ou afeccionados que desexen
participar no certame e aportar o seu granito de area neste evento
social a través do uso das novas tecnoloxias. O concurso está
aberto polo tanto a tódolos interesados, sexan usuarios ou non da
ASCM.
En canto a rango de idade para participar neste proxecto, queda
establecido no intervalo de 14 a 28 anos, ambos inclusive.
TEMÁTICA:
Os monólogos participantes deste certame, deben incluir
temas relacionados co mundo da discapacidade.
Valoraranse aqueles monólogos que fagan referencia tamén,
as dificultades coas que se atopan a diario as persoas con
discapacidade.
FORMATO:
A súa duración non debe exceder dos 12 minutos e deben
gravarse en formato vídeo (mov ou mpeg/mpg) por parte da
persoa participante que deberá facilitar o enlace onde o teña
subido a rede.
TÉCNICA:
Cada concursante poderá participar cun máximo de un
monólogo.
Os monólogos presentados serán orixinais e inéditos. Non
se admitirán obras presentadas simultáneamente a outros
concursos, que foran premiados con anterioridade, ou que
os seus dereitos de autor poidan estar comprometidos con
terceiros.
PRESENTAZON E
PRAZOS:
Os participantes presentarán a súa proposta a través de
internet, enviando os seus monólogos a o espazo web
publicado en: http://monologossolidarios.blogspot.com /
www.ascmferrol.com dende o 31 de agosto a o 30 de
setembro de 2011 ás 20:00 horas.
Para formalizar o seu rexistro de usuario (sometido a ley de
protección de datos) deberán enviar os seus datos persoais,
teléfono de contacto e enlace do video subido a internet a
XURADO:
Unha vez expirado o prazo de presentación, producirá a
valoración das propostas, en duas fases:
Na primeira fase de eliminación, irá por votación popular dos
usuarios/as directamente no espazo web.
Na segunda fase na que se elixiran os tres primeiros premios
entre os dez finalistas, se levará a cabo por un xurado, que
estará formado por:
• Presidente da ASCM ou persoa en quen delegue a tal efecto,
e que presidirá o xurado.
• Un Técnico da ASCM.
• Un representante do colectivo discapacitado.
PREMIOS:
Os monólogos elexidos como gañadores, recibirán os
seguintes premios materiais:
• PRIMEIRO PREMIO: Televisión.
• SEGUNDO PREMIO: Cámara digital.
• TERCEIRO PREMIO: Ebook.
Os resto dos finalistas otorgaráselle un diploma pola sua
participación en este espazo.
DISPOSICIÓNS FINAIS:
As inscripcións serán gratuitas.
O material presentado ó concurso pasará a ser propiedade da
Asociación Socio-cultural de Minusválidos (ASCM). Os autores
dos mesmos, deberán solicitarle permiso a ASCM no caso de
utilización dos monólogos. A ASCM podrá facer uso do material
entregado como considere oportuno, sempre e cando sexan para
o uso propio da entidade.
A organización resérvase o dereito a declarar deserto o premio no
caso de que considere que o número de participantes ou a
calidade dos traballos presentados non acadan uns mínimos
aceptables.
A participación neste concurso supón a plena aceptación das
presentes bases.