23
Felipe V, no ano 1717 dita unha Pragmática indicando as cidades e vilas do reino onde deberían fixar a súa residencia as familias xitanas , e que entre estas cidades estaban Betanzos e Ourense ?

Que sabemos da comunidade xitana

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Que sabemos da comunidade xitana

Felipe V, no ano 1717 dita unha Pragmática indicando as cidades e vilas do

reino onde deberían fixar a súa residencia as familias xitanas , e que entre

estas cidades estaban Betanzos e Ourense ?

Page 2: Que sabemos da comunidade xitana

Un dos oficios que máis frecuentemente aparece no censo que Carlos V mandou facer , no ano

1783, sobor dos traballos dos xitanos españois , é o de ferreiro ?

Page 3: Que sabemos da comunidade xitana

O caló naceu de dúas nais; a española e a xitana. Por iso é

unha lingua mixta, que tomou palabras do romanó e a

estrutura gramatical do español

Camelar, canguelo, chalao, chungo, currar, espichar, menda ,

pirar, chaval, chivato, pinrel…e outras moitas palabras que

utilizamos correntemente proceden do caló, a que sabes que

significan ?

En caló se utiliza Gadjé ( gache) ou Payo para referirse ao

home non xitano, e gadji ou paya para a muller non xitana.

Eles , para sí, utilizan os termos ,Rrom ou Kalo ( esposo),

para home xitano,e rromni ou kalí ( esposa ) para a muller

xitana.

O caló transmítese de forma oral: de pais e nais a fillos e fillas.É unha lingua familiar. En España

(aínda que noutros países si ) nunca se ensinou na escola .A día de hoxe xa hai manuais e material

interactivo para aprender romanó en España. Tamén existen xa na rede diferentes grupos e blogs

que se comunican en romanó.

Page 4: Que sabemos da comunidade xitana

O pobo xitano utiliza o termo Porrajmos ( literalmente

«devoración») para referirse aos intentos da Alemaña Nazi de

exterminar a maioría dos pobos xitanos europeos como parte

do Holocausto da II Guerra Mundial. Foron obrigados a levar

nun brazalete

unha “Z” (de

ziganeur-xitano) sobre un triángulo

invertido para distinguilos do resto da

poboación. Calcúlase que nos diferentes

campos foron asasinadas máis de medio

millón de persoas xitanas.

En ocasións tamén se refiren a este

feito como o Samudaripen ( asasinato en

masa).

Page 5: Que sabemos da comunidade xitana

Os Reis Católicos, no ano 1499 ditaron unha Pragmática,

na que explicitamente se facía referencia a exipcianos e

caldereiros estranxeiros, prohibíndolles tomar asento

polos seus reinos, nin vagar xuntos por eles.

En 60 días tiñan que saír de España so pena de 100

azoutes e desterro a primeira vez quer os collesen, e, a

segunda, antes de desterralos, lles cortarían as orellas.

Se lles prohibiu falar a súa lingua, practicar os seus

ritos e costumes e ata a súa forma de vestir,

obrigándolles a ter residencia fixa e servir a señores, en

contra das tradición que sempre tiveran como pobo

itinerante.

Page 6: Que sabemos da comunidade xitana

Carlos III, en 1783 fixo ditar leis contra a

discriminación e a favor do bo trato ás persoas,

quenquera que fosen e veñan de onde veñan.

Aínda que nelas se lles seguía negando ao pobo xitano

o dereito a utilizar a súa lingua e practicar os seus

costumes.

Fixo elaborar un censo, en el aparecen máis de 10.000

xitanos e xitanas que vivían, daquela, no noso país.

Page 7: Que sabemos da comunidade xitana

A Constitución do 1812 ( A Pepa ) recoñece aos cidadáns e cidadás xitanas como españois e

españolas de pleno dereito

Page 8: Que sabemos da comunidade xitana

Franco volve retomar a Lei de Vagos e Maleantes da II

República e encárgalle á Garda Civil no ano 1943 “vixiar

escrupulosamente aos xitanos, coidando moito de

recoñecer a documentación que teñan, , averiguar o seu

modo de vivir, observar as súas viaxes, indagando o punto

ao que se dirixen nas súas viaxes e o obxecto dos

mesmos …”

Como podes ver, durante o franquismo vólvese prohibir o

uso do caló (que se considera lingua de delincuentes),

califícase o nomadismo e a vida errante como delito,

recoméndase á Garda Civil unha vixilancia e control

exhaustivos do pobo xitano

Page 9: Que sabemos da comunidade xitana

A música Xitana recolle os sons da India de todos os países polos que foron pasando.

Por iso ten influencias iraníes, turcas, balcánicas, gregas e andaluzas

Son músicos e bailaríns ben coñecidos no mundo enteiro Carmen Amaya, Ketama,

Camarón de la Isla, Joaquín Cortés, e tantos outros…

Page 10: Que sabemos da comunidade xitana

En Novembro do ano 2010 , a UNESCO declarou o flamenco como Patrimonio Cultural

Inmaterial da Humanidade

Page 11: Que sabemos da comunidade xitana

Son oficios tradicionais xitanos: a cestería, a forxa, a carpintería metálica, a venta

ambulante, a compravenda de gando, a colleita de plantas medicinais

Page 12: Que sabemos da comunidade xitana

O día 8 de Abril do ano 1971 celebrouse en Londres o Primeiro Congreso

Internacional do Pobo Xitano Neste congreso acordáronse 4 aspectos

fundamentais da súa identidade:

A celebración do Día Internacional do Pobo Xitano;

A bandeira xitana

himno xitano

romanó como lingua oficial

Page 13: Que sabemos da comunidade xitana

A celebración do Día Internacional do

Pobo Xitano é unha importante

ocasión para o recoñecemento dos

Roma/Xitanos, da súa

historia, da súa lingua e

da súa cultura. Este día

ten una parte festiva,

coñecida como Cerimonia

do Río, na que as xente

xitana de todo o mundo

reúnese as beiras dos ríos

para celebrar unha

ofrenda de flores, as

mulleres lanzan pétalos

de flores a auga como

símbolo de liberdade e do éxodo vivido polo Pobo Xitano hai máis de mil anos. Coa ofrenda das

candeas na auga, os homes recordan as vítimas que sufriron ataques xenófobos e racistas e ,

especialmente, aos máis de medio millón de persoas xitanas asasinadas durante o Holocausto

Nazi

Page 14: Que sabemos da comunidade xitana

A bandeira do Pobo Xitano: A parte

superior é unha banda azul que

representa o ceo, a banda de abaixo é

verde, representando a herba na terra

dos camiños , e no centro unha roda de

carro vermella, que simbolizan os carros

cos que percorreron os camiños .

Page 15: Que sabemos da comunidade xitana

Himno Internacional Xitano, o "Gelem Gelem ('andei'):

Está escrito en Romanó, e fai

referencia a condición itinerante

do pobo xitano. No seu texto

menciónase a Lexión Negra ( Kali

Legia), facendo alusión á cor dos

uniformes das SS que

participaron na persecución e no

xenocidio xitano durante a II

Guerra Mundial.

Gelem, gelem lungone dromensar

maladilem baxtale Rromençar

A Rromalen kotar tumen aven

E chaxrençar bokhale chavençar

A Rromalen, A chavalen

Anduve, anduve por largos caminos

Encontré afortunados romà

Ay, romà, ¿de dónde venís

con las tiendas y los niños hambrientos?

¡Ay romà, ay muchachos!

Sàsa vi man bari familja

Mudardás la i Kali Lègia

Saren chindás vi Rromen vi Rromen

Maskar lenoe vi tikne chavorren

A Rromalen, A chavalen

También yo tenía una gran familia

fue asesinada por la Legión Negra

hombres y mujeres fueron descuartizados

entre ellos también niños pequeños.

¡Ay romà, ay muchachos!

Pangela la neger butar, Undivel Te saj dikhav kaj si me manusa

Palem ka gav lungone dromençar

Ta ka phirav baxtale Rromençar

A Rromalen, A chavalen

Abre, Dios, las negras puertas que pueda ver dónde está mi gente.

Volveré a recorrer los caminos

y caminaré con afortunados calós

¡Ay romà, ay muchachos!

Opre Rroma isi vaxt akana

Ajde mançar sa lumáqe Rroma

O kalo muj ta e kale jakha

Kamàva len sar e kale drakha

A Rromalen, A chavalen.

¡Arriba, gitanos! Ahora es el momento

Venid conmigo los romà del mundo

La cara morena y los ojos oscuros

me gustan tanto como las uvas negras

¡Ay romà, ay muchachos!

Page 16: Que sabemos da comunidade xitana

O 12 de Xaneiro de 1425 está firmado este

Salvoconduto ( antigo pasaporte ) que é o

documento máis antigo que atopado ata o dia de

hoxe. Nel se fala dos que consideramos que

foron os primeiro grupo de xitanos e xitanas que

chegaron a España : Don Xoán de Exipto e a súa

xente. Foron recibidos por Alfonso V, rei da

cora de Aragón, e lles firmou este salvoconduto

para chegar a Santiago de Compostela na súa

peregrinación. Nel lles pide aos nobres,

alcaldes..que sexan ben tratados e acollidos alí

por onde pasen, baixo pena da súa ira e

indignación.

Page 17: Que sabemos da comunidade xitana

Tamén temos constancia de que Antón, Macías, Catalina e María de Exipto acompañaron

a Colón na súa terceira viaxe a América

Page 18: Que sabemos da comunidade xitana

En España os xitanos e xitanas se denominan Calós. Tamén en Portugal, no sur de

Francia, Finlandia, Suecia, Noruega, Gales, Brasil, Estado Unidos, Norte de África e

Hispanoamérica

Hai outros que se denominan Romanichal ( no Reino Unido), que son os que emigraron a

USA e Australia, e tamén están os Travellers , en Reino Unido e Irlanda, que son

aínda poboacións itinerantes.

Os Sinti atópanse en países de fala xermana.

Os Manush viven en áreas de fala francesa do Oeste de Europa.

Outro tipo de denominación que usa o pobo xitano,

sobre todo de Europa Central, ten que ver coas

profesións, así hai Lingurari ( que fan culleres de

madeira); Aurari ( que traballan o ouro), Ursari (domadores de osos), lautari ( que se adican a

música), Kalderás ( que fan olas) … e tantos

outros.

Page 19: Que sabemos da comunidade xitana

Calcúlase que a comunidade xitana está formada por mías de 14 millóns de persoas que

habitan ao longo de todo o mundo.

En Europa é a minoría étnica máis numerosa, con 8 millóns de persoas

A Década para a Inclusión dos Roma 2005-2015 está auspiciada polo Consello de Europa, a

ONU, UNICEF, o PNUD…

Page 20: Que sabemos da comunidade xitana
Page 21: Que sabemos da comunidade xitana

No ano 1783 Carlos III promulgou unha pragmática que recolle os seguintes aspectos:

1. Os xitanos son cidadáns españois.

2. Debe deixarse de dicir xitano xa que todos os cidadáns son iguais.

3. Os nenos deben ir á escola a partires dos 4 anos.

4. Os xitanos son libres de fixar a súa residencia.

5. Os xitanos poden empregarse ou traballar en calquera actividade.

6. Os xitanos teñen dereito ao asilo e a atención aos seus enfermos.

7. Os gremios que impidan a entrada ou se opoñan á residencia dos xitanos serán penalizados.

8. Impóñense penas aos que obstaculicen a integración dos xitanos.

Nembargante, para que o xitano poida disfrutar destas igualdades,

debe de cumprir unhas condicións:

Abandonar a súa forma de vestir.

Non usar a súa su lingua (o caló) en público.

Asentarse e abandonar a vida errante

Page 22: Que sabemos da comunidade xitana

José Monge Cruz naceu en San

Fernando, Cádiz, o 5 de decembro do

ano 1950., e morreu , que en paz

descanse, en Badalona o 2 de xullo do

1992. Foi coñecido artisticamente como

Camarón de la Isla, ou simplemente

como Camarón.

A maior parte dos xitanos e xitanas

españois o consideran o mellor cantaor

flamenco de tódolos tempos

As súas cancións son moi famosas entre

a xente xitana e non xitana. A súa

canción “ Soy gitano” e para a

comunidade xitana como un autentico

himno nacional.

A súa vida foi levada ao cine no ano

2005 polo director Jaime Chávarri, e foi

protagonizada por Óscar Jaenada como Camarón, e a actriz Verónica Sánchez como a súa muller, a

Chispa.

Page 23: Que sabemos da comunidade xitana

Durante moito tempo, a xente pensaba que os xitanos viñan dunha bisbarra de Grecia

coñecida coma “o Pequeno Exipto”. Do grego (“exipcianos”) creouse a

palabra exiptiano que deu xitano (en español Gitano, cigano en portugués e en inglés

Gypsy). Tivo ao longo dos séculos unha connotación despectiva, polo que a nivel

europeo emprégase a palabra

Rromá (escrito en inglés “roma”),

para referirse aos xitanos.