38
AS EN FERM IDADES DO S Ó RGAN O S DO S SENTIDOS Carlos de Troya Fernández ÁngelPalacio Iglesias M anuelGonzález Crespo Á lvaro Concheiro D íaz Javier Rubio López 3º ES O “A ”

Enfermedades de los sentidos

Embed Size (px)

Citation preview

AS ENFERMIDADES DOS ÓRGANOS DOS

SENTIDOS

Carlos de Troya Fernández

Ángel Palacio I glesias

Manuel González Crespo

Álvaro Concheiro Díaz

J avier Rubio López

3º ESO “A”

1) INTRODUCIÓN

Os sistemas de relación e coordinación desempeñan un papel

fundamental no organismo. Por iso, cando se ven afectados por

algunha enfermidade, as consecuencias acostuman ser graves.

Os receptores sensoriais son células especializadas na captación

de estímulos, que representan a vía de entrada da información no

sistema nervioso dun organismo.

Ata o momento sabemos que poseemos cinco sentidos: o olfacto, a

vista, o gusto, o tacto e o oído. Cada un deles cumpre unha función

diferente, aunque en certos casos, están conectados.

O tacto permítenos sentir a textura das cousas, se están fríos ou

quentes; o olfacto permítenos percibir o aroma, e o gusto, o sabor

dos alimentos. A vista permítenos ver todo o que nos rodea e o

oído, captar ondas sonoras para que poidamos escoitalas.

Son moi frecuentes as alteracións que poden afectar aos nosos

órganos dos sentidos. A meirande parte delas poden corrixirse, aínda

que para outras non se encontrou solución. Nalgúns casos, chégase

a perder totalmente o uso dalgún sentido importante, coma poden

ser a vista ou o oído.

A continuación, expoñemos as afeccións máis frecuentes dos nosos órganos dos sentidos:

2) ENFERMIDADES DO OÍDO

O oído é o órgano responsable non só da audición, senón tamén do

equilibrio. Encárgase de captar as vibracións e transformalas en

impulsos nerviosos que chegarán ao cerebro, onde serán

interpretadas.

O oído divídese en tres zonas: externa, media e interna.

2.1. Enfermidades do Oído Externo:

O oído externo está conformado polo pavillón auricular e o

conduto auditivo externo (CAE). O pavillón está conformado

por unha estrutura cartilaxinosa cuberta con pel.

As patoloxías do oído externo pódense dividir en:

Enfermidades Infecciosas: a otite externa é a inflamación ou

infección do oído externo.

Hai varios tipos de otite externa, coma a bacteriana, a

bacteriana localizada, a necrotizante ou otite externa maligna

(que invade e destrúe os texidos brandos, cartilaxe e ósos).

Enfermidades Alérxicas:

- Dermatite de contacto: Prodúcese polo uso de champús,

lacas para o pelo, perfumes, tapóns para oídos, aros (níquel).

- Eczema: é similar á anterior pero máis agresiva e incluso

acompañada de infeccións bacterianas secundarias.

Tapón de Cerumen: o tapón está conformado por produtos das

glándulas sebáceas, ceruminosas, restos de descamación

epitelial e pelos. Implántase nas paredes do CAE producindo

diminución auditiva e sensación de obstrución.

Enfermedades Traumáticas

- Trauma: hematomas do pavillón auricular como consecuencia

dun traumatismo directo, que provoca a acumulación de sangue

entre a cartilaxe eol pericondio..

Se este coágulo se organiza e calcifica, pode producir

necrosis da cartilaxe subyacente, originándose a

orella en coliflor.

- Corpos estraños no CAE: obsérvanse principalmente en

nenos. Nunca tentar a súa estración sen os coñecementos ou o

instrumental necesarios.

Enfermidades Tumorais:

- Lesiones Benignas: Son varias. Por unha banda, as

cicatrices queloideas derivadas da hipertrofia do texido

conectivo en áreas traumatizadas. O lugar máis común é o

lóbulo, pola colocación dun piercing. En segundo lugar a

Exostosis o sobrecrecimiento do periostio na porción ósea do

CAE. É frecuente nos nadadores de augas frías. Pode producir

tapóns de cerumen oclusivos. Raramente preséntase pérdida

auditiva significativa.

- Lesións Malignas: localízanse principalmente no pavillón

auricular. As do CAE son pouco frecuentes. Representan menos

do 5% de todos os cánceres de pel de cabeza e pescozo. O

máis común é o carcinoma de células escamosas. A

quimioterapia e radioterapia son aconsellables, dependendo do

avance da enfermidade.

Malformaciones Congénitas: pódense presentar en un dos oídos ou

en ambos.

As malformacións máis frecuentes están relacionadas co

tamaño, a forma ou a posición do pavillón auricular:

- Tamaño: Cando o pavillón auricular é máis

pequeno ou máis grande do normal, ou

cando existe unha completa ausencia do

pavillón auricular.

- Forma: Cando o pavillón auricular presenta

formas raras: en asa (“lop ear”) ou con

forma élfica.

Outras veces prodúcese a ausencia do óso.

- Posición: Cando o pavillón auricular non

está situado no seu sitio correcto.

A infección do oído medio: coñécese coma otite media.

Abrangue todas as infeccións do oído por bacterias. Pode ser aguda

ou crónica. Pode producir sordera. Algúns nenos que padecen otite

aguda presentan dificultades para o desenvolvemento da linguaxe.

É a enfermidade máis común do oído. Debe vixiarse e tratarse de

forma axeitada porque, en caso contrario, pode dar lugar a

importantes complicacións.

• Calcificacións: Acúmulo de sales de calcio na capa media

fibrosa do tímpano. Obsérvanse á otoscopia coma “manchas brancas”

no interior da membrana.

Perforación do tímpano

Malia que a membrana timpánica atópase moi ben

protexida pola súa ubicación nas profundidades do

óso temporal, frecuentemente resulta dañada como

resultado de traumatismos, os cales clasifícanse en

directos (pola introdución de obxectos que perforan o

tímpano) e indirectos (por un aumento o diminución súbita da presión

no oído externo).

2.3. Enfermidades do Oído I nterno:

As enfermidades do oído interno poden afectar ao equilibrio e producir

síntomas de mareos. As máis destacadas son as siguintes:

O vértigo: É a consecuencia de lesións producidas nos canais

semicirculares e produce náuseas e pérdida da capacidad auditiva.

Destrución traumática do órgano de Corti: é o responsable da

produción dunha sordeira total.

Enfermidade de Ménière: é un trastorno do oído interno que

afecta ao equilibro e á audición.

Descoñécese a causa exacta da enfermidade de Meniere. Pode

ocurrir cando a presión do líquido en parte do oído interno chega a

estar demasiado alta.

Nalgúns casos, a enfermidade de Ménière pode estar relacionada

cun traumatismo cranial ou cunha infección do oído medio ou do

interno. Outros factores de riesgo son as alerxias, o estrés, o

consumo de alcohol ou o tabaquismo, os antecedentes familiares,

a existencia dunha enfermidade viral recente ou unha infección

respiratoria.

3) ENFERMIDADES DA VISTA

Aínda que o ollo é denominado moitas veces como o órgano da visión, en realidade o órgano que efectúa o proceso da visión é o cerebro. A función do ollo é traducir as vibracións electromagnéticas da luz nun determinado tipo de impulsos nerviosos que se transmiten ao cerebro a través do nervio óptico (nervio sensitivo e craneal).

Enfermidades da visión:

Hemeralopia: está causada por unha incipiente opacidade nun ou

máis dos texidos oculares.

Cegueira para as cores ou Daltonismo:

A ceguera para as cores é unha enfermidade

xenética provocada pola ausencia dunha serie de

xenes no cromosoma X. Esta patoloxía afecta 6

veces máis aos homes que ás mulleres.

Existen unha serie de tests cos que os oftalmólogos comproban o tipo

de cegueira para as cores que ten unha persoa. O máis famoso

destes tests é o das coñecidas como “tablas de Ishihar”, consistentes

nunhas cartuliñas con manchas de cores nas que as persoas que non

teñen problemas poden identificar rápidamente un patrón, un texto

ou un número.

Existen outros tipos de test como o Munsell; incluso outro

denominado daltonismo inverso, no que se mostran imáxenes nas

que só as persoas que padecen algún grado de daltonismo poden

atopar unha figura en relevo que está oculta para os demáis.

Diplopía, visión doble ou estrabismo: son causados pola

debilidade ou parálise dos músculos externos do globo ocular.

Cegueira: pode ser causada pola presión do nervio óptico. Tamén

pola separación da retina dende o interior do globo ocular.

A conjuntivite: produce enroxecimento, inflamación, molestias e

constante lagrimeo. Durante o sono, prodúcese unha secreción de

pus que, ao secarse, fai que as pestanas se peguen entre sí. A

prevención desta enfermidade lógrase mediante a práctica de

medidas hixiénicas coma lavarse regularmente ben os ollos, usar

toallas limpas, non frotar os ollos coas mans sucias, aplicar só os

medicamentos (colirios ou cremas) receitados polo médico.

Presbicia ou dificultade para enfocar obxectos

próximos. Coñécese vulgarmente como vista

cansa. É debida ao endurecemento do

cristalino coa idade.

Astigmatismo: Deformación da córnea ou alteración da

curvatura da lente ocular. Provoca

unha visión distorsionada debido á

imposibilidade de que converxan os

raios luminosos nun so punto da

retina.

Pódese corrixir con lentes ou quirúrxicamente.

Miopía. A miopía é un defecto refractivo consistente en que o

punto focal fórmase diante da retina cando o ollo se atopa en

repouso, en lugar de na mesma retina, como sería normal.

Porén, o ollo é incapaz de enfocar obxectos afastados, facendo que

aparezcan borrosos. A maioría das miopías considéranse como

unha variación da visión normal, máis que unha patoloxía.

Existen dúas causas posibles: a córnea está demasiado curvada ou

o globo ocular é demasiado grande.

Pódese corrixir con lentes diverxentes ou quirúrxicamente.

Hipermetropía. É un defecto ocular que consiste en que os raios

de luz que inciden no ollo, enfócanse nun punto situado detrás da

retina, en lugar de na mesma retina como sería normal. A

consecuencia é unha mala visión a distancias curtas. Pódese

corrixir mediante a utilización de lentes convexas ou

quirúrxicamente.

Glaucoma. Na mayor parte dos tipos de glauncoma, o sistema

de drenaxe do ollo tápase e o fluído intraocular no

pode drenar. Ao acumularse, causa un aumento

de presión no interior do ollo que dana o nervio

óptico, que é moi sensible, levando á perda da

visión.

Existen dous aspectos claves para sospeitar o diagnóstico de

glaucoma: a elevación da presión intraocular por riba de 21 mm

de mercurio e a presenza dun disco óptico escavado. Calquera de

estas dúas circunstancias fan probable o diagnóstico,

especialmente se existen antecedentes familiares da enfermidade

e a idade é superior aos corenta anos.

Visión correcta Visión con glaucoma

Cataratas. Pérdida progresiva da

transparencia do cristalino, que pode

chegar a impedir a visión (pode

compararse a unha ventá que se

"empana" con vapor). Non é unha tea ou

capa que cubre o ollo.

Conxuntivite. É a inflamación da membrana

mucosa que recobre o interior das pálpebras

(membrana conxuntiva) e que se estende á parte

anterior do globo ocular.

Presenta como manifestacións comúns enroxecimento, fotofobia e

lagrimeo, así coma outras dependentes da súa causa (lagañas

matutinas nas infecciosas, ganglios aumentados de tamaño nas

víricas, etc), con unha duración entre unha e tres semanas.

4) ENFERMIDADES DO OLFACTO

Este sentido permite percibir os olores. O nariz, equipado con nervios

olfactivos, é o principal órgano do olfacto. Os nervios olfactivos son

tamén importantes para diferenciar o gusto das sustancias que se

atopan dentro da boca, é dicir, moitas sensacións que se perciben

coma sensacións gustativas, teñen a súa orixe no sentido do olfacto.

Tamén é importante dicir que a percepción dos olores está moi

relacionada coa memoria: determinado aroma é capaz de evocar

situacións da infancia, lugares visitados ou persoas queridas.

A captación dos olores é o primeiro paso dun proceso que continúa

coa transmisión do impulso a través do nervio olfactivo e acaba coa

percepción do olor polo cerebro.

Enfermidades do olfacto e o nariz:

Arrefriado: é unha enfermidade infecciosa aguda do tracto

respiratorio, causada por certo tipo de virus. Provoca conxestión, e

evita o normal funcionamento do olfacto, excesiva secreción nasal,

dor de garganta e tos.

Rinite: trastorno inflamatorio da membrana mucosa do nariz.

Caracterízase por secreción nasal acuosa, con conxestión e

dificultade para respirar polo nariz.

Febre do feo: é unha forma de rinite estacional causada por

alerxia ao pole. Provoca ataques intensos de esbirros, inflamación

da mucosa nasal e os ollos, e respiración defectuosa.

Alerxias nasais: causan irritación pola respiración de

contaminantes, etc.

5) ENFERMIDADES DO GUSTO

Esta facultade humana, que tamén posúen os animais, actúa polo

contacto de substancias solubles coa lingua. O ser humano é capaz

de percibir un amplo repertorio de sabores como resposta á

combinación de varios estímulos, entre eles textura, temperatura,

olor e gusto.

Analizándoos de forma illada, o sentido do gusto só percibe catro

sabores: doce, salgado, ácedo e amargo.

Enfermidades do sentido do gusto:

Perda do sentido: para conservar este sentido débese manter

unha hixiene bucal axeitada, que se consigue con cepillos e

dentífricos.

Embotación da sensibilidade gustativa: cando se saborean

substancias moi ácedas ou moi fortes (picantes, etc.)

I rritación da mucosa lingual: ocorre por exceso de fume do

tabaco, provocando que diminúa a percepción dos sabores.

Previr enfermidades coma a carie en dentes e moas, periodontite

e/ou xenxivite, nas enxivas.

6) ENFERMIDADES DO TACTO

O tacto, é outro dos cinco sentidos dos seres humanos e doutros

animais. A través do tacto, o corpo percibe o contacto coas distintas

substancias, obxectos, etc.

A pel:

Posúe, nun corte transversal, tres capas: a epiderme, que é a que

intervén principalmente na función do tacto, xa que é a máis externa.

A derme, que é a capa do medio e a capa subcutánea.

Os seres humanos presentan terminacións nerviosas especializadas

na epiderme, que se chaman receptores do tacto. Estos receptores

transportan as sensacións cara ao cerebro a través das fibras

nerviosas. Hai sectores da pel que posúen maior sensibilidade, xa que

o número de receptores varía en toda a pel.

A pel detecta tamén sensacións coma a temperatura e a dor.

Enfermidades do tacto:

Urticaria: alteración alérxica da pelu caracterizada pola aparición

repentina o reiterada de manchas, ronchas ou outras

manifestacións. Polo xeral son coma inflamacións.

Psoriase: É unha enfermidade

crónica. Caracterízase pola aparición

de placas escamosas, dunha cor

vermella ou parda, cubertas por

pequenas escamas brancas.

Xeralmente afecta aos xeonllos, ao

coiro cabeludo e ao peito.

Dermatite: é a inflamación da pel, en concreto da derme. Os

síntomas son enroxecemento, dor e exudación da zona afectada.

Cando se presenta por un longo período, soe presentar ronchas,

costras e moita sequedade da pel. É debida a parásitos ou

irritantes físicos ou químicos.

Micose: é unha enfermidade producida por

fungos, causa moita molestia porque xera

moita picazón e irritación da pel.

A tiña: É unha infección en forma de anel. Os fungos atacan os

folículos pilosos, do coiro cabeludo ou da barba. Preséntanse

erupcións molestas e desagradables, escomezando con erupcións

vermellas, que cada vez se fan máis grandes e máis vermellas,

acompañadas de moita picazón.

A Pedicuros (Piollos) : está causada por parásitos externos

chamados piollos.

A Sarna: És unha enfermidade da pel producida por un ser

microscópico chamado ácaro. Este animal, cava

galerías debaixo da pel; alí pon os seus ovos e alí

se desenvolven as súas crías, as cales producen

gran picazón. Esta enfermidade é moi contaxiosa,

porque o ácaro pode pasar dunha persoa a outra. A

mellor forma de controlar esta enfermidade, é

practicar correctamente a hixiene persoal.

O acné: É unha afección da pel consistente nunha retención da

secreción das glándulas sebáceas que se inflaman e infectan. Pode

ser causado por problemas hormonais,

especialmente na pubertade. Preséntase tanto

en nenos coma en nenas. Esta irritación

xeralmente se presenta no rostro, pero tamén

se localiza nas hombreiras e no lombo. O acné

pode ser tratado con cremas especiais,

receitadas por médicos dermatólogos. Tamén

é moi importante o consumo de alimentos baixos en graxas.

Carlos de Troya Fernández

Ángel Palacio Iglesias

Manuel González Crespo

Álvaro Concheiro Díaz

J avier Rubio López

3º ESO”A”

CON LA COLABORACIÓN DE: