4
federación de servizos á cidadanía Sector administración xustiza ALEGACIÓNS DO SECTOR DE XUSTIZA DE CCOO AO PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE DETERMINA A ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN DA OFICINA FISCAL EN GALICIA E DA UNIDADE DE APOIO AO FISCAL SUPERIOR Consideracións xerais Este proxecto de decreto é unha operación orquestrada a nivel nacional como unha maniobra de márketing político, que pretende vender á sociedade unha realidade que non existe: fronte ás declaracións de intencións dunha xustiza áxil e moderna, os profesionais que vivimos o día a día da xustiza como servizo público somos coñecedores das dúas características intrínsecas á mesma que marcan o colapso e decrepitude do que debería ser unha prioridade para o goberno, en aras a garantir os dereitos da cidadanía: fronte a unha necesaria racionalización e dotación de medios persoais e materiais, o que impera é o caos, a improvisación, a falta de recursos e os parches mediáticos e inservibles para solucionar os problemas estruturais da xustiza. Unha Nova Oficina Fiscal debería ser simultánea á creación da Nova Oficina Xudicial, os servizos comúns xerais e as unidades procesuais de apoio directo, toda vez que a interrelación entre xulgados e fiscalías precisan de actuacións coordinadas, e, dende logo, antes de iniciar calquera reforma de envergadura como esta, ambiciosa dende o punto de vista político, e de servizo á cidadanía, o primeiro que debería estar implantado é o expediente electrónico, alicerce básico sobre o que debería partir calquera reforma que se antolle como eficaz. Polo tanto, dende CCOO, o primerio que queremos alegar é a extemporaneidade deste decreto, e demandamos o seu adiamento, en tanto non sexa xeralizado o uso do expediente electrónico na Administración de Xustiza. Iso non representa una renuncia á necesaria actualización da Oficina Fiscal ás necesidades actuais, polo que consideramos que ese adiamento non debe ser óbice

Alegacións decreto nof

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Alegacións decreto nof

federación de

servizos á cidadanía Sector administración xustiza

ALEGACIÓNS DO SECTOR DE XUSTIZA DE CCOO AO PROXECTO DE DECRETO

POLO QUE SE DETERMINA A ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN DA OFICINA FISCAL

EN GALICIA E DA UNIDADE DE APOIO AO FISCAL SUPERIOR

Consideracións xerais

Este proxecto de decreto é unha operación orquestrada a nivel nacional como unha

maniobra de márketing político, que pretende vender á sociedade unha realidade que

non existe: fronte ás declaracións de intencións dunha xustiza áxil e moderna, os

profesionais que vivimos o día a día da xustiza como servizo público somos

coñecedores das dúas características intrínsecas á mesma que marcan o colapso e

decrepitude do que debería ser unha prioridade para o goberno, en aras a garantir os

dereitos da cidadanía: fronte a unha necesaria racionalización e dotación de medios

persoais e materiais, o que impera é o caos, a improvisación, a falta de recursos e os

parches mediáticos e inservibles para solucionar os problemas estruturais da xustiza.

Unha Nova Oficina Fiscal debería ser simultánea á creación da Nova Oficina

Xudicial, os servizos comúns xerais e as unidades procesuais de apoio directo,

toda vez que a interrelación entre xulgados e fiscalías precisan de actuacións

coordinadas, e, dende logo, antes de iniciar calquera reforma de envergadura como

esta, ambiciosa dende o punto de vista político, e de servizo á cidadanía, o primeiro

que debería estar implantado é o expediente electrónico, alicerce básico sobre o

que debería partir calquera reforma que se antolle como eficaz.

Polo tanto, dende CCOO, o primerio que queremos alegar é a extemporaneidade

deste decreto, e demandamos o seu adiamento, en tanto non sexa xeralizado o

uso do expediente electrónico na Administración de Xustiza.

Iso non representa una renuncia á necesaria actualización da Oficina Fiscal ás

necesidades actuais, polo que consideramos que ese adiamento non debe ser óbice

Page 2: Alegacións decreto nof

federación de

servizos á cidadanía Sector administración xustiza

á consolidación dos reforzos estruturais, que rozan a ilegalidade, ou, cando

menos, están nunha situación de limbo legal, toda vez que as diferentes ordes da

Dirección Xeral de Xustiza considera ao persoal de reforzo como o necesario para

necesidades moi puntuais e por tempo moi limitado. A existencia de reforzos de máis

de dez anos de duración é unha figura única en todas as administracións, pero ao

parecer, na administración de xustiza de Galicia, hai un interés en non recoñecer

como estruturais esas prazas e manter a interinidade de situacións que precisan

dunha consolidación inmediata.

Por outra banda, cando está posta en cuestión a cesión ou non da instrución dos

procedementos penais ao Ministerio Fiscal, con cambios lexislativos inminentes

e aínda por concretar, consideramos que o esforzo pode ser baldío ante as novas

circunstancias que se aveciñan, razón de máis para solicitar o adiamento.

Alegacións

No preámbulo do proxecto, parágrafo sétimo, faise referencia á RPT,

debendo engadirse que o aclopamento será en todo caso voluntario sen

ningún tipo de adscripción forzosa, e con reserva de praza na localidade.

Así mesmo, no parágrafo oitavo do mesmo preámbulo e unha autoemenda

en toda regla á incompetencia da Dirección Xeral de Xustiza, que non foi

quen de acompasar o incremento de persoal da carreira fiscal co dos

funcionarios de xustiza e recoñécese a necesidade de acadar a ratio dun

funcionario por fiscal. Sen embargo, é de todo punto inadmisible a

engádega “a que se deberá tender na medida en que as dispoñibilidades

orzamentarias o permitan”, que propoñemos substituir por “no prazo

improrrogable de tres anos”

No artigo 5 Estrutura das Oficinas Fiscais, apartado a) Área de apoio á

Page 3: Alegacións decreto nof

federación de

servizos á cidadanía Sector administración xustiza

xefatura debe eliminarse que esta área desenvolverá calquera outra

función análoga que lle sexa encomendada polo fiscal xefe xa que a

inseguridade xurídica e a porta que deixa aberta a funcións de calquera

índole a discreción da correspondente xefatura é unha aberración legal que

devén da constante mantida dende sempre na Administración de Xustiza:

unha inconcrección de función que deriva irremediablemente en problemas

organizativos e asunción de funcións polos traballadores que corresponden

aos seus superiores xerárquicos. Do mesmo modo, o mesmo caixón de

sastre debe ser eliminado do 5 b) e do 5 c)

No artigo 6 Funcionamento das oficinas fiscais, apartado 3 debe engadirse

que o posto de coordinador de oficina será xenérico, retribuído, con

funcións de guarda e provisto por concurso de traslado.

No artigo 7 Postos de traballo singularizados, respecto ao coordinador ou

xestor responsable, así como o responsable do control de rexistro,

estatística e calidade, debe modificarse no sentido de que será xenérico,

con maior retribución e provisto por concurso de traslado.

Nese mesmo punto no que respecta ao punto 1.2, secretario persoal, debe

reservarse aos funcionarios da administración de xustiza e por concurso de

traslado. En tempos en que presumir de austeridade e recortes semella un

logro político, auténtica barbarie, non é de recibo a creación de cinco

postos de traballo por libre designación e abertos á funcionarios da Xunta

de Galicia. Rexeitamos de plano as libres designacións, por ser campo

aberto á corrupción e o enchufismo, e por ter a Administración de Xustiza

persoal cualificado suficiente para desenvolver esas funcións.

Nos artigos 10 e 11, en canto aos manuais de procedemento e de postos,

bótase en falta un órgano que unifique os criterios de cada oficina fiscal, a

Page 4: Alegacións decreto nof

federación de

servizos á cidadanía Sector administración xustiza

descoordinación parece quedar sementade coa liberdade absoluta para os

xefes de cada oficina fiscal, polo que proponse a creación dunha comisión

tripartita entre administración, fiscais e organizacións sindicais en

representación dos traballadores a efectos de desenvolver e facer un

seguimento dos manuais de postos e procedementos.

Disposición adicional única: ordenación do persoal: remitímonos á primeria

alegación e, ademais, deberá garantirse a conservación de todos os postos

de traballo no seu actual destino, tanto nas Fiscalías Provinciais e as súas

seccións territoriais, así como de área e no TSXG, incrementándose de

xeito inmediato, dadas as necesidades urxentes, en tres tramitadores para

a Fiscalía Provincial da Coruña, outros tres para a de área de Vigo e dous

para a de Santiago de Compostela

Disposición transitoria primeira e segunda: remitímonos á segunda

alegación. Deixar o desenvolvemento ás dispoñibilidades orzamentarias

crea inseguridade e deixa en papel mollado o decreto entero.

En Compostela, a 21 de abril de 2014

Jorge Suárez Fernández

Responsable da negociación colectiva do Sector de Xustiza de CCOO