10
www.ccooxustiza.com 1 Edición 1038 www.ccooxustiza.com 13 de novembro de 2014 Comisión formación e interinos O mércores 12 de novembro, tivo lugar en Santiago Comisión de Formación e, acto seguido, de interinos. Achegamos un pequeno resumo da xuntanza. Formación A Comisión de Formación estivo precedida polo que ven sendo unha costume xa consolidada nos últimos anos: NON HAI CARTOS. O austericidio ponse sempre por encima do investimento e, polo tanto, o aforro na formación do persoal elimina o dereito á carreira profesional e da eficiencia do servizo. Con estas políticas absurdas, evítase a posibilidade dunha mellora da Xustiza pública, tanto a nivel profesional como económico. Investir hoxe nunha formación ao pé da realidade e dinámica é mirar ao futuro para reducir custos e colaborar na modernización efectiva da Xustiza . Pero non hai incremento orzamentario, polo que o abano de posibilidades para implementar novos cursos ten escasa marxe de manobra. Parece que se programa a formación de xeito rutinario, desincentivando a motivación pola formación e reiterando ano tras ano os mesmos módulos e cursos. O curso básico de prevención de riscos, por exemplo, non ten continuidade e non avanza cara módulos superiores. Sen análise rigoroso das necesidades da Xustiza para a formación, o sistema de cursos convértese nun trámite de acumulación de puntos para os

Novas 1038

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Novas 1038

www.ccooxustiza.com 1

Edición 1038 www.ccooxustiza.com 13 de novembro de 2014

Comisión formación e

interinos O mércores 12 de novembro, tivo lugar en Santiago Comisión de Formación e, acto seguido, de interinos.

Achegamos un pequeno resumo da xuntanza.

Formación

A Comisión de Formación estivo precedida polo que ven sendo unha costume xa

consolidada nos últimos anos: NON HAI CARTOS. O austericidio ponse sempre por

encima do investimento e, polo tanto, o aforro na formación do persoal elimina o

dereito á carreira profesional e da eficiencia do servizo. Con estas políticas

absurdas, evítase a posibilidade dunha mellora da Xustiza pública, tanto a nivel

profesional como económico. Investir hoxe nunha formación ao pé da realidade e

dinámica é mirar ao futuro para reducir custos e colaborar na modernización efectiva da

Xustiza . Pero non hai incremento orzamentario, polo que o abano de posibilidades para

implementar novos cursos ten escasa marxe de manobra.

Parece que se programa a formación de xeito rutinario, desincentivando a motivación

pola formación e reiterando ano tras ano os mesmos módulos e cursos. O curso básico

de prevención de riscos, por exemplo, non ten continuidade e non avanza cara módulos

superiores. Sen análise rigoroso das necesidades da Xustiza para a formación, o

sistema de cursos convértese nun trámite de acumulación de puntos para os

Page 2: Novas 1038

www.ccooxustiza.com 2

expedientes persoais, os interinos para as bolsas e, de cara a nova oficina xudicial e

os posibles postos específicos, agora tamén os titulares, en lugar de formar atendendo a

mellora do servizo público.

Dende a Dirección Xeral alégase que hai unha demanda razoable, case superior á oferta

en todos os cursos, sen apenas abandono de cursos e cun alto número de aprobados.

Algo non moi difícil de conseguir cando a ratio curso por funcionario de xustiza e moi

inferior ao 0,5. É dicir, que nos toca a medio curso por cabeza

Page 3: Novas 1038

www.ccooxustiza.com 3

No anterior cadro podedes ver toda a relación de cursos do ano 2014, algún aínda sen

rematar ou pendente de avaliación, podedes descargalo premendo aquí

Por outra banda, CCOO insistiu na necesidade de publicar dunha vez os cursos de

linguaxe xurídica galega, petición que vimos reiterando en sucesivas mesas sectoriais

e que non poden cumprirse pola condición de patrón explotador da Secretaría de Política

Lingüística. E é que a Xunta procedeu a despedir a todo o profesorado destes cursos

tran unha denuncia da Seguridade Social. Ese é o conflito real: unha administración, a

Xunta de Galicia, non cotizou por eses traballadores e recibiu unha multa da TXSS, só

na provincia de Pontevedra, de 300.000 Euros por cometer unha falta grave. Dando

exemplo. A solución para evitar o problema non foi empezar a cotizar a Seguridade

Social, senón despedir a todo o profesorado e erradicar eses cursos do mapa da

formación. Un atentado á propia normativa de promocionar o galego e garantir os

dereitos lingüísticos dos usuarios da Xustiza (como ocorre co Minerva, moito Foro da

lingua na intranet e demais argalladas publicitarias pero nin o programa de xestión

permite o uso do galego)

Dende CCOO reivindicamos a publicación inmediata, logo de dous anos sen

facelo, e en cumprimento da legalidade, duns cursos indispensables non só para

fornecer e favorecer o uso da lingua galega senón para exercer o dereito dos

traballadores e traballadoras a conciliar a súa vida profesional e persoal.

Así mesmo reivindicamos unha adaptación dos cursos ás necesidades da Xustiza,

a continuación e peche dos módulos formativos e que a formación en habilidades

ofimáticas vaia parella e estea directamente relacionada coa implantación do

expediente electrónico

Se queredes acceder ao contido formativo específico de cada curso premede aquí

Page 4: Novas 1038

www.ccooxustiza.com 4

Interinos

Presentáronse 1190 solicitudes para a bolsa de interinos, houbo 220 reclamacións,

todas resoltas, nun ou noutro sentido.

Como consideración, ante as dúbidas xeradas respecto a valoración dispar fronte a

outras convocatorias, no que a cursos de formación se refire, salientar que, segundo a

Administración:

- A valoración dos cursos fíxose cun criterio uniforme para toda a Comunidade, a

diferenza doutras convocatorias, onde se valoraba polas delegacións con criterios

autónomos segundo a provincia

- Isto provocou o que ao noso parecer é ir contra unha situación consolidada. Se

ben respaldamos a necesidade dun criterio único para toda Galicia en aras á

igualdade, debería ponderarse e combinarse co respecto ao dereito a situacións

consolidadas, é dicir, e dificilmente comprensible que cursos baremados e

aceptados noutras convocatorias, sexan agora rexeitados.

- Só foron valorados os cursos de formación continua, como viña recollido na Orde

- A nova bolsa non resetea a antigüidade. Se unha persoa cesa, levando máis de

180 días, cando xa están publicadas as novas listas, non pasa a ocupar o lugar

que por puntuación lle corresponde, senón que pasa ao final da lista. (é o

establecido no artigo 21.4 da Orde, pese a posición contraria de CCOO e

decenas de funcionarios que presentaron alegación a título individual )

A data de publicación será a finais de novembro, principios de decembro. Dende CCOO

valoramos o traballo realizado polos funcionarios da DXX na tramitación das instancias

aínda que non tanto o da dirección, incapaz de pechar un texto que posibilitara o rexistro

electrónico integral, a valoración nítida dos cursos e méritos como noutras

administracións e deixar, a través do 21.4, a vía aberta a recursos contenciosos por

unha interpretación ambigua da norma

Page 5: Novas 1038

www.ccooxustiza.com 5

Substitucións:

tomarnos o pelo como

deporte de risco

P.R.F. traballa no Xulgado do Penal nºX . T.B.R tamén. De feito comparten mesa e levan

os mesmos procedementos. Toda a execución do Xulgado pasa polas súas mans. Só que

P leva os números pares e T os impares. Ambos son funcionarios, desempeñan o

mesmo traballo e ocupan praza de xestión. Hai unha leve diferenza. P está ocupando a

súa praza. T está exercendo o dereito a unha substitución vertical.

Esa leve distinción supón unha diferenza substancial nas súas retribucións. T sufre

discriminación por razón de? Sabemos que hai unha sentenza e un auto do TSXG que

anulan certos artigos da resolución de substitucións e impide o seu cobro por igual. As

Page 6: Novas 1038

www.ccooxustiza.com 6

organizacións sindicais non somos lexisladoras, pero si podemos dicir alto é claro que

BASTA XA , A IGUAL TRABALLO IGUAL SALARIO!

Debe ser a Adminstración a que busque a fórmula legal para habilitar que se cobre o

mesmo por facer o mesmo, que basta de tomarnos o pelo buscando excusas en Facenda,

nos Orzamentos, nas Sentenzas.... Unha cousa é ben clara: a Dirección Xeral de Xustiza

estase enriquecendo inxustamente ao non retribuír as substitucións, e incorrendo nunha

flagrante ilegalidade incumprindo a Directiva 1999/70/CE que establece que “non poderá

tratarse aos traballadores cun contrato de duración determinada dunha maneira

menos favorable que aos traballadores fixos comparables polo mero feito de selo”,

directiva que supón dereito de obrigado cumprimento polos países membros da UE e que

obriga a modificación da lexislación nacional ou, neste caso, autonómica para adaptar o

dereito propio ao comunitario.

A promesa (parole, parole, parole,...) de en xaneiro de 2015 de abonar as substitucións

integramente pode ser considerado xa un mandato dos traballadores e CCOO, en caso de

non ser acatado, emprenderá accións legais para o pago íntegro das substitucións, como

no resto de territorios.

Antes de litigar instamos á DXX a negociar unha nova resolución de substitucións, que

garanta o pago íntegro das mesmas e onde tamén se modifique o sistema de quendas en

auxilio xudicial, xa que as distorsións e nomeamentos forzosos mediante o intempestivo

método da atribución de funcións por fax, incluso o mesmo día, están provocando un caos

e situacións de conflito entre os traballadores.

Page 7: Novas 1038

www.ccooxustiza.com 7

Dose de realidade

Page 8: Novas 1038

www.ccooxustiza.com 8

Montoro Burns

El anuncio de Montoro en el Congreso de los Diputados hoy, sobre la devolución de tan

solo un 24 % de la paga extra que el gobierno nos robó completa en 2012, es un nuevo

insulto a todas las empleadas y empleados públicos.

Son deplorables las palabras del ministro de Hacienda del Gobierno español, que,

sabedor que todas las sentencias señalan que las cantidades devengadas antes de que

entrara en vigor el vergonzoso Real Decreto ley 20/2012 no pueden ser suprimidas,

pretende de nuevo engañar a los trabajadores/as públicos con palabras mentirosas que

pretenden humillarnos de nuevo.

Page 9: Novas 1038

www.ccooxustiza.com 9

CCOO exige a Montoro y al Gobierno de Rajoy que nos devuelva todo lo que nos robó, no

solo el 100% de la paga, y además sabe que al personal de la Administración de Justicia

no solo es injusto que no se nos devuelva de oficio ya a todos los trabajadores/as el 100%

de la paga de 2012, sino que también es ilegal, porque le recordamos, por enésima vez al

Gobierno, que la paga extra de diciembre 2012 había sido devengada completa en la

Administración de Justicia cuando se llevó a cabo la reforma de la LOPJ en diciembre de

2012 para poder hacerlo.

Luego, por dos motivos, el personal de la Administración de Justicia de toda España debe

recuperar el 100% de la paga de diciembre de 2012 de inmediato: porque es de justicia y

porque es ilegal dejar sin devolver ni un céntimo de euro, cuando cada vez hay más

sentencias judiciales que están reconociendo este derecho.

CCOO se ha vuelto a dirigir hoy a los máximos responsables del Ministerio de Justicia

para exigirles la devolución del 100% de la paga extra de diciembre, y de oficio, a todo el

personal de la Administración de Justicia, sin esperar a más sentencias judiciales que

siguen dando la razón a los trabajadores/as. Y exigimos lo mismo a todas las CCAA con

competencias transferidas, para que devuelvan también el 100% de la paga de diciembre

2012 en sus ámbitos de competencia.De no hacerlo, el Gobierno (y las CCAA) volverán a

demostrar lo que les importa la legalidad cuando ésta no les da la razón. Menos palabras

y menos mentiras señor Rajoy, y más hechos

Respecto al anuncio de Montoro de hoy de que ese ridículo 24 % se devolverá en la

Administración General del Estado en la nómina de enero 2015, seguramente se hará

extensivo al ámbito no transferido de la Administración de Justicia, aunque hasta el

momento el Ministerio de Justicia no ha informado de si lo hará en la nómina de enero o

de febrero de 2015.

Page 10: Novas 1038

www.ccooxustiza.com 10

Correo de contacto: [email protected]

Tfno do Sector de Xustiza: 619282917

Delegados/as:

Coruña: Raquel [email protected]

Ferrol Mati [email protected]

Santiago: Ana [email protected]

Vigo e Pontevedra: Tino Novoa [email protected]

Ourense: Sonia [email protected]

Lugo. Rafa [email protected]

Coordinación: Jorge [email protected]