7

Acubillando

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Acubillando
Page 2: Acubillando

Ante a grave situación de crise que vive Lalín actualmente , con mais de 1700 parados logo de ter históricamente cifras moi por debaixo dos 1000 desempregados é preciso tomar determinación por parte do goberno municipal para axudar a sair da crise, apoiar á xente emprendedora e implementar medidas positivas para manter a esperanza de que a xente nova aporte o seu talento a Lalín.

En reiteradas ocasión o Grupo Municipal Socialista ten solicitado a creación dun viveiro de empresas como instrumento de apoio ao emprendedor, á vista dos bos resultados que estas iniciativas teñen dado noutras localidades, pero por parte do PP non hai vontade de apoiar ás novas ideas que poden sair dende Lalín.

Pódese atopar na prensa dos últimos anos como dende o PP se anunicou a in inminente creación dun viveiro de empresas que nunca se produceu

Non hai mais que revisar os periódicos do 23 de setembro de 2007 onde dende o Concello anunciaban a inminente creación deste organismo

O PP DE LALÍN NON APOIA AOS NOVOS

EMPRENDEDORES

Page 3: Acubillando

Para os socialistas lalinenses a creación do viveiro de empresas é unha medida emprescindible de apoio para axudar á xente nova é emprendedora.

Consideramos esta medida de apoio ao autoemprego como un instrumento complementario a outro plan tamén presentado polos socialistas como é o Plan Talento Lalín

Polo tanto trátase dunha medida que acompañada do antedito Plan, do Plan de Emprego para mulleres presentado onte e dalgunhas medidas mais que iremos presentando , intentan levar a Lalín a unha nova senda de actividade cun crecemento ordenado , sostible e principalmente con cernes sólidos Os socialistas sí cremos que dende o Concello se pode facer algo polo emprego, algo mais que enchufar aos acólitos como fai o PP

UN CONXUNTO DE MEDIDAS DE

APOIO AO EMPREGO E A INNOVACIÓN

Page 4: Acubillando

APOIO AOS EMPRENDEDOR

ESNUN LUGA

PARA A INNOVACIÓN

OS SERVIZOS OFERTADOS POLO VIVEIRO DE EMPRESAS PROPOSTO SON:

-LOCAL DE ACUBILLO PARA EMPRESAS: non mais de 2 anos para crecer e con cotas de aluguer baixas para manter o local e os servizos (cotas de compromiso de traballo)- PERSOAL ADMINISTRATIVO COMÚN: persoal de recepción e atención telefónica común-ASESORAMIENTO PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS: aberto a todo aquel que teña un proxecto emprendedor- AXUDA NA ELABORACIÓN DE PLANS DE EMPRESA- PROMOCIÓN DA EMPRESA CREADA- REDES INFORMATICAS COMPARTIDAS- SALAS DE REUNIÓNS E AULA EMPRESARIAL- ASESORAMIENTO SENIOR: por grupos de expertos empresariais de reputada experiencia. Imprescindible á colaboración dos empresariado local- CONVENIOS CO IGAPE PARA FINANCIAMENTO: baixos xuros e con períodos de carencia- CONVENIOS CON REDES DE EMPRENDEDORES: Uninova, Uniemprende, Unirisco….- ACCESO AS REDES DE BUSSINESS ANGELS: empresas de capital risco que fan aportacións participativas no capital social

Page 5: Acubillando

O LUGAR ESCOLLIDO:

Para a posta en marcha deste viveiro de empresas consideramos á necesidade de introducir aos novos empresarios seleccionados nun ambiente de traballo empresarial continuado polo que optamos en primeiro lugar polo aluguer dunha nave no Polígono Lalín 2000.

A día de hoxe e como consecuencia da crise hai un bo número de naves válidas para este fin e que se poderían conquerir cun aluguer asequible para o Concello.

O axeitamento do espazo faríase de xeito modular para que se poida adaptar ás necesidades das INCUBADAS reservando espazos para Administración , Espazos comúns (sala de reunións, aula, etc) e outros servizos

ACHEGAR OS EMPRENDEDOR

ESÁS EMPRESAS

Page 6: Acubillando

UNHA APOSTA POLA

INNOVACIÓN NO NOSO

MEDIO

A SELECCIÓN DE EMPRENDEDORES:

Por definición Acubillando tratará de dar servizos a todos e todas os emprendores lalinenses que teñan unha boa idea e que presenten un Plan de Empresa sólido. Na súa elaboración participarán os servizos de apoio e asesoramento

Se o número de aspirantes supera o número de prazas existirá un comité de selección participado polo Concello de Lalín, o Consello Local de Xuventude e os empresariados locais que decidirán en función da normativa elaborada

Esa normativa contemplará como aspectos positivos para a selección:

- Número de empregos a crear-Proxectos de base tecnolóxica-Proxectos de base agroalimentaria e agrogandeira- Proxectos de base innovadora- Empresas que garantan a igualdade entre home e muller

Page 7: Acubillando

“TRABALLANDO POLO EMPREGO EN LALÍN”

MANUEL GONZÁLEZ ALLERCANDIDATO Á ALCALDÍA DE LALÍN