4
O NOSO DECÁLOGO DE BON GOBERNO 1.Os veciños e veciñas de Lalín teñen dereito a coñecer todo o que se fai no seu Concello , os órganos municipais teñen que ser trasnparentes e dar contas da súa acción. Exemplo: actas de plenos e comisión de goberno serán expostos para a súa consulta pola cidadanía Asimesmo todos os expedientes de contratación de obras e servizos. (ex: web local) 2. Todos os veciños e veciñas de Lalín, en individual ou asociado gozarán dos mesmos dereitos no Concello, sen discriminacións de ningún tipo e fomentarase a súa participación na vida municipal. Exemplo: Elaboración dun Regulamento de Participación cidadán que recolla de xeito explícito estes compromisos 3. Os veciños e veciñas de Lalín teñen dereito a elixir ás persoas que os representen os seus representantes nos órganos de

Decalogotransparenci aslide

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Decalogotransparenci aslide

O NOSO DECÁLOGO DE BON GOBERNO

1. Os veciños e veciñas de Lalín teñen dereito a coñecer todo o que se fai no seu Concello , os órganos municipais teñen que ser trasnparentes e dar contas da súa acción.

Exemplo: actas de plenos e comisión de goberno serán expostos para a súa consulta pola cidadanía Asimesmo todos os expedientes de contratación de obras e servizos.

(ex: web local)

2. Todos os veciños e veciñas de Lalín, en individual ou asociado gozarán dos mesmos dereitos no Concello, sen discriminacións de ningún tipo e fomentarase a súa participación na vida municipal.

Exemplo: Elaboración dun Regulamento de Participación cidadán que recolla de xeito explícito estes compromisos

3. Os veciños e veciñas de Lalín teñen dereito a elixir ás persoas que os representen os seus representantes nos órganos de representación ante o Concello.

Exemplo: os e as representantes veciñais ante o Concello (pedáneos) serán elixidos democráticamente

Page 2: Decalogotransparenci aslide

O NOSO DECÁLOGO DE BON GOBERNO

4. Os veciños e veciñas de Lalín teñen dereito a coñecer os custes das principais actuacións do goberno local.

Exemplo: para todas as obras superiores aos 60 mil euros publicarase o presupostado e o custe final con medios accesibles para a cidadanía (ex: prensa e web)

5. Os veciños e veciñas de Lalín teñen dereito a decidir onde se van investir os seus cartos

Exemplo:Orzamentos nos que os veciños poidan decidir

6. Os veciños e veciñas de Lalín teñen dereito a coñecer como evolucionan os seus trámites administrativos en cada momento.

Exemplo: administración electrónica con con consulta eseguimentos por parte da persoa interesada en Internet.

7. Todos os veciños e veciñas de Lalín, por individual ou asociados, teñen os mesmos dereitos no uso e disfrute das infraestruturas e locais de uso público.

Exemplo: regulamento de uso dos locais, sociais e veciñais e de todos os centros de uso público

Page 3: Decalogotransparenci aslide

O NOSO DECÁLOGO DE BON GOBERNO

8. Os veciños e veciñas de Lalín teñen dereito a coñecer canto cobran os seus representantes e cargos públicos polo desempeño das súas funcións(concelleiros/as e cargos de confianza)

Exemplo: na web do Concello publicarase un apartado con esta información así como do total percibido en dietas e asistencias por cada un dos concelleiros/as

9. Todos os cidadáns e as empresas teñen os mesmos dereitos e oportunidaes a hora de ser contratados polo Concello de Lalín.

Exemplo: listaxes de contratación laboral dos postos mais demandados, procesos de selección sen entrevistas, exames de oposición tipo test , listaxe de empresas contratistas, listaxe de facturación por empresas ao Concello.

10. Os medios de difusión do Concello estarán rexidos por órganos plurais que garantan a máxima imparcialidade .

Exemplo: web, Radio Local, boletíns, etc estarán rexidos e supervisados por un consello no que estean representantes das organizacións políticas con representación no Concello e dos distintos colectivos veciñais ,culturais, etc elixidos democráticamente. O pleno do Concello aprobará un Regulamento de funcionamento que determine a composición, fins e funcionamento dese consello.

Page 4: Decalogotransparenci aslide

“ISTE DECÁLOGO SERÁ UN COMPROMISO INELUDIBLE DO

NOSO GOBERNO COS LALINENSES PARA O

SANEAMENTO DEMOCRÁTICO DA NOSA VILA “

Manuel González Aller Candidato á alcaldía de Lalín