5
PARO EN LALÍN NOVEMBRO 2012 ANÁLISE DE DATOS E CONTRASTE CO ORZAMENTO MUNICIPAL PARA 2013

Paro Novembro 2012 Lalín

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Paro Novembro 2012 Lalín

PARO EN LALÍN NOVEMBRO 2012

ANÁLISE DE DATOS E CONTRASTE CO ORZAMENTO MUNICIPAL PARA

2013

Page 2: Paro Novembro 2012 Lalín

NOVEMBRO 2011 O PP GOBERNA DENDE ENTÓN A TODOS OS NIVEIS: ESPAÑA, GALICIA E LALÍN

Page 3: Paro Novembro 2012 Lalín

OBSÉRVASE NESTA GRÁFICA QUE O PARO EN LALÍN SEGUE MEDRANDO MAIS ACELERADAMENTE QUE NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA,GALICIA OU ESPAÑA. NON SE RALENTIZA

Page 4: Paro Novembro 2012 Lalín

OS SOCIALISTAS LALINENSES DENUNCIAN QUE CO PP EN TODAS AS ADMINISTRACIÓNS A TENDENCIA DO PARO É A AUMENTAR MAIS RÁPIDO NA NOSA VILA -Lamentan que Crespo dedique mais tempo “a bautizar porcos no-natos que a buscar solucións aos principais problemas dos lalinenses” - Destacan a brutal suba no sector servizos que contrasta de xeito terrible cos orzamentos municipais.

A Executiva Local do PSdeG-PSOE de Lalín analizou as recentes cifras do paro que deixan en Lalín en record histórico de parados totais para esta época do ano, cerca do máximo total cando aínda quedan meses moi duros de tradicionalmente para os datos do desemprego. Como sinalan os socialistas Lalín ten hoxe 1928 parados, 234 lalinenses e lalinensas mais nas cifras de desemprego que hai un ano. Unha sangría que dende a chegada do PP ao Goberno do Estado e controlar todas as administracións (estatal, autonómica,provincial e local) non fixo outra cousa que agravarse Neste último ano o paro en Lalín creceu mais rápido en Lalín (+ 13,81%) que en España (11,02%) ,Galicia (+9,12%) ou a provincia (+9,12%). Estes datos demostran que as cifras están lonxe de ralentizarse e agraváronse coa brutal reforma laboral do PP

Page 5: Paro Novembro 2012 Lalín

Dende a Executiva Local o seu Secretario Xeral, Nicolás González Casares, manifesta que é deseperante e lamentable ver que “o alcalde José Crespo dedique mais tempo a pensar con qué nome bautizar a un porco no-nato que a buscar solucións para os case 200º lalinenses que non atopan en Lalín solucións para un proxecto de vida”. Para os socialistas a situación é desesperante “pois non se envían mensaxes que evidencien que se traballa contra esa lacra, mais ben ao contrario, o alcalde anda no seu xogo de que cada ano por estas datas sen decatarse que a cidadanía está sufrindo”. Segundo os socialistas non so os espectáculos do alcalde manifestan o pasotismo do PP contra o paro, os propios orzamentos municipais demostran que non hai vontade de loitar contra él. E os socialistas exemplifícano co sector servizos, que é o que mais crece en desempregados. En Lalín hoxe hai 812 parados nese sector, mais que o total de lalinenses en paro antes da crise, eses parados proceden de sectores como o comercio local ou a hostelería ,cal foi a resposta municipal a ese problema?: - O PP so ten nos orzamentos do 2013, 20.000 euros para Promoción do Comercio Local e Actividades e 4.000 para Actividades de Promoción Turística. O Lalín Arena supón so 738.960 , 30 veces mais que o total que se dedica ao Turismo e ao Comercio Local xuntos