4
Jean Marie Straub (Metz, 1933) Danièle Huillet (París, 1936-Cholet, 2006)

#OutraHistoriaDoCinema: Straub-Huillet

Embed Size (px)

Citation preview

Jean Marie Straub (Metz, 1933) Danièle Huillet (París, 1936-Cholet, 2006)

Jean-Marie Straub e Danièle Huillet coñecéronse en 1954. Straub estaba moi relacionado coa cinefilia parisina da época (era amigo de François Truffaut) e exerceu coma asistente de dirección de Robert Bresson, Abel Gance, Jean Renoir e Jacques Rivette. Jean-Marie e Danièle casaron en 1959 e formaron parella, na vida e na arte, até a prematura morte dela en 2006 vítima dun cancro.

Malia seren os dous franceses, o seu traballo desenvolveuse sobre todo na Alemaña e en Italia. A súa carreira iniciouse en 1963 coa curta Machorka-Muff (1963), á que lle seguiu a mediometraxe Non reconciliados (1965).

En 1968 dirixiron Crónica de Anna Magdalena Bach, que participou no Festival de Berlín dese ano. Curiosamente, o filme foi emitido en TVE pouco máis dun ano despois, o 6 de setembro de 1969, dentro dun ciclo dedicado ao cinema alemán de posguerra.

Logo viñeron, entre outras moitas, Leccións de historia (1972), Moisés e Aaron (1975), Fortini/Cani (1976), Dalla nube alla resistenza (1979), Trop tot, trop tard (1982), Relacións de clase (1984), A morte de Empédocles (1987), Sicilia! (1999), Operai, contadini (2002), Quei loro incontri (2006)...

O cinema dos Straub-Huillet é austero, rigoroso e esixente, un cinema de planos fixos e longos fervorosamente antinaturalista, defensor das interpretacións declamativas que fan das súas películas unha festa sonora. Un xenuíno desafío intelectual que adapta ou se inspira en material alleo, con frecuencia pouco convencional, incluídas óperas e textos políticos. Un cinema que reivindica as bases esenciais da sétima arte, de David Wark Griffith a John Ford.

A súa influencia no cinema de autor contemporáneo é altísima, nomeadamente o portugués Pedro Costa (Juventude em marcha, Cavalo dinheiro), que fixo un excelente documental sobre a parella, Onde jaz o teu sorriso.