9
SELECCIONADOS XUNTANZA DO “SOLF” SERVIZO DE ORIENTACIÓN DE LECTURA ÁS FAMILAS XUÑO 2014 Biblioteca Pública Municipal de Narón R/ 25 de Xullo, s/n 15570 Narón, A Coruña 981 382 173 [email protected]

Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Libros seleccionados do fondo infantil, correspondentes ás novas adquisicións entre marzo e xuño de 2014. Presentados o venres 13 de xuño na 8ª xuntanza do SOLF (Servizo de Orientación de Lectura ás Familias) na Biblioteca Pública Municipal de Narón

Citation preview

Page 1: Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)

SELECCIONADOS 8ª XUNTANZA DO “SOLF”

SERVIZO DE ORIENTACIÓN DE LECTURA ÁS

FAMILAS

XUÑO 2014

Biblioteca Pública Municipal de Narón

R/ 25 de Xullo, s/n 15570 Narón, A Coruña

981 382 173

[email protected]

Page 2: Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)

Seleccionados “SOLF” 8ª Xuntanza, 13 de xuño de 2014

1 Biblioteca Pública Municipal de Narón

SELECCIONADOS: CONTOS E OUTROS DOCUMENTOS PRESENTADOS NA OCTAVA XUNTANZA DO

“SERVIZO DE ORIENTACIÓN DE LECTURA ÁS FAMILIAS”

VENRES 13 XUÑO DE 2014

Sección infantil I1 (de 0 a 6 anos)

Contos de humor:

Si yo fuera un gato, de Paloma Sánchez Ibarzábal. Un simpatiquísimo conto sobre a empatía e a tolerancia que nos ensina a poñernos na pel doutras persoas (ou animais) e comprender as súas características. As ilustracións son tremendamente orixinais e dunha grande beleza. BOMBÓN

Soy el más guapo, de Mario Ramos. O lobo ten o guapo subido e quere que todo aquel con quen se atopa quede abraiado coa súa beleza. Polo conto desfilarán personaxes coñecidos dos contos clásicos: Carapuchiña Vermella, os tres porquiños, os sete ananiños… ata que da con alguén á que non é capaz de impresionar, xa que valora máis outro tipo de virtude.

Atrapados, de Oliver Jeffers. Que pasa cando a cometa de Floyd queda atrapada nunha árbore? Durante o conto veremos todo o que o protagonista fai para poder recuperala. Unha historia chea de esperanza, ilusión e autosuficiencia cuns divertidos toques de humor absurdo e tamén algún que outro susto.

Contos de medo:

Corre a casa, ratoncito, de Britta Teckentrup. Un libro moi orixinal que apoia toda a súa forza nas ilustacións. A través dos pequenos furadiños que ofrecen as súas páxinas, podemos ver os ollos dos distintos animais que atemorizan ao ratiño protagonista. Non é habitual que un conto para nenos e nenas tan pequenos teña por obxecto provacar tanta inquietude, tanta curiosidade por saber como lle irá ao final ao protagonista.

Page 3: Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)

Seleccionados “SOLF” 8ª Xuntanza, 13 de xuño de 2014

2 Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contos da animais, da natureza:

Osito busca a sus amigos, de Daniela Kulot. Este libro non é un conto en si, senón un xogo de observación. Consta de sete láminas, unha por cada día da semana, nas que o protagonista ten que buscar aos seus amigos entre outros moitos personaxes que compoñen a escea. Así, o pequeno oso vai de visita a unha granxa, unha vila, un bosque, ao mar, ao lonxano oeste, ao país dos contos e ao espazo exterior.

Si yo fuera un león, de Isabel Pin. Un fantástico conto troquelado que invita a xogar cos sonidos que emiten os diferentes animais (un xogo que gosta tanto aos máis pequenos/as). O seu formato troquelado transforma o conto en xoguete en si mesmo.

El milagro del oso, de Wolf Erlbruch. O noso protagonista, un oso que acaba de espertar do seu letargo invernal, experimenta un intenso desexo de ser pai, pero non sabe como facer para ter un fillo. As respostas que o resto dos animais lle dan non parecen ter moito sentido e terá que ser el mesmo o que descobra a verdade. Este é o conto perfecto para “matar á cegoña” e desterrar todos os falsos mitos sobre a reprodución antes de explicarlles aos nenos e nenas de onde veñen os bebés.

Un pájaro puede volar, de Douglas Florian. Sinxelísimo conto que expón o que os animais poden e non poden facer, para dar a entender que cada un ten as súas propias características e todas son igual de valedeiras.

Temático:

300 adivinanzas. Este libro propón o xogo clásico de adiviñas co que tanto disfrutan os nenos e nenas. É estupendo para estimular a súa imaxinación ao mesmo tempo que os adultos xogamos con eles. Tamén pode ser unha boa maneira de pasar o tempo mentres facemos unha viaxe.

Page 4: Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)

Seleccionados “SOLF” 8ª Xuntanza, 13 de xuño de 2014

3 Biblioteca Pública Municipal de Narón

Sección infantil I2 (de 6 a 9 anos)

Contos fantásticos:

La princesa que quería escribir, de Beatriz Berrocal. A nosa protagonista é unha princesa que non quere ser coma as demáis. Ela non quere saber nada de príncipes azuis, de xoias nin de vestidos. O que quere é cumprir o seu soño de ser escritora. Un conto sobre a tolerancia nas relacións dos pais e os fillos e sobre a ruptura dos estereotipos de xénero.

Contos de animais, da natureza:

El secreto de Luis, de Mario Ramos. Nun mundo de porquiños, o lobo pode sentirse desamparado e ameazado se non consegue adaptarse. O noso lobo protagonista desmitifica a figura do lobo dos contos clásicos, amosándose coma un personaxe inseguro e cheo de medos.

Contos de humor:

Mis vecinos los piratas, de Jonny Duddle. A medio camiño entre conto e banda deseñada polo espectacular das súas ilustracións. Unha historia para identificar os nosos prexuizos e aprender a ser máis tolerantes. O orixinal e distinto deste conto é que non ofrece unha moralexa, senón que deixa ver ao final que é difícil cambiar os prexuizos dalgunhas persoas se non obteñen algo a cambio.

El monstruo Malacresta, de Puño. Todos os nenos e nenas da cidade de Bodenburg reciben puntualmente ás nove a visita dun monstro que os quere asustar. Pero o monstro Malacresta non quere facer o seu traballo, prefire ser un neno para que lle lean un conto e lle leven un vaso de leite con mel.

Page 5: Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)

Seleccionados “SOLF” 8ª Xuntanza, 13 de xuño de 2014

4 Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contos da vida real:

Cuando la muerte vino a nuestra casa, de Jürg Schubiger. A morte chega a un lugar onde non a coñecen e transforma todo o que ata ese momento era dunha maneira. Conto para tratar o tema da morte e os sentimentos que a acompañan, non só dende a dor, senón tamén dende a compaixón e o consolo. PARA LER ACOMPAÑADOS

El día que Saída llegó, de Susana Gómez Redondo. A autora inspirouse no seu propio fillo para contar esta historia dende a perspectiva dunha nena que vive a chegada dunha nova compañeira doutro país. Reflicte unha historia cotiá que os nenos e nenas viven nas escolas e a trata con suma delicadeza e tolerancia, dende o punto de vista do enriquecemento que supón a relación con persoas doutras culturas.

Contos de ciencia-ficción:

Coidado, extraterrestres, de Benoît Jacques. Un divertido conto sobre como os humanos son capaces de neutralizar unha tentativa de invasión dos extraterrestres. É unha crítica á nosa sociedade, cada vez máis globalizada, e unha invitación a quedarnos só co bo dos costumes alleos, sen deixar que estes pasen por enriba das nosas tradicións. Ten unha boísima tradución, adaptada á nosa lingua cos xiros e expresións que lles son propios.

Contos de aventuras:

As estrambóticas viaxes de Gulliver, de Pinto & Chinto. Unha divertida e libre versión sobre o clásico da literatura universal “As viaxes de Gulliver”, que pode servir como primeira toma de contacto que esperte a curiosidade pola obra orixinal de Jonathan Swift. Temos ademáis (presentado noutra xuntanza) “O estrambótico principiño”

Page 6: Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)

Seleccionados “SOLF” 8ª Xuntanza, 13 de xuño de 2014

5 Biblioteca Pública Municipal de Narón

Poesía:

Un niño no xardín, de Xoán Neira. Poemas que evocan a natureza, un dos temas máis recurrentes na poesía de todos os tempos. A súa lectura supón unha oportunidade de coñecer o vocabulario básico na nosa lingua: orballo, treboada, vagalume, acivro…

Excusas, excusas, de Anushka Ravishankar. Neel fai unha lista de bos propósitos para comezar a semana: ser máis puntual, máis paciente, acabar as tarefas pendentes… pero, coma a calquera adulto, as boas intencións fánsalle moi duras de conquerir. O conto está cheo de desculpas divertidísimas para excusar o seu comportamento.

Temático:

¿Sabes cómo…?, ¿Sabes cuándo…?, ¿Sabes dónde…? Unha colección que recopila anécdotas da ciencia, da historia, da vida en sociedade… e que dan as primeiras nocións sobre onde, cando e como sucederon os máis importantes e curiosos acontecementos. As respostas ofrecidas son moi breves e invitan a seguir investigando sobre aqueles temas que nos espertan máis interese.

Busca en el cuerpo humano. Para aprender nocións básicas de anatomía mediante un xogo de observación. Cada lámina ofrece información sobre un aparato e as súas función e propón atopar na ilustración varios elementos agochados. Na mesma colección: Busca en el libro del terror, Busca en la Navidad.

¿El porqué de las cosas?, de Carlos Reviejo. Un libro que da explicación a máis de cen curiosidades científicas como por que sentimos fame e sede, por que o xabrón fai pompas ou por que non vemos a lúa algunhas noites.

Page 7: Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)

Seleccionados “SOLF” 8ª Xuntanza, 13 de xuño de 2014

6 Biblioteca Pública Municipal de Narón

Sección infantil I3 (de 9 a 12 anos)

Contos de aventuras:

Colección “Charlot”, de Combel Editorial. Os dous títulos da colección “La quimera del oro” e “El chico” adaptan estes dous clásicos do cine mudo para o público infantil. É unha maneira de achegar aos máis pequenos a un xénero diferente aos que eles están afeitos. Os álbumes recollen anécdotas das rodaxes e da época nas que os filmes foron gravados.

Contos da vida real:

Una vida cualquiera, de Kirsten Boie. O conto relata a historia dun home que vive na rúa e das circunstancias que o levaron a esa situación. Un home que, coma nós, tamén antes foi neno e nunca pensou que podería chegar un día no que se vise obrigado a durmir sen un teito. PARA LER ACOMPAÑADOS- Este conto precisa a mediación dunha persoa adulta que contextualice e explique o problema aos nenos e nenas. Ao final ten unha serie de preguntas reais que varios escolares fixeron a persoas sen fogar.

Migrar, de José Manuel Mateo e Javier Martínez Pedro. Este conto recolle a historia dun dos 50000 nenos que cada ano abandonan os seus pobos en México para facer unha viaxe chea de perigos cara Estados Unidos en busca dunha vida mellor. O formato do libro é espectacular, unha folla pregada na que unha única ilustración plasma a historia completa.

Estamos no verán!!!, de Charo Pita. Un conto moi apropiado para a tempada que estamos a vivir. Conta a xeito de diario a vida dun rapaz de quinto curso dende os últimos días do clase ata o principio do curso seguinte. O libro ven acompañado dun CD que é un auténtico regalo para os oídos. Música en galego para pre-adolescentes a ritmo de rock, reagge, funky, rap ou samba. BOMBÓN

Page 8: Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)

Seleccionados “SOLF” 8ª Xuntanza, 13 de xuño de 2014

7 Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contos fantásticos:

Ondina, de Benjamin Lacombe. Álbum ilustrado que narra o amor imposible entre unha ninfa das augas e un cabaleiro. É unha adaptación dun relato alemán do século XIX e as súas ilustracións son fieis ao estilo fantástico e romántico da época. BOMBÓN

Contos de humor:

El misterio de la caca de perro abandonada, de Anna Cabeza. Carmen, Rosalía e Ascensión son tres septuaxenarias cun pasatempo en común: resolver misterios. Provistas das súas infalibles armas (agullas de calceta, perfumes anestésicos ou biscoitos tóxicos) dispóñense a averiguar quen é o dono da caca que aparece todos os días na porta da veciña. O texto é fresco e moi divertido.

Temático:

Ocultos, de Xulio Gutiérrez. Álbum de fichas coas características dos animais que empregan técnicas de camuflaxe e mimetismo para pasar desapercibidos e enganar ás outras especies, tanto ás súas depredadoras coma ás súas presas.

Yo seré tres mil millones de niños, de Alain Serres. Un compendio de fermosísimas ilustracións, fotografías e textos sobre os dereitos do neno e da nena. A medida que os vamos descubrindo vemos tamén como en moitas partes do mundo non se cumpren.

Page 9: Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)

Seleccionados “SOLF” 8ª Xuntanza, 13 de xuño de 2014

8 Biblioteca Pública Municipal de Narón

Sección xuvenil:

Temático:

El gran libro de los trucos de magia, de Joe Fullman. Un manual de trucos cos que deixar abraiados a familiares e amigos/as. Os trucos van clasificados por nivel de dificultade pero en xeral están ao alcance de calquera. Ademáis o libro inclúe en cada páxina un pequeno anecdotario cos trucos e fazañas dos magos máis importantes de todos os tempos.