7
SELECCIONADOS XUNTANZA DO “SOLF” SERVIZO DE ORIENTACIÓN DE LECTURA ÁS FAMILAS SETEMBRO 2014 Biblioteca Pública Municipal de Narón R/ 25 de Xullo, s/n 15570 Narón, A Coruña 981 382 173 [email protected]

Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Libros seleccionados do fondo infantil, correspondentes ás novas adquisicións entre xuño e setembro de 2014. Presentados o venres 12 de setembro na 9ª xuntanza do SOLF (Servizo de Orientación de Lectura ás Familias) na Biblioteca Pública Municipal de Narón

Citation preview

Page 1: Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)

SELECCIONADOS 9ª XUNTANZA DO “SOLF”

SERVIZO DE ORIENTACIÓN DE LECTURA ÁS

FAMILAS

SETEMBRO 2014

Biblioteca Pública Municipal de Narón

R/ 25 de Xullo, s/n 15570 Narón, A Coruña

981 382 173

[email protected]

Page 2: Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)

Seleccionados “SOLF” 9ª Xuntanza, 12 de setembro de 2014

1 Biblioteca Pública Municipal de Narón

SELECCIONADOS: CONTOS E OUTROS DOCUMENTOS PRESENTADOS NA NOVENA XUNTANZA DO

“SERVIZO DE ORIENTACIÓN DE LECTURA ÁS FAMILIAS”

VENRES 12 DE SETEMBRO DE 2014

Bebés

Contos de animais:

El carnaval de los animales, de Marianne Dubuc. Por este libro de imaxes van desfilando todos os animais que acoden á festa de carnaval. O disfraz é obrigatorio, así que cada un deles vai caracterizado doutro animal. Para estimular a observación, xogando a distinguir os elementos que usa cada animal para disfrazarse doutro, sen perder as súas características propias.

Sección infantil I1 (de 0 a 6 anos)

Contos da vida real:

Amigos, de Eric Carle. Unha historia moi sinxela sobre o inquebrantable da verdadeira amizade. Tras despedirse da súa amiga, que marcha vivir lonxe, o neno protagonista experimenta unha serie de sentementos asociados á separación (a nostalxia, a esperanza, a determinación…) e vai adquirindo durante anos as experiencias que o van formar coma persoa adulta ata que por fin ten lugar o reencontro. Baseado nunha experiencia persoal do autor. BOMBÓN.

Colores, de Patrick George. Non é o típico conto para aprender as cores, senón toda unha oportunidade de ver que pasa cando as mesturamos. Un xogo de ilustracións e láminas plásticas que nos ofrecen diferentes imaxes e diferentes cores segundo vamos pasando as follas.

Page 3: Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)

Seleccionados “SOLF” 9ª Xuntanza, 12 de setembro de 2014

2 Biblioteca Pública Municipal de Narón

Ventanas, de Carmen Queralt. Moitas fiestras abertas para os nenos e nenas que empezan a descubrir o mundo que hai máis alá do seu círculo íntimo. Unha invitación a ser curiosos e preguntarnos sempre que hai do outro lado das cousas que vemos. Fiestras nos edificios, nos transportes, nos contos, no teatro…

Contos fantásticos:

Sueñacuentos, 10 cuentos para soñar toda la noche, de Carmen Gil. Un feixiño de contos moi recomendables para os nenos e nenas aos que lles custa ir durmir. Todos eles evocan os aspectos máis determinantes da hora de meterse na cama: a lectura de contos, a relaxación, á espera de vivir novas aventuras a través dos soños…

Contos de humor:

Monstruo, ¡sé bueno!, de Natalie Marshall. Un manual de instruccións para que os nenos e nenas saiban como lidiar con “monstros” revoltosos, gruñóns e famentos e sexan capaces de educalos. Estupendo para recoñecer os comportamentos erróneos que todos temos e correxilos para ser máis felices. BOMBÓN.

Colección “En familia” de Susana Rico Calleja. Mi abuela es total, Mi profe no es un rollo ou Bepo no quiere hermanitos son algúns dos títulos desta fantástica serie que nos achega ao mundo da familia dunha maneira moi cómica e moi realista. Todos os nenos e nenas sentiranse identificados cos sentementos de amor-odio que ás veces espertan as persoas máis achegadas. Hai un título adicado ás mestras; todo un recoñecemento a esta figura como integrante da vida do neno/a.

Page 4: Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)

Seleccionados “SOLF” 9ª Xuntanza, 12 de setembro de 2014

3 Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contos da animais, da natureza:

¿Quién pasó por aquí?, de Martha Duhne. Un curioso libro con solapas para aprender a identificar as pegadas de diferentes animais do bosque coa axuda de varias pistas sobre cada un deles.

La canción del oso, de Benjamin Chaud. Este conto narra a historia dun papá oso que, buscando ao seu filliño, viaxa dende o bosque ata a cidade de París e acaba no medio do escenario da ópera morto de vergoña. É un libro de gran formato e cada unha das súas láminas invita a xogar buscando ao pequeno oso. Baseado na historia de Jean Paucton, apicultor que coidou dende 1981 ata 2013 oito panais de abellas no tellado da Ópera de París. O mel que producían as 450.000 abellas vendíase na tenda da ópera.

Fábulas:

3 deseos para el Señor Pug, de Sebastian Meschenmoser. Un alegato a favor da felicidade que dan as pequenas cousas rutinarias da vida. Cando un síntese a gusto co que é e co que ten é importante darse conta de que aquelo que pode interesar aos demáis non ten por que ser o que nos fai felices a nós.

Temático:

Antes era una caja de cartón pero ahora soy un libro sobre osos polares, de Anton Poitier. Orixinalísimo libro que, ao tempo que vai dando datos moi básicos sobre os osos polares, conta a historia de como unha caixa de cartón converteuse nas páxinas do propio libro. Para que os nenos e nenas entendan que a vida de moitas especies animais, como é o caso dos osos polares, está en perigo pola actividade do ser humano e como a reciclaxe pode axudar a protexelos.

Page 5: Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)

Seleccionados “SOLF” 9ª Xuntanza, 12 de setembro de 2014

4 Biblioteca Pública Municipal de Narón

Mis 10 primeros cuadros, de Marie Sellier. Un libro para achegar dez grandes obras da pintura universal aos máis pequenos/as. Ten follas perforadas por onde podemos ver só unha pequena parte de cada cadro, o que lle confire moito misterio. Ademáis podemos ir repasando os números do 1 ao 10 porque cada folla ten un burato máis que a anterior.

No zoo = At the zoo. Libro-xogo para adiviñar a que animal corresponde cada unha das sombras que aparecen nas láminas. Ademáis aprendemos tamén os seus nomes en inglés e as súas principais características.

Sección infantil I2 (de 6 a 9 anos)

Contos de animais, da natureza:

Colección “Félix, el amigo de los animales”, de Félix Rodríguez de la Fuente. Tres contos inspirados nos textos e nas experiencias de Félix Rodríguez de la Fuente, que é tamén o protagonista das historias. Para coñecermos máis sobre o oso, o lobo e o lince.

Contos de humor:

Soy un artista, de Marta Altés. Aínda que a súa nai non se dea conta, o protagonista desta historia é un artista. Encántalle experimentar coas cores e as formas para crear todo o tempo sobre ese gran lenzo que é o mundo. Un guiño á creatividade e á imaxinación dos máis pequenos, que non entenden de normas nin barreiras. O protagonista vai vestido de Picasso e leva o bigote de Dalí, o que pode dar pé a introducir estes dous grandes pintores.

Page 6: Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)

Seleccionados “SOLF” 9ª Xuntanza, 12 de setembro de 2014

5 Biblioteca Pública Municipal de Narón

Los leones no comen pienso, de André Bouchard. Un conto divertidísimo para facer dúas lecturas: primeiro só o texto, que fai que pareza un conto “normal” e despois o texto e as ilustracións que o acompañan, que é onde reside a información esencial da historia.

Contos da vida real:

Niños del mundo en peligro, de Donald Grant. Da man da india Talika, os ugandés Akara e o peruano Chukilla coñeceremos a vida dos nenos e nenas que nacen nos países onde os dereitos da infancia non están garantidos. O dereito á educación vese atropelado pola explotación laboral infantil, os nenos e nenas están expostos ás guerras e ao desamparo. Un conto duro sobre as outras realidades. PARA LER ACOMPAÑADOS/AS.

¡Ya basta!, de Susana Rico Calleja. Un conto sobre o divorcio visto dende unha nova perspectiva, a do fillo que pide aos seus pais que se separen porque xuntos non o deixan vivir tranquilo. El soíño organiza como e cando vai pasar tempo con cada un deles e incluso reserva un día para si mesmo. Unha historia para facer unha lectura positiva dun proceso traumático.

Contos clásicos:

El pobre Pedro, de Heinrich Heine. O ilustrador recolle este poema de fai 300 anos e o adapta a unha representación teatral infantil. Podemos ver como os actores e actrices entran no teatro, como se caracterizan para representar a obra, a reacción do público… O texto (en verso) está traducido dunha maneira exquisita e as ilustracións invitan a un xogo de observación no que descubrir que pasa en cada unha das esceas. Ademáis, o desamor non é tratado con frecuencia nos textos infantís e neste poema o fai dunha maneira delicada, coa naturalidade das cousas cotiás. BOMBÓN

Page 7: Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)

Seleccionados “SOLF” 9ª Xuntanza, 12 de setembro de 2014

6 Biblioteca Pública Municipal de Narón

Sección infantil I3 (de 9 a 12 anos)

Contos de animais, da natureza:

Mowgli, de Rudyard Kipling. Adaptación do clásico da literatura universal “O libro da selva”, que conta a historia do seu protagonista, Mowgli. Ten unhas ilustracións fermosísimas e cheas de vida.

Contos da vida real:

El diario de la caja de fósforos, de Paul Fleischman. Un avó amósalle á súa neta as súas pequenas caixiñas de mistos e a lembranza que garda cada unha delas. Esa foi a maneira que tivo o ancián de gardar a súa historia cando non sabía ler nin escribir. Conto moi emotivo sobre a emigración italiana aos Estados Unidos a principios do século pasado. As ilustracións mesturan a época actual, na que aparecen o avó e a neta, e as estampas do século pasado, que recrean a vida como era entón. Son unha auténtica delicia. BOMBÓN

Biografías:

Ese genio llamado Miguel Ángel, de Chiara Lossani. O pintor, escultor, arquitecto e poeta Miguel Anxo, bota a vista atrás dende a súa vellez para lembrar toda a súa vida e obra. Está escrito dunha maneira moi amena, con diálogos fluidos que fan a lectura moi lixeira. Máis que unha biografía podería considerarse un conto sobre a vida deste xenio.