4
21 ÓRGANO DE DIFUSIÓN DA CGT CORREOS –A CORUÑA

Buzón Rebelde Especial Eventuais

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Buzón Rebelde Especial Eventuais

21

Ó R G A N O D E D I F U S I Ó N D A C G T C O R R E O S – A C O R U Ñ A

Page 2: Buzón Rebelde Especial Eventuais

Por fin pechouse a ignominia agardada. Non teñen vergonza. Asinan a Correos a condena a traballar en xornadas de 4 horas a milleiros de persoas a cambio de pastelear cursos de pago para manter, rozando a chantaxe, a unha afiliación, xogando coa necesidade de persoas que aspiran a un traballo.

Por desgraza, nada novo. Moitas das persoas que agora ven con preocupación a súa pertenencia nas bolsas levan moitos anos en Correos e viron como lles cobraban as clases en 2004 e 2005, como aprobaban en 2006, como lles obrigaban a pasar polo tubo e asinar fixo discontinuo en 2008. Viron como eses mesmos sindicatos expulsaron á xente aprobada en 2006 asinando en 2011 a “extinción da lista de expectativa de destino”. Viron como se destruían 18000 postos de traballo en 8 anos, co silencio cómplice deses mesmos sindicatos. Viron como nos anos 12,13,14 e 15 mantiveron

a xente nas academias coa excusa de “que ía a haber un exame inminente”, que logo foi para unhas prazas escasas e precarias.

Compañerixs que levan máis de 10 anos e que se non entraron é porque, simplemente, as posibilidades eran escasísimas, non porque non quixeran o non se esforzaran. E ven agora como lles pretenden dar a patada recoñecendo unicamente a antigüidade desde o 2012.

Correos quere xente nova, mansiña, e que estexa acostumada á precariedade. E para isto, sempre pode contar cos sindicatos de pago e sen escrúpulos. Porque, desenganémonos dunha vez! O único que lles importa é poder chantaxear ás persoas cos seus cursos, asinando todo o que haxa que asinar a cambio de que Correos lles facilite manter o chiringuito.

PÁXIN A 2

Aviso a novos navegantes, o que lles están a facer agora a estas persoas non terán reparo

en o facer con vos dentro de uns anos en canto a Correos non lle sirvades. Ollo.

O Persoal eventual saiu á rúa en 8 cidades

de todo o estado o sábado denunciando a

precarización, o non recoñecemento da

antigüidade e o negocio sindical da forma-

ción.

En Compostela arredor de 50 persoas co-

rearon consginas como “Formación, Co-

rrupción”, “Onde está a nosa antuigüida-

de”, “Maus arriba esto é un contrato” etc...

Cobramos por

cursos gratis, e por

darte acceso ao

traballo precario

que nos mesmos

promovemos.

Page 3: Buzón Rebelde Especial Eventuais

N ÚMER O 21, ESPEC IAL EVEN TUAIS

Correos pisotea os nosos dereitos. Correos leva máis de dez anos precarizando o traballo do que vivimos. Facendo de nós eternas eventuais, empobrecendo cada vez mais o tipo de contratos lixo que nos ofrece. Creou sabadeir@s e domingueir@s primeiro e logo puxo de moda o contrato a media xornada e por dias, cada vez mais en tendencia. E xunto con correos hai cómplices evidentes que son os sindicatos que asinan e dan o seu beneplácito ante todas estas perdas de dereitos laborais aos que estamos asistindo cada dia.

Pola súa pasarela de despropósitos, desfilamos mansiñ@s (porque pensamos que é o que hai e “tampouco está tan mal” - claro, sempre se pode estar pior, a ver se un día comezamos a tentar estar mellor-) lucindo modeliños de empregos combustibles que con sorte poderán ser de dous meses encadeados se non quedo bloqueada polo camiño.

Desfilamos asistindo a como minguaba a xente das bolsas de contratación das que facemos parte e vendo como Correos non convocaba unhas novas para incluír nova xente senón que xa se encargaba de enchufar “persoal idóneo”.

Con isto xerando odio e competencia entre traballadoras, entre compañeiros, en vez de que prenderamos a chama da autodefensa xerando camaradaría para que todas e todos loitaramos por un obxectivos comúns como contratación transparente, menos contratos precarios e parciais e ir cara a fixeza.

O conto continuou con pírricas convocatorias de prazas de cara a consolidación. Un número de prazas totalmente insuficiente que ademais foi un proceso totalmente trapalleiro, nula información de onde e como nos podiamos presentar e con unha posterior de adxudicación de prazas bastante cuestionable (mais enchufismo, como non!!!) e sen resolver os concursos de traslados de convocatorias de consolidación anteriores .

Agora xa, tarde mal e arrastro convocan novas bolsas de contratación. Sería un proceso totalmente lóxico e necesario (aínda que tardío) dado que, como sabemos, continuamente estaban recorrendo á contratación dos famosos idóneos de fora de

bolsa.

E agora xa é cando culminan con un sorpresón,... o sistema de valoración semella ter toda a pretensión de excluír a todas aquelas persoas nas

que predomine mais a antigüidade (moita en moitos casos) que a formación en cursos de recente importación maioritariamente por sindicatos asinantes do último convenio colectivo, asinantes de estas bolsas e de moitas outras medidas que afectan para peor aos nosos dereitos laborais en Correos.

Non sempre é posíbel facer estes cursos pola empresa, xa que son moitos os requirimentos necesarios para poder facelos cando ela os ofrece: 1.- ser quen de apuntarte a tempo, 2.- estar en activo cando se convoca, 3.- estar en activo cando se imparte.

Vexo preocupadas a moitas persoas que xa se ven fora das bolsas antes de inscribirse nin sequera. Xente que leva moitos anos en Correos. Estas persoas pensan que elas quedarán excluídas mentres xente de fora de bolsa que fixeran estes cursos da man de CCOO, por exemplo, sen antigüidade entrarán no seu lugar.

Pero os sindicatos asinantes; nomeadamente CCOO, UGT, Sindicato Libre e CSIF, rinse na nosa cara asinando, primeiro unhas condicións laborais de merda para nós e logo teñen a cara de vir a ofrécenos suposta axuda para saír da merda na que nos están somerxendo eles mesmos.

E a maioría da xente das bolsas, sabendo que son eses os sindicatos asinantes os que están a cavar a nosa tumba laboral, están a afiliarse

PÁXIN A 3

para poder recibir os cursos, para poder ter información de primeira man. Pero ollo, terán información da primeira man que firma todos os convenios, regulamentos, condicións de traballo precarias que estamos vendo que cada dia se incrementan e fan a nosa vida laboral en Correos cada dia mais precaria.

Eu, pola miña parte, penso que en este asunto temos os culpables ben identificados. Que non nos enganen, están a utilizar unha política caciquil e están a extorsionar ás persoas contratadas “a golpe de cursillo e academia a cambio de que te afilies” e iso é vergoñento e rastreiro. A formación debería ser proporcionada por correos a todas as persoas das bolsas.

Estas novas bolsas non deberon ser asinadas de este xeito, o tipo de traballo cara o que imos non é digno, os sindicatos terían que ser ferramentas para os traballadoras e traballadores e non xestorías que nin miran por nós. A asemblea de traballadores debería mandar!

Queremos unhas bolsas que se

basee nuns parámetros lóxicos.

Queremos que antigüidade pese

mais.

Queremos que a formación sexa

responsabilidade de Correos. O papel que están a ter os sindicatos asinantes na formación xera unha desigualdade de condicións terrible.

Queremos contratos dignos e de

xornada completa. Rexeitamos as medias xornadas e os contratos por días soltos.

É ilegal cobrar polos cursos. Sen máis. Os sindicatos non poden cobrar polos cursos nin favorecer á súa afiliación.

Temos que ter presente que esa formación é “formación para o emprego”, subvencionada pola UE, e entre as condicións para recibir eses cartos está que eses cursos deben ser ofrecidos por á sociedade. A CGT levará este caso aos xulgados.

Recordemos tamén que sigue en marcha a nosa denuncia na Dirección Xeral da inspección de traballo estatal, pola masiva contratación de idóneos previa à apertura das bolsas.

E para rematar estamos estudando a impugnación das bolsas pola non convocatoria à CGT á mesa de

negociación: empresa e academias pseudo-sindicais non querían testemuñas incómodas.

Veremos tamén que opinan os xulgados sobre o tema de impedir entrar na mesma a un dos sindicatos máis representativos en Correos en todo o estado (lembrade que 1 de cada 7´5 compañeirxs votou à CGT nas pasadas eleccións…)

Que non nos enganen, están a utilizar unha política caciquil e están a extorsionar ás persoas contratadas “a golpe de cursillo

e academia a cambio de que te afilies” e iso é vergoñento e rastreiro

Page 4: Buzón Rebelde Especial Eventuais