2
BOLETÍN PARROQUIAL Nº 190 - Maio 2016 PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS CANTOS CAMIÑOS COÑECES? Seguro que nunca nos paramos a pensar na cantidade de camiños que coñe- cemos e de cantos estamos a descubrir. Non me refiro só aos camiños de terra, asfalto, etc., e non tería ningún senso poñernos a pensar e a intentar dar resposta a esta pregunta. A pregunta que fago é a seguinte: cantos camiños coñeces para facer felices aos demais e ser ti mesmo/a feliz? Invítote a que intentes dar unha resposta. Ao mellor os camiños descubertos nin sequera conseguen facer felices aos demais nin a un mesmo tampouco. Quizais porque é un camiño moi indivi- dualista; quizais porque a felicidade que buscamos non é a auténtica felicida- de; quizais porque non temos claras as claves do camiño polo que nos tocou camiñar. Suxíroche que probes, se non o fixeches xa, a ir polo camiño do amor, un camiño no que vas encontrar necesidade de perdón, de misericordia, de con- siderar se ese camiño de amor polo que vas non é demasiado terrenal. Este ano o Papa Francisco invítanos a facer un cami- ño de misericordia ou, como nos dixo hai pouco, o camiño da alegría do amor. Se queres afondar máis no tema, hai dous docu- mentos recentes do Papa que dan cumprida infor- mación, a Encíclica Misericordiae Vultus (A cara da misericordia) e a Exhortación Apostólica Amoris Laetitia (A alegría do amor). Seguro que non te equivocas de camiño! PASOU A PASCUA POR NÓS? Os cincuenta días de Pascua teñen un significado moi especial na vida dos cristiáns, tendo como referente a Resurrección de Xesús. Imos descubrindo un Xesús glorioso que se reencontra cos seus discípulos e cos que o acompañaron en vida para reiterar o seu compromiso permanente con eles, reite- rándolles con forza unha mensaxe de esperanza e unha fe que nos mostra desde a súa propia resurrección e dos numerosos signos que os Apóstolos realizaban no seu nome. Durante este tempo, a lectura do libro dos Feitos dos Apóstolos sitúa á primeira e primitiva Igrexa no ámbito da fraternidade, convídanos a permanecer na fidelidade ao Evanxeo lembrando a memoria de Xesús na celebración eucarística e obedecen- do o mandato de percorrer o mundo anunciando a boa nova do novo Reino de Deus. O Papa Francisco insiste moito este ano en anunciar a mensaxe da misericordia; fronte a un mundo non crente, presentar en primeiro plano a mensaxe dun Deus misericordioso máis que a dun Deus xuíz ou vengador. O ser paternal e maternal de Deus ten que inspirar a nosa relación coas súas criaturas, especialmente coas que con amor creou á súa imaxe. Cos Salmos loamos a inesgotable misericordia divina e anunciamos a Deus como “Pai compasivo e misericordioso e Pai de todo consolo” (2 Cor 1,3), “rico en mise- ricordia” (Ef 2,4). A actualización da mensaxe de Deus e a súa misericordia vólvense relevantes nunha nova evanxelización, pero non para fomentar un relativismo no que os valores evan- xélicos xa non sexan importantes nin atractivos, senón para actualizar o mesmo Evanxeo de sempre, o único Evanxeo da misericordia e a compaixón. Só anunciaremos con eficacia se comunicamos a Deus de modo moi concreto á vista das necesidades e dos sufrimentos das persoas, como misericordioso e salvador da realidade humana actual, e afirmarmos que, sobre as tebras que envolven o noso mundo, reina o rostro do Pai que é magnánimo e bondadoso e coñece e ama a cada individuo, un Pai que coñece que é o que necesitamos (cf. Mt 6,8.32). A alegría pascual ten que converterse nun signo propiamente cristián. A Exhortación Apostólica Amoris Laetitia do Papa Francisco é unha boa oportunidade para refle- xionar persoalmente sobre a verdadeira alegría que se contaxia no amor de Deus e unha oportunidade para levala ás nosas comunidades e aos nosos ambientes e, dun xeito especial, ás nosas familias e fogares motores dunha convivencia fraterna e de esperanza. Aínda que coa festa da Ascensión remata a Pascua, que nunca pasen os seus valo- res transcendentes e a conciencia de que Xesús sempre nos espera.

Boletin mayo 2016

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Boletin mayo 2016

BOLETÍN PARROQUIALNº 190 - Maio 2016

PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS

CANTOS CAMIÑOS COÑECES?

Seguro que nunca nos paramos a pensar na cantidade de camiños que coñe-cemos e de cantos estamos a descubrir. Non me refiro só aos camiños deterra, asfalto, etc., e non tería ningún senso poñernos a pensar e a intentar darresposta a esta pregunta. A pregunta que fago é a seguinte: cantos camiñoscoñeces para facer felices aos demais e ser ti mesmo/a feliz? Invítote a queintentes dar unha resposta.

Ao mellor os camiños descubertos nin sequera conseguen facer felices aosdemais nin a un mesmo tampouco. Quizais porque é un camiño moi indivi-dualista; quizais porque a felicidade que buscamos non é a auténtica felicida-de; quizais porque non temos claras as claves do camiño polo que nos tocoucamiñar.

Suxíroche que probes, se non o fixeches xa, a ir polo camiño do amor, uncamiño no que vas encontrar necesidade de perdón, de misericordia, de con-siderar se ese camiño de amor polo que vas non é demasiado terrenal. Esteano o Papa Francisco invítanos a facer un cami-ño de misericordia ou, como nos dixo hai pouco,o camiño da alegría do amor.

Se queres afondar máis no tema, hai dous docu-mentos recentes do Papa que dan cumprida infor-mación, a Encíclica Misericordiae Vultus (A carada misericordia) e a Exhortación ApostólicaAmoris Laetitia (A alegría do amor).

Seguro que non te equivocas de camiño!

PASOU A PASCUA POR NÓS?

Os cincuenta días de Pascua teñen un significado moi especial na vida dos cristiáns,

tendo como referente a Resurrección de Xesús.

Imos descubrindo un Xesús glorioso que se reencontra cos seus discípulos e cos que

o acompañaron en vida para reiterar o seu compromiso permanente con eles, reite-

rándolles con forza unha mensaxe de esperanza e unha fe que nos mostra desde a

súa propia resurrección e dos numerosos signos que os Apóstolos realizaban no seu

nome.

Durante este tempo, a lectura do libro dos Feitos dos Apóstolos sitúa á primeira e

primitiva Igrexa no ámbito da fraternidade, convídanos a permanecer na fidelidade

ao Evanxeo lembrando a memoria de Xesús na celebración eucarística e obedecen-

do o mandato de percorrer o mundo anunciando a boa nova do novo Reino de Deus.

O Papa Francisco insiste moito este ano en anunciar a mensaxe da misericordia;

fronte a un mundo non crente, presentar en primeiro plano a mensaxe dun Deus

misericordioso máis que a dun Deus xuíz ou vengador. O ser paternal e maternal de

Deus ten que inspirar a nosa relación coas súas criaturas, especialmente coas que

con amor creou á súa imaxe.

Cos Salmos loamos a inesgotable misericordia divina e anunciamos a Deus como

“Pai compasivo e misericordioso e Pai de todo consolo” (2 Cor 1,3), “rico en mise-

ricordia” (Ef 2,4).

A actualización da mensaxe de Deus e a súa misericordia vólvense relevantes nunha

nova evanxelización, pero non para fomentar un relativismo no que os valores evan-

xélicos xa non sexan importantes nin atractivos, senón para actualizar o mesmo

Evanxeo de sempre, o único Evanxeo da misericordia e a compaixón.

Só anunciaremos con eficacia se comunicamos a Deus de modo moi concreto á vista

das necesidades e dos sufrimentos das persoas, como misericordioso e salvador da

realidade humana actual, e afirmarmos que, sobre as tebras que envolven o noso

mundo, reina o rostro do Pai que é magnánimo e bondadoso e coñece e ama a cada

individuo, un Pai que coñece que é o que necesitamos (cf. Mt 6,8.32).

A alegría pascual ten que converterse nun signo propiamente cristián. A Exhortación

Apostólica Amoris Laetitia do Papa Francisco é unha boa oportunidade para refle-

xionar persoalmente sobre a verdadeira alegría que se contaxia no amor de Deus e

unha oportunidade para levala ás nosas comunidades e aos nosos ambientes e, dun

xeito especial, ás nosas familias e fogares motores dunha convivencia fraterna e de

esperanza.

Aínda que coa festa da Ascensión remata a Pascua, que nunca pasen os seus valo-

res transcendentes e a conciencia de que Xesús sempre nos espera.

Page 2: Boletin mayo 2016

Grazas, Pai, por ter acceso a auga

que hidrata o noso corpo e nos limpa.

Grazas, Pai, polo pan da cada día que

Ti nos dás en comida.

Grazas polo don da auga do

Bautismo porque nel somos revesti-

dos de Cristo.

Grazas polo pan eucarístico porque

nel nos sentimos identificados contigo.

Pedímosche que derrames a túa

misericordia sobre os sedentos e os

famentos deste mundo que precisan

da auga que calma a sede e do pan

que fortalece o corpo. Amén

PARROQUIA VIVA1.- S. Xosé artesán. XXIII Xornada

de solidariedade cos parados. Día do

enfermo.

7.- Cuarta etapa do Camiño

Portugués (Pontevedra - Caldas de

Reis). Almorzo en Caldas. Visita á

planta de Iogures CLESA. Saída dos

Tilos ás 8 da mañá.

8.- Ascensión do Señor. Reunión cos

pais/nais dos nenos e nenas que reci-

birán a primeira comuñón, o día 26

de xuño ás 11.

9 a 13.- Encontros de Noivos, ás

20:30, nun local da Asociación

Recreativa e Cultural.

15.- Pentecostés. Confirmacións ás

12.

21.- Quinta etapa do Camiño

Portugués (Caldas de Reis - Padrón).

Saída ás 8:30 dos Tilos.

22.- Reunión cos pais/nais dos nenos

e nenas que se preparan para primei-

ra comuñón, o día 2 de xullo ás 11.

25.- Reunión do grupo de Cáritas, ás

20:30.

29.- Reunión cos pais/nais dos

nenos/as que recibirán este ano a pri-

meira comuñón o 3 de xullo ás 11.

DAR DE COMER AOFAMENTO E DE BEBER

AO SEDENTO

Falar da comida ou da bebida é algobásico para a vida en xeral e para oser humano en particular; e tamén éun dereito humano o acceso á comi-da e á bebida.

Tanto o dereito á comida como odereito á bebida, se non é realidade, éun atentado contra a vida e, como tal,un acto de violación dos dereitoshumanos.

Hoxe constatamos que no nosomundo globalizado hai moita xenteque ten sede desta auga e tamén tenfame e sede de máis xustiza social e,aínda máis, fame e sede dunha pala-bra amable ou de consolo que sexabálsamo do sufrimento que padecentantas persoas deste mundo.

Debemos, pois, ofrecer este don deDeus coa liberdade que nos dá o feitode que tanto o pan como a auga davida están significados no alimentodo pan e da auga dos que participa-mos na mesa da vida e do alimentodiario. Así iremosun pouco máis aláxunto ás obras demisericordia cor-porais de dar decomer ao famentoe de beber aosedento.

CÁRITAS

TODOS DIÁCONOS

A Primitiva Igrexa movíase na proxi-

midade fomentando a fraternidade

entre todos os crentes ata o punto de

“ter todo en común”. A comunicación

cristiá de bens era denominador común

e signo perceptible das propias comu-

nidades.

Tan era así que os propios Apóstolos

convocaron os sete diáconos nun xesto

de compromiso laico para atender “as

mesas”, é dicir, as necesidades das per-

soas coas que convivían e celebraban a

fe.

Isto esperta a nosa responsabilidade

evanxélica. Uns proclamaban a Xesús

coa palabra e outros con servizos, pero

uns e outros comprometidos polo

mesmo amor.

Por iso se di que “Cáritas somos

todos”, o cal significa que ninguén nos

pode liberar do noso compromiso per-

soal cos máis necesitados e excluídos e

non só pola esmola senón pola proxi-

midade con todo o que sofre.

Pero ao mesmo tempo, a Caridade de

Deus dentro da Igrexa non é só com-

promiso de cada crente senón tamén da

propia comunidade, por iso o amor

necesita organizarse e estruturarse para

que sexa eficiente, real, estable e per-

manente; non só por compartir bens

materiais, senón tamén desde a comu-

ñón entre todos, a fracción do pan e a

oración.

ORACIÓN